SlideShare a Scribd company logo
1
Tema 1
A representación xeográfica da Terra.
Xeografía significa descrición da Terra.
O obxecto da xeografía é o estudo da Terra
no seu aspecto físico (xeografía física) ou
como lugar habitado pola humanidade
(xeografía humana). Así nun libro de
xeografía física atoparemos cousas como
mapas físicos (con montañas, ríos, etc),
descricións dos climas do mundo, dos
materiais da codia terrestre, formas de erosión do terreo, formación dos solos, etc. En cambio, nun libro de
xeografía humana atoparemos análises sobre a poboación, sobre as paisaxes agrarias, as cidades, as actividades
económicas, o impacto da actividade humana no medio ambiente, transportes, etc.
Unha das ferramentas máis empregadas en xeografía, tanto en xeografía física como en xeografía humana, son
as representacións da Terra.
Latitude e lonxitude
Sabemos que a Terra ten forma esférica, algo achatada polos polos. Tamén sabemos que xira sobre si mesma
(rotación) en torno a un eixe e lixeiramente inclinado que marca ónde están os polos. E por último a Terra xira ao
redor do sol.
O movemento de rotación da terra proporciona dous puntos naturais – os polos – sobre os que está baseada a
rede xeográfica, formada por unha rede de liñas imaxinarias que nos axudan a situar calquera punto da superficie
terrestre. Os meridianos son semicírculos cuxos extremos coinciden cos polos. Os paralelos son círculos completos,
2
paralelos entre eles. Existen infinitos meridianos e infinitos paralelos (igual que un segmento ten infinitos puntos),
así que cada punto da terra é o cruce entre un meridiano e un paralelo. No mapa só se representan algúns, sempre
coa mesma distancia entre eles.
Algúns meridianos e paralelos teñen nomes específicos e serven de referencia.
Para expresar un punto sempre se comeza pola latitude (norte ou sur) e logo a lonxitude (leste ou oeste),
expresados en graos, minutos e segundos.
Por exemplo as coordenadas de Castroverde son 43°02′00″N, 07°19′00″W. Un grao ten 60 minutos e un minuto
60 segundos.
3
A Cartografía:
O ser humano debe representar a superficie terrestre sobre a que vive para poder abarcala coa mirada. A
cartografía é a técnica para realizar representacións da terra a menor escala da real. Pero a cartografía debe
solucionar dous problemas:
- O tamaño da Terra (imposible representala ao seu tamaño real) o que se soluciona coa escala.
A escala exprésase como unha fracción, na que o numerador é sempre 1 e o denominador indica o número
de veces que a medida do mapa é maior que a realidade. Así por exemplo, se a escala é 1: 100.000 quere
dicir que un centímetro no mapa equivale a 100.000 centímetros na realidade.
Un mapa a gran escala presenta gran cantidade de información sobre un espazo pequeno de terreo. Un
mapa a pequena escala mostra pouca información de cada lugar.
Moitos alumnos e alumnas, cometen o erro de pensar que canto maior é o denominador maior é a escala.
Pero se teñen dúbida deben preguntarse: Que é maior, ½ ou ¼?.
- A curvatura da Terra (imposible representala en plano sen deformala
dalgunha maneira). Podemos representar a Terra nun globo terráqueo ou
representala nunha superficie plana facendo proxeccións. Pero debemos ser
Ilustración 1 mapa escala 1:35.000.000 Ilustración 2 mapa escala 1:25.000
4
conscientes de que nas proxeccións a pequena escala non se mantén a escala, senón que se deforma a
realidade.
Tipos de representacións da Terra:
Os tipos de mapas son case infinitos, xa que un mapa pode presentar información sobre calquera fenómeno
que ocupe unha localización determinada nun momento determinado. Existen mapas marinos, de
navegación aérea, etc. Pero aquí interésannos só os terrestres.
Segundo a forma esférica ou plana na que se represente:
- Globos terráqueos: representación esférica.
- Mapas: Representación xeográfica de la Terra, ou de parte dela, sobre unha superficie plana de acordo
cunha escala.
Os mapas poden ser de moitos tipos:
 Pola súa escala:
 Pequena escala. Teñen unha escala menor de 1:10.000.000. Entre eles os
planisferios: representa en forma plana o planeta Terra enteiro.
 Gran escala. Para que un mapa sexa considerado “a gran escala” ten que ser de
maior escala que o 1:100.000. Os máis habituais son de 1:50.000 ou de 1:25.000.
Neste tipo de mapas inclúense os planos: mapas que teñen unha escala
suficientemente grande como para que a curvatura da terra non de problema.
 Polo que representan:
 Topográficos: son mapas (a gran escala) que representan, fundamentalmente, o
relevo, pero tamén outros aspectos físicos (hidrografía, tipos de vexetación..) e
humanos (poboacións, vías de comunicación, límites adminsitrativos...) dun
territorio determinado. Presentan curvas de nivel par representar a altura do
terreo.
 Temáticos. Son mapas que proporcionan información sobre un aspecto concreto
que poida representarse no espazo: poboación, climas, recursos enerxéticos, áreas
turísticas...
 Os mapas mudos son mapas nos que non están escritos os nomes dos accidentes
xeográficos nin das poboacións ou outros lugares. Poden presentar información do
relevo (físicos) ou das divisións administrativas, países etc. (políticos).
Actualmente, ademais dos mapas, temos a posibilidade de consular imaxes como as fotografías aéreas (feitas dende
un avión) e as imaxes satelitais (tomadas dende un satélite artificial). (Fotocopias do libro de texto).

More Related Content

What's hot

Que é un mapa
Que é un mapaQue é un mapa
Que é un mapa
maribeliglesias64
 
Os procedementos e comentario de documentos xeográficos
Os procedementos e comentario de documentos xeográficosOs procedementos e comentario de documentos xeográficos
Os procedementos e comentario de documentos xeográficos
Agrela Elvixeo
 
01c A terra e a súa representación
01c A terra e a súa representación01c A terra e a súa representación
01c A terra e a súa representación
roberto
 
Unidade1 sociais: O medio natural
Unidade1 sociais: O medio naturalUnidade1 sociais: O medio natural
Unidade1 sociais: O medio natural
evama123
 
Jorge Mira Traballo realizado por Daniel Bostán
Jorge Mira  Traballo realizado por Daniel BostánJorge Mira  Traballo realizado por Daniel Bostán
Jorge Mira Traballo realizado por Daniel Bostán
xistina
 
Unidade 1 representación da terra
Unidade 1 representación da terraUnidade 1 representación da terra
Unidade 1 representación da terracamposseijo
 
Sociais resumo tema_2
Sociais resumo tema_2Sociais resumo tema_2
Sociais resumo tema_2
Fiz
 
Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solarTema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solarrubempaul
 
What's hot (13)

Que é un mapa
Que é un mapaQue é un mapa
Que é un mapa
 
Os procedementos e comentario de documentos xeográficos
Os procedementos e comentario de documentos xeográficosOs procedementos e comentario de documentos xeográficos
Os procedementos e comentario de documentos xeográficos
 
01c A terra e a súa representación
01c A terra e a súa representación01c A terra e a súa representación
01c A terra e a súa representación
 
Unidade1 sociais: O medio natural
Unidade1 sociais: O medio naturalUnidade1 sociais: O medio natural
Unidade1 sociais: O medio natural
 
Representacion da terra
Representacion da terraRepresentacion da terra
Representacion da terra
 
A REPRESENTACIÓN DA TERRA
A REPRESENTACIÓN DA TERRAA REPRESENTACIÓN DA TERRA
A REPRESENTACIÓN DA TERRA
 
SOCIAIS INTRODUCCIÓN
SOCIAIS INTRODUCCIÓNSOCIAIS INTRODUCCIÓN
SOCIAIS INTRODUCCIÓN
 
A representacion da terra
A representacion da terraA representacion da terra
A representacion da terra
 
Jorge Mira Traballo realizado por Daniel Bostán
Jorge Mira  Traballo realizado por Daniel BostánJorge Mira  Traballo realizado por Daniel Bostán
Jorge Mira Traballo realizado por Daniel Bostán
 
A REPRESENTACIÓN DA TERRA
A REPRESENTACIÓN DA TERRAA REPRESENTACIÓN DA TERRA
A REPRESENTACIÓN DA TERRA
 
Unidade 1 representación da terra
Unidade 1 representación da terraUnidade 1 representación da terra
Unidade 1 representación da terra
 
Sociais resumo tema_2
Sociais resumo tema_2Sociais resumo tema_2
Sociais resumo tema_2
 
Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solarTema 1 A terra, planeta do sistema solar
Tema 1 A terra, planeta do sistema solar
 
Viewers also liked

Organización política e territorial de españa .
Organización política e territorial de españa .Organización política e territorial de españa .
Organización política e territorial de españa .
Fernanda Suárez Méndez
 
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballoAs desigualdades económicas e o mercado de traballo
As desigualdades económicas e o mercado de traballo
Fernanda Suárez Méndez
 
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
UltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasaUltraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconlinguaxedeandarporcasa
Fernanda Suárez Méndez
 
Enquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostasEnquisa machismo coas respostas
Enquisa machismo coas respostas
Fernanda Suárez Méndez
 
O liberalismo político
O liberalismo políticoO liberalismo político
O liberalismo político
Fernanda Suárez Méndez
 
A revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVIIA revolución científica do século XVII
A revolución científica do século XVII
Fernanda Suárez Méndez
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
Fernanda Suárez Méndez
 
Viewers also liked (7)

More from Fernanda Suárez Méndez

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Fernanda Suárez Méndez
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
Fernanda Suárez Méndez
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Fernanda Suárez Méndez
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
Fernanda Suárez Méndez
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Fernanda Suárez Méndez
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Fernanda Suárez Méndez
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas

Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
Fernanda Suárez Méndez
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
Fernanda Suárez Méndez
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
Fernanda Suárez Méndez
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
Fernanda Suárez Méndez
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
Fernanda Suárez Méndez
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Fernanda Suárez Méndez
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Fernanda Suárez Méndez
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Fernanda Suárez Méndez
 
More from Fernanda Suárez Méndez (20)

Tema a auga
Tema a augaTema a auga
Tema a auga
 
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
Como disminuir el estrés en niños o niñas con Autismo.
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Proxecto profesional
Proxecto profesionalProxecto profesional
Proxecto profesional
 
Apuntes
ApuntesApuntes
Apuntes
 
Exercicios método científico
Exercicios método científicoExercicios método científico
Exercicios método científico
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
2. o liberalismo político
2. o liberalismo político2. o liberalismo político
2. o liberalismo político
 
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnadoTema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
Tema 3. a economía mundial na actualidade para o alumnado
 
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españaOs poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
Os poderes lexislativo e executivo nas principais administracións de españa
 
Guión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticasGuión para a análise de obras artísticas
Guión para a análise de obras artísticas
 
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviiiTema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
Tema 1. os avances científicos dos séculos xvii e xviii
 
Referendo catalán
Referendo catalánReferendo catalán
Referendo catalán
 
Traballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º esoTraballo machismo 4º eso
Traballo machismo 4º eso
 
Machismo na mecánica
Machismo na mecánicaMachismo na mecánica
Machismo na mecánica
 
A mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivoA mirada feminista na cociña definitivo
A mirada feminista na cociña definitivo
 
Power point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosaPower point sara morán edrosa
Power point sara morán edrosa
 
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiroSéculo xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
Século xix revolución industrial, nacionalismo, imperialismo, movemento obreiro
 
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperaciónResumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
Resumo de como chegou o liberalismo a españa para recuperación
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Tema 1 xeografía 3º

  • 1. 1 Tema 1 A representación xeográfica da Terra. Xeografía significa descrición da Terra. O obxecto da xeografía é o estudo da Terra no seu aspecto físico (xeografía física) ou como lugar habitado pola humanidade (xeografía humana). Así nun libro de xeografía física atoparemos cousas como mapas físicos (con montañas, ríos, etc), descricións dos climas do mundo, dos materiais da codia terrestre, formas de erosión do terreo, formación dos solos, etc. En cambio, nun libro de xeografía humana atoparemos análises sobre a poboación, sobre as paisaxes agrarias, as cidades, as actividades económicas, o impacto da actividade humana no medio ambiente, transportes, etc. Unha das ferramentas máis empregadas en xeografía, tanto en xeografía física como en xeografía humana, son as representacións da Terra. Latitude e lonxitude Sabemos que a Terra ten forma esférica, algo achatada polos polos. Tamén sabemos que xira sobre si mesma (rotación) en torno a un eixe e lixeiramente inclinado que marca ónde están os polos. E por último a Terra xira ao redor do sol. O movemento de rotación da terra proporciona dous puntos naturais – os polos – sobre os que está baseada a rede xeográfica, formada por unha rede de liñas imaxinarias que nos axudan a situar calquera punto da superficie terrestre. Os meridianos son semicírculos cuxos extremos coinciden cos polos. Os paralelos son círculos completos,
  • 2. 2 paralelos entre eles. Existen infinitos meridianos e infinitos paralelos (igual que un segmento ten infinitos puntos), así que cada punto da terra é o cruce entre un meridiano e un paralelo. No mapa só se representan algúns, sempre coa mesma distancia entre eles. Algúns meridianos e paralelos teñen nomes específicos e serven de referencia. Para expresar un punto sempre se comeza pola latitude (norte ou sur) e logo a lonxitude (leste ou oeste), expresados en graos, minutos e segundos. Por exemplo as coordenadas de Castroverde son 43°02′00″N, 07°19′00″W. Un grao ten 60 minutos e un minuto 60 segundos.
  • 3. 3 A Cartografía: O ser humano debe representar a superficie terrestre sobre a que vive para poder abarcala coa mirada. A cartografía é a técnica para realizar representacións da terra a menor escala da real. Pero a cartografía debe solucionar dous problemas: - O tamaño da Terra (imposible representala ao seu tamaño real) o que se soluciona coa escala. A escala exprésase como unha fracción, na que o numerador é sempre 1 e o denominador indica o número de veces que a medida do mapa é maior que a realidade. Así por exemplo, se a escala é 1: 100.000 quere dicir que un centímetro no mapa equivale a 100.000 centímetros na realidade. Un mapa a gran escala presenta gran cantidade de información sobre un espazo pequeno de terreo. Un mapa a pequena escala mostra pouca información de cada lugar. Moitos alumnos e alumnas, cometen o erro de pensar que canto maior é o denominador maior é a escala. Pero se teñen dúbida deben preguntarse: Que é maior, ½ ou ¼?. - A curvatura da Terra (imposible representala en plano sen deformala dalgunha maneira). Podemos representar a Terra nun globo terráqueo ou representala nunha superficie plana facendo proxeccións. Pero debemos ser Ilustración 1 mapa escala 1:35.000.000 Ilustración 2 mapa escala 1:25.000
  • 4. 4 conscientes de que nas proxeccións a pequena escala non se mantén a escala, senón que se deforma a realidade. Tipos de representacións da Terra: Os tipos de mapas son case infinitos, xa que un mapa pode presentar información sobre calquera fenómeno que ocupe unha localización determinada nun momento determinado. Existen mapas marinos, de navegación aérea, etc. Pero aquí interésannos só os terrestres. Segundo a forma esférica ou plana na que se represente: - Globos terráqueos: representación esférica. - Mapas: Representación xeográfica de la Terra, ou de parte dela, sobre unha superficie plana de acordo cunha escala. Os mapas poden ser de moitos tipos:  Pola súa escala:  Pequena escala. Teñen unha escala menor de 1:10.000.000. Entre eles os planisferios: representa en forma plana o planeta Terra enteiro.  Gran escala. Para que un mapa sexa considerado “a gran escala” ten que ser de maior escala que o 1:100.000. Os máis habituais son de 1:50.000 ou de 1:25.000. Neste tipo de mapas inclúense os planos: mapas que teñen unha escala suficientemente grande como para que a curvatura da terra non de problema.  Polo que representan:  Topográficos: son mapas (a gran escala) que representan, fundamentalmente, o relevo, pero tamén outros aspectos físicos (hidrografía, tipos de vexetación..) e humanos (poboacións, vías de comunicación, límites adminsitrativos...) dun territorio determinado. Presentan curvas de nivel par representar a altura do terreo.  Temáticos. Son mapas que proporcionan información sobre un aspecto concreto que poida representarse no espazo: poboación, climas, recursos enerxéticos, áreas turísticas...  Os mapas mudos son mapas nos que non están escritos os nomes dos accidentes xeográficos nin das poboacións ou outros lugares. Poden presentar información do relevo (físicos) ou das divisións administrativas, países etc. (políticos). Actualmente, ademais dos mapas, temos a posibilidade de consular imaxes como as fotografías aéreas (feitas dende un avión) e as imaxes satelitais (tomadas dende un satélite artificial). (Fotocopias do libro de texto).