INFORMACIÓN AOS 
MEDIOS 
As actividades que agora comezan desenvolveranse ata o próximo mes de decembro 
FAITE DIXIT@L! INICIA MAÑÁ A SÚA ANDAINA CON DÚAS ACTIVIDADES DE 
CAPACITACIÓN EN 18 AULAS DA REDE CEMIT 
§ Participan en ‘Faite Dixit@l!’ 41 das aulas coas que conta a rede CeMIT na 
Comunidade autónoma 
§ Inclúe preto de 140 actividades programadas, con máis de 1.880 prazas 
§ Contempla, ademais, seminarios con expertos e xornadas para casos de éxito que 
complementan os contidos das actividades principais 
§ Está prevista a realización de actividades presenciais onde non hai aula Cemit coa 
colaboración de colectivos tractores no territorio 
Santiago, 21 de setembro.- ‘Programación para dispositivos móbiles’, cunha duración de 30 
horas en horario de mañá, e ‘Innovación Social’, polas tardes e durante 25 horas, son as 
dúas actividades coas que arrinca mañá, luns 22 de setembro, a iniciativa ‘Faite Dixit@l!’. 
Este itinerario de capacitación tecnolóxica, impulsado pola Axencia para a Modernización 
Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Academia Postal e Fundetec, ofrece 
aos participantes ferramentas para favorecer a súa empregabilidade, potenciar o 
emprendemento en materia tecnolóxica e a adquisición de novas competencias dixitais. 
Nestas dúas primeiras actividades inscribíronse 18 aulas da rede CeMIT, que ofertaron 125 
prazas para a súa realización. As actividades serán seguidas polos usuarios a través de 
multivideoconferencia. 
Nas dúas primeiras actuacións de ‘Faite Dixit@l!’, os usuarios inscritos poderán coñecer 
aspectos básicos e avanzados da programación e uso de dispositivos móbiles - 
smartphones, tabletas,…- na actividade de mañá, e os fundamentos para o deseño e 
execución de programas de innovación social no caso da de tarde. O bloque sobre 
Innovación Social é una das principais novidades do proxecto ‘Faite Dixit@l!’, co que se 
bisca facilitar a dinamización da actividade profesional dos axentes TIC e os colaboradores 
da rede CeMIT con formación adaptada ás súas necesidades. 
Actividades ata decembro 
O proxecto ‘Faite Dixit@l!’ contempla un calendario de actividades ata o mes de decembro, 
que abrangue bloques temáticos sobre ferramentas web 2.0, estratexias de márketing online 
e comercio electrónico, uso da identidade dixital e servizos electrónicos das administracións 
públicas. Ademais, está prevista a realización de dous seminarios de expertos, e dúas 
xornadas de exposición de casos de éxito e boas prácticas. 
Para falar de Innovación Social coas TIC como base deseñouse un ‘PechaKucha’, un 
modelo de exposición con presentacións creativas de curta duración que propicien o diálogo 
e o intercambio de ideas. O seu desenvolvemento está previsto para mediados do próximo 
mes de outubro. 
Inscrición gratuíta 
A participación é gratuíta, e a inscrición pode realizarse en calquera das aulas da rede 
CeMIT, onde tamén é posible solicitar máis información. ‘Faite Dixit@l!’ conta ademais con 
Comunicación dá Xunta de Galicia 
1 
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela 
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 
Correo-e: comunicacion@xunta.es
INFORMACIÓN AOS 
MEDIOS 
dúas canles en redes sociais para poder seguir o seu desenvolvemento: 
www.facebook.com/faitedixital e www.twitter.com/faitedixital (@faitedixital) Para estender as 
actividades de ‘Faite Dixit@l!’ alí onde non chega a rede CeMIT están a pecharse acordos 
de colaboración con entidades e colectivos tractores que permitirán o seu desenvolvemento 
de maneira presencial. 
As seguintes actividades de ‘Faite Dixit@l!’ programadas serán a segunda quenda do 
módulo de capacitación sobre ‘Innovación Social’, con inicio previsto o día 1 de outubro, e a 
de ‘Configuración de dispositivos móbiles’, que dará comezo o 6 de outubro. Este día, 
ademais, iníciase o prazo para a presentación de traballos ao “Concurso ‘Faite Dixit@l!’ de 
aplicacións para dispositivos móbiles’”, que contempla un premio tecnolóxico para o 
gañador. 
Comunicación dá Xunta de Galicia 
2 
San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela 
Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 
Correo-e: comunicacion@xunta.es

Nota_prensa_inicioactividades_gl

  • 1.
    INFORMACIÓN AOS MEDIOS As actividades que agora comezan desenvolveranse ata o próximo mes de decembro FAITE DIXIT@L! INICIA MAÑÁ A SÚA ANDAINA CON DÚAS ACTIVIDADES DE CAPACITACIÓN EN 18 AULAS DA REDE CEMIT § Participan en ‘Faite Dixit@l!’ 41 das aulas coas que conta a rede CeMIT na Comunidade autónoma § Inclúe preto de 140 actividades programadas, con máis de 1.880 prazas § Contempla, ademais, seminarios con expertos e xornadas para casos de éxito que complementan os contidos das actividades principais § Está prevista a realización de actividades presenciais onde non hai aula Cemit coa colaboración de colectivos tractores no territorio Santiago, 21 de setembro.- ‘Programación para dispositivos móbiles’, cunha duración de 30 horas en horario de mañá, e ‘Innovación Social’, polas tardes e durante 25 horas, son as dúas actividades coas que arrinca mañá, luns 22 de setembro, a iniciativa ‘Faite Dixit@l!’. Este itinerario de capacitación tecnolóxica, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración con Academia Postal e Fundetec, ofrece aos participantes ferramentas para favorecer a súa empregabilidade, potenciar o emprendemento en materia tecnolóxica e a adquisición de novas competencias dixitais. Nestas dúas primeiras actividades inscribíronse 18 aulas da rede CeMIT, que ofertaron 125 prazas para a súa realización. As actividades serán seguidas polos usuarios a través de multivideoconferencia. Nas dúas primeiras actuacións de ‘Faite Dixit@l!’, os usuarios inscritos poderán coñecer aspectos básicos e avanzados da programación e uso de dispositivos móbiles - smartphones, tabletas,…- na actividade de mañá, e os fundamentos para o deseño e execución de programas de innovación social no caso da de tarde. O bloque sobre Innovación Social é una das principais novidades do proxecto ‘Faite Dixit@l!’, co que se bisca facilitar a dinamización da actividade profesional dos axentes TIC e os colaboradores da rede CeMIT con formación adaptada ás súas necesidades. Actividades ata decembro O proxecto ‘Faite Dixit@l!’ contempla un calendario de actividades ata o mes de decembro, que abrangue bloques temáticos sobre ferramentas web 2.0, estratexias de márketing online e comercio electrónico, uso da identidade dixital e servizos electrónicos das administracións públicas. Ademais, está prevista a realización de dous seminarios de expertos, e dúas xornadas de exposición de casos de éxito e boas prácticas. Para falar de Innovación Social coas TIC como base deseñouse un ‘PechaKucha’, un modelo de exposición con presentacións creativas de curta duración que propicien o diálogo e o intercambio de ideas. O seu desenvolvemento está previsto para mediados do próximo mes de outubro. Inscrición gratuíta A participación é gratuíta, e a inscrición pode realizarse en calquera das aulas da rede CeMIT, onde tamén é posible solicitar máis información. ‘Faite Dixit@l!’ conta ademais con Comunicación dá Xunta de Galicia 1 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: comunicacion@xunta.es
  • 2.
    INFORMACIÓN AOS MEDIOS dúas canles en redes sociais para poder seguir o seu desenvolvemento: www.facebook.com/faitedixital e www.twitter.com/faitedixital (@faitedixital) Para estender as actividades de ‘Faite Dixit@l!’ alí onde non chega a rede CeMIT están a pecharse acordos de colaboración con entidades e colectivos tractores que permitirán o seu desenvolvemento de maneira presencial. As seguintes actividades de ‘Faite Dixit@l!’ programadas serán a segunda quenda do módulo de capacitación sobre ‘Innovación Social’, con inicio previsto o día 1 de outubro, e a de ‘Configuración de dispositivos móbiles’, que dará comezo o 6 de outubro. Este día, ademais, iníciase o prazo para a presentación de traballos ao “Concurso ‘Faite Dixit@l!’ de aplicacións para dispositivos móbiles’”, que contempla un premio tecnolóxico para o gañador. Comunicación dá Xunta de Galicia 2 San Caetano, s/n - 15704 Santiago de Compostela Tel.: 981 541 238/42/51 - Fax: 981 541 252/41 Correo-e: comunicacion@xunta.es