Unidad didáctica para niños de 12 a 18 años desarrollada para la campaña "Os Soutos de Puertas de Galicia" que coincide con la temporada de castaña, recurso natural base de las Comarcas de Verín y Viana.
Unidad didáctica para niños de 12 a 18 años desarrollada para la campaña "Os Soutos de Puertas de Galicia" que coincide con la temporada de castaña, recurso natural base de las Comarcas de Verín y Viana.
2. HISTORIA
Na actualidade sen perder a condición natural da
Serra como dominio absoluto dos Felos, a
realidade e que pobos que tiñan moita xente e que
recibían os felos emocionados agora non quedan
mais que tres ou catro veciños.
O “exercito” de Felos segue a recorrer as aldeas da
serra onde son moi ben recibidos e o medo de
tempos pasados torna nun felo amable que xoga ca
xente, abraza os veciños, levántalle a saia para
sofaldrear as mulleres e os veciños responden con
licor café, bica, roscón e todo tipo de viandas.
3. A CARAUTA
En Maceda hai varias persoas que a fan. En Couzada de Maceda, Felipe dedica o seu tempo a
facer a careta do felo. Leva desde o ano 1997 con estas tarefas e ven facendo unhas vinte
máscaras cada ano de media. O prezo da careta coa mitra sen pintar ronda os 150 euros.
Emprega madeira de cerdeira. Corta o tronco, debuxa o perfil e nunhas dez horas ten a careta
tallada e rematada. Aínda que vai innovando a imaxe do felo non cambia, e fiel a tradición.
4. A CARAUTA
A mitra píntase con animais propios da Serra de San Mamede aínda que
podemos atopar mitras “atípicas” afastadas de esta tradición pero cada vez
abundan menos; e leva unha pel animal pola parte superior.
As carautas represéntanse co soriso retranqueiro, grandes bigotes, amplas
cellas , coloretes en ambalas dúas meixelas e barba natural pegada no borde
da mesma . A careta rematase no alto da mitra cun rabo de raposo.
https://www.youtube.com/watch?time_continue=76&v=e-XZ4wH1zZk
5. O TRAXE
O traxe é o símbolo da virilidade máis
exacerbada: camisa branca, gravata, chaquetilla
con galóns dourados, hombreiras con charretas
de militar, medias negras, calcetíns de lá brancos,
pololos, ringleiras de borlas de cores, unha colcha
con freques claros ao redor da cintura para
amortiguar os golpes das cinco chocas, o ruído
das chocas como elemento para espantar a lobos
e malos espíritos, utiliza botas, a causa do frío,
collares varios, o bastón na man.