SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
1
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 -
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE
CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
ARTIGO 1. Fundamento Legal
Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142
da Constitución Española, e de acordo co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei
7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade
co disposto no artigo 15.1 en concordancia co artigo 59.2 do Real Decreto
Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais, establece o Imposto sobre Construcións,
Instalacións e Obras, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal cuxas normas
atenden ao previsto nos artigos 100 a 103 do citado texto refundido da Lei
Reguladora das Facendas Locais.
A Ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal.
ARTIGO 2. Natureza Xurídica e Feito Impoñible
O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto
cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal,
de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da
correspondente licenza de obras ou urbanística, se obtivese ou non dita licenza, ou
para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación
previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda
ao concello da imposición.
ARTIGO 3. Construcións, Instalacións e Obras Suxeitas
Son construcións, instalacións e obras suxeitas ao Imposto os actos de edificación e
uso do solo sometidos a control municipal, consonte establece o artigo 142 da Lei
2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia e demáis normativa de
desenvolvemento.
ARTIGO 4. Exencións
Estará exenta a realización de calquera construción, instalación ou obra da
que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou a Entidade Local que, estando
suxeita, vaia a ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos,
aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas
residuais, aínda que a súa xestión leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto si
trátase de obras de investimento novo como de conservación.
ARTIGO 5. Suxeitos Pasivos
Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas
físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de
17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou
2
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 -
obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice a construción,
instalación ou obra.
Conforme ao establecido no artigo 101 do Real Decreto Lexislativo 2/2004,
de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra
quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen
soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións
responsables ou comunicacións previas ou quen realicen as construcións,
instalacións ou obras.
ARTIGO 6. Base Impoñible
A base impoñible deste Imposto está constituída polo custo real e efectivo da
construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custo de
execución material daquela.
Quedan excluídos da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e
demais Impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos,
prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construción,
honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista, e calquera outro
concepto que non integre estritamente, o custo de execución material.
ARTIGO 7. Cota Tributaria
A cota do Imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de
gravame que se fixa no 2%.
ARTIGO 8. Bonificacións
1. Nos termos regulados polo artigo 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004,
de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, establécense as seguintes bonificacións:
— Unha bonificación do 90 % a favor das construcións, instalacións ou obras
que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer
circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que
xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ao Pleno da corporación,
previa solicitude so suxeto pasivo, por voto favorable da mayoría simple dos seus
membros.
— Unha bonificación do 50 % a favor de construcións, instalacións ou obras
referentes ás vivendas de protección oficial.
— Unha bonificación do 50 % (até o 90%) a favor de construcións,
instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos
discapacitados, conforme á normativa e códigos técnicos de aplicación.
2. Para gozar das bonificacións establecidas nesta ordenanza fiscal, será necesario
que se soliciten polo suxeito pasivo, o que deberá efectuarse desde o inicio da construción,
instalación ou obra.
3
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 -
A concesión de calquera beneficio fiscal non prexulga a legalidade das construcións,
instalacións ou obras, e enténdese sen prexuízo das actuacións, sancións ou multas que
puidesen proceder no ámbito urbanístico.
3. Non son compatibles, e non poderán gozarse simultáneamente, as bonificacións
reguladas nesta ordenanza.
ARTIGO 9. Deduccións
Non se establecen deduccións da cota líquida.
Ou
ARTIGO 10. Devengo
O Imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou
obra, aínda que non se obtivese a correspondente licenza ou non se presentase a
declaración responsable ou comunicación previa.
ARTIGO 11. Xestión
O Imposto esixirase en réxime de autoliquidación, distinguíndose dous
momentos:
a) Cando se conceda a licenza preceptiva, practicarase unha autoliquidación
provisional segundo o modelo facilitado para ese efecto polo Concello, no prazo de
un mes desde a concesión de licenza, determinándose a base impoñible en función
do orzamento presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo
Colexio Oficial correspondente.
Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e
efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar
autoliquidación definitiva.
b) Cando se presente a declaración responsable ou a comunicación previa,
practicarase unha autoliquidación provisional segundo o modelo facilitado para ese
efecto polo Concello, determinándose a base impoñible en función do orzamento
presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial
correspondente.
Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e
efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar
autoliquidación definitiva.
c) Cando se inicie a construción, instalación ou obra, non habéndose
solicitado, concedido ou denegado aínda licencia ou sen haberse presentado
declaración responsable ou comunicación previa, poderase practicar unha
autoliquidación provisional no prazo de un mes, a contar desde o momento do
devengo, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado
polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial correspondente.
Este pago non presupón unha concesión de licenza.
Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e
efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar
autoliquidación definitiva.
4
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 -
ARTÍCUO 12. Comprobación e Investigación
O órgano competente da Administración poderá, por calquera dos medios
previstos nos artigos 57 e 131 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro,
Xeral Tributaria, levar a cabo os procedementos de verificación de datos,
comprobación de valores e comprobación limitada.
ARTIGO 13. Réxime de Infraccións e Sancións
Nos casos de incumprimento das obrigacións establecidas na presente
Ordenanza, de acordo co previsto no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2004,
de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais, aplicarase o réxime de infraccións e sancións regulado na Lei
Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan.
DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA
As modificacións que se introduzan na regulación do Imposto, polas Leis de
Orzamentos Xerais do Estado ou por calquera outras Leis ou disposicións, e que
resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente
modificación tácita da presente Ordenanza fiscal.
DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA
A regulación contida na presente Ordenanza non será de aplicación aos
procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor da mesma en canto
resulte máis gravosa para os suxetos pasivos.
As construcción, instalación e obras que non se teñan iniciado na data en
que entre en vigor poderán gozar das bonificacións establecidas na presente
Ordenanza, nas condicións en conforme ao procedemento regulado na mesma.
DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA
A presente Ordenanza Fiscal, una vez aprobada definitivamente polo Pleno
do Concello, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín
Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación
expresa.

More Related Content

Viewers also liked

Fichas cft......estructura de informe 2016-2017
Fichas cft......estructura de informe 2016-2017Fichas cft......estructura de informe 2016-2017
Fichas cft......estructura de informe 2016-2017John Machoa
 
ORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑA
ORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑAORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑA
ORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
за що ми любимо рідну школу
за що ми любимо рідну школуза що ми любимо рідну школу
за що ми любимо рідну школуsemyurihor
 
Presentacion fomento de valores 2016
Presentacion fomento de valores 2016Presentacion fomento de valores 2016
Presentacion fomento de valores 2016Carlos Escobar
 
виставка учнівських робіт
виставка учнівських робітвиставка учнівських робіт
виставка учнівських робітsemyurihor
 
MBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSen
MBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSenMBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSen
MBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSenDimitris Chrisafinos
 
7 Steps to a Simple, Successful Fundraising Plan
7 Steps to a Simple, Successful Fundraising Plan7 Steps to a Simple, Successful Fundraising Plan
7 Steps to a Simple, Successful Fundraising PlanBloomerang
 
Nocardia.pptxdsadasdas
Nocardia.pptxdsadasdasNocardia.pptxdsadasdas
Nocardia.pptxdsadasdasZara Arvizu
 
日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書
日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書
日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書YOX INS
 
Have we crossed the chasm
Have we crossed the chasmHave we crossed the chasm
Have we crossed the chasmDeepak Gururaja
 
Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...
Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...
Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...Audrey Perelshtein
 
Friday February 3rd Pine River Announcements
Friday February 3rd Pine River AnnouncementsFriday February 3rd Pine River Announcements
Friday February 3rd Pine River AnnouncementsPine River
 
Friday Feb. 3rd Pine River Announcements
Friday Feb. 3rd Pine River AnnouncementsFriday Feb. 3rd Pine River Announcements
Friday Feb. 3rd Pine River AnnouncementsPine River
 
社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラム
社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラム社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラム
社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラムKenya Miyazaki
 
Front New User Guide
Front New User GuideFront New User Guide
Front New User GuideAndersen Yu
 

Viewers also liked (18)

Fichas cft......estructura de informe 2016-2017
Fichas cft......estructura de informe 2016-2017Fichas cft......estructura de informe 2016-2017
Fichas cft......estructura de informe 2016-2017
 
ORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑA
ORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑAORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑA
ORDENANZA REGULADORA DA XESTIÓN DA BIOMASA DAS PLANTACIÓNS NO MUNICIPIO DA BAÑA
 
за що ми любимо рідну школу
за що ми любимо рідну школуза що ми любимо рідну школу
за що ми любимо рідну школу
 
Presentacion fomento de valores 2016
Presentacion fomento de valores 2016Presentacion fomento de valores 2016
Presentacion fomento de valores 2016
 
DCR AREQUIPA - INVESTIGACION
DCR AREQUIPA - INVESTIGACIONDCR AREQUIPA - INVESTIGACION
DCR AREQUIPA - INVESTIGACION
 
Importancia de la estadistica
Importancia de la estadisticaImportancia de la estadistica
Importancia de la estadistica
 
виставка учнівських робіт
виставка учнівських робітвиставка учнівських робіт
виставка учнівських робіт
 
MBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSen
MBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSenMBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSen
MBA THESIS presentation-CHRYSAFINOSen
 
7 Steps to a Simple, Successful Fundraising Plan
7 Steps to a Simple, Successful Fundraising Plan7 Steps to a Simple, Successful Fundraising Plan
7 Steps to a Simple, Successful Fundraising Plan
 
Nocardia.pptxdsadasdas
Nocardia.pptxdsadasdasNocardia.pptxdsadasdas
Nocardia.pptxdsadasdas
 
certification
certificationcertification
certification
 
日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書
日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書
日本デジタル教科書学会主催DAISY_EPUBアクセシブルデジタル教科書
 
Have we crossed the chasm
Have we crossed the chasmHave we crossed the chasm
Have we crossed the chasm
 
Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...
Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...
Use Iterative Insights to Translate Consumer Stories Into Action - Monika Win...
 
Friday February 3rd Pine River Announcements
Friday February 3rd Pine River AnnouncementsFriday February 3rd Pine River Announcements
Friday February 3rd Pine River Announcements
 
Friday Feb. 3rd Pine River Announcements
Friday Feb. 3rd Pine River AnnouncementsFriday Feb. 3rd Pine River Announcements
Friday Feb. 3rd Pine River Announcements
 
社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラム
社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラム社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラム
社会福祉協議会災害対応初動訓練プログラム
 
Front New User Guide
Front New User GuideFront New User Guide
Front New User Guide
 

More from PSOE A BAÑA

Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019PSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAPSOE A BAÑA
 
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaActa núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaPSOE A BAÑA
 
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A BañaActa núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A BañaPSOE A BAÑA
 
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
 PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ... PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...PSOE A BAÑA
 
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)PSOE A BAÑA
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...PSOE A BAÑA
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)PSOE A BAÑA
 
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)PSOE A BAÑA
 
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)PSOE A BAÑA
 
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, SeilánEnsanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, SeilánPSOE A BAÑA
 
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)PSOE A BAÑA
 
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)PSOE A BAÑA
 

More from PSOE A BAÑA (20)

Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
Boletín Municipal Socialistas A Baña 2019
 
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 10 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 9 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 8 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 7 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 6 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 5 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 4 DA SESIÓN EXTRAORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑAACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
ACTA NÚM. 3 DA SESIÓN ORDINARIA DO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA
 
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A BañaActa núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
Acta núm. 2 da sesión extraordinaria 22.02.2017 do Concello de A Baña
 
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A BañaActa núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
Acta núm. 1 da sesión ordinaria do 02.02.2017 Pleno do Concello de A Baña
 
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
 PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ... PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL ...
 
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
Pavimentación da vía pública de Vilar da Torre (Lañas) - Vilar de Suso (Fiopáns)
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
Pavimentación da vía pública na parroquia de Cabanas (A Baña) co límite do Co...
 
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
Pavimentación da vía pública na parroquia de O Barro (A Baña)
 
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanización do núcleo de Señor na parroquia de San Vicente (A Baña)
 
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
Humanizacion rúa Castiñeira na parroquia de San Vicente (A Baña)
 
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, SeilánEnsanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
Ensanche e mellora da estrada Duomes de Arriba, Seilán
 
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Planos do proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
 
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
Proxecto de colectores de saneamento da EDAR Barcala (Xanín)
 

ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS A BAÑA

  • 1. 1 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS ARTIGO 1. Fundamento Legal Esta Entidade Local, en uso das facultades contidas nos artigos 133.2 e 142 da Constitución Española, e de acordo co disposto nos artigos 105 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 15.1 en concordancia co artigo 59.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establece o Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras, que se rexerá pola presente Ordenanza fiscal cuxas normas atenden ao previsto nos artigos 100 a 103 do citado texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais. A Ordenanza será de aplicación en todo o termo municipal. ARTIGO 2. Natureza Xurídica e Feito Impoñible O Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras é un tributo indirecto cuxo feito impoñible está constituído pola realización, dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, se obtivese ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda ao concello da imposición. ARTIGO 3. Construcións, Instalacións e Obras Suxeitas Son construcións, instalacións e obras suxeitas ao Imposto os actos de edificación e uso do solo sometidos a control municipal, consonte establece o artigo 142 da Lei 2/2016, de 10 de febrero, do solo de Galicia e demáis normativa de desenvolvemento. ARTIGO 4. Exencións Estará exenta a realización de calquera construción, instalación ou obra da que sexa dono o Estado, a Comunidade Autónoma ou a Entidade Local que, estando suxeita, vaia a ser directamente destinada a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión leve a cabo por Organismos Autónomos, tanto si trátase de obras de investimento novo como de conservación. ARTIGO 5. Suxeitos Pasivos Son suxeitos pasivos deste Imposto, a título de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as Entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou
  • 2. 2 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 - obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice a construción, instalación ou obra. Conforme ao establecido no artigo 101 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización. Terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte quen soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou quen realicen as construcións, instalacións ou obras. ARTIGO 6. Base Impoñible A base impoñible deste Imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, a estes efectos, o custo de execución material daquela. Quedan excluídos da base impoñible o Imposto sobre o Valor Engadido e demais Impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos, prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas coa construción, honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista, e calquera outro concepto que non integre estritamente, o custo de execución material. ARTIGO 7. Cota Tributaria A cota do Imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame que se fixa no 2%. ARTIGO 8. Bonificacións 1. Nos termos regulados polo artigo 103 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, establécense as seguintes bonificacións: — Unha bonificación do 90 % a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá dita declaración ao Pleno da corporación, previa solicitude so suxeto pasivo, por voto favorable da mayoría simple dos seus membros. — Unha bonificación do 50 % a favor de construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial. — Unha bonificación do 50 % (até o 90%) a favor de construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados, conforme á normativa e códigos técnicos de aplicación. 2. Para gozar das bonificacións establecidas nesta ordenanza fiscal, será necesario que se soliciten polo suxeito pasivo, o que deberá efectuarse desde o inicio da construción, instalación ou obra.
  • 3. 3 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 - A concesión de calquera beneficio fiscal non prexulga a legalidade das construcións, instalacións ou obras, e enténdese sen prexuízo das actuacións, sancións ou multas que puidesen proceder no ámbito urbanístico. 3. Non son compatibles, e non poderán gozarse simultáneamente, as bonificacións reguladas nesta ordenanza. ARTIGO 9. Deduccións Non se establecen deduccións da cota líquida. Ou ARTIGO 10. Devengo O Imposto devéngase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda que non se obtivese a correspondente licenza ou non se presentase a declaración responsable ou comunicación previa. ARTIGO 11. Xestión O Imposto esixirase en réxime de autoliquidación, distinguíndose dous momentos: a) Cando se conceda a licenza preceptiva, practicarase unha autoliquidación provisional segundo o modelo facilitado para ese efecto polo Concello, no prazo de un mes desde a concesión de licenza, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial correspondente. Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar autoliquidación definitiva. b) Cando se presente a declaración responsable ou a comunicación previa, practicarase unha autoliquidación provisional segundo o modelo facilitado para ese efecto polo Concello, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial correspondente. Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar autoliquidación definitiva. c) Cando se inicie a construción, instalación ou obra, non habéndose solicitado, concedido ou denegado aínda licencia ou sen haberse presentado declaración responsable ou comunicación previa, poderase practicar unha autoliquidación provisional no prazo de un mes, a contar desde o momento do devengo, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que este fose visado polo Colexio Oficial correspondente. Este pago non presupón unha concesión de licenza. Finalizada a construción, instalación ou obra, e tendo en conta o custo real e efectivo da mesma, no prazo de un mes o suxeito pasivo deberá practicar autoliquidación definitiva.
  • 4. 4 ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS – 2017 - ARTÍCUO 12. Comprobación e Investigación O órgano competente da Administración poderá, por calquera dos medios previstos nos artigos 57 e 131 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, levar a cabo os procedementos de verificación de datos, comprobación de valores e comprobación limitada. ARTIGO 13. Réxime de Infraccións e Sancións Nos casos de incumprimento das obrigacións establecidas na presente Ordenanza, de acordo co previsto no artigo 11 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aplicarase o réxime de infraccións e sancións regulado na Lei Xeral Tributaria e nas disposicións que a complementen e desenvolvan. DISPOSICIÓN ADICIONAL ÚNICA As modificacións que se introduzan na regulación do Imposto, polas Leis de Orzamentos Xerais do Estado ou por calquera outras Leis ou disposicións, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente Ordenanza fiscal. DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA A regulación contida na presente Ordenanza non será de aplicación aos procedementos iniciados con anterioridade á entrada en vigor da mesma en canto resulte máis gravosa para os suxetos pasivos. As construcción, instalación e obras que non se teñan iniciado na data en que entre en vigor poderán gozar das bonificacións establecidas na presente Ordenanza, nas condicións en conforme ao procedemento regulado na mesma. DISPOSICIÓN FINAL ÚNICA A presente Ordenanza Fiscal, una vez aprobada definitivamente polo Pleno do Concello, entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresa.