A materia queconstitúe todo o universo formouse no Big Bang, aínda que a aparición da Terra foi moi posterior a estes sucesos. Sucede trala formación do Sol por acreción de planeteximais que orbitaban ó redor deste.
A xeración espontáneaEsta teoría, suxire que a vida orixínase directamente da materia inerte. Redi fixo un experimento para explicar que a xeración expontánea non existía. A partir deste experimento, Redi decatouse de que as larvas que aparecían sobre a carne proviñan das ovas das moscas e non da carne en descomposición. Así, quedou anulada esta teoría e demostrouse que todo ser vivo procedía doutro ser vivo.
7.
Oparín e Haldane Oparín e Haldane explican a orixe da vida a partir do enfriamento da terra que formou os océanos. As choivas procedentes da atmosfera primitiva arrastraban pequenas moléculas constituídas a partir dos gases que formaban a atmosfera primitiva. Estas moléculas empezaron a reaccionar e formaron grupiños,chamados coacervados, que deron lugar as primeiras células.
8.
Fixismo,creacionismo e catastrofismoA teoría fixista defende que as especies son inmutables e foron creadas todas xuntas. Couvier baseábase nos actos catastrofistas e creacionistas para explicar a desaparición dunha especie e a creación doutra.
9.
Lamarckismo Lamarck defendíaa teoría de que as especies actuais procedían da fusión da especie cos mecanismos de adaptación aos cambios das condicións ambientais.
10.
Darwinismo Darwin defendea idea de que é o medio o que escolle a poboación dentro dunha especie, tendo en conta a súa adaptabilidade ao medio. Sen embargo, o problema desta teoría era o descoñecemento da xenética.
11.
Neodarwinismo O Neodarwinismoaporta á teoría darwinista os novos avances xenéticos do momento (a recombinación xenética da reproducción sexual e as mutacións). Non puido ser demostrada debido a que o rexistro fósil non esta completo.