SlideShare a Scribd company logo
María García Ferreiro 1º Bach A
O xénero da música
Levo estudando música dende os sete anos. Recordo coma se fora
onte cando a miña profesora me puxo nas mans a miña primeira frauta.
A ese momento precedérono semanas de indecisión, eu quería tocar o
clarinete ao igual que todas as miñas amigas, pero o meu profesor tiña claro
que eu estaba destinada a ser frautista. É curioso que en ningún momento se
me pasar pola cabeza, nin a ninguén do meu arredor, a trompeta ou a tuba.
Falamos habitualmente do machismo no deporte e noutros ámbitos
pero, quen se acorda da música?
Dun xeito ou doutro temos máis que asumido que hai uns
“instrumentos para homes” e outros “para mulleres”.
Como frautista sei de primeira man que somos case todas mulleres, e
os escasos homes que hai son tachados de homosexuais e afeminados.
Pero isto mesmo pasa na gran maioría dos instrumentos; as mulleres
tocamos o óboe, o violín, a arpa... Os homes o trombón, a trompa, a
trompeta... O xénero feminino debe tocar instrumentos delicados e doces,
mentres que o masculino os ruidosos e pesados.
Por outra banda, tamén resulta curioso que nos conservatorios e
escolas de música a porcentaxe de homes e mulleres sexa paritaria ou a
feminina incluso maior, pero que logo nas grandes bandas e orquestras os
homes superen con creces ás mulleres.
María García Ferreiro 1º Bach A
Na Orquestra Filharmónica de Viena, unha das máis prestixiosas que
existen, non se admitiron mulleres ata o ano 1997. A primeira foi a arpista
Anna Lekles, a cal levaba tocando ca orquestra coma “non-membro” máis de
vinte anos.
E que hai da situación en Galicia? Actualmente nas bandas municipais
non se aprecia maior diferenza, pero ao igual que antes, ao ascender a
conxuntos musicais de maior nivel, a porcentaxe de mulleres diminúe
notablemente. A Orquestra Sinfónica de Galicia conta tan só cun 25% de
músicas, e en oito das catorce cordas non hai ningunha intérprete feminina. A
frauta é a excepción, dúas dos tres músicos son mulleres.
Tristemente, isto reafirma a desigualdade no ámbito laboral que
sufrimos as mulleres, incluso nun mundo coma o da música que sempre
estivo moi asociado ó sexo feminino. O machismo reside ata nos lugares
máis insospeitados, e na música está tan normalizado que nin o percibimos.

More Related Content

More from Marlou

Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Bases concurso microrrelatos medo 19 20
Marlou
 
Como escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelatoComo escribir un microrrelato
Como escribir un microrrelato
Marlou
 
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Contextos 1. la belle epoque (90 10-20)
Marlou
 
O galego nos SSEE
O galego nos SSEEO galego nos SSEE
O galego nos SSEE
Marlou
 
25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)25abril1974 (carla vidal)
25abril1974 (carla vidal)
Marlou
 
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
A muller na Literatura Galega (Mercedes Queixas)
Marlou
 
100mulleres
100mulleres100mulleres
100mulleres
Marlou
 
Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)Calendario 2019 (AS-PG)
Calendario 2019 (AS-PG)
Marlou
 
Milicianos
MilicianosMilicianos
Milicianos
Marlou
 
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo
Cartel 2019 - Actos Castelao - Concello de RianxoCartel 2019 - Actos Castelao - Concello de Rianxo

Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18Cartaz semana 26n18
Cartaz semana 26n18
Marlou
 
Folleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negroFolleto triptico rianxo en negro
Folleto triptico rianxo en negro
Marlou
 
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Bases concurso microrrelatos Samaín 18-19
Marlou
 
Atila en Galiza
Atila en GalizaAtila en Galiza
Atila en Galiza
Marlou
 
Galiza mártir
Galiza mártirGaliza mártir
Galiza mártir
Marlou
 
O reino de_Galiza
O reino de_GalizaO reino de_Galiza
O reino de_Galiza
Marlou
 
Decembro
DecembroDecembro
Decembro
Marlou
 
Novembro
NovembroNovembro
Novembro
Marlou
 
Outubro
OutubroOutubro
Outubro
Marlou
 
More from Marlou (20)

María García. O xénero da música

  • 1. María García Ferreiro 1º Bach A O xénero da música Levo estudando música dende os sete anos. Recordo coma se fora onte cando a miña profesora me puxo nas mans a miña primeira frauta. A ese momento precedérono semanas de indecisión, eu quería tocar o clarinete ao igual que todas as miñas amigas, pero o meu profesor tiña claro que eu estaba destinada a ser frautista. É curioso que en ningún momento se me pasar pola cabeza, nin a ninguén do meu arredor, a trompeta ou a tuba. Falamos habitualmente do machismo no deporte e noutros ámbitos pero, quen se acorda da música? Dun xeito ou doutro temos máis que asumido que hai uns “instrumentos para homes” e outros “para mulleres”. Como frautista sei de primeira man que somos case todas mulleres, e os escasos homes que hai son tachados de homosexuais e afeminados. Pero isto mesmo pasa na gran maioría dos instrumentos; as mulleres tocamos o óboe, o violín, a arpa... Os homes o trombón, a trompa, a trompeta... O xénero feminino debe tocar instrumentos delicados e doces, mentres que o masculino os ruidosos e pesados. Por outra banda, tamén resulta curioso que nos conservatorios e escolas de música a porcentaxe de homes e mulleres sexa paritaria ou a feminina incluso maior, pero que logo nas grandes bandas e orquestras os homes superen con creces ás mulleres.
  • 2. María García Ferreiro 1º Bach A Na Orquestra Filharmónica de Viena, unha das máis prestixiosas que existen, non se admitiron mulleres ata o ano 1997. A primeira foi a arpista Anna Lekles, a cal levaba tocando ca orquestra coma “non-membro” máis de vinte anos. E que hai da situación en Galicia? Actualmente nas bandas municipais non se aprecia maior diferenza, pero ao igual que antes, ao ascender a conxuntos musicais de maior nivel, a porcentaxe de mulleres diminúe notablemente. A Orquestra Sinfónica de Galicia conta tan só cun 25% de músicas, e en oito das catorce cordas non hai ningunha intérprete feminina. A frauta é a excepción, dúas dos tres músicos son mulleres. Tristemente, isto reafirma a desigualdade no ámbito laboral que sufrimos as mulleres, incluso nun mundo coma o da música que sempre estivo moi asociado ó sexo feminino. O machismo reside ata nos lugares máis insospeitados, e na música está tan normalizado que nin o percibimos.