2. A situación actual da industria en España e Galicia
-Desafíos: problemas estructurais (dimensión, I+D+i, tecnoloxía) e
consecuencias da incorporación á UE.
- Tendencias recentes da industria en España: Globalización e
deslocalización.
3. A INDUSTRIA ESPAÑOLA
Os sectores industriais e as ramas da actividade industrial vense condicionados
por: as actividades industriais segundo as materias primas empregadas, as
técnicas e a maquinaria, a cualificación do persoal, tipo de productos e a súa
localización
A súa clasificación en base aos PRODUTOS que fabrican é a seguinte:
-INDUSTRIAS DE BASE: transformación das materias primas en produtos
semielaborados (siderometalúrxia, petroquímica...).
-INDUSTRIAS DE EQUIPO: transforman os produtos semielaborados en bens
(máquinas) que logo serán utilizados por outras industrias.
- INDUSTRIAS DE USO E CONSUMO: fabrican bens para ser utilizados polo
consumidor.
4.
5.
6. OS FACTORES DE LOCALIZACIÓN
INDUSTRIAL:
ENTRE 1855-1975:
Os factores clásicos eran:
Proximidade ás materias primas.
Existencia dun mercado de consumo amplo.
Man de obra abundante e barata.
Sistemas de transporte
Disponibilidade de capital ou capacidade de atracción.
A importancia de cada ún varia segundo o sector. Isto xerou localizacións como:
áreas de base extractiva (próximas e recursos naturais), áreas de base
portuaria e núcleos urbanos.
A política industrial do Estado pode favorecer a implantación industrial a través
de incentivos.
Tendencia á concentración industrial en grandes aglomeracións
urbano-industrais para beneficiarse dunha acumulación de vantaxes ou
economías externas (abastecemento, transporte, man de obra, servicios de
xestión, equipamentos, etc...).
7. A INDUSTRIA ACTUAL
-Os
factores clásicos perderon importancia trala crise (anos 70) e os cambios
da terceira revolución industrial.
-Diminúe a importancia da proximidade aos recursos naturais (polo
abaratamento do transporte de materias primas e fontes de enerxía).
-Ampliación das áreas de venda (menor dependencia dos mercados locais).
-Mellora de transportes e comunicacións (diminúe a importancia da
distancia).
-Man de obra (factor importante. Cualificación e remuneración).
-O factor principal é o acceso á innovación e a información (en directa
relación coas novas tecnoloxías).
Tendencias:
Difusión industrial cara espazos periféricos.
8. Cales son os motivos?
Problemas das grandes concentracións industriais e a saturación.
Melloras tecnolóxicas, que permiten separar labouras de dirección e
xestión dos puntos de producción.
Distancia dos centros de decisión.Novas estratexias capitalistas para
aumentar beneficios (=reducir custos).
Desenvolvemento da industrialización endóxena (baseada nos
recursos de cada zona).
Desconcentración en sectores maduros en crise.
É un proceso a escala mundial ( multinacionais), nacional
(decadencia das vellas rexións industrializadas movemento cara
outras rexións) e a escala interrexional.
9. 1Proceso xeralizado na nova economía. Mantense o tirón dos
espazos centrais. Localización preferida dos sectores de novas
centrais
tecnoloxías, as sedes sociais e de xestión empresarial e dos servizo á
producción.
2 Concentración a escala mundial, nacional (nas áreas máis
dinámicas) e a escala interrexional.
A
situación actual é complexa dadas as dúas
tendencias.
10. Despois de 1985 a industria española comezou unha etapa de recuperación trala
crise internacional 1990-1994 ( xerada polas alteracións monetarias derivadas das
medidas adoptadas pola UE para preparar a unión económica e monetaria. Supuxo
unha perda de competitividade das empresas nacionais e aumento do paro).
Unha etapa na que influiron:
Incorporación de
España a UE 1986
Incorporación aos
cambios da III
Revolución Industrial
Novos retos Integración nun mercado moi competitivo, adopción á
normativa comunitaria, regulacións técnico-sanitarias, supresión dos
monopolios empresariais, eliminación das axudas estatais ás empresas e
homoxeneización da reconversión.
Vantaxes Aumento do mercado, desaparición dos aranceis comerciais,
participación no reparto dos fondos estructurais, accesibilidade ás
innovacións e entrada de capitais extranxeiros.
11. A TERCEIRA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL.(Industria actual)
INDUSTRIAL.(
Nova fase marcada polos cambios baseados na innovación (def: aplicación
de novos coñecementos proporcionados pola investigación á mellora dos
procesos productivos, á obtención de novos productos e mellora da xestión).
Os cambios xerados tiveron relevancia na localización e na estructura
industrial.
Aplicación dos avances da revolución científica e
tecnolóxica
Cambios na estructura industrial:
• NOVOS PRODUCTOS
•PROCESO DE PRODUCCIÓN
•ORGANIZACIÓN DO TRABALLO
•MERCADOTECNIA
1)Nova xerarquía de sectores industriais. Crecemento dos sectores intensivos
próximos a alta tecnoloxía e as súas aplicacións na industrias tradiocionais.
Telemática, automatización, instrumentos de precisión, novos materiais, modernos medios de transporte,
biotecnoloxía, láser e enerxía renovables.
2)Descentralización productiva. As novas tecnoloxías favorecen a división do
proceso en fases. Isto favorécese pola inmediatez nas comunicacións, a coordinación
e a automatización. A consecuencia deste proceso é a proliferación de PEME e a
reducción do tamaño medio das industrias. A descentralización pódese realizar
de diversas formas: Empresas multiplanta, subcontratas, redes de PEMEs con
división do traballo.
12. 3) Flexibilización productiva. Para responder a unha demanda cambiante e
diversificada.
Fabricación de pequenas series de productos a prezos rendibles empregando maquinaria
automatizada e de doada reprogramación.
4) A innovación produce transformacións no emprego industrial:
cualificación, automatización das tarefas, precariedade laboral, temporalidade...
Desrregularización do mercado laboral
Esixencia de flexibilidade e reducción do nº de
traballadores no mercado primario (= regulado por
convenios). Aumento da precaridade (temporalidade,
autoemprego, traballo a domicilio…
5)A terciarización da industria: Informatización e automatización que
reducen as tarefas productivas. Demanda de servizos: seguridade, limpeza,
comunicacións, publicidade, asesoramento…
Aumento da cualificación e terciarización do emprego industrial (servizos á producción /I+D/
deseño ou xestión)..
Fases posteriores: MERCADOTECNIA, control de calidade, postvenda…
13. Os avances da terceira revolución industrial están permitindo a recuperación da
industria nos países desenvolvidos. Esta recuperación modifica as expectativas do
sector e revaloriza o seu papel no crecemento económico e urbano. En España
pódese falar de recuperación dende 1997 (ainda que se mantén a crise en moitos
sistemas maduros).
As súas causas son a fase expansiva que atravesan as economías industrializadas
e a recuperación do consumo privado polo aumento do ritmo na creación do
emprego.
Esta recuperación obsérvase no incremento da demanda e
reducción do stocks, aumento na producción e da capacidade
productiva, aceleración de import-export, a pesar do cal a balanza
industrial segue a ser deficitaria.
A Crise
No ano 2008 tivo lugar un novo período recesivo marcado pola crise económico
financieira, que afectou a diferentes sectores e, de forma especial, ao sector
da construcción. As consecuencias foron a perda de empregos, un descenso
productivo e un aumento da taxa de desemprego no estado, e unha deceleración
nas actividades relacionadas directamente coa construcción. O goberno veuse
obrigado a tomar medidas de recorte e reestructuración económica (reforma das
pensión, recortes do gasto...).
15. Cambios na localización propiciados polas novas tecnoloxías :
DESLOCALIZACIÓN
CONCENTRACIÓN
DE INDUSTRIAS
Reducción de custos. Desprazamento cara lugares que
ofrecen máis vantaxes (man de obra barata, lexislación…).
De alta tecnoloxía, oficinas e servizos á producción en Áreas
centrais dotadas de equipamento.
16. A PRODUCCIÓN INDUSTRIAL ACTUAL
Continúan a ter un peso importante os sectores industriais maduros de
baixa intensidade tecnolóxica. Os sectores máis dinámicos teñen unha
forte dependencia de capital extranxeiro e os sectores de alta tecnoloxía
teñen unha menor presencia que noutros países de Europa.
1) SECTORES INDUSTRIAIS MADUROS
- Afectados polo descenso da competitividade, reducción da demanda ou procesos
de reconversión.
METALÚRXIA BÁSICA OU TRANSFORMACIÓN METÁLICA.
- SIDERÚRXIA: Sufriu un duro proceso de reconversión. Mantense en
Asturias como parte dun grupo internacional (aceiro). A non integral (transforma
ferralla) localízase en empresas máis pequenas no P. Vasco, Cantabria, Navarra e
Cataluña.
- TRANSFORMACIÓN METÁLICOS: Fabricación de produtos metálicos e
maquinaria (Triángulo Barcelona, P. Vasco e Madrid).
ELECTRODOMÉSTICOS DE LIÑA BRANCA: Inmersa nun proceso de
reorganización da producción, da empresa e o mercado. Peches e procesos de
deslocalización. Localización: Navarra, Aragón, Cantabria e P. Vasco.
17. CONSTRUCCIÓN NAVAL: Forte competencia e sofre unha importante
reconversión, para orientarse noutras actividades. Localización: Galicia,
Cantabria, P. Vasco e Andalucía.
TÉXTIL: Concéntrase en Galicia, Cataluña e Valencia. Alta competencia
doutros países que abaratan prezos. Sofre procesos de deslocalización.
2) SECTORES DINÁMICOS:
Alta productividade e especialización. Alto mercado interior e potencialidade
exportadora. Importante presencia de capital extranxeiro.
AUTOMÓBIL: Plantas que pertencen a multinacionais e producción destinada
ao mercado nacional e exportación (3º exportador de Europa). Ameaza da
deslocalización das plantas e industrias de compoñentes. Localización: Palencia,
Valencia, Valladolid, Zaragoza e Madrid.
SECTOR QUÍMICO: Afronta a forte presencia extranxeira e a escasa
capacidade investigadora.
Petroquímica ou química de base: Grandes complexos e refinerías
(Puertollano, Cartagena, Huelva, Sta. Cruz de Tenerife, A Coruña…)
Química de transformación (colorantes, pinturas, vernices,
fertilizantes, famacéuticos, papel…) Localización: P. Vasco, Cataluña e Madrid.
Sector agroalimentario: Industrias pequenas e dispersas e empresas
multinacionais. Orientadas ao mercado interior e fomentar a exportación.
Localización: Cataluña, Andalucía e Comunitat Valenciana.
18. 3) SECTORES PUNTEIROS OU ALTA TECNOLOXÍA.
-Material eléctrico, electrónico, ordenadores, instrumentos ópticos.
Implántanse con retraso e teñen menor desenvolvemento (dependencia de
I+D, escasa competitividade…)
Localízanse en parques tecnolóxicos ou científicos, próximos a cidades,
universidades , centros de investigación, servizos complementarios e cerca
ddos eixos industriais máis dinámicos (Madrid, Cataluña, P. Vasco, Valencia e
Andalucía), con proxectos de apoio á innovación (Experiencias como as
incubadoras de empresas),
19. OS PROBLEMAS DA INDUSTRIA ACTUAL
A industria está a padecer unha serie de problemas que afectan á súa
COMPETITIVIDADE e as vendas no MERCADO EXTERIOR.
A dimensión media das empresas e industrias é reducida. A maioría son
pequenas ou PEMES Producción menos competitiva, non permite economías
de escala, nin grandes investimentos para a innovación e a modernización.
A investigación e innovación son insuficientes. Baixo investimento en I+D
en relación a outros países da UE. A investigación e innovación concéntrase nas
ramas máis dinámicas, a pesares de presenciar un esforzo innovador recente.
A creación de tecnoloxía é insuficiente e dependente. Baixo investimento
en I+D+i e escasa integración entre a Universidade e as empresas. Recúrrese a
adquisición de patentes e isto fai que os productos sexan menos competitivos.
20. Cales son os problemas da industria e as políticas para afrontalos?
21. A situación actual: Globalización e deslocalización.
O proceso de mundialización económica ten consecuencias no sector:
Efectuouse unha concentración empresarial para acceder ao mercado mundial e
aumentar e competitividade
Moitas empresas teñen presencia en diferentes países do mundo e ostentan un importante
poder económico: Inditex, Repsol…
Xeralizouse a DESLOCALIZACIÓN polo desenvolvemento das comunicacións e
abaratamento dos custos de transporte.
Cambios na división do traballo. Algúns países ofertan unha man de obra barata e se
adican á producción (Indonesia, Tailandia…) e outros ofertan o capital, a súa actividade en
I+D e innovación como as áreas centrais (Estados Unidos, Xapón…) onde hai unha
concentración de industrias de alta tecnoloxías ou servizos á producción.
22. Moitas empresas españolas experimentaron a deslocalización de procesos
productivos cara países con man de obra barata, deixando os centros de poder
ou de deseño e planificación en España (Inditex, Adolfo Domínguez…). Outras
empresas que teñen plantas en España, como PSA-Citroën (Vigo) realizan a
producción en cadea de modelos con pezas elaboradas no extranxeiro.
Os efectos da crise aumentaron situacións complexas para algunhas industrias
españolas (p.e. Pescanova), aumentando as cifras de EREs (expediente de
regulación de empresa) e o desprazamento de plantas de producción cara outros
países para abaratar custos.
23. GALICIA
A redor dun 29% da poboación ocupada traballa neste sector.
Localización de factorías que teñen un alto custo medioambiental: Celulosa (Pontevedra), Refinería
da Coruña, Alúmina-Aluminio (Cervo), Carburos Metálicos (Cee).
Localízanse no Corredor Atlántico (Vigo-Golfo Ártabro) con infraestructuras e unha rede empresarial
consolidada.
Construcción naval (Sector moi afectado polas reconversións) Ferrol, Fene, Vigo.
I. Automobilística: PSA-Citroën Vigo.
I. Agroalimentaria: destacar a importancia da industria conserveira nas Rías Baixas e Arousa Norte.
Conxelados e produtos do mar con Pescanova, multinacional que está a pasar unha difícil situal na
actualidade. Grupo Coren que é a primeira empresa agroalimentaria de produtos agrícolas de España.
Madeira: Empresa FINSA (Santiago) con presencia nos mercados internacionais.
TÉXTIL: Enorme dinamismo do grupo Inditex (Arteixo-Coruña) e outras empresas como Adolfo
Domínguez.