1. TIPOS DE NARRADOR (exemplos)
1) Narrador en 1ª persoa: PROTAGONISTA (experimenta os feitos)
(Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, 1961)
No verán ando descalzo. O po quente dos camiños faime alancar. Magóanme as areas e
nunca falta algunha brocha para espetárseme nos pés. Érgome con noite pecha, ás dúas
ou tres da mañá, para ir co gando, restrebar ou xuntar monllos. Cando amañece xa me doi
o lombo e as pernas. Pero o día comenza. Sede, sol, moxardos.
2) Narrador en 1ª persoa: TESTEMUÑA (está presente nos feitos)
(Begoña Caamaño, Morgana en Esmelle, 2012)
E fixo unha reverencia burlona e chusqueira á señora Xenebra, que quedou na sala sen
dicir nada, mais eu ben me decatei de que estaba a piques de chorar e, confundido, seguín
a dama Morgana ata a cociña onde a Manoeliña de Carlos me miraba con cara anoxada,
mais eu non lle fixen caso, que bastante ocupado estaba cismando no que alí pasara e
tentando entender o sucedido para llo poder explicar ao señor Merlín cando me
preguntase.
3) Narrador en 3ª persoa: OMNISCIENTE (coñece todo sobre a acción e as personaxes)
(Domingo Villar, Ollos de auga, 2006)
O inspector entrou na comisaría e internouse polo corredor que formaban as dúas
ringleiras de mesas. Frecuentemente, ao camiñar entre os ordenadores aliñados, tivera a
sensación de se atopar na redacción dun xornal no canto de nunha comisaría de policía.
Estévez púxose en pé ao velo aparecer e seguiuno movendo a súa humanidade de máis
dun metro e noventa.
Leo Caldas atravesou a porta de cristal esmerilado do seu despacho e botou unha ollada
á morea de papeis amontoados enriba da súa mesa. Sabendo que só se trataba dunha media
verdade, adoito fachendeaba de ser quen de localizar calquera cousa naquela aparente
desorde de notas e documentos.
Deixouse caer na cadeira de coiro negro, cansado trala longa xornada, e suspirou sen
saber onde botar man.
2. 4) Narrador en 3ª persoa: OBSERVADOR (OBXECTIVO, efecto cámara)
(Pedro Feijoo, Os fillos do mar, 2012)
Pero Daniel non dixo nada. Limitous e a abrir o peche do botón que aseguraba o peto
traseiro do seu pantalón, aínda enchoupado en auga salgada, e remexer no seu interior.
Un ruído de metais soou xusto antes de que o rapaz metese a man. Levou o seu puño
fechado á fronte, e non o abriu máis que para pousar algo sobre a mesa de madeira da sala
do capitán. Cando por fin retiru a man, todos os alí presentes (…) puidemos observar aon
grande asombro o que Daniel pousara. Tres moedas de ouro.
PUNTO DE VISTA / FOCO
1) INTERNO o narrador infórmanos dos feitos a través do ollar (percepción) dunha personaxe
Eduardo Santiago, O gran reino, 2014
Sentou no primeiro asento baleiro que atopou, de costas ao condutor, e comezou co
ritual previo á lectura. Non tiña pensado ler o libro no autobúd, mais non podía
esperara até chegar ao seu cuarto para ollalo de arriba a abaixo, por diante e por detrás.
2) EXTERNO (narrador observador - cámara)
3) NINGÚN FOCO (OMNISCIENTE sabe máis que calquera, visión total desde fóra)