SlideShare a Scribd company logo
TES QUE SABELO!
O CASO FAILDE É SÓ A PUNTA DO ICEBERG
C O U S A S Q U E P A S A N N A E S T R A D A
A N O   1   - N Ú M E R O 6
X U L L O 2 0 1 7
Dos 3.195.014,21 € adxudicados polo concello para contratar obras,
subministros e servizos en 2016, só 914.054,71 € se adxudicaron
mediante concurso público. O resto, o 71,4% dos contratos do goberno
municipal do PP durante ese ano fixéronse mediante o procedemento
de negociado sen publicidade e adxudicación directa, isto é, a dedo. 
O procecemento de negociado sen publicidade, así como a
adxudicación directa é discriminatoria pois impide que todas as
empresas interesadas en traballar coa administración poidan facelo en
igualdade de condicións, reservándose só para os amigos.
Con esta forma de xestionar os recursos públicos que ten o alcalde da
Estrada non son de estrañar casos como os de Failde, até hai poudos
días xefe de protección civil e membro da executiva local do PP, que
contraba coa Xunta de Galiza, a través da súa empresa especializada en
emerxencias. Un turbio asunto, que, á marxe da se é legal ou non, deixa
en moi mal lugar ao alcalde, José López, politicamente responsábel do
caso ao ser o padriño político de Carlos Failde.
As adxudicacións a dedo do goberno de López, así como as súa xestión
escurantista e pouco transparente, deixa entrever que o Caso Failde
pode non ser un caso illado e ser a punta do iceberg de algo aínda máis
grave.
Editado polo Grupo Municipal
do BNG
Rúa Leicures, 14-1º
36680 A Estrada
aestrada@bng.gal
618790646
bngdaestrada.wordpress.com
twitter.com/bngaestrada
facebook.com/bngdaestrada
O 71,4% DAS ADXUDICACIÓNS DO GOBERNO DE LÓPEZ SON A DEDO
O BNG ESIXE CAMBIOS NAS
ADXUDICACIÓNS PÚBLICAS
O DEPUTADO DO BNG, XOSÉ
LUÍS RIVAS “MINI” LEVA AO
PARLAMENTO AS
DESFEITAS CAUSADAS POLA
FAUNA SALVAXE NA
ESTRADA
Páxina 2 >>
Páxina 2 >>
TES QUE SABELO! C O U S A S Q U E P A S A N N A E S T R A D A A N O 1 - N Ú M E R O   6   -   X U L L O   2 0 1 7
Para o BNG a adxudicación públicas deben estar libre de toda sospeita. Neste sentido, o concelleiro do
BNG, Xosé Magariños, propón que “con carácter xeral aqueles contratos que realice o concello (con
provedores, de obras, …) deben realizar por procedementos que inclúan a publicidade fuxindo das
adxudicacións directas e os Negociados Sen Publicidade (obviamente naqueles nos que polo obxecto e
contía a lei non o esixe), estabelecendo un Regulamento Municipal de Contratación, así coma a
publicación de todos os contratos e un estrato anual dos pagos realizados a cada unha das empresas
que inclúa a razón social, o concepto e o importe abonado polo Concello.”
Tamén pide que todos os grupos con representación estean representados nas mesas de contratación
con voz, pero sen voto, para facer unha fiscalización efectiva e en tempo real das adxudicacións do
concello.
"Por outra parte, e non menos importante," indicou o concelleiro nacionalista, "propoñemos que nos
pregos de contratación valoren tamén o cumprimento das obrigas empresariais cos seus empregados
e empregadas e o respecto aos dereitos sociais e salariais dos mesmos sendo causa de non admisión ou
valoración negativa ter nos antecedentes a vulneración dos mesmos".
P Á X I N A   2
O BNG ESIXE CAMBIOS NAS ADXUDICACIÓNS PÚBLICAS
O DEPUTADO DO BNG, XOSÉ LUÍS RIVAS “MINI” LEVA AO
PARLAMENTO AS DESFEITAS CAUSADAS POLA FAUNA SALVAXE
NA ESTRADA
O BNG está comprometido co sector agro-
gandeiro na procura dunha solución aos
reiterados ataques a cultivos e gando por parte
da fauna salvaxe. Unha situación, que está
motivada pola desastrosa política agro-gandeira
e forestal do PP dos últimos trinta anos”.
O deputado do BNG anunciou, que “temos en
axenda diversas proposicións non de lei e outras
iniciativas para tratar este asunto, que resulta
moi prexudicial para os intereses dos gandeiros e
das gandeiras da Estrada”.
O deputado no Parlamento Galego indicou que “se estamos todos de acordo en que a diversidade
medioambiental é necesaria e un ben que non podemos perder, o que si temos claro no BNG é que o
que tamén compre protexer é ao gandeiro e gandeira, porque, ademais de proporcionarnos alimento,
cumpre unha función social no rural da que non podemos prescindir se queremos un rural vivo e
especialmente se queremos unha Galiza con futuro”.

More Related Content

More from bngaestrada

Guía de turismo da Estrada
Guía de turismo da EstradaGuía de turismo da Estrada
Guía de turismo da Estrada
bngaestrada
 
Tes que sabelo! outubro 2015
Tes que sabelo! outubro 2015Tes que sabelo! outubro 2015
Tes que sabelo! outubro 2015
bngaestrada
 
Mocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galegoMocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galego
bngaestrada
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
bngaestrada
 
A estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionA estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucion
bngaestrada
 
O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%
bngaestrada
 
Miniboletín vinseiro
Miniboletín vinseiroMiniboletín vinseiro
Miniboletín vinseirobngaestrada
 
Miniboletín souto
Miniboletín soutoMiniboletín souto
Miniboletín soutobngaestrada
 
Miniboletín santeles
Miniboletín santelesMiniboletín santeles
Miniboletín santelesbngaestrada
 
Miniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadeveaMiniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadeveabngaestrada
 
Miniboletín rubín
Miniboletín rubínMiniboletín rubín
Miniboletín rubínbngaestrada
 
Miniboletín ouzande
Miniboletín ouzandeMiniboletín ouzande
Miniboletín ouzandebngaestrada
 
Miniboletín orazo
Miniboletín orazoMiniboletín orazo
Miniboletín orazobngaestrada
 
Miniboletín oca
Miniboletín ocaMiniboletín oca
Miniboletín ocabngaestrada
 
Miniboletín guimarei
Miniboletín guimareiMiniboletín guimarei
Miniboletín guimareibngaestrada
 
Miniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requiánMiniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requiánbngaestrada
 
Miniboletín couso
Miniboletín cousoMiniboletín couso
Miniboletín cousobngaestrada
 
Miniboletín codeseda
Miniboletín codesedaMiniboletín codeseda
Miniboletín codesedabngaestrada
 
Miniboletín Callobre - BNG A Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A  EstradaMiniboletín Callobre - BNG A  Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A Estrada
bngaestrada
 
Miniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A EstradaMiniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A Estrada
bngaestrada
 

More from bngaestrada (20)

Guía de turismo da Estrada
Guía de turismo da EstradaGuía de turismo da Estrada
Guía de turismo da Estrada
 
Tes que sabelo! outubro 2015
Tes que sabelo! outubro 2015Tes que sabelo! outubro 2015
Tes que sabelo! outubro 2015
 
Mocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galegoMocion en defensa do sector lacteo galego
Mocion en defensa do sector lacteo galego
 
Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015Programa electoral das municipais 2015
Programa electoral das municipais 2015
 
A estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucionA estrada precisa unha revolucion
A estrada precisa unha revolucion
 
O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%O PP sube a contribución un 60%
O PP sube a contribución un 60%
 
Miniboletín vinseiro
Miniboletín vinseiroMiniboletín vinseiro
Miniboletín vinseiro
 
Miniboletín souto
Miniboletín soutoMiniboletín souto
Miniboletín souto
 
Miniboletín santeles
Miniboletín santelesMiniboletín santeles
Miniboletín santeles
 
Miniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadeveaMiniboletín santacristinadevea
Miniboletín santacristinadevea
 
Miniboletín rubín
Miniboletín rubínMiniboletín rubín
Miniboletín rubín
 
Miniboletín ouzande
Miniboletín ouzandeMiniboletín ouzande
Miniboletín ouzande
 
Miniboletín orazo
Miniboletín orazoMiniboletín orazo
Miniboletín orazo
 
Miniboletín oca
Miniboletín ocaMiniboletín oca
Miniboletín oca
 
Miniboletín guimarei
Miniboletín guimareiMiniboletín guimarei
Miniboletín guimarei
 
Miniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requiánMiniboletín frades-requián
Miniboletín frades-requián
 
Miniboletín couso
Miniboletín cousoMiniboletín couso
Miniboletín couso
 
Miniboletín codeseda
Miniboletín codesedaMiniboletín codeseda
Miniboletín codeseda
 
Miniboletín Callobre - BNG A Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A  EstradaMiniboletín Callobre - BNG A  Estrada
Miniboletín Callobre - BNG A Estrada
 
Miniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A EstradaMiniboletín Barcala - BNG A Estrada
Miniboletín Barcala - BNG A Estrada
 

Especial tes que sabelo! xullo 2017

  • 1. TES QUE SABELO! O CASO FAILDE É SÓ A PUNTA DO ICEBERG C O U S A S Q U E P A S A N N A E S T R A D A A N O   1   - N Ú M E R O 6 X U L L O 2 0 1 7 Dos 3.195.014,21 € adxudicados polo concello para contratar obras, subministros e servizos en 2016, só 914.054,71 € se adxudicaron mediante concurso público. O resto, o 71,4% dos contratos do goberno municipal do PP durante ese ano fixéronse mediante o procedemento de negociado sen publicidade e adxudicación directa, isto é, a dedo.  O procecemento de negociado sen publicidade, así como a adxudicación directa é discriminatoria pois impide que todas as empresas interesadas en traballar coa administración poidan facelo en igualdade de condicións, reservándose só para os amigos. Con esta forma de xestionar os recursos públicos que ten o alcalde da Estrada non son de estrañar casos como os de Failde, até hai poudos días xefe de protección civil e membro da executiva local do PP, que contraba coa Xunta de Galiza, a través da súa empresa especializada en emerxencias. Un turbio asunto, que, á marxe da se é legal ou non, deixa en moi mal lugar ao alcalde, José López, politicamente responsábel do caso ao ser o padriño político de Carlos Failde. As adxudicacións a dedo do goberno de López, así como as súa xestión escurantista e pouco transparente, deixa entrever que o Caso Failde pode non ser un caso illado e ser a punta do iceberg de algo aínda máis grave. Editado polo Grupo Municipal do BNG Rúa Leicures, 14-1º 36680 A Estrada aestrada@bng.gal 618790646 bngdaestrada.wordpress.com twitter.com/bngaestrada facebook.com/bngdaestrada O 71,4% DAS ADXUDICACIÓNS DO GOBERNO DE LÓPEZ SON A DEDO O BNG ESIXE CAMBIOS NAS ADXUDICACIÓNS PÚBLICAS O DEPUTADO DO BNG, XOSÉ LUÍS RIVAS “MINI” LEVA AO PARLAMENTO AS DESFEITAS CAUSADAS POLA FAUNA SALVAXE NA ESTRADA Páxina 2 >> Páxina 2 >>
  • 2. TES QUE SABELO! C O U S A S Q U E P A S A N N A E S T R A D A A N O 1 - N Ú M E R O   6   -   X U L L O   2 0 1 7 Para o BNG a adxudicación públicas deben estar libre de toda sospeita. Neste sentido, o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, propón que “con carácter xeral aqueles contratos que realice o concello (con provedores, de obras, …) deben realizar por procedementos que inclúan a publicidade fuxindo das adxudicacións directas e os Negociados Sen Publicidade (obviamente naqueles nos que polo obxecto e contía a lei non o esixe), estabelecendo un Regulamento Municipal de Contratación, así coma a publicación de todos os contratos e un estrato anual dos pagos realizados a cada unha das empresas que inclúa a razón social, o concepto e o importe abonado polo Concello.” Tamén pide que todos os grupos con representación estean representados nas mesas de contratación con voz, pero sen voto, para facer unha fiscalización efectiva e en tempo real das adxudicacións do concello. "Por outra parte, e non menos importante," indicou o concelleiro nacionalista, "propoñemos que nos pregos de contratación valoren tamén o cumprimento das obrigas empresariais cos seus empregados e empregadas e o respecto aos dereitos sociais e salariais dos mesmos sendo causa de non admisión ou valoración negativa ter nos antecedentes a vulneración dos mesmos". P Á X I N A   2 O BNG ESIXE CAMBIOS NAS ADXUDICACIÓNS PÚBLICAS O DEPUTADO DO BNG, XOSÉ LUÍS RIVAS “MINI” LEVA AO PARLAMENTO AS DESFEITAS CAUSADAS POLA FAUNA SALVAXE NA ESTRADA O BNG está comprometido co sector agro- gandeiro na procura dunha solución aos reiterados ataques a cultivos e gando por parte da fauna salvaxe. Unha situación, que está motivada pola desastrosa política agro-gandeira e forestal do PP dos últimos trinta anos”. O deputado do BNG anunciou, que “temos en axenda diversas proposicións non de lei e outras iniciativas para tratar este asunto, que resulta moi prexudicial para os intereses dos gandeiros e das gandeiras da Estrada”. O deputado no Parlamento Galego indicou que “se estamos todos de acordo en que a diversidade medioambiental é necesaria e un ben que non podemos perder, o que si temos claro no BNG é que o que tamén compre protexer é ao gandeiro e gandeira, porque, ademais de proporcionarnos alimento, cumpre unha función social no rural da que non podemos prescindir se queremos un rural vivo e especialmente se queremos unha Galiza con futuro”.