SlideShare a Scribd company logo
O DESASTRE DEMOGRÁFICO visto desde o Xestal
(Abel López Soto. Orientador do CPI “Virxe da Cela entre os anos 2000 e 2015)
Hai 40 anos creábase unha esperanza para os concellos de Irixoa e Monfero, un Colexio no que as nenas
e nenos estudarían a educación básica obrigatoria que naquel momento se denominaba Ensino Xeral
Básico(EXB).
Dúas décadas despois os cambios nas leis educativas deron paso á Educación Infantil, Primaria e
Secundaria, ampliouse a escolaridade obrigatoria ata os 16 anos e o Colexio do Xestal convertíuse nun
Centro Público Integrado (CPI)
Cando era Colexio de EXB chegou a ter unha matrícula superior a 500 alumnos, coexistindo ademáis con
arredor de media ducia de escolas unitarias que foron pouco a pouco desaparecendo.
No ano 2000 celebramos o 25 aniversario cando no Centro prácticamente acababan de completarse
importantes transformacións para incorporar a ESO. Aquel curso, no que tiven a honra de ser o Director,
celebramos a efeméride con moita esperanza pensando que o feito de converterse nun Centro Intagrado,
con todas as etapas do ensino obrigatorio, podería contribuir positivamente a consolidar alumnado e a
mellorar os servizos educativos de Irixoa e Monfero. Infelizmente aquelas expectativas víronse frustradas.
Se daquela xa se apreciaba un importante descenso na matrícula. pasados estes últimos 15 anos, o
panorama non pode ser máis desolador. A matrícula descendeu desde os 322 alumnos e alumnas do ano
2000 aos 141 a inicios do curso 2015-2016. Unha reducción do 56,21%, pasando de dous grupos por
nivel (había 21 no ano 2000 que ocupaban outras tantas aulas), a menos da metade.
Os datos da seguinte táboa revelan a magnitude do descenso. A excepción que pode apreciarse en
Educación Infantil non é tal. Simplemente débese a que no ano 2000 ainda estaba en funcionamento o
programa Preescolar na Casa e moitas familias retrasaban o inicio da escolarización.
Etapa/ nivel educativo Alumando ano 2000 Alumnado ano 2015 Diferenza
Ed. Infantil 3 anos 7 15 +8
Ed. Infantil 4 anos 9 12 +3
Ed. Infantil 5 anos 15 12 -3
Ed. Primaria 1º 19 5 -14
Ed. Primaria 2º 21 11 -10
Ed. Primaria 3º 24 11 -13
Ed. Primaria 4º 26 4 -22
Ed. Primaria 5º 26 9 -17
Ed. Primaria 6º 25 9 -16
ESO 1º 36 15 -21
ESO 2º 49 15 -34
ESO 3º 34 10 -24
ESO 4º 31 13 -18
TOTAL 322 141 -181
Monfero diminuíu a súa poboación total nun 24,41% nos últimos 15 anos e Irixoa nun 19,20%. Isto unido
a que a poboación en idade fértil emigra, non ten fillos ou moi rara vez pasa de dous, debuxa esta
situación devastadora
POBOACION NO 2000 POBOACIÓN NO 2015 DIFERENZA
MONFERO 2.695 2.037 -24,41%
IRIXOA 1.719 1.389 -19,20%
Poidera parecer unha reflexión moi pesimista para unha festa de celebración do 40 aniversario, pero a
realidade nin se pode nin se debe ocultar, porque afecta á calidade dos servizos públicos e
concretamente aos servizos educativos do Centro.
Pero non se trata dunha situación puntual nin dun caso aillado. Non é un problema exclusivo de Monfero
ou Irixoa, é o drama do rural galego, que agoniza silenciosamente, sin molestar, diante de nós, e sin que
pareza que importe demasiado.

More Related Content

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 

O desastre demográfico visto desde o xestal

  • 1. O DESASTRE DEMOGRÁFICO visto desde o Xestal (Abel López Soto. Orientador do CPI “Virxe da Cela entre os anos 2000 e 2015) Hai 40 anos creábase unha esperanza para os concellos de Irixoa e Monfero, un Colexio no que as nenas e nenos estudarían a educación básica obrigatoria que naquel momento se denominaba Ensino Xeral Básico(EXB). Dúas décadas despois os cambios nas leis educativas deron paso á Educación Infantil, Primaria e Secundaria, ampliouse a escolaridade obrigatoria ata os 16 anos e o Colexio do Xestal convertíuse nun Centro Público Integrado (CPI) Cando era Colexio de EXB chegou a ter unha matrícula superior a 500 alumnos, coexistindo ademáis con arredor de media ducia de escolas unitarias que foron pouco a pouco desaparecendo. No ano 2000 celebramos o 25 aniversario cando no Centro prácticamente acababan de completarse importantes transformacións para incorporar a ESO. Aquel curso, no que tiven a honra de ser o Director, celebramos a efeméride con moita esperanza pensando que o feito de converterse nun Centro Intagrado, con todas as etapas do ensino obrigatorio, podería contribuir positivamente a consolidar alumnado e a mellorar os servizos educativos de Irixoa e Monfero. Infelizmente aquelas expectativas víronse frustradas. Se daquela xa se apreciaba un importante descenso na matrícula. pasados estes últimos 15 anos, o panorama non pode ser máis desolador. A matrícula descendeu desde os 322 alumnos e alumnas do ano 2000 aos 141 a inicios do curso 2015-2016. Unha reducción do 56,21%, pasando de dous grupos por nivel (había 21 no ano 2000 que ocupaban outras tantas aulas), a menos da metade. Os datos da seguinte táboa revelan a magnitude do descenso. A excepción que pode apreciarse en Educación Infantil non é tal. Simplemente débese a que no ano 2000 ainda estaba en funcionamento o programa Preescolar na Casa e moitas familias retrasaban o inicio da escolarización. Etapa/ nivel educativo Alumando ano 2000 Alumnado ano 2015 Diferenza Ed. Infantil 3 anos 7 15 +8 Ed. Infantil 4 anos 9 12 +3 Ed. Infantil 5 anos 15 12 -3 Ed. Primaria 1º 19 5 -14 Ed. Primaria 2º 21 11 -10 Ed. Primaria 3º 24 11 -13 Ed. Primaria 4º 26 4 -22 Ed. Primaria 5º 26 9 -17 Ed. Primaria 6º 25 9 -16 ESO 1º 36 15 -21 ESO 2º 49 15 -34 ESO 3º 34 10 -24 ESO 4º 31 13 -18 TOTAL 322 141 -181 Monfero diminuíu a súa poboación total nun 24,41% nos últimos 15 anos e Irixoa nun 19,20%. Isto unido a que a poboación en idade fértil emigra, non ten fillos ou moi rara vez pasa de dous, debuxa esta situación devastadora POBOACION NO 2000 POBOACIÓN NO 2015 DIFERENZA MONFERO 2.695 2.037 -24,41% IRIXOA 1.719 1.389 -19,20% Poidera parecer unha reflexión moi pesimista para unha festa de celebración do 40 aniversario, pero a realidade nin se pode nin se debe ocultar, porque afecta á calidade dos servizos públicos e concretamente aos servizos educativos do Centro. Pero non se trata dunha situación puntual nin dun caso aillado. Non é un problema exclusivo de Monfero ou Irixoa, é o drama do rural galego, que agoniza silenciosamente, sin molestar, diante de nós, e sin que pareza que importe demasiado.