EU SON SUSO BAHAMONDE
Son poeta e narrador e participei en recitais
poéticos nos anos 90 como membro do Batallón
Literario da Costa da Morte e da Asociación
Cultura de Bar, entre outras. Nos últimos
tempos colaboro cos meus textos poéticos con
grupos musicais da Costa en concertos e
presentacións. Escribín moitos poemas para
libros colectivos e tamén dous libros de
poemas, Óxido nas flores da tarde e Expansión.
Agora ando a dar voltas para publicar o meu
primeiro libro de relatos.
EU SON MARÍA LADO
Son poetisa e narradora, actriz, filóloga,
productora audiovisual, guionista de radio, e
traductora, entre outras cousas. Comecei no
Batallón Literario da Costa da Morte nos anos
90 e dende entón participei como narradora e
como poetisa en varios libros colectivos,
revistas e xornais e publiquei os meus propios
poemarios: A primeira visión, Casa atlántica,
casa cabaret, Nove, Berlín... Dende hai uns
anos Lucía Aldao e máis eu facemos un
espectáculo inclasificable de poesía, música e
humor que chamamos "Aldaolado".
EU SON MIRO VILLAR
Son profesor de lingua e literatura galegas
ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico
literario. Fun membro do Batallón Literario da
Costa da Morte e colaboro con varias editorias,
revistas e xornais. Teño publicado un bo
número de libros de poesía, narrativa e ensaio
e déronme varios premios. Algús dos meus
libros de poemas son Ausencias pretéritas, 42
décimas de febre, Equinoccio de primavera e
As crebas.
EU SON RAFA VILLAR
Estudei Filoloxía Galega e traballo no servizo de
normalización lingüística da Confederación
Intersindical Galega. Dende que estaba no
Batallón Literario da Costa da Morte ata agora
publiquei máis dunha ducia de libros de poesía
e participei en moitas colectivas. Os nomes
dalgús dos meus poemarios son O tributo da
tarde, No ventre da balea ou Memoria de Ahab.
EU SON ESTEVO CREUS
Fun un dos fundadores do Batallón Literario da
Costa da Morte e do grupo de teatro Talía de
Cee. Son psicólogo de formación e profesión,
pero tamén son poeta, e por iso me presento
aquí. Recoméndovos os meus libros Areados,
Teoría do lugar e Decrúa, pois os tres levaron
premios literarios.
EU SON DAVID CREUS
Son de Cee, da Costa da Morte. Son profesor
de Educación Plástica e Visual e ademáis fago
moitas outras cousas: son poeta, artísta
plástico, ilustrador, actor de teatro e
montañeiro. Teño publicado dous libros de
Poesía: Palabras para un parque hidráulico
(editorial TresCtres) e Facer Merzbau non ou
posible (Nonouedicións, xunto co meu irmán
Estevo), e teño outros que permanecen
inéditos. Formei parte do Batallón Literario da
Costa da Morte e na actualidade comparto
inquedanzas co meu irmán Estevo baixo unha
estrutura que denominamos
"NONOUEDICIÓNS".

Minibiografías

  • 1.
    EU SON SUSOBAHAMONDE Son poeta e narrador e participei en recitais poéticos nos anos 90 como membro do Batallón Literario da Costa da Morte e da Asociación Cultura de Bar, entre outras. Nos últimos tempos colaboro cos meus textos poéticos con grupos musicais da Costa en concertos e presentacións. Escribín moitos poemas para libros colectivos e tamén dous libros de poemas, Óxido nas flores da tarde e Expansión. Agora ando a dar voltas para publicar o meu primeiro libro de relatos.
  • 2.
    EU SON MARÍALADO Son poetisa e narradora, actriz, filóloga, productora audiovisual, guionista de radio, e traductora, entre outras cousas. Comecei no Batallón Literario da Costa da Morte nos anos 90 e dende entón participei como narradora e como poetisa en varios libros colectivos, revistas e xornais e publiquei os meus propios poemarios: A primeira visión, Casa atlántica, casa cabaret, Nove, Berlín... Dende hai uns anos Lucía Aldao e máis eu facemos un espectáculo inclasificable de poesía, música e humor que chamamos "Aldaolado".
  • 3.
    EU SON MIROVILLAR Son profesor de lingua e literatura galegas ademais de poeta, narrador, tradutor e crítico literario. Fun membro do Batallón Literario da Costa da Morte e colaboro con varias editorias, revistas e xornais. Teño publicado un bo número de libros de poesía, narrativa e ensaio e déronme varios premios. Algús dos meus libros de poemas son Ausencias pretéritas, 42 décimas de febre, Equinoccio de primavera e As crebas.
  • 4.
    EU SON RAFAVILLAR Estudei Filoloxía Galega e traballo no servizo de normalización lingüística da Confederación Intersindical Galega. Dende que estaba no Batallón Literario da Costa da Morte ata agora publiquei máis dunha ducia de libros de poesía e participei en moitas colectivas. Os nomes dalgús dos meus poemarios son O tributo da tarde, No ventre da balea ou Memoria de Ahab.
  • 5.
    EU SON ESTEVOCREUS Fun un dos fundadores do Batallón Literario da Costa da Morte e do grupo de teatro Talía de Cee. Son psicólogo de formación e profesión, pero tamén son poeta, e por iso me presento aquí. Recoméndovos os meus libros Areados, Teoría do lugar e Decrúa, pois os tres levaron premios literarios.
  • 6.
    EU SON DAVIDCREUS Son de Cee, da Costa da Morte. Son profesor de Educación Plástica e Visual e ademáis fago moitas outras cousas: son poeta, artísta plástico, ilustrador, actor de teatro e montañeiro. Teño publicado dous libros de Poesía: Palabras para un parque hidráulico (editorial TresCtres) e Facer Merzbau non ou posible (Nonouedicións, xunto co meu irmán Estevo), e teño outros que permanecen inéditos. Formei parte do Batallón Literario da Costa da Morte e na actualidade comparto inquedanzas co meu irmán Estevo baixo unha estrutura que denominamos "NONOUEDICIÓNS".