Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE
INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚ...
Artigo 4.–Responsables.
1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas
e x...
Artigo 10.–Infraccións e sancións
En todo o relativo a infraccións tributarias, así como as sancións que correspondan en c...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA

239 views

Published on

ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA

Published in: Services
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

ORDENANZA FISCAL DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVICIOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA

  1. 1. ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POR PRESTACIÓN DE SERVIZOS DE INSPECCIÓN, DIRECCIÓN E COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE DAS OBRAS CONTRATADAS POLO CONCELLO DA BAÑA Exposición de motivos. Os contratos de obra pública son, ademais de un instrumento de intercambio, un mecanismo de asignación ou reparto de riscos e, consecuentemente, tamén de retribucións. Para que tal intercambio sea xusto, é preciso procurar a maior correlación posible entre os riscos que cada parte asume e as retribucións que percibe, de maneira tal que cada unha corra cos riscos que mellor pode controlar. Así, a correlación entre o control dos riscos asignados e as retribucións ou perdas é o mellor acicate para a dilixencia das partes no estricto cumprimento das súas obligacións e a garantía máis eficaz da innovación e o bon facer, tanto na xestión de recursos como nas aplicacións tecnolóxicas. O Concello da Baña entende a función de inspección, dirección e coordinación de seguridade e saúde das obras municipais non só como un conxunto de instruccións e solucións técnicas, ademais da actividade de control material da execución, senón como un eficaz mecanismo de permanente interlocución entre o Concello e o contratista, garantindo a coordinación dos programas sen interferencias indesexables na actividade xeral do Concello e dos particulares afectados, as boas prácticas constructivas e a sensibilidade medioambiental. De igual xeito, debe facilitar a función fiscalizadora interna, para garantir a transparencia e a eficiencia na xestión dos recursos públicos. E finalmente, anticipar e correxir prácticas que puderan afectar á responsabilidade patrimonial subsidiaria do Concello da Baña. Por todo eso, o Concello da Baña resolveu establecer a presente Ordenanza e aprobar o seguinte texto articulado. Artigo 1.–Fundamentos e natureza. En uso das facultades conferidas por los arts. 133.2 y 142 da Constitución e polos artigos 105 e seguintes da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co artigo 57, en relación co 20, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais o Concello da Baña establece a taxa por prestación de servizos de asistencias técnicas de inspección e dirección de obra, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal. Artigo 2.–Feito impoñible. Constitúe o feito impoñible desta taxa a prestación de traballos facultativos dos servizos de inspección, dirección e coordinación de seguridade e saúde das obras de competencia municipal de calquera natureza, prestados polos Técnicos e funcionarios que o Concello designe, legalmente capacitados para asumir tales funcións. Artigo 3.–Suxeitos pasivos. Son suxeitos pasivos, e están obligados ó pago da taxa regulada nesta Ordenanza, os contratistas ou empresarios adxudicatarios das obras e os concesionarios de calesquera obras de competencia municipal.
  2. 2. Artigo 4.–Responsables. 1. Responderán solidariamente das obligacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria. 2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades, os interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei xeral tributaria. Artigo 5.–Devengo. A taxa devéngase dende o momento en que se reciba no rexistro do Concello a correspondente certificación de obra expedida polo técnico designado ou, cando sexa o caso, acta de inspección, o que acredita a prestación dos servizos expresados no artigo 1 desta Ordenanza. Artigo 6.–Base impoñible. A base para a determinación das taxas estará constituida polo importe da execución material da obra según o prezo de adxudicación. Cando se trate de obras exclusivamente suxetas a inspección, consideraráse o prezo de execución material que se conteña no proxecto aportado polo contratista ou concesionario, sen prexuízo da valoración técnica municipal que no seu caso proceda. Artigo 7.–Tipos de gravamen. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza é a seguinte 1. Por inspección de obra 1% da base impoñible. 2. Por dirección de obra da 3% da base impoñible. 3. Por coordinación de seguridade e saúde 1% da base impoñible. Artigo 8.–Exencións e bonificacións. Procederán as exencións e bonificacións que así sexan recollidas na normativa de xeral aplicación, correspondendo ó suxeito pasivo aportar a documentación acreditativa que en cada caso corresponda. Artigo 9.–Xestión, liquidación e ingreso da taxa. 1. A liquidación desta taxa estará a cargo da Intervención municipal e practicarase en cada certificación de obra ou acta de inspección que se someta a aprobación dos órganos competentes do Concello. 2. Se as obras foran dirixidas e inspeccionadas por técnicos funcionarios ou contratados en réxime de Dereito Laboral, sen dereito a percibir honorarios, o importe da taxa de honorarios ingresarase a favor do Concello. No suposto de que os técnicos designados para dirixir e inspeccionar as obras non sexan empregados do Concello, procederase ó pago aos citados técnicos dos importes correspondentes.
  3. 3. Artigo 10.–Infraccións e sancións En todo o relativo a infraccións tributarias, así como as sancións que correspondan en cada caso, estaráse ó disposto na Lei xeral tributaria e R.D. 2063/2004, do 15 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral do réxime sancionador tributario. Disposición adicional. Os servicios económicos e técnicos do Concello elaborarán, no prazo dun mes dende a data de entrada en vigor desta ordenanza, unha guía de circulación documental que garanta a eficaz coordinación de cara á fiscalización de todas as incidencias e permita anticipar, no seu caso, as decisións financieiras correspondentes. Elaborarán, como mínimo os seguintes documentos estandarizados: – Folla-control de execución. Cronograma e desviacións. – Folla-control de incidencias. Explicación, alcance e solucións. – Propostas de modificación e avaliación. Explicación e proposta. – Folla de fiscalización e aprobación de modificacións. – Acta de Inspección. Autorízase ó alcalde para a súa aprobación e, no seu caso, publicación. Disposición final. A presente ordenanza fiscal entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. A Baña, 1 de agosto de 2016. O Alcalde, José Andrés García Cardeso

×