TRATAMENTO DA GRAFOMOTRICIDADE:
AIMPORTANCIA DO TRAZO.
A Grafomotricidade pretende o desenvolvemento da educación
grafomotriz nos nenos e nenas de 3 a 6 anos facendo uso de
actividades motivadoras e de dificultade progresiva. A definición
parte do movemento , un acto motórico do corpo no espacio e
continúa coa motricidade media ( movementos do corpo e
membros , sen cambio de lugar) e remata coa motricidade fina
( mans e dedos ). Esta precedida polo garabateo e simultanease co
debuxo espontáneo , o debuxo acomodado a un modelo e o xogo
gráfico . Lembrar que o garabateo comeza sobre o ano e termina
sobre os 3 anos pero cando chega á escola aínda o desfruta como
exercitación visomotora . No debuxo espontáneo e según modelo
o neno reproduce obxectos ,persoas e situacións ...pero non
debuxa o que ve senón o que sabe das cousas; hacia os 4 ou 5
anos os debuxos evolucionan hacia formas reconocibles. En canto
o xogo gráfico os nenos desfrutan do trazo libre facendo raias,
grecas, enchendo superficies....non hai desexo de representar algo
só o desfrute da propia obra a partir das destrezas adquiridas.
Nun principio é bo usar tizas , ceras e lápis hexagonal moi groso
( as caras do lápis permiten colocar os dedos adecuadamente e o
grosor evita crispacións ). É necesario enseñar ao neno a coller o
útil correctamente. Así como lembrar que sempre se seguirá o
sentido de esquerda a dereita que é o sentido da nosa escritura e
lectura.
Podemos usar varios materiais para un mellor
desenvolvemento da percepción e discriminación visual como
actividades previas de pre - lectura e escritura tales como :
1- Para desarrollar o control motor e a coordinación
visomotriz :
2.
. pelotas pequenase grandes.
. aros, cordas, bolos....
2- Para desarrollar a destreza dixital :
. frascos ou botellas con tapón de rosca.
. materiais para ensartar ( bolas...).
. botóns para abrochar e desabrochar.
. cremalleras, cordóns....
. chapas, canicas ou outros elementos para meter e sacar dunha
caixa.
.barallas , para mesturar e dar as cartas.
. plastilina.
. papel para rachar, recortar....
3- Para desarrollar a coordinación óculomanual fina:
. papeis de diferente grosor e consistencia.
. tesoiras.
. picado con punzón .
. pinturas para actividades de punteado , colorear....
E tamén para entrenamento da grafomotricidade podemos
facer uso de :
- Útiles e instrumentos : mans e dedos , esponxas , xiz ,
pinceis ,ceras de cores , lápis gordos....
- Materiais : auga , témperas....
- Soportes : pizarra , cartulinas , papel continuo, papel folio....