SlideShare a Scribd company logo
O XORNAL DA XENTE MIÚDADirector: Abraham Carreiro Número 8. Ano 4 / Maio de 2020
OS ANIMAIS
SALVAXES VISITAN
AS CIDADES
Páxina 3
AS AVES TAMÉN
FALAN ENTRE ELAS
Páxina 5
AS VACAS
AXUDARON A
CREAR VACINAS
Páxina 9
Todo o mundo coñece a Frankenstein, pero
non tanta xente sabe en que condicións creou
a escritora Mary Shelley este ser tan fantástico.
O volcán Tambora de Indonesia, tivo moito
que ver!. Páxina 2
UN VERÁN SEN
SOL DEU VIDA A
FRANKENSTEIN
2
Edita: Edicións Moito Conto
Director: Abraham Carreiro
Redacción: Policarpo Sanz, 17 - 3º A
36202 Vigo. Telf.: 986225899
Colaboradores: Abraham Carreiro (Pierrot e
Lupo); Andrés Magán (Popicci); Antonio Hitos
(Órbita); Bea Lema (Ciencia); Cristian Robles
(Os inventos dos Coscobellos); Darío Vilas
(Os Lumens); Fermín Blanco (Construíndo
con Lupo); germán Torres (O Refuxio); Iago
Araújo (Inventos da humanidade); María
Lema (guión); Martín Romero (Actualidade);
Pepe Carreiro (Historia).
Subscricións: www.edicionsmoitoconto.com
Distribución: Consorcio Editorial galego
Av. Estación, 25. 36812 Redondela. Telf. 986
405 051. pedimentos@coegal.com
Depósito legal: Vg 628-2017
3
O PAPAgAIO imprímese en papel reciclado
54
6 7
Por que os pallasos levades o nariz ver-
mello?
O nariz vermello é a máscara máis pequena
que existe. E aínda sendo a mesma en
todos os pallasos, senta diferente en cada
un. De todas formas, non todos os pallasos
empregan nariz vermello.
Formas parte da organización Pallasos
en Rebeldía. Cóntanos, que facedes?
(www.pallasosenrebeldia.org)
Facemos pallasadas en lugares onde o su-
frimento ten máis protagonismo que a
risa.
As pallasadas enténdense igual en todas
as partes do mundo ou tes que cambiar
o tipo de humor dependendo do lugar?
No humor hai códigos universais que fun-
cionan sempre en todos os sitios, e hai
outros códigos máis propios de lugares
concretos, que tes que investigar e descu-
brir. Depende tamén moito do tipo de hu-
mor que traballes. Pero todas as persoas
teñen a predisposición de rir. A risa é uni-
versal!
Lévaste ben co pallaso branco?
A min gústanme os vermellos.
Os pallasos practicades malabares, mí-
mica, acrobacias, música... onde apren-
dedes todo iso?
Con amigos, en escolas e en internet.
A profesión de pallaso hai moitos sé-
culos que existe. Seredes substituídos
algún día por robots pallasos?
Hahaha!! Non ho!! Non lles vai dar tempo.
A RISA É UNIVERSAL”
Entrevista con Peter Punk, pallaso
“
ABRAHAMCARREIRO
8 9
Porto, a cidade portuguesa da
foz do río Douro, ten máis dun
prato típico: bacallau á moda
doPorto,tripasámodadoPorto
ou o caldo verde. Son pratos an-
tigos, algúns da época dos gran-
des navegantes portugueses.
Mais hai un novo, de menos de
70 anos, que foi quen de iguala-
los en fama: a francesinha.
A francesinha é un sándwich
descomunal. Leva longaínza,
salchichas, friame, carnes frías
e bisté; todo cuberto con queixo
derretido e un mollo a base de
tomate, cervexa e pemento pi-
cante. Por se fose pouco, acom-
páñase cun ovo estrelado e pa-
tacas fritas.
O sándwich seica foi inven-
tado en 1953 no restaurante
portuense A Regaleira.
Busca pola ponte de Luís I:
Porto. Viño doce feito con uvas
dos socalcos do Alto Douro.
Emigrante. Persoa que marcha
a outro país a buscar traballo,
porque non o atopa no seu.
Millonarios. Persoas que teñen
moitos cartos. Nesta época en
Portugal había uns cantos mi-
llonarios e millóns de pobres.
Futbolista. Este é do Boavista
Futebol Clube, do Porto.
Caldo. Este é caldo verde. Faise
con couve e acompáñase cunha
roda de chourizo e pan de broa.
Voitre. Ha vir das rochas do
Alto Douro. É un voitre do Exip-
to (Neophron percnopterus).
Tripas. Estas son á moda do
Porto. Debido a este típico pra-
to, aos portuenses alcúmanos
de “tripeiros”.
Neno. Este leva uniforme por-
que é da Mocidade Portuguesa,
unha organización infantil e
xuvenil da ditadura que había
en Portugal por estes anos.
Rabelo. Embarcación que leva
as pipas de viño do Alto Douro
ás adegas de Vila Nova de Gaia.
Garda. Da Guarda Nacional Re-
publicana. Son gardas metade
policías metade militares.
A B C D E F G H
8
7
6
5
4
3
Sándwich á moda do Porto
2
1
SOLUCIÓNS:emigrante(5,6H);
millonarios(4,5B);futbolista
(2,3E);caldo(3D);voitre(8B);
tripas(1H);neno(6,7C);rabelo
(1,2AB);garda(7F)
HISTORIA
10 11
profesor de matemáticas vol-
veu á casa cunha terrible dor
de cabeza e esgotado coma se
correse un maratón. Quitou o
abrigo, camiñou con dificultade
e deixouse caer no sofá para
descansar un intre.
Nunca lle pasara nada igual.
De súpeto, mentres daba a
clase aos de 6º de Primaria, em-
pezou a sentir unha fame terrible, e parecía
que a cabeza lle ía estalar como un
globo que inchasen demasiado.
. Non tiña sentido, almor-
zara moi ben antes de ir traba-
llar. Torradas con tomate na-
tural e un bo cunco de cereais
con leite de améndoas. E a
media mañá, durante o re-
creo, tamén comera unha
mazá e un iogur de soia,
como todos os días.
Pero aínda así tiña moi-
ta fame, máis da que xa-
mais sentise. E só quería
carne. Unha carne.
Non penses máis
niso, xa pasou, dí-
xose a si mesmo.
Pero non po-
día evitalo. Aínda
que non conse-
guía evocar a sen-
sación por completo, si
que lle quedou unha especie
de picadela na boca do estómago. Un
vestixio da furia que o posuíu e daquel
apetito repentino de
Carne de neno.
Non! Non é iso o que me pasou!
Pero, aínda que o negase a si mesmo,
era certo. Iso era o único que quería comer
naquel momento, durante a clase. E, en
concreto, botara o ollo a Xurxo.
Pobre Xurxo. Un deses mozos tan bos,
Os Lumens. Que nome tan gracioso.
Pensar nos rapaces desa cuadrilla tran-
quilizouno. Por un momento, despexou
da súa mente todo o turbio. Eran nenos
inquedos, sempre estaban a tramar algo,
pero tamén eran un exemplo a seguir
polos seus compañeiros. Apoiábanse.
A , en particular, o aceptaran
cando todos os demais o daban de lado
por ser diferente. Entre o sobrepeso e a
raza, os seus inicios no colexio non foran
sinxelos. Pero Tristán, a súa irmá Mariola
e Uxía, outra compañeira de clase de 5º,
arroupárono e fixérono sentir un máis.
Ata que desapareceu a ollos de todos
os demais, grazas ao seu carácter.
Un neno tan grande. Tan groso. Tan re-
pleto de carne...
Outra vez estaba a pensalo. Aquilo non
era normal, se nin sequera lle gustaba a
carne. Facía anos que tomara a decisión
de facerse vegano. A última vez que comera
unha hamburguesa, algúns dos seus alum-
nos nin sequera naceran.
Foi ao aseo para lavar a cara e quitar
os malos pensamentos con auga e xabón,
tal e como el lles pedía aos nenos que fi-
xesen cando estaban especialmente ner-
viosos ou tiñan unha perrencha.
A que viña toda aquela tolemia? Non
conseguía lembrar de todo os instantes
previos. Empezou cando os móbiles co-
mezaron a soar todos ao mesmo tempo.
Nese intre sentiu unha punción terrible,
coma se metera un bastonciño dos oídos
moi ata o fondo. Ata atravesar o tímpano.
Ata que lle saíse polo outro oído.
Pero que me pasa? Preguntouse.
Aquela imaxe que acababa de imaxinar,
a do bastonciño, tampouco era o tipo de
cousas nas que adoitaba pensar.
Parecía sacada dun pesadelo, ou
quizais dalgunha película de
, desas que lle gus-
taban tan pouco como a
carne.
Terminou de lavarse
e mirouse no espello.
Tiña mala cara, es-
taba pálido e lucía
unhas bolsas
marróns moi
marcadas baixo
os ollos, coma
se non durmise
en días.
Quen sería o
que lle gastou a
broma dos
?
Xurxo? Tris-
tán, quizais?
Non, eles
non farían algo
así. Verdade? Ou
tal vez si? E se detrás da
súa fachada de nenos exemplares
se escondía unha cuadrilla de vándalos?
O estómago ruxiulle. Volvía ter fame.
Observouse no espello e viu como o
xesto se lle desencaixaba. Sabía que algo
non ía ben, pero non podía facer nada por
evitalo, por frear o apetito de...
Nin o penses!
Os ollos inxectáronselle en sangue e
un fío de baba escapoulle da boca.
Volvía ter fame. Esa fame.
Carne.
—Vou a por vós, Lumens —roñou,
mentres o seu teléfono soaba dentro do
peto do abrigo.
DON ANDRÉSABRAHAMCARREIRO
Maio 2020
Edita: Edicións Moito Conto
www.edicionsmoitoconto.com
https://www.facebook.com/edicionsmoitoconto/
edicionsmoitoconto@gmail.com / Telf.: 986225899
R/ Policarpo Sanz, 17 - 3º A. 36202 Vigo
Os nenos e as nenas
teñen dereito a xogar.
Artigo 31 da Convención sobre os
Dereitos do Neno e a Nena

More Related Content

Similar to O papagaio 8 maio 2020

Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
bibliotecadocole
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
Biblioanxo Anxo da Garda
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
Carmela Garcia
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
bibliobovedados
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Biblioteca Pública Municipal de Narón
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
 
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Ayuntamiento de Dumbría / Concello de Dumbría
 
Trotacontos 2019
Trotacontos 2019Trotacontos 2019
Trotacontos "Olladas de futuro"
Trotacontos  "Olladas de futuro" Trotacontos  "Olladas de futuro"
Trotacontos "Olladas de futuro"
Consellería de Educación Xunta de Galicia
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Biblioteca Pública Municipal de Narón
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
xenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfxenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdf
Encarna Lago
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Angeles Saco López
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
Patricia Pena Barbeito
 

Similar to O papagaio 8 maio 2020 (20)

Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Papagaio7 abril 2020 dixital
Papagaio7  abril 2020 dixitalPapagaio7  abril 2020 dixital
Papagaio7 abril 2020 dixital
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Contos con clase 3
Contos con clase 3Contos con clase 3
Contos con clase 3
 
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
Seleccionados 9ª xuntanza do SOLF (setembro 2014)
 
Folleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdadeFolleto lecturas para a igualdade
Folleto lecturas para a igualdade
 
Revista toda juntga
Revista toda juntgaRevista toda juntga
Revista toda juntga
 
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
Recomendacións de lecturas en galego. Letras Galegas 2014
 
Trotacontos 2019
Trotacontos 2019Trotacontos 2019
Trotacontos 2019
 
Trotacontos "Olladas de futuro"
Trotacontos  "Olladas de futuro" Trotacontos  "Olladas de futuro"
Trotacontos "Olladas de futuro"
 
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
Seleccionados 8ª xuntanza do SOLF (xuño 2014)
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
xenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdfxenero_infantil_7abr.pdf
xenero_infantil_7abr.pdf
 
A história poderia ter sido outra
A história poderia ter sido outraA história poderia ter sido outra
A história poderia ter sido outra
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
20 DE NOVEMBRO, DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA
 
Francisco Pillado
Francisco PilladoFrancisco Pillado
Francisco Pillado
 

More from Carmela Garcia

Patio
PatioPatio
Paseo
PaseoPaseo
Xeografia espanha
Xeografia espanhaXeografia espanha
Xeografia espanha
Carmela Garcia
 
Trens de Asier
Trens de AsierTrens de Asier
Trens de Asier
Carmela Garcia
 
A auga de anxo h
A auga de anxo hA auga de anxo h
A auga de anxo h
Carmela Garcia
 
O polbo de Sheila
O polbo de SheilaO polbo de Sheila
O polbo de Sheila
Carmela Garcia
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
Carmela Garcia
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
Carmela Garcia
 
Actividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroaActividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroa
Carmela Garcia
 
Vacinas irene
Vacinas ireneVacinas irene
Vacinas irene
Carmela Garcia
 
A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo
Carmela Garcia
 
As pontes de violeta
As pontes de violetaAs pontes de violeta
As pontes de violeta
Carmela Garcia
 
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzoA materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
Carmela Garcia
 
As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra
Carmela Garcia
 
As xirafas
As xirafasAs xirafas
As xirafas
Carmela Garcia
 
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Carmela Garcia
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
Carmela Garcia
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
Carmela Garcia
 
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asierA evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
Carmela Garcia
 
As paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de davidAs paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de david
Carmela Garcia
 

More from Carmela Garcia (20)

Patio
PatioPatio
Patio
 
Paseo
PaseoPaseo
Paseo
 
Xeografia espanha
Xeografia espanhaXeografia espanha
Xeografia espanha
 
Trens de Asier
Trens de AsierTrens de Asier
Trens de Asier
 
A auga de anxo h
A auga de anxo hA auga de anxo h
A auga de anxo h
 
O polbo de Sheila
O polbo de SheilaO polbo de Sheila
O polbo de Sheila
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
 
Actividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroaActividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroa
 
Vacinas irene
Vacinas ireneVacinas irene
Vacinas irene
 
A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo
 
As pontes de violeta
As pontes de violetaAs pontes de violeta
As pontes de violeta
 
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzoA materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
 
As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra
 
As xirafas
As xirafasAs xirafas
As xirafas
 
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
 
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asierA evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
 
As paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de davidAs paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de david
 

Recently uploaded

O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 

Recently uploaded (6)

O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
 

O papagaio 8 maio 2020

  • 1. O XORNAL DA XENTE MIÚDADirector: Abraham Carreiro Número 8. Ano 4 / Maio de 2020 OS ANIMAIS SALVAXES VISITAN AS CIDADES Páxina 3 AS AVES TAMÉN FALAN ENTRE ELAS Páxina 5 AS VACAS AXUDARON A CREAR VACINAS Páxina 9 Todo o mundo coñece a Frankenstein, pero non tanta xente sabe en que condicións creou a escritora Mary Shelley este ser tan fantástico. O volcán Tambora de Indonesia, tivo moito que ver!. Páxina 2 UN VERÁN SEN SOL DEU VIDA A FRANKENSTEIN
  • 2. 2 Edita: Edicións Moito Conto Director: Abraham Carreiro Redacción: Policarpo Sanz, 17 - 3º A 36202 Vigo. Telf.: 986225899 Colaboradores: Abraham Carreiro (Pierrot e Lupo); Andrés Magán (Popicci); Antonio Hitos (Órbita); Bea Lema (Ciencia); Cristian Robles (Os inventos dos Coscobellos); Darío Vilas (Os Lumens); Fermín Blanco (Construíndo con Lupo); germán Torres (O Refuxio); Iago Araújo (Inventos da humanidade); María Lema (guión); Martín Romero (Actualidade); Pepe Carreiro (Historia). Subscricións: www.edicionsmoitoconto.com Distribución: Consorcio Editorial galego Av. Estación, 25. 36812 Redondela. Telf. 986 405 051. pedimentos@coegal.com Depósito legal: Vg 628-2017 3 O PAPAgAIO imprímese en papel reciclado
  • 3. 54
  • 4. 6 7 Por que os pallasos levades o nariz ver- mello? O nariz vermello é a máscara máis pequena que existe. E aínda sendo a mesma en todos os pallasos, senta diferente en cada un. De todas formas, non todos os pallasos empregan nariz vermello. Formas parte da organización Pallasos en Rebeldía. Cóntanos, que facedes? (www.pallasosenrebeldia.org) Facemos pallasadas en lugares onde o su- frimento ten máis protagonismo que a risa. As pallasadas enténdense igual en todas as partes do mundo ou tes que cambiar o tipo de humor dependendo do lugar? No humor hai códigos universais que fun- cionan sempre en todos os sitios, e hai outros códigos máis propios de lugares concretos, que tes que investigar e descu- brir. Depende tamén moito do tipo de hu- mor que traballes. Pero todas as persoas teñen a predisposición de rir. A risa é uni- versal! Lévaste ben co pallaso branco? A min gústanme os vermellos. Os pallasos practicades malabares, mí- mica, acrobacias, música... onde apren- dedes todo iso? Con amigos, en escolas e en internet. A profesión de pallaso hai moitos sé- culos que existe. Seredes substituídos algún día por robots pallasos? Hahaha!! Non ho!! Non lles vai dar tempo. A RISA É UNIVERSAL” Entrevista con Peter Punk, pallaso “ ABRAHAMCARREIRO
  • 5. 8 9 Porto, a cidade portuguesa da foz do río Douro, ten máis dun prato típico: bacallau á moda doPorto,tripasámodadoPorto ou o caldo verde. Son pratos an- tigos, algúns da época dos gran- des navegantes portugueses. Mais hai un novo, de menos de 70 anos, que foi quen de iguala- los en fama: a francesinha. A francesinha é un sándwich descomunal. Leva longaínza, salchichas, friame, carnes frías e bisté; todo cuberto con queixo derretido e un mollo a base de tomate, cervexa e pemento pi- cante. Por se fose pouco, acom- páñase cun ovo estrelado e pa- tacas fritas. O sándwich seica foi inven- tado en 1953 no restaurante portuense A Regaleira. Busca pola ponte de Luís I: Porto. Viño doce feito con uvas dos socalcos do Alto Douro. Emigrante. Persoa que marcha a outro país a buscar traballo, porque non o atopa no seu. Millonarios. Persoas que teñen moitos cartos. Nesta época en Portugal había uns cantos mi- llonarios e millóns de pobres. Futbolista. Este é do Boavista Futebol Clube, do Porto. Caldo. Este é caldo verde. Faise con couve e acompáñase cunha roda de chourizo e pan de broa. Voitre. Ha vir das rochas do Alto Douro. É un voitre do Exip- to (Neophron percnopterus). Tripas. Estas son á moda do Porto. Debido a este típico pra- to, aos portuenses alcúmanos de “tripeiros”. Neno. Este leva uniforme por- que é da Mocidade Portuguesa, unha organización infantil e xuvenil da ditadura que había en Portugal por estes anos. Rabelo. Embarcación que leva as pipas de viño do Alto Douro ás adegas de Vila Nova de Gaia. Garda. Da Guarda Nacional Re- publicana. Son gardas metade policías metade militares. A B C D E F G H 8 7 6 5 4 3 Sándwich á moda do Porto 2 1 SOLUCIÓNS:emigrante(5,6H); millonarios(4,5B);futbolista (2,3E);caldo(3D);voitre(8B); tripas(1H);neno(6,7C);rabelo (1,2AB);garda(7F) HISTORIA
  • 6. 10 11 profesor de matemáticas vol- veu á casa cunha terrible dor de cabeza e esgotado coma se correse un maratón. Quitou o abrigo, camiñou con dificultade e deixouse caer no sofá para descansar un intre. Nunca lle pasara nada igual. De súpeto, mentres daba a clase aos de 6º de Primaria, em- pezou a sentir unha fame terrible, e parecía que a cabeza lle ía estalar como un globo que inchasen demasiado. . Non tiña sentido, almor- zara moi ben antes de ir traba- llar. Torradas con tomate na- tural e un bo cunco de cereais con leite de améndoas. E a media mañá, durante o re- creo, tamén comera unha mazá e un iogur de soia, como todos os días. Pero aínda así tiña moi- ta fame, máis da que xa- mais sentise. E só quería carne. Unha carne. Non penses máis niso, xa pasou, dí- xose a si mesmo. Pero non po- día evitalo. Aínda que non conse- guía evocar a sen- sación por completo, si que lle quedou unha especie de picadela na boca do estómago. Un vestixio da furia que o posuíu e daquel apetito repentino de Carne de neno. Non! Non é iso o que me pasou! Pero, aínda que o negase a si mesmo, era certo. Iso era o único que quería comer naquel momento, durante a clase. E, en concreto, botara o ollo a Xurxo. Pobre Xurxo. Un deses mozos tan bos, Os Lumens. Que nome tan gracioso. Pensar nos rapaces desa cuadrilla tran- quilizouno. Por un momento, despexou da súa mente todo o turbio. Eran nenos inquedos, sempre estaban a tramar algo, pero tamén eran un exemplo a seguir polos seus compañeiros. Apoiábanse. A , en particular, o aceptaran cando todos os demais o daban de lado por ser diferente. Entre o sobrepeso e a raza, os seus inicios no colexio non foran sinxelos. Pero Tristán, a súa irmá Mariola e Uxía, outra compañeira de clase de 5º, arroupárono e fixérono sentir un máis. Ata que desapareceu a ollos de todos os demais, grazas ao seu carácter. Un neno tan grande. Tan groso. Tan re- pleto de carne... Outra vez estaba a pensalo. Aquilo non era normal, se nin sequera lle gustaba a carne. Facía anos que tomara a decisión de facerse vegano. A última vez que comera unha hamburguesa, algúns dos seus alum- nos nin sequera naceran. Foi ao aseo para lavar a cara e quitar os malos pensamentos con auga e xabón, tal e como el lles pedía aos nenos que fi- xesen cando estaban especialmente ner- viosos ou tiñan unha perrencha. A que viña toda aquela tolemia? Non conseguía lembrar de todo os instantes previos. Empezou cando os móbiles co- mezaron a soar todos ao mesmo tempo. Nese intre sentiu unha punción terrible, coma se metera un bastonciño dos oídos moi ata o fondo. Ata atravesar o tímpano. Ata que lle saíse polo outro oído. Pero que me pasa? Preguntouse. Aquela imaxe que acababa de imaxinar, a do bastonciño, tampouco era o tipo de cousas nas que adoitaba pensar. Parecía sacada dun pesadelo, ou quizais dalgunha película de , desas que lle gus- taban tan pouco como a carne. Terminou de lavarse e mirouse no espello. Tiña mala cara, es- taba pálido e lucía unhas bolsas marróns moi marcadas baixo os ollos, coma se non durmise en días. Quen sería o que lle gastou a broma dos ? Xurxo? Tris- tán, quizais? Non, eles non farían algo así. Verdade? Ou tal vez si? E se detrás da súa fachada de nenos exemplares se escondía unha cuadrilla de vándalos? O estómago ruxiulle. Volvía ter fame. Observouse no espello e viu como o xesto se lle desencaixaba. Sabía que algo non ía ben, pero non podía facer nada por evitalo, por frear o apetito de... Nin o penses! Os ollos inxectáronselle en sangue e un fío de baba escapoulle da boca. Volvía ter fame. Esa fame. Carne. —Vou a por vós, Lumens —roñou, mentres o seu teléfono soaba dentro do peto do abrigo. DON ANDRÉSABRAHAMCARREIRO
  • 7. Maio 2020 Edita: Edicións Moito Conto www.edicionsmoitoconto.com https://www.facebook.com/edicionsmoitoconto/ edicionsmoitoconto@gmail.com / Telf.: 986225899 R/ Policarpo Sanz, 17 - 3º A. 36202 Vigo Os nenos e as nenas teñen dereito a xogar. Artigo 31 da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Nena