Moitas voltas sedan pola vida, moitos camiños se pisan e moitas
escolas e centros neses camiños foron visitadas a día de hoxe. E
certamente, non é brincadeira, poucas veces teño atopado centros escolares
como o "Virxe da Cela" de Monfero.
Porque, se realmente queremos atopar unha escola viva, dinámica,
activa, sensible, tan só temos que seguir exemplo do que fan o persoal
docente mais o alumnado día a día.
Arte nos corredores, sorrisos na cara, familia nas aulas, a vida e
compromiso da xente do rural.
Eu tiven a sorte de visitalos o pasado luns 15 de febreiro e ben sei
que non todo o mundo poderá pasar por ese centro, mais despois de
pasar unha mañán con eles estou no certo de que as cousas pódense facer
ben, con dedicación, amor e cariño , coa certeza de que un futuro moi bo
está gardando.
Grazas polo voso recibimento e atención.
Paco Nogueiras
Autor da canción “Móvete”