FEMURO E C.D.R PORTAS ABERTAS No ano 2003 uníronse nun Proxecto en conxunto coa FUNDACIÓN ESPLAI para poñer en funcionamento un Centro RED CONECTA (Telecentro) en Verín.
É unha iniciativadirixida a entidades de carácter social que pretende facilitar o acceso de determinados colectivos as tecnoloxías da información e da comunicación, como medida para prever e combatir a exclusión social.
Mellorar a formacióne capacitación das persoas destinatarias a través das novas tecnoloxías , mellorando as súas posibilidades de inserción no mercado laboral . Promover o acceso e a incorporación das novas tecnoloxías por parte das asociacións facilitando ferramentas de comunicación , de xestión e de animación de actividades a través da rede . Promover o traballo en rede entre asociacións locais, cunha dimensión comunitaria.
Red Conecta diríxesea poboación en xeral, con prioridade para xóvenes de 13 a 30 anos, mulleres con dificultades de acceso ó mundo laboral, parados de larga duración e persoas con dificultades de inserción social. Tamén se priorizan as persoas e colectivos con dificultades de acceso e baixa formación en zoas con especiais problemáticas .
O dinamizador/a éfactor clave para conducir o proceso, tanto desde o punto de vista técnico, como especialmente de acompañamento dos/as participantes. A súa función é notablemente diferenciada da do profesorado de academia de informática ou do persoal dun cibercafé, pois aporta a atención diferenciada a cada persoa ou grupo, conta cun bo coñecemento do entorno, con especialización en aspectos de inclusión social e aplica unha metodoloxía especialmente adaptada a cada colectivo. As persoas voluntarias da asociación/fundación contribuen ó desenvolvemento do proxecto.
Para o clubxoven haberá reservada unha tarde (1 hora e 30min) a semana, na que se realizarán diversas actividades como : Xogos en PC Talleres de informática Manualidades Campeonatos de xogos de mesa Actividades a elexir pol@s soci@s As actividades programaranse mensualmente contando coa opinión d@s soci@s, e saberán sempre de antemán as actividades a realizar nas clases seguintes, podéndose modificar ó seu gusto. Cada semana realizarase unha actividade diferente. Ademais desto, @s soci@s terán dereito de forma gratuita a: X horas de Internet ó mes ou a semana Biblioteca e Videoteca