Manuel María Fernández
Teixeiro, coñecido como
Manuel María, naceu en
Outeiro de Rei (Lugo) o 6
de outubro de 1929.
Pertencía a unha familia
de labregos acomodados.
Fixo estudos primarios
na súa vila natal e máis
en Rábade, onde tomou
contacto por primeira
vez coa literatura galega.
En 1942 estudou o
Bacharelato en Lugo,
onde entrou no círculo
literario da cidade (Luís
Pimentel, Ánxel Fole,
Aquilino Iglesia
Alvariño...); comeza alí
tamén a súa amistade
con Uxío Novoneyra
En 1950 publicou o seu
primeiro poemario,
titulado Muiñeiro de
brétemas. Dous anos
despois, fundou a
editorial Xistral.
Durante este período
foise afirmando nel o
compromiso social e
político: o 25 de xullo
de 1951 asistiu ó
primeiro acto de
afirmación galeguista
durante o
franquismo, que se
celebrou no Panteón
de Galegos Ilustres de
San Domingos de
Bonaval, en Santiago
de Compostela
Entre 1952 e 1953
cumpriu co servizo
militar, durante o cal
foi destinado a
Santiago de
Compostela como
mestre para enxinar
ós recrutas
analfabetos. Alí
mantense en contacto
con persoeiros como
Ramón Otero Pedrayo,
Ramón Piñeiro, e faise
moi amigo de Carlos
Maside.
Entre 1953 e 1955
gaña varios premios
de poesía, como o dos
Xogos Florais de
Ourense e o Premio
Pondal
En 1958 gaña unha
praza nas oposicións a
procurador dos
tribunais en Monforte
de Lemos, onde se
establece.
Un ano despois casa
con Saleta Goy García.
Entre 1960 e 1970
traballa
intensamente en
actividades dedicadas
á recuperación e
difusión da cultura
galega. Asemade,
participa na
reorganización
política, na
clandestinidade, do
Partido Socialista
Galego e a Unión do
Povo Galego
En 1970, xunto coa
súa muller, abriu
en Monforte a
libraría Xistral,
que tamén se
converteu nun
punto de venta de
cerámica de
Sargadelos.
O mesmo ano,
Manuel María foi
elixido membro
correspondente da
Real Academia
Galega, que
abandonará en
1975 alegando
motivos políticos
Entre 1977 e 1982 foi
elixido para desenvolver
diversos cargos políticos,
primeiro polo BN-PG e logo
polo BNG: foi concelleiro
en Monforte e senador en
Madrid. Con todo, decidiu
deixar a política para
dedicarse por completo á
difusión da cultura galega
e á creación literaria.
En 1995 xubilouse como
procurador, e tres anos
despois fixou a súa
residencia na Coruña, no
barrio de Monte Alto.
En 2003 reingresou na
RAG.
Morreu un ano máis
tarde, o 8 de setembro de
2004, e foi soterrado en
Outeiro de Rei
O legado literario
de Manuel María é
amplo: cultivou a
narrativa, o teatro
e, en maior
medida, a poesía.
A súa obra está
dominada polo
compromiso con
Galicia, a súa
lingua e a súa
cultura.
Tocou, en forma
literaria, temas
variados: o amor, a
arte, a etnografía, a
Física, a Historia, a
mitoloxía, o mundo
dos animais, o paso
do tempo, o
sentimento
relixioso, o mundo
agrario...
TERRA CHÁ
A Terra Chá somentes é:
un povo aquí, outro acolá,
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.
HOME
Ó home da Terra Chá
non se lle oe cantar.
É home moi de verdá,
mesurado no falar.
É home de moita calma,
sufrido, traballador:
quéimalle no Vrao a alma
un duro sol feridor
e no inverno virá
a esmorecerlla a xeada.
¡O home da Terra Chá
ten a alma mancada!
MILLO
Os labradíos bos que a millo están
dan pouco millo e pouco pan.
O millo é zugón, zugón;
deixa a terra cansada,
sen forzas o terrón
e a espiga non val nada.
Mais o millo fai falla para cebar
os capós, prás papas e pró gando.
Se non se bota haino que mercar
e vaise entón servido por ganado.
TRIGO
Este é o trigo candeal:
dereito, lanzal.
É como o ouro: douradiño.
¡Que ledicia terá o muíño
ó muiñar!
Haino que amasar,
tendelo,
e cocelo.
Despois de o enfornar,
¡Deus, a este pan, ha de baixar!
O CUCO
O cuco, cuco, cuqueiro.
O cuco, cuco, cucón.
¡Madrugón e cantareiro!
¡Cantareiro e madrugón!
Óise pola carballeira
o vello cuco souril
ó nacer a Primaveira
entre o Marzo e o Abril:
¡O vello cuco, cucou
e moito máis cucará!
¡O cuco non me capou
e nunca me capará!
Polas mañás ben cediño
o cuco canta: “cu-cú...”
¡Como o teño por veciño
eu trato ó cuco de tu!
Elaborado por: Alfonso Blanco

Manuel María

  • 3.
    Manuel María Fernández Teixeiro,coñecido como Manuel María, naceu en Outeiro de Rei (Lugo) o 6 de outubro de 1929. Pertencía a unha familia de labregos acomodados. Fixo estudos primarios na súa vila natal e máis en Rábade, onde tomou contacto por primeira vez coa literatura galega. En 1942 estudou o Bacharelato en Lugo, onde entrou no círculo literario da cidade (Luís Pimentel, Ánxel Fole, Aquilino Iglesia Alvariño...); comeza alí tamén a súa amistade con Uxío Novoneyra
  • 4.
    En 1950 publicouo seu primeiro poemario, titulado Muiñeiro de brétemas. Dous anos despois, fundou a editorial Xistral. Durante este período foise afirmando nel o compromiso social e político: o 25 de xullo de 1951 asistiu ó primeiro acto de afirmación galeguista durante o franquismo, que se celebrou no Panteón de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela
  • 5.
    Entre 1952 e1953 cumpriu co servizo militar, durante o cal foi destinado a Santiago de Compostela como mestre para enxinar ós recrutas analfabetos. Alí mantense en contacto con persoeiros como Ramón Otero Pedrayo, Ramón Piñeiro, e faise moi amigo de Carlos Maside. Entre 1953 e 1955 gaña varios premios de poesía, como o dos Xogos Florais de Ourense e o Premio Pondal
  • 6.
    En 1958 gañaunha praza nas oposicións a procurador dos tribunais en Monforte de Lemos, onde se establece. Un ano despois casa con Saleta Goy García. Entre 1960 e 1970 traballa intensamente en actividades dedicadas á recuperación e difusión da cultura galega. Asemade, participa na reorganización política, na clandestinidade, do Partido Socialista Galego e a Unión do Povo Galego
  • 7.
    En 1970, xuntocoa súa muller, abriu en Monforte a libraría Xistral, que tamén se converteu nun punto de venta de cerámica de Sargadelos. O mesmo ano, Manuel María foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, que abandonará en 1975 alegando motivos políticos
  • 8.
    Entre 1977 e1982 foi elixido para desenvolver diversos cargos políticos, primeiro polo BN-PG e logo polo BNG: foi concelleiro en Monforte e senador en Madrid. Con todo, decidiu deixar a política para dedicarse por completo á difusión da cultura galega e á creación literaria. En 1995 xubilouse como procurador, e tres anos despois fixou a súa residencia na Coruña, no barrio de Monte Alto. En 2003 reingresou na RAG. Morreu un ano máis tarde, o 8 de setembro de 2004, e foi soterrado en Outeiro de Rei
  • 9.
    O legado literario deManuel María é amplo: cultivou a narrativa, o teatro e, en maior medida, a poesía. A súa obra está dominada polo compromiso con Galicia, a súa lingua e a súa cultura. Tocou, en forma literaria, temas variados: o amor, a arte, a etnografía, a Física, a Historia, a mitoloxía, o mundo dos animais, o paso do tempo, o sentimento relixioso, o mundo agrario...
  • 10.
    TERRA CHÁ A TerraChá somentes é: un povo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá.
  • 11.
    HOME Ó home daTerra Chá non se lle oe cantar. É home moi de verdá, mesurado no falar. É home de moita calma, sufrido, traballador: quéimalle no Vrao a alma un duro sol feridor e no inverno virá a esmorecerlla a xeada. ¡O home da Terra Chá ten a alma mancada!
  • 12.
    MILLO Os labradíos bosque a millo están dan pouco millo e pouco pan. O millo é zugón, zugón; deixa a terra cansada, sen forzas o terrón e a espiga non val nada. Mais o millo fai falla para cebar os capós, prás papas e pró gando. Se non se bota haino que mercar e vaise entón servido por ganado.
  • 13.
    TRIGO Este é otrigo candeal: dereito, lanzal. É como o ouro: douradiño. ¡Que ledicia terá o muíño ó muiñar! Haino que amasar, tendelo, e cocelo. Despois de o enfornar, ¡Deus, a este pan, ha de baixar!
  • 14.
    O CUCO O cuco,cuco, cuqueiro. O cuco, cuco, cucón. ¡Madrugón e cantareiro! ¡Cantareiro e madrugón! Óise pola carballeira o vello cuco souril ó nacer a Primaveira entre o Marzo e o Abril: ¡O vello cuco, cucou e moito máis cucará! ¡O cuco non me capou e nunca me capará! Polas mañás ben cediño o cuco canta: “cu-cú...” ¡Como o teño por veciño eu trato ó cuco de tu!
  • 15.