SlideShare a Scribd company logo
90 ANOS DESPOS , VOLVE O PARTIDO GALEGUISTA A RIBADEO.-
Fai 90 anos da formación do Partido Galeguista en Ribadeo, no ano 1933, cando se empezou
organizar o Partido na nosa vila, dous anos posteriores aos da sua fundación, aunque con
anterioridade no 1932 con motivo do Dia de Galiza, un grupo de galeguistas repartirón un
manifiesto cos pontos do Partido, e pidiaselle aos veciños que engalanasen os balcons, con a
bandeira galega.
O xermen dos seus primeiros pasos en Ribadeo, foi a presencia habitual de Victor Casas, un dos
persoeiros do PG, director de ”A Nosa Terra” e mártir do galeguismo no 36. Casas traballaba como
viaxante e aproveitaba as estadías en Ribadeo, hospedabase no “Hotel Lamas”, para animar a
mocidade ribadense a integrarse no Partido.
A primeira directiva ficaba así: Secretario Xeral: Claudio Perez Prieto; Secretario de actas:
Domingo Rodriguez ; Tesoureiro: Agustin Rodriguez; Bibliotecário: Anton Rodriguez; Vocais:
Xesus Pupeiro, Constantino Fernandez e Manuel Perez Prieto.
No ano 1935, había vinte e cinco afiliados, 6 estudantes, 3 empregados, 2 xornaleiros, 2 barbeiros, e
un de cada profesión seguinte: carpinteiro, comerciante, camareiro, mariño, farmacéutico, médico,
mestre, labrego, tipógrafo, panadeiro e dous sin profesión.
As xuntanzas solían ser na casa dos Perez Prieto e no forno de Agustin Rodriguez “O Rato”. 90
ANOS DESPOS, o PARTIDO GALEGUISTA , volve estar presente na vida social e política de
Ribadeo, con o mesmo entusiasmo de aqueles irmans, e tras a sua estela do galeguismo
transformador.
QUE PENSAMOS. O NOSO ACTUAR.-
Toda organización política ten uns obxectivos e unha ideoloxía así como un estilo particular de
concibir a xestión do público.
Ao longo da súa historia, o Partido Galeguista caracterizouse como unha organización capaz de
abrazar diferentes sensibilidades políticas, cun núcleo común de defensa do que é noso como pobo
diferenciado, con a lingua como escudo, así como a nosa cultura ,tradicións, patrimonio e
institucións.
Concibimos o galeguismo como unha fonte de arraigamento co pobo, man a man ,con quen
debemos loitar para transformar todo o que mellore a nosa cohesion social e sea fonte de benestar.
Respectamos as distintas administracións públicas do noso Estado coas que se debe manter un
diálogo constante, para que entre o pobo e os nosos representantes políticos poidamos transformar e
mellorar os diferentes aspectos sociais e económicos que benefician a nosa vida cotiá.
Somos pois un partido de diálogo e mobilización de conciencias, transformador ,aberto a
participación na militancia a calquera veciña ou veciño que imaxine un futuro mellor.
¡SAUDE E TERRA!.
O CONCEPTO DE RIBADEO COMO CENTRO COMERCIAL COMARCAL
Como consecuencia dun artigo que publicamos a semana antepasada sobre desenvolvemento local,
algún lector pídenos que afondemos no concepto Centro Comercial Comarcal. Parécenos
importante facelo porque é un dos tres eixos transversais do noso programa, que xunto con Ribadeo,
Concello de Benestar e o terceiro: Participación Cidadá e Diálogo Institucional, son conceptos que
se cruzan interactuando entre eles, precisamente por seren transversais, tal e como imos ver de
seguido.
Conceptos:
En primeiro lugar gustaríanos definir algúns dos conceptos que utilizamos. Así, cando falamos de
Ribadeo Centro Comarcal, referímonos ao factor de rexionalización, onde a incidencia económica
dalgúns concellos da comarca Astur-Galaica repercute directamente na economía dos outros, ou de
calquera outro elemento estrucutal que afecte á economía do conxunto da comarca, como as
deficientes comunicacións terrestres que padecemos todos.
Por iso, este concepto estará asociado á creación de estruturas istitucionais e cidadás que permitan
estreitar lazos de solidariedade e defensa do desenvolvemento común, como e a proposta da Mesa
Comarcal Astur-Galaica de seguimento das comunicacións terrestres.
Cando falamos de Centro Comercial Comarcal falamos basicamente do público obxectivo de
consumo que ten Ribadeo, por ser o centro dunha comarca e pola súa vocación comercial, O que en
mercadotecnia chámase “Target”.
A praza urbana aberta é o espazo onde o público obxectivo comarcal interactúa coa nosa oferta
comercial, hoteleira, de servizos ou produtos locais.
De aquí sairán as políticas municipais de imaxe, marca e promoción do produto Ribadeo, Praza
Aberta.
Como se desenvolve todo isto?:
Propoñemos cunha estratexia de prazos e unha metodoloxía por obxectivos, que permita medir os
resultados en cada un dos distintos niveis de actuación da administración local.
Sinerxias:
Entendemos as sinerxías comerciais cando dous ou máis axentes económicos colaboran en
beneficio mutuo. Unha fronte de oferta común é unha sinerxía.
Non cabe dúbida de que neste espazo urbano aberto de frontes comúns produciranse sinerxías,
porque se reforzarán as diferentes ofertas que, lonxe de sumar o público un por un, o que farán será
multiplicalo.
Un exemplo de sinerxía tiñamos os mércores de mercado cando se celebraba nas inmediacións da
Praza de Abastos de Ribadeo, como se celebrou tradicionalmente. Despois de falar con membros do
pequeno comercio, o segundo sector e a hostalaría do lugar e a contorna, o cambio de ubicación do
mercado dos mércores supuxo unha perda de ingresos para eles: os que deixaron de percibir as 52
mañás (os mercados do mércores do ano, aprox. ) Por riba e moi importante, este traslado fíxose sen
contar nin cos donos dos negocios afectados, nin tampouco coa maioría dos placeiros.
Benestar:
É outro dos tres eixos transversais do noso programa, e entrecruza co concepto do que estamos a
falar, é a nosa aposta por acadar altos niveis de calidade de vida comunitaria na atención ás persoas
maiores, a conciliación familiar, a infancia ou a pobreza.
Entendemos que o modelo de desenvolvemento económico local que propoñemos precisará dun
impulso colectivo que só se pode conseguir dende a cohesión social, non pode haber fendas sociais
que o dificulten.
Pero independentemente deste principio, acadar un maior benestar ten un retorno económico moi
importante no incremento da poboación, nun contexto de perda da mesma, xa que o noso concello
ha ofrecer mellores servizos que outros lugares, e iso ha da man de elevar o calidade da atención ás
persoas maiores, e coa nosa proposta de conciliación familiar ampliando o horario das instalacións
escolares de 7:30 a 20:30 horas.
Participación Cidadá:
A terceira columna do noso programa recolle a necesidade de acometer este impulso colectivo
desde a participación cidadá, fundamental para calquera cambio, creando ferramentas participativas,
transparentes e vinculantes para o concello.
So desde o apoio veciñal, e desde o respecto e un diálogo aberto cara ás outras administracións
públicas poderemos acadar estes obxectivos.
Bases para o desenvolvemento económico local:
"Ribadeo Gran Centro Comarcal".
Ribadeo ten o provilexio xeográfico de ser o centro dunha grande comarca Galaico-Astur, porén o
futuro da nosa economía debe ter en conta o factor da rexionalización, o feito de que calquera
incidencia na economía local dos distintos concellos da nosa zona inflúe directamente sobre nós.
Temos o desafío de desenvolver e consolidar a Ribadeo como Grande Centro Comarcal de acordo
coa nosa vocación histórica e a xa sinalada situación xeográfica.
Dentro deste desafío, a vertebración comarcal require dun proceso de maduración, que
necesariamente leva dentro de si a precaria sitiuación das comunicacións, tanto as do interior da
comarca (estradas, ferrocarril), como as ligazóns cos grandes eixos comerciais.
Sectores como: hostalería, servizos, comercio, turismo, rural, pesca, industria, contribúen a
potenciar a nosa economía pero vense afectados por este déficit estructural.
Tamén debemos considerar as dúas novas fronteiras da actualidade: a economía dixital e a
economía verde.
Propostas transversais.
1. Creación dunha "Mesa Comarcal Astur-Galaica" de Concellos e participación cidadá para
demandar as melloras necesarias nas comunicacións terrestres.
2. 2. O Concello de Ribadeo pode liderar esta iniciativa e organizar e estimular o diálogo entre as
distintas administracións implicadas.
3. Creación dun Consello de Desenvolvemento Local participativo e vinculante.Análise por
sectores.
1. Comercio:
Cremos que é necesario volver ao concepto de “praza urbana”, onde interactúan todos os sectores.
Podríamos crear marca, sinerxías mutuas, e centrarnos no público concreto.
2. Hostalería:
Sorteou con moita creatividade e profesionalidade a adaptación á nova economía pero non sen
custe. Apoiar as súas propias iniciativas é a nosa aposta.
3. Servizos:
Somos un concello moderno e cun forte sector servizos, estaría integrado no concepto de "praza
urbana". Éunha actividade moi importante polo número de postos de traballo que xenera.
4.Turismo:
Cremos que é necesario continuar e mellorar a política de desestacionalización dos visitantes, para
iso é necesario crear e engadir novos produtos turísticos e potenciar o turismo local, comarcal e
rexional.
A presenza promocional na feira sectorial FITUR non é suficiente, é necesario ter presenza noutras
feiras xerais comarcais , rexionais ou locais.
5. Industria:
a) Alúmina:
- O seu uso industrial non superará os dez anos pola limitación da balsa de lodos. O selado será
gradual.
- É importante impulsar a creación dun plan alternativo que aproveite o solo industrial e parte do
equipamento da fábrica.
b) Aluminio:O seu futuro dependerá do prezo da enerxía para o seu funcionamento.
c) Estaleiros:
Na nosa comarca existen dúas grandes empresas do sector naval español, entre elas cobren
aproximadamente o 60%. Xeran centos de postos de traballo directos e indirectos, boa parte desta
economía tributa no noso Concello. Apoiar e reforzar os vínculos será beneficioso.
6. Medio rural
A gandería pasou da explotación tradicional á industrial con certo grao de dependencia de materias
primas alleas e un proceso de concentración comercial de estas, que nos preocupa.
Nesta situación poderáse manter polo de agora un bo número de postos de traballo.
Outras producións como a horta, a froiticultura, o cultivo de setas entendemos que deben de
acometerse coa profesionalidade das que existen na actualidade.
O apoio desde a formación e a promoción das producións é importante.O turismo rural revélase
como alternativa a determinadas antigas explotacións agrarias, o apoio da área de Turismo do
Concello debe ser total.
O cultivo forestal, a produción de madeira e a súa industria están en expansión e cunha demanda
difícil de satisfacer.
Apoiaremos calquera plan serio de loita contra o lume e as súas medidas municipais.
Os parques eólicos só deben autorizarse respectando a convivencia cos ecosistemas tradicionais.
7. Pesca :
Dous dos principais portos pesqueiros do Estado están na nosa comarca: Burela e Celeiro.Ambos
xeran unha importante riqueza.
O impacto dunha recente normativa comunitaria sobre a pesca de fondo está a piques de ser
avaliado, non parece substancial.
O porto de Ribadeo mantén unha interesante actividade con tres barcos de artes menores.Propostas
sectoriais:
1. Crear e desenvolver unha marca de “praza urbana” que permita a promoción de Ribadeo como
Gran Centro Comercial da Comarca, dirixida a un público obxectivo comarcal e rexional.
2. Programas de formación profesional xestionados pola Administración local dirixidos a formar
profesionais das novas tecnoloxías , da hostalería, comercio, turismo, e doutras profesións manuais.
3. Presenza promocional en feiras xerais comarcais e rexionais . Non somente na feiria sectorial de
FITUR.
4. Impulso a creación dun parque subacuático arqueolóxico, e a restauración do Forte de San
Damián e conversión en Museo Marítimo segundo demandan varios colectivos cidadáns.
5. Apoio promocional ao turismo rural e as producións agrícolas locais ou de cercanías.
6.Creación de novos produtos turísticos baseados nos puntos que sinalamos anteriormente.
7. Apoio ás iniciativas propias do sector da hostalaría.
8. Apoio institucional ás iniciativas dun plan alternativo para a Alúmina.
9. Para emprendedores da nova economía dos sectores produtivo, comercial e tecnolóxico,
defendemos a construción dun edificio no noso polígono industrial que sirva de niño de
microempresas.
POLÍTICAS SOCIAIS: RIBADEO, CONCELLO DO BENESTAR
Cando falamos de conseguir un "Ribadeo do Benestar", cómpre ter en conta a amplitude de
competencias que ten o Concello en materia de políticas sociais, quizás aquelas que inciden máis
directamente na vida da xente.
Queremos acadar altos niveis de vida cominitaria, facer de Ribadeo un Concello máis próspero pero
tamén máis cohesionado, en continuo diálogo e negociación coas outras administraciacions, e o
máis importante: en continuo diálogo entre nós.
1. PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES
En Ribadeo, como noutros concellos, os maiores de 60 anos ocupan un lugar crecente e estable na
pirámide de poboación; previsiblemente esta tendencia continuará durante as vindeiras décadas.
Contamos cunha Residencia de Maiores digna e estamos á espera da reforma do Hospital- Asilo
para que volva estar en funcionamento. Tamén temos o Centro de Día A Concordia.
Entendemos que as Residencias de Anciáns son a última opción pois só cubren as necesidades de
persoas maiores moi dependentes ou sen rede familiar. Por eso nós apostamos pola atención
domicialiaria sempre que esta sexa posible.
Varios Centros de Formación Profesional de Ribadeo e comarca forman anualmente profesionais
para a atención ás Persoas Maiores: este sector de atención ás Persoas Maiores xa achega
aproximadamente o 9% dos postos de traballo entre formais e informais.
PROPOSTAS:
A) Creación dunha Oficina Municipal de Atención ás Persoas Maiores que facilite información, e
solucione as necesidades diarias pola fenda dixital.
B) Facer un seguimento das obras de reforma do Hospital-Asilo e contribuír ao diálogo entre
administracións para cubrir as necesidades orzamentarias.
C) Avanzar cara a un réxime de Municipalización dos servizos de Atención a Maiores, aínda que se
poidan subcontratar determinadas necesidades. Crecer na oferta de coidados no fogar.
D) Incluír a atención ás persoas maiores dentro dun Consello local de benestar.
2. POBREZATrataremos de implementar dende as nosas competencias o indicador número 1 da
Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, que sinala a necesidade de: "Acabar coa pobreza en
todas as súas formas e en todas partes". A pobreza entendida non só como a ausencia de recursos
monetarios; é tamén calquera fenda social en ámbitos tan diversos como a enerxía, a cultura, o
xénero ou a idade, por iso este concepto cubrirá todo o noso programa social.
PROPOSTAS:
A) Integrar un área da nosa estrutura de servizos sociais nos diferentes grupos de traballo de
indicadores de pobreza, o que nos permitirá dispor duns parámetros de medición e un mapa da
pobreza no Concello.
B) Coordinar eficazmente os nosos servizos sociais coas organizacións non gobernamentais locais
de atención á pobreza.
C) Entendemos que o actual sistema de entrega de alimentos é defectuoso, expón aos necesitados a
visibilidade social e impide que se cubran as necesidades ocultas.
D). Propoñemos sustituír as distintas colas de entrega de alimentos por un Centro Social que ofreza
servizo de alimentación e unha reserva de roupa doada, pautada segundo os parámetros de pobreza
indicados.
3. INFANCIA
A nosa política de infancia trata de corrixir as desigualdades de base que dificultan a cohesión social
dende os primeiros anos. Do mesmo xeito, impulsaremos programas para dotar aos nenos e nenas
dunha rede de apego que lles permita superar mellor outras etapas da vida. Son varias as iniciativas
municipais que reflicten o noso sentir, polo que sinalaremos unha proposta innovadora.
PROPOSTA: Creación dunha zona de xogos para nenos de entre 0 e 3 anos no Parque de San
Francisco.
4. MULLER
Temos unha estrutura de asistencia á muller acorde coas nosas posibilidades municipais e a axenda
feminista. Obxectivos como a erradicación da violencia contra a muller atopan apoiodentro das
competencias municipais. Pero a fenda de xénero continúa, polo que centraremos os nosos esforzos
neste obxectivo. A conciliación entre educación infantil e traballo, que recae sobre todo na muller
traballadora, continúa sen políticas municipais activas.
Presentaremos como proposta un servizo baseado na educación, probado en diversos concellos e
que mesmo tivo como resultado o incremento do censo de poboación. Esta aposta pola conciliación
supón un gasto adicional na partida de educación, pero ainda con ela é posible equilibrar os
orzamentos.
PROPOSTA: Asumir dende o Concello a ampliación do horario lectivo público. De 7:30 a 20:30 h.
Nas franxas que non houbese horario lectivo, o concello asumiría a atención dos escolares con
persoal propio ou subcontratado. Suporía o uso dun comedor, actividades recreativas extraescolares
e clases de reforzo para compensar as diferenzas de base cultural.
5. SAÚDE
O Sistema Público de Saúde é competencia da Administración autonómica. Isto non impide que a
Institución Municipal apoie as demandas de diversos colectivos de profesionais sanitarios e da
sociedade civil, ante os recortes que está a sufrir este Sistema. No noso concello carecemos dun
servizo estable de Pediatría, que reivindicamos. Da mesma maneira reivindicamos unha praza de
Xeriatría. Posicionaremos ante o anuncio da construción dun novo centro de saúde; anuncio sen
anteproxecto, sen partida orzamentaria e sen terreos adquiridos.
Preocúpanos a distancia no lugar previsto para a mobilidade e o acceso dos pacientes.
6. DEPORTE.
Consideramos necesario seguir apoiando os xogos tradicionais como a petanca e a billarda.
Crearemos un Consello Municipal de Deportes participativo e vinculante, que acorde as liñas de
apoio e coordinación entre os distintos Clubs do noso Concello.

More Related Content

Similar to PG.pdf

Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
Xohán Rompe
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
psdegbergondo
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
BNGdoPorrinho
 
Derroche en publicidade
Derroche en publicidadeDerroche en publicidade
Derroche en publicidade
Francisco Da Silva Vello
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
acppgalicia
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
Tecer Galicia Tecer Podemos
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
luarodalegre97
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Ansotegi GZ
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
20minutos
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
burelao
 
Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019
BngForcarei
 
UD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaUD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaEvaPaula
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Roberto Touza David
 
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEvaPaula
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixital
IGADI
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
BNG - Bloque Nacionalista Galego
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
20minutos
 

Similar to PG.pdf (20)

Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)Programa de Veciños por Lugo (VL)
Programa de Veciños por Lugo (VL)
 
Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo Xornal PSOE Bergondo
Xornal PSOE Bergondo
 
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
[Xerais 2019 (10N)] 30 ideas claras
 
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
Voceiro BNG O Porriño outubro 2019
 
S. Fernández
S. FernándezS. Fernández
S. Fernández
 
Derroche en publicidade
Derroche en publicidadeDerroche en publicidade
Derroche en publicidade
 
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
Memoria de actividades ACPP Galicia, ano 2023
 
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
24 propostas para Tecer Galicia de cara ao 2024.pdf
 
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
Programa del BNG para las elecciones de Galicia 2024
 
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
Pérez Bouza: de Ourense ao Congreso!
 
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
Galicia en Común-Anova Mareas programa elecciones gallegas 2020
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019Programa BNG Burela 2019
Programa BNG Burela 2019
 
Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019Programa Forcarei 2019
Programa Forcarei 2019
 
UD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía españolaUD 16-18 Terciarización da economía española
UD 16-18 Terciarización da economía española
 
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
Emprendedores de Lugo recibirán de xeito gratuíto formación e apoio integral ...
 
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOSEspaña, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
España, unha ECONOMÍA DE SERVIZOS
 
IAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixitalIAF140 nº9dixital
IAF140 nº9dixital
 
Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020Programa electoral das Galegas 2020
Programa electoral das Galegas 2020
 
Programa de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNGPrograma de las elecciones gallegas del BNG
Programa de las elecciones gallegas del BNG
 

More from Antonio Gregorio Montes

A Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdf
A Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdfA Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdf
A Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Da concentración paz 20240519 Ribadeo.pdf
Da concentración paz 20240519 Ribadeo.pdfDa concentración paz 20240519 Ribadeo.pdf
Da concentración paz 20240519 Ribadeo.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Ribadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posible
Ribadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posibleRibadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posible
Ribadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posible
Antonio Gregorio Montes
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Antonio Gregorio Montes
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Antonio Gregorio Montes
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
Antonio Gregorio Montes
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antonio Gregorio Montes
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Antonio Gregorio Montes
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Antonio Gregorio Montes
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
Antonio Gregorio Montes
 

More from Antonio Gregorio Montes (20)

A Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdf
A Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdfA Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdf
A Temperie ribadense no século XXI (ate 2023).pdf
 
Da concentración paz 20240519 Ribadeo.pdf
Da concentración paz 20240519 Ribadeo.pdfDa concentración paz 20240519 Ribadeo.pdf
Da concentración paz 20240519 Ribadeo.pdf
 
Ribadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posible
Ribadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posibleRibadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posible
Ribadeo no tempo, a través das imaxes. Outro Ribadeo foi posible
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdfPresentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
Presentación A temperie ribadense no século XXImeteo.pdf
 
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdfTemperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
Temperie ribadense 2023 diapositivas.pdf
 
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
Programa PSOE Ribadeo eleccións municipais 2023
 
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdfPresentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
Presentación Non apartes a mirada do espello v2.pdf
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complementoA Temperie ribadense no 2020... e un complemento
A Temperie ribadense no 2020... e un complemento
 
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / dípticoAntroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
Antroido 2024 en Ribadeo: programa / díptico
 
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en RibadeoFalando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
Falando de Aurora Sampedro Piñeiro en Ribadeo
 
Presentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdfPresentación de Lucía Ferro.pdf
Presentación de Lucía Ferro.pdf
 
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdfPrograma Ribadeo Indiano 2023.pdf
Programa Ribadeo Indiano 2023.pdf
 
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdfAs vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
As vidreiras da capela do cemiterio v.1.0.1.pdf
 
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdfJosé María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
José María Rodríguez Díaz, in memoriam.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdfPROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
PROGRAMA PSOE RIBADEO.pdf
 
Programa PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdfPrograma PP Ribadeo2023.pdf
Programa PP Ribadeo2023.pdf
 
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
APUNTES PARA LA REFORMA DE LOS CONTENIDOS DE LA ASIGNATURA DE CIENCIAS DE LA ...
 

PG.pdf

  • 1.
  • 2. 90 ANOS DESPOS , VOLVE O PARTIDO GALEGUISTA A RIBADEO.- Fai 90 anos da formación do Partido Galeguista en Ribadeo, no ano 1933, cando se empezou organizar o Partido na nosa vila, dous anos posteriores aos da sua fundación, aunque con anterioridade no 1932 con motivo do Dia de Galiza, un grupo de galeguistas repartirón un manifiesto cos pontos do Partido, e pidiaselle aos veciños que engalanasen os balcons, con a bandeira galega. O xermen dos seus primeiros pasos en Ribadeo, foi a presencia habitual de Victor Casas, un dos persoeiros do PG, director de ”A Nosa Terra” e mártir do galeguismo no 36. Casas traballaba como viaxante e aproveitaba as estadías en Ribadeo, hospedabase no “Hotel Lamas”, para animar a mocidade ribadense a integrarse no Partido. A primeira directiva ficaba así: Secretario Xeral: Claudio Perez Prieto; Secretario de actas: Domingo Rodriguez ; Tesoureiro: Agustin Rodriguez; Bibliotecário: Anton Rodriguez; Vocais: Xesus Pupeiro, Constantino Fernandez e Manuel Perez Prieto. No ano 1935, había vinte e cinco afiliados, 6 estudantes, 3 empregados, 2 xornaleiros, 2 barbeiros, e un de cada profesión seguinte: carpinteiro, comerciante, camareiro, mariño, farmacéutico, médico, mestre, labrego, tipógrafo, panadeiro e dous sin profesión. As xuntanzas solían ser na casa dos Perez Prieto e no forno de Agustin Rodriguez “O Rato”. 90 ANOS DESPOS, o PARTIDO GALEGUISTA , volve estar presente na vida social e política de Ribadeo, con o mesmo entusiasmo de aqueles irmans, e tras a sua estela do galeguismo transformador. QUE PENSAMOS. O NOSO ACTUAR.- Toda organización política ten uns obxectivos e unha ideoloxía así como un estilo particular de concibir a xestión do público. Ao longo da súa historia, o Partido Galeguista caracterizouse como unha organización capaz de abrazar diferentes sensibilidades políticas, cun núcleo común de defensa do que é noso como pobo diferenciado, con a lingua como escudo, así como a nosa cultura ,tradicións, patrimonio e institucións. Concibimos o galeguismo como unha fonte de arraigamento co pobo, man a man ,con quen debemos loitar para transformar todo o que mellore a nosa cohesion social e sea fonte de benestar. Respectamos as distintas administracións públicas do noso Estado coas que se debe manter un diálogo constante, para que entre o pobo e os nosos representantes políticos poidamos transformar e mellorar os diferentes aspectos sociais e económicos que benefician a nosa vida cotiá. Somos pois un partido de diálogo e mobilización de conciencias, transformador ,aberto a participación na militancia a calquera veciña ou veciño que imaxine un futuro mellor. ¡SAUDE E TERRA!. O CONCEPTO DE RIBADEO COMO CENTRO COMERCIAL COMARCAL Como consecuencia dun artigo que publicamos a semana antepasada sobre desenvolvemento local, algún lector pídenos que afondemos no concepto Centro Comercial Comarcal. Parécenos importante facelo porque é un dos tres eixos transversais do noso programa, que xunto con Ribadeo, Concello de Benestar e o terceiro: Participación Cidadá e Diálogo Institucional, son conceptos que se cruzan interactuando entre eles, precisamente por seren transversais, tal e como imos ver de seguido. Conceptos: En primeiro lugar gustaríanos definir algúns dos conceptos que utilizamos. Así, cando falamos de Ribadeo Centro Comarcal, referímonos ao factor de rexionalización, onde a incidencia económica dalgúns concellos da comarca Astur-Galaica repercute directamente na economía dos outros, ou de calquera outro elemento estrucutal que afecte á economía do conxunto da comarca, como as deficientes comunicacións terrestres que padecemos todos.
  • 3. Por iso, este concepto estará asociado á creación de estruturas istitucionais e cidadás que permitan estreitar lazos de solidariedade e defensa do desenvolvemento común, como e a proposta da Mesa Comarcal Astur-Galaica de seguimento das comunicacións terrestres. Cando falamos de Centro Comercial Comarcal falamos basicamente do público obxectivo de consumo que ten Ribadeo, por ser o centro dunha comarca e pola súa vocación comercial, O que en mercadotecnia chámase “Target”. A praza urbana aberta é o espazo onde o público obxectivo comarcal interactúa coa nosa oferta comercial, hoteleira, de servizos ou produtos locais. De aquí sairán as políticas municipais de imaxe, marca e promoción do produto Ribadeo, Praza Aberta. Como se desenvolve todo isto?: Propoñemos cunha estratexia de prazos e unha metodoloxía por obxectivos, que permita medir os resultados en cada un dos distintos niveis de actuación da administración local. Sinerxias: Entendemos as sinerxías comerciais cando dous ou máis axentes económicos colaboran en beneficio mutuo. Unha fronte de oferta común é unha sinerxía. Non cabe dúbida de que neste espazo urbano aberto de frontes comúns produciranse sinerxías, porque se reforzarán as diferentes ofertas que, lonxe de sumar o público un por un, o que farán será multiplicalo. Un exemplo de sinerxía tiñamos os mércores de mercado cando se celebraba nas inmediacións da Praza de Abastos de Ribadeo, como se celebrou tradicionalmente. Despois de falar con membros do pequeno comercio, o segundo sector e a hostalaría do lugar e a contorna, o cambio de ubicación do mercado dos mércores supuxo unha perda de ingresos para eles: os que deixaron de percibir as 52 mañás (os mercados do mércores do ano, aprox. ) Por riba e moi importante, este traslado fíxose sen contar nin cos donos dos negocios afectados, nin tampouco coa maioría dos placeiros. Benestar: É outro dos tres eixos transversais do noso programa, e entrecruza co concepto do que estamos a falar, é a nosa aposta por acadar altos niveis de calidade de vida comunitaria na atención ás persoas maiores, a conciliación familiar, a infancia ou a pobreza. Entendemos que o modelo de desenvolvemento económico local que propoñemos precisará dun impulso colectivo que só se pode conseguir dende a cohesión social, non pode haber fendas sociais que o dificulten. Pero independentemente deste principio, acadar un maior benestar ten un retorno económico moi importante no incremento da poboación, nun contexto de perda da mesma, xa que o noso concello ha ofrecer mellores servizos que outros lugares, e iso ha da man de elevar o calidade da atención ás persoas maiores, e coa nosa proposta de conciliación familiar ampliando o horario das instalacións escolares de 7:30 a 20:30 horas. Participación Cidadá: A terceira columna do noso programa recolle a necesidade de acometer este impulso colectivo desde a participación cidadá, fundamental para calquera cambio, creando ferramentas participativas, transparentes e vinculantes para o concello. So desde o apoio veciñal, e desde o respecto e un diálogo aberto cara ás outras administracións públicas poderemos acadar estes obxectivos. Bases para o desenvolvemento económico local: "Ribadeo Gran Centro Comarcal". Ribadeo ten o provilexio xeográfico de ser o centro dunha grande comarca Galaico-Astur, porén o futuro da nosa economía debe ter en conta o factor da rexionalización, o feito de que calquera incidencia na economía local dos distintos concellos da nosa zona inflúe directamente sobre nós. Temos o desafío de desenvolver e consolidar a Ribadeo como Grande Centro Comarcal de acordo coa nosa vocación histórica e a xa sinalada situación xeográfica.
  • 4. Dentro deste desafío, a vertebración comarcal require dun proceso de maduración, que necesariamente leva dentro de si a precaria sitiuación das comunicacións, tanto as do interior da comarca (estradas, ferrocarril), como as ligazóns cos grandes eixos comerciais. Sectores como: hostalería, servizos, comercio, turismo, rural, pesca, industria, contribúen a potenciar a nosa economía pero vense afectados por este déficit estructural. Tamén debemos considerar as dúas novas fronteiras da actualidade: a economía dixital e a economía verde. Propostas transversais. 1. Creación dunha "Mesa Comarcal Astur-Galaica" de Concellos e participación cidadá para demandar as melloras necesarias nas comunicacións terrestres. 2. 2. O Concello de Ribadeo pode liderar esta iniciativa e organizar e estimular o diálogo entre as distintas administracións implicadas. 3. Creación dun Consello de Desenvolvemento Local participativo e vinculante.Análise por sectores. 1. Comercio: Cremos que é necesario volver ao concepto de “praza urbana”, onde interactúan todos os sectores. Podríamos crear marca, sinerxías mutuas, e centrarnos no público concreto. 2. Hostalería: Sorteou con moita creatividade e profesionalidade a adaptación á nova economía pero non sen custe. Apoiar as súas propias iniciativas é a nosa aposta. 3. Servizos: Somos un concello moderno e cun forte sector servizos, estaría integrado no concepto de "praza urbana". Éunha actividade moi importante polo número de postos de traballo que xenera. 4.Turismo: Cremos que é necesario continuar e mellorar a política de desestacionalización dos visitantes, para iso é necesario crear e engadir novos produtos turísticos e potenciar o turismo local, comarcal e rexional. A presenza promocional na feira sectorial FITUR non é suficiente, é necesario ter presenza noutras feiras xerais comarcais , rexionais ou locais. 5. Industria: a) Alúmina: - O seu uso industrial non superará os dez anos pola limitación da balsa de lodos. O selado será gradual. - É importante impulsar a creación dun plan alternativo que aproveite o solo industrial e parte do equipamento da fábrica. b) Aluminio:O seu futuro dependerá do prezo da enerxía para o seu funcionamento. c) Estaleiros: Na nosa comarca existen dúas grandes empresas do sector naval español, entre elas cobren aproximadamente o 60%. Xeran centos de postos de traballo directos e indirectos, boa parte desta economía tributa no noso Concello. Apoiar e reforzar os vínculos será beneficioso. 6. Medio rural A gandería pasou da explotación tradicional á industrial con certo grao de dependencia de materias primas alleas e un proceso de concentración comercial de estas, que nos preocupa. Nesta situación poderáse manter polo de agora un bo número de postos de traballo. Outras producións como a horta, a froiticultura, o cultivo de setas entendemos que deben de acometerse coa profesionalidade das que existen na actualidade. O apoio desde a formación e a promoción das producións é importante.O turismo rural revélase como alternativa a determinadas antigas explotacións agrarias, o apoio da área de Turismo do Concello debe ser total. O cultivo forestal, a produción de madeira e a súa industria están en expansión e cunha demanda difícil de satisfacer. Apoiaremos calquera plan serio de loita contra o lume e as súas medidas municipais.
  • 5. Os parques eólicos só deben autorizarse respectando a convivencia cos ecosistemas tradicionais. 7. Pesca : Dous dos principais portos pesqueiros do Estado están na nosa comarca: Burela e Celeiro.Ambos xeran unha importante riqueza. O impacto dunha recente normativa comunitaria sobre a pesca de fondo está a piques de ser avaliado, non parece substancial. O porto de Ribadeo mantén unha interesante actividade con tres barcos de artes menores.Propostas sectoriais: 1. Crear e desenvolver unha marca de “praza urbana” que permita a promoción de Ribadeo como Gran Centro Comercial da Comarca, dirixida a un público obxectivo comarcal e rexional. 2. Programas de formación profesional xestionados pola Administración local dirixidos a formar profesionais das novas tecnoloxías , da hostalería, comercio, turismo, e doutras profesións manuais. 3. Presenza promocional en feiras xerais comarcais e rexionais . Non somente na feiria sectorial de FITUR. 4. Impulso a creación dun parque subacuático arqueolóxico, e a restauración do Forte de San Damián e conversión en Museo Marítimo segundo demandan varios colectivos cidadáns. 5. Apoio promocional ao turismo rural e as producións agrícolas locais ou de cercanías. 6.Creación de novos produtos turísticos baseados nos puntos que sinalamos anteriormente. 7. Apoio ás iniciativas propias do sector da hostalaría. 8. Apoio institucional ás iniciativas dun plan alternativo para a Alúmina. 9. Para emprendedores da nova economía dos sectores produtivo, comercial e tecnolóxico, defendemos a construción dun edificio no noso polígono industrial que sirva de niño de microempresas. POLÍTICAS SOCIAIS: RIBADEO, CONCELLO DO BENESTAR Cando falamos de conseguir un "Ribadeo do Benestar", cómpre ter en conta a amplitude de competencias que ten o Concello en materia de políticas sociais, quizás aquelas que inciden máis directamente na vida da xente. Queremos acadar altos niveis de vida cominitaria, facer de Ribadeo un Concello máis próspero pero tamén máis cohesionado, en continuo diálogo e negociación coas outras administraciacions, e o máis importante: en continuo diálogo entre nós. 1. PERSOAS MAIORES E DEPENDENTES En Ribadeo, como noutros concellos, os maiores de 60 anos ocupan un lugar crecente e estable na pirámide de poboación; previsiblemente esta tendencia continuará durante as vindeiras décadas. Contamos cunha Residencia de Maiores digna e estamos á espera da reforma do Hospital- Asilo para que volva estar en funcionamento. Tamén temos o Centro de Día A Concordia. Entendemos que as Residencias de Anciáns son a última opción pois só cubren as necesidades de persoas maiores moi dependentes ou sen rede familiar. Por eso nós apostamos pola atención domicialiaria sempre que esta sexa posible. Varios Centros de Formación Profesional de Ribadeo e comarca forman anualmente profesionais para a atención ás Persoas Maiores: este sector de atención ás Persoas Maiores xa achega aproximadamente o 9% dos postos de traballo entre formais e informais. PROPOSTAS: A) Creación dunha Oficina Municipal de Atención ás Persoas Maiores que facilite información, e solucione as necesidades diarias pola fenda dixital. B) Facer un seguimento das obras de reforma do Hospital-Asilo e contribuír ao diálogo entre administracións para cubrir as necesidades orzamentarias. C) Avanzar cara a un réxime de Municipalización dos servizos de Atención a Maiores, aínda que se poidan subcontratar determinadas necesidades. Crecer na oferta de coidados no fogar. D) Incluír a atención ás persoas maiores dentro dun Consello local de benestar. 2. POBREZATrataremos de implementar dende as nosas competencias o indicador número 1 da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, que sinala a necesidade de: "Acabar coa pobreza en
  • 6. todas as súas formas e en todas partes". A pobreza entendida non só como a ausencia de recursos monetarios; é tamén calquera fenda social en ámbitos tan diversos como a enerxía, a cultura, o xénero ou a idade, por iso este concepto cubrirá todo o noso programa social. PROPOSTAS: A) Integrar un área da nosa estrutura de servizos sociais nos diferentes grupos de traballo de indicadores de pobreza, o que nos permitirá dispor duns parámetros de medición e un mapa da pobreza no Concello. B) Coordinar eficazmente os nosos servizos sociais coas organizacións non gobernamentais locais de atención á pobreza. C) Entendemos que o actual sistema de entrega de alimentos é defectuoso, expón aos necesitados a visibilidade social e impide que se cubran as necesidades ocultas. D). Propoñemos sustituír as distintas colas de entrega de alimentos por un Centro Social que ofreza servizo de alimentación e unha reserva de roupa doada, pautada segundo os parámetros de pobreza indicados. 3. INFANCIA A nosa política de infancia trata de corrixir as desigualdades de base que dificultan a cohesión social dende os primeiros anos. Do mesmo xeito, impulsaremos programas para dotar aos nenos e nenas dunha rede de apego que lles permita superar mellor outras etapas da vida. Son varias as iniciativas municipais que reflicten o noso sentir, polo que sinalaremos unha proposta innovadora. PROPOSTA: Creación dunha zona de xogos para nenos de entre 0 e 3 anos no Parque de San Francisco. 4. MULLER Temos unha estrutura de asistencia á muller acorde coas nosas posibilidades municipais e a axenda feminista. Obxectivos como a erradicación da violencia contra a muller atopan apoiodentro das competencias municipais. Pero a fenda de xénero continúa, polo que centraremos os nosos esforzos neste obxectivo. A conciliación entre educación infantil e traballo, que recae sobre todo na muller traballadora, continúa sen políticas municipais activas. Presentaremos como proposta un servizo baseado na educación, probado en diversos concellos e que mesmo tivo como resultado o incremento do censo de poboación. Esta aposta pola conciliación supón un gasto adicional na partida de educación, pero ainda con ela é posible equilibrar os orzamentos. PROPOSTA: Asumir dende o Concello a ampliación do horario lectivo público. De 7:30 a 20:30 h. Nas franxas que non houbese horario lectivo, o concello asumiría a atención dos escolares con persoal propio ou subcontratado. Suporía o uso dun comedor, actividades recreativas extraescolares e clases de reforzo para compensar as diferenzas de base cultural. 5. SAÚDE O Sistema Público de Saúde é competencia da Administración autonómica. Isto non impide que a Institución Municipal apoie as demandas de diversos colectivos de profesionais sanitarios e da sociedade civil, ante os recortes que está a sufrir este Sistema. No noso concello carecemos dun servizo estable de Pediatría, que reivindicamos. Da mesma maneira reivindicamos unha praza de Xeriatría. Posicionaremos ante o anuncio da construción dun novo centro de saúde; anuncio sen anteproxecto, sen partida orzamentaria e sen terreos adquiridos. Preocúpanos a distancia no lugar previsto para a mobilidade e o acceso dos pacientes. 6. DEPORTE. Consideramos necesario seguir apoiando os xogos tradicionais como a petanca e a billarda. Crearemos un Consello Municipal de Deportes participativo e vinculante, que acorde as liñas de apoio e coordinación entre os distintos Clubs do noso Concello.