A conduta fala de nos, é a presentación no mundo. As persoas vivimos en relación e o noso comportamente fala de como somos: se somos de fiar ou somos uns trapalleiros. Tamén, a través da conduta, podemos ver como fomos educados, que aprendimos, que nos ensinaron, en que familia medramos. Ninguén nace aprendido, o ser humano precisa aprendeer case todo, incluso a andar e falar, polo tanto a conduta, o saber comportarse é educábel e forma parte dos obxectivos da ESO, Educación Secundaria Obrigatoria.