3. 1. O plano Mostra unha selección da realidade, a unha distancia determinada. Os planos clasifícanse en relación coa figura humana:
4. Tipo de plano Efectos de sentido Gran plano xeral Presenta o mundo no que se integra o personaxe, a quen se mostra case ausente, sen trazos. Describe o lugar no que se desenvolve a acción. Transmite soedade, infinitude, etc. Plano xeral Enmarca o personaxe (do que aparece a figura enteira) nun espazo ou ambiente social, en relación coa natureza ou outros personaxes. Ten carácter narrativo. Plano americano e Plano medio Amosan o impacto da acción do/no personaxe. O plano medio, que corta a figura humana polo peito, permite achegarse ás conversas dos personaxes. Primeiro plano Ten valor expresivo: comunica a reacción máis íntima das persoas, a súa resposta anímica. Achéganos a expresión e o mundo interior do personaxe. Plano de detalle Resalta un obxecto ou parte do corpo humano. Pon énfase no que doutro xeito podería pasar desapercibido. Soe ser simbólico ou dramático.
5. 2. Ángulo de toma O ángulo de toma ou angulación indica o punto de vista da cámara en relación ao que se filma; a referencia é a visión humana.
6. Picado Contrapicado Diminúe os obxectos e personaxes, ao estar a cámara nun punto superior a eles e aparecer estes inferiores, ameazados, abatidos... Ángulo de visión estándar, á altura da cara. É a mirada neutral. ANGULACIÓNS EFECTOS DE SENTIDO Normal Os obxectos e personaxes son filmados desde moi abaixo e, así, magnificados e percibidos con calidades de poder, influencia, importancia, orgullo... Inclinado A cámara varía o seu eixe vertical e a liña do chan aparece inclinada. Produce unha sensación de dinamismo, desequilibrio, angustia, inseguridade...