Nace Olympe de Gouges
En maio deste ano nace Olympe de Gouges, autora da Declaración dos Dereitos da
Muller e a Cidadá. Feminista e tamén traballadora pola abolición da esclavitude. Foi
escritora e filósofa, máis revolucionaria que a propia revolución en 1793 foi detida e
guillotinada.
“Muller, esperta; o repique de alarma faise oír en todo o universo:
recoñece os teus dereitos.”.
Sol: 1748
www.afiestradamestra.gal
“Vindicación dos dereitos da muller” Mary Wollstonecraft
Neste ano, Mary Wolltonecraft, publica a a obra “Vindicación dos dereitos da muller”
considerada unha das primeiras obras da literatura e filosofía feminista. Esta autora
escribiu novelas, contos, ensaios, tratados, un relato de viaxe e tamén un conto
infantil. A defensa de Wollstonecraft á igualdade para a muller, as súas críticas á
feminidade convencional e o seu estilo de vida non lle deron boa reputación na
época máis foron crecendo en importancia cos anos e hoxe én día é considerada
unha das fundadoras da filosofía feminista. (Tamén foi nai de Mary Shelley, autora
de Frankestein)
“Eu non desexo que as mulleres teñan poder sobre os homes,
senon sobre ellas mesmas.”.
Sol: 1792
www.afiestradamestra.gal
Primeira convención polos dereitos das mulleres:
Indignadas pola prohibición que impedía que as mulleres falaran nunha convención
contra a esclavitude, as norteamericanas Elizabeth Cady Stanton e Lucretia Mott
congregan a centos de persoas na primeira convención nacional polos dereitos das
mulleres (Nueva York). Xuntas, esixen dereitos civís, sociais, políticos e relixiosos
para as mulleres nunha Declaración de Sentimentos e Resolucións:
“Mantemos que estas verdades son evidentes:
que todos los homes e as mulleres son creados iguais”.
O público búrlase especialmente do dereito das mulleres a votar.
Pero alí naceu un movemento.
Sol: 1848
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
As cigarreiras en folga en A Coruña
Neste ano, ten lugar, na fábrica de tabacos de A Coruña a primeira folga de mulleres de
Galicia. Unha mañá de decembro unhas 4000 traballadoras amotínanse, rompen
máquinas e mesmo tiran ao mar parte da produción. O Capitan Xeral e o Gobernador
Civil mandaron ás tropas de infantería e cabalería para rematar coa revolta. Moitas
escaparon, unhas 20 foron detidas e o movemento de protesta das mulleres polas súas
condicións laborais con xornadas infinitas e salarios mínimos tivo na Coruña un
referente.
Sol: 1857
www.afiestradamestra.gal
Sinaturas polo voto feminino en Nueva Zelanda
Neste ano preséntanse 32.000 sinaturas ante o parlamento de Nueva Zelanda
pedindo o sufraxio feminino. Unha lista que medía nin máis nin menos que 270
metros de lonxitude. Pouco despois, Nueva Zelanda convírtese no primeiro país
autónomo que permite votar ás mulleres e inspira a sufraxistas de todo o mundo.
Sol: 1893
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
As mulleres de Coton New York
Son numerosos os feitos que dan lugar á designación do 8 de marzo coma día da muller e
este é un deles. O 8 de marzo deste ano un grupo de mulleres reclamaba igualdade salarial e
disminición de xornada. Conta a historia que unhas 40 mil mulleres declaráronse en folga en
Nova Iorque e un incendio, segundo algunhas fontes provocado polos donos da fábrica,
provocou que mas de 100 desas mulleras resultaran mortas.
De feito cóntase que, coma os tecidos que empregaban eran de tons azuis unha gran nube
morada de fume sobrevoaba a zona
Sol: 1908
www.afiestradamestra.gal
Casamento de Marcela e “Mario” na Coruña
Marcela e Elisa coñecéronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da
Coruña, entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu
en amor. Os pais de Marcela fixeron o posible para afastar a súa filla de Elisa, pero
en 1888 inician a súa andaina como mestras en diversas escolas procurando que os
seus destinos estivesen o máis próximos posible.
Na primavera deste ano prodúcense diversas “disputas” entre elas, o que xustifica
que Elisa abandone Dumbría e anuncie que ten previsto embarcar con rumbo á
Habana. Asemade, Marcela fai saber aos veciños o seu propósito de casar cun
curmán de Elisa, chamado Mario, que chegaría proximamente a Galicia. O seu
parecido —advirte— era enorme.
Xa na Coruña, Elisa transfórmase en Mario: corta o pelo, viste roupas de home,
fuma e cultiva un modesto bigote. Para legalizar a nova identidade, diríxese á
igrexa de san Xurxo e confésalle ao párroco, Víctor Cortiella, que era fillo de pai
protestante e quería abrazar a fe católica. O párroco, preocupado como estaba pola
difusión do protestantismo, acelera os trámites e aos poucos días bautízao.
Deseguido, Mario arranxa os papeis para a voda, o 8 de xuño deste ano.
Sol: 1901
www.afiestradamestra.gal
María Antonina Sanjurjo Aranaz
Neste ano nace María Antonina Sanjurjo Aranaz en Santiago de Compostela,
pioneira do deporte, funda o Atlántida Hockey Club en Vigo.
No ano 1933 pronuncia unha conferencia, na que, como muller avanzada e
feminista, defende a práctica deportiva das mulleres desde unha visión democrática.
Literalmente dí:
“Na participación nos deportes desaparecen moitos prexuízos sociais. Non hai cursis
nin elegantes, nin aristócratas nin plebeos, senón simplemente educación e bos ou
malos deportistas”.
Sol: 1910
www.afiestradamestra.gal
O primeiro Día Internacional da Muller
Reuniu a máis dun millón de persoas en Austria, Dinamarca, Alemaña e Suiza a
favor do sufraxio e os dereitos laborais da muller.
Hoxe celébrase cada ano o 8 de marzo. Nos seus inicios a conmemoración sirve de
protesta contra a I Guerra Mundial. Por exemplo, en Rusia, unha gran manifestación
liderada por mulleres esixe “¡pan e paz!”. Catro días máis tarde, o zar abdica.
Sol: 1911
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
Primeiras mulleres en estudar na universidade en Galicia
Neste ano son aceptadas na universidade de Santiago de Compostela, na facultade
de mediciña, Elisa e e Jimena Fernández de la Vega, primeiras mulleres e estudar
na universidade en Galicia, xuntas remataron a carreira e ambas obtiveron a Gran
Cruz de Alfonso XII debido aos seus excelentes expedientes.
Sol: 1913
www.afiestradamestra.gal
A Revolta das mulleres na Coruña
En xaneiro deste ano ten lugar, na Coruña, unha grande revolta social contra a suba
dos prezos dos productos básicos cun protagonismo feminino case total. Centos e
centos de mulleres nos peiraos, lonxas, almacéns, barrios, etc. requisan alimentos e
repártenos, organízanse para protestar ante a escaseza de alimentos esenciais.
Pouco despois, ese mesmo ano, prodúcense en Ferrolterra protestas como a
coñecida como Revolta das pedradas. Exemplos de autoorganización e loita das
mulleres en tempos revoltos.
Sol: 1918
www.afiestradamestra.gal
María Josefa Wonenburger Planells
Neste ano nace en Montrove, Oleiros, María Josefa Wonenburger Planells, pioneira
matemática e investigadora galega que ademáis de recibir unha das famosísimas
bolsas Fullbright desenvolveu a súa labora científica principalmente en Estados
Unidos e en Canadá.
Sol: 1927
www.afiestradamestra.gal
A revolta das mulleres en Aba
Furiosas pola súa situación social baixo o goberno colonial, as mulleres igbo envían
follas de palma (o que hoxe sería unha invitación a un evento en Facebook) ás súas
irmás do sureste de Nixeria. Milleiros únense á protesta contra os xefes designados
antidemocráticamente para “facerlles a guerra”. Cantan, bailan, golpean paredes...
aínda que a represión desas protestas causou vítimas acaban obrigando aos xefes a
dimitir e eliminar os impostos ás mulleres do mercado.
Sol: 1929
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
Primeira vez que votan as mulleres en España
Neste ano votamos por primeira vez as mulleres en España, despois votamos outra vez no
ano 1936 e despois non se votou durante 40 anos.
Tra-la morte de Franco, recuperamos o dereito a voto en 1977 co cal, as mulleres españolas
só teremos votado aproximadamente unhas 12 elecións xerais.
Sol: 1933
www.afiestradamestra.gal
A folga de Dublin
Que pasaría se non houbera roupa limpa durante semanas? Neste ano, Dublín
aprendeu a lección á forza. Cansas da insalubridade no traballo, os baixos salarios,
as horas extras e o pouco tempo libre, cerca de 1.500 lavandeiras sindicáronse e
foron á folga:
“Deixamos todo nas súas mans... Para conseguir o que se nos debe.”
As lavanderías comerciais, un gran negocio nesa época, resíntense.
Despois de tres meses (e moita ropa sucia), a folga finaliza con éxito e todas as
traballadoras e todos os traballadores irlandeses gañan unha segunda semana de
vacacións ao ano por lei.
Sol: 1945
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
Nacen as Nacións Unidas
Trala devastación da II Guerra Mundial, fórmanse as Nacións Unidas para fomentar
a cooperación internacional. A Carta das Nacións Unidas consagra a igualdade de
xénero:
“Nós, os pobos,... reafirmamos a fe...
na igualdade de dereitos de mulleres e homes”.
Sol: 1945
www.afiestradamestra.gal
O discurso de Eleanor Roosevelt
Na sesión inaugural da Asemblea Xeral das Nacións Unidas deste ano a
norteamericana Eleanor Roosevelt le a famosa “carta aberta ás mulleres do mundo”.
Insta a aumenta-la súa participación nos asuntos nacionais e internacionais.
Sol: 1946
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
As bolboretas inesquecíbles
Símbolo da resistencia feminista popular, as irmás Mirabal —Minerva, María Teresa e
Patria—, coñecidas como as Bolboretas, forman un movemento de oposición directa
contra a dictadura de Rafael Trujillo na República Dominicana. O 25 de novembro
deste ano, as irmás son asasinadas. O clamor popular aviva o movemento contra
Trujillo, derrocando a dictadura nun ano.
O 25 de novembro é o día no que se lembran brutais datos e procúrase a
concienciación sobre a necesidade de por fin á violencia contra as mulleres.
Sol: 1960
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
Activistas, únanse:
Neste ano conmemórase o primeiro ANO INTERNCIONAL DA MULLER, primeiro
Decenio das Nacións Unidas para a Muller e a Primeira Conferencia Mundial sobre a
Muller en México, potenciando o discurso mundial sobre os dereitos da muller.
Sol: 1970
www.afiestradamestra.gal
O Día libre das Mulleres:
25000 é o número de mulleres que se reúne en Reykjavik neste ano para protestar
contra a desigualdade económica - un 10% da población de Islandia.
O “Día Libre das Mulleres” prácticamente paraliza os servizos, as escolas e os
negocios da cidade.
Sol: 1975
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
Aprobación da CEDAW
Coñecida como a “Declaración de Dereitos da Muller”, a Convención sobre a
Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra a Muller (tamén coñecida
polas súas siglas en inglés CEDAW) é o tratado internacional máis exhaustivo para
protexer os dereitos humanos da muller e asinouse neste ano.
É o segundo tratado de dereitos humanos das Nacións Unidas máis ratificado (189
países) tra-la Convención sobre os Dereitos do Neno.
A Convención esixe legalmente aos gobernos asinantes eliminar todas as formas de
discriminación contra as mulleres na esfera pública e privada, incluida a familia, e
propónse acadar unha igualdade sustantiva entre mulleres e homes, non só nas leis,
senón tamén de forma real sobre o terreo.
Sol: 1979
www.afiestradamestra.gal
Declaración sobre a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
A conferencia mundial dos dereitos humanos deste ano, recoñece a violencia contra
as mulleres coma unha violación dos dereitos humanos e contribúe na creación
desta declaración.
A declaración constitúe o primeiro instrumento internacional que aborda
explícitamente a violencia contra as mulleres, establecendo un marco para a acción
nacional e internacional; ademáis define, por fin, a violencia contra as mulleres.
Sol: 1993
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
A Gulabi Gang: xustiza para as mulleres
No distrito pobre de Banda (estado de Uttar Pradesh, ao norte da India), un pequeno
grupo de mulleres suxeitando troncos de bambú toma as rendas cuando escoitan
que un veciño maltrata á súa muller.
Interveñen e obrigan ao marido a recoñecer o maltrato e porlle fin. Este pequeno
movemiento contra o maltrato doméstico crece ata convertirse nun estatal: hoxe,
deceas de milleiros de mulleres vestidas de rosa (gulabi) enfrontan xuntas as
inxustizas sociais contra as mulleres no estado e inspiran actos semellantes no país.
Sol: 2006
www.afiestradamestra.gal
ImaXEDAWEBDAONU
Educación para todas e todos
Neste ano Malala reaparece por primeira vez ante o público nas Nacións Unidas, o
mesmo día do seu 16ª cumpreanos.
Malala Yousafzai é unha estudante activista pola educación que sofre un ataque en
Pakistan. Sobrevive a un disparo na cabeza e o pescoza e continúa a súa teima pola
xustiza, a igualdade e a educación.
Sol: 2013
www.afiestradamestra.gal
Ángeles Alvariño
Neste ano, María de los Ángeles Alvariño é a primeira muller homenaxeada no Día
da Ciencia en Galicia, oceanógrafa, zoóloga e profesora, precursora na investigación
oceanográfica mundial. En 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque
oceanográfico británico, o Sarsia. A partir de 1956 realizou as súas investigacións en
Estados Unidos. Descubriu 22 especies de organismos mariños.
Sol: 2015
www.afiestradamestra.gal
Primeiro paro internacional de mulleres
O primeiro paro internacional de mulleres convocouse neste ano coma resposta á violencia
social, cultural, política, económica, moral e verbal que sufren as mulleres contemporáneas
en diversas latitudes. e obtivo unha resposta que sobrepasou todas as espectativas e foi en
aumento nos seguintes anos de convocatoria.
Sol: 2017
www.afiestradamestra.gal
www.afiestradamestra.gal

Liña tempo mulleres

  • 1.
    Nace Olympe deGouges En maio deste ano nace Olympe de Gouges, autora da Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá. Feminista e tamén traballadora pola abolición da esclavitude. Foi escritora e filósofa, máis revolucionaria que a propia revolución en 1793 foi detida e guillotinada. “Muller, esperta; o repique de alarma faise oír en todo o universo: recoñece os teus dereitos.”. Sol: 1748 www.afiestradamestra.gal
  • 2.
    “Vindicación dos dereitosda muller” Mary Wollstonecraft Neste ano, Mary Wolltonecraft, publica a a obra “Vindicación dos dereitos da muller” considerada unha das primeiras obras da literatura e filosofía feminista. Esta autora escribiu novelas, contos, ensaios, tratados, un relato de viaxe e tamén un conto infantil. A defensa de Wollstonecraft á igualdade para a muller, as súas críticas á feminidade convencional e o seu estilo de vida non lle deron boa reputación na época máis foron crecendo en importancia cos anos e hoxe én día é considerada unha das fundadoras da filosofía feminista. (Tamén foi nai de Mary Shelley, autora de Frankestein) “Eu non desexo que as mulleres teñan poder sobre os homes, senon sobre ellas mesmas.”. Sol: 1792 www.afiestradamestra.gal
  • 3.
    Primeira convención polosdereitos das mulleres: Indignadas pola prohibición que impedía que as mulleres falaran nunha convención contra a esclavitude, as norteamericanas Elizabeth Cady Stanton e Lucretia Mott congregan a centos de persoas na primeira convención nacional polos dereitos das mulleres (Nueva York). Xuntas, esixen dereitos civís, sociais, políticos e relixiosos para as mulleres nunha Declaración de Sentimentos e Resolucións: “Mantemos que estas verdades son evidentes: que todos los homes e as mulleres son creados iguais”. O público búrlase especialmente do dereito das mulleres a votar. Pero alí naceu un movemento. Sol: 1848 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 4.
    As cigarreiras enfolga en A Coruña Neste ano, ten lugar, na fábrica de tabacos de A Coruña a primeira folga de mulleres de Galicia. Unha mañá de decembro unhas 4000 traballadoras amotínanse, rompen máquinas e mesmo tiran ao mar parte da produción. O Capitan Xeral e o Gobernador Civil mandaron ás tropas de infantería e cabalería para rematar coa revolta. Moitas escaparon, unhas 20 foron detidas e o movemento de protesta das mulleres polas súas condicións laborais con xornadas infinitas e salarios mínimos tivo na Coruña un referente. Sol: 1857 www.afiestradamestra.gal
  • 5.
    Sinaturas polo votofeminino en Nueva Zelanda Neste ano preséntanse 32.000 sinaturas ante o parlamento de Nueva Zelanda pedindo o sufraxio feminino. Unha lista que medía nin máis nin menos que 270 metros de lonxitude. Pouco despois, Nueva Zelanda convírtese no primeiro país autónomo que permite votar ás mulleres e inspira a sufraxistas de todo o mundo. Sol: 1893 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 6.
    As mulleres deCoton New York Son numerosos os feitos que dan lugar á designación do 8 de marzo coma día da muller e este é un deles. O 8 de marzo deste ano un grupo de mulleres reclamaba igualdade salarial e disminición de xornada. Conta a historia que unhas 40 mil mulleres declaráronse en folga en Nova Iorque e un incendio, segundo algunhas fontes provocado polos donos da fábrica, provocou que mas de 100 desas mulleras resultaran mortas. De feito cóntase que, coma os tecidos que empregaban eran de tons azuis unha gran nube morada de fume sobrevoaba a zona Sol: 1908 www.afiestradamestra.gal
  • 7.
    Casamento de Marcelae “Mario” na Coruña Marcela e Elisa coñecéronse a mediados da década de 1880 na Escola Normal da Coruña, entre elas foise establecendo unha íntima amizade, que axiña se converteu en amor. Os pais de Marcela fixeron o posible para afastar a súa filla de Elisa, pero en 1888 inician a súa andaina como mestras en diversas escolas procurando que os seus destinos estivesen o máis próximos posible. Na primavera deste ano prodúcense diversas “disputas” entre elas, o que xustifica que Elisa abandone Dumbría e anuncie que ten previsto embarcar con rumbo á Habana. Asemade, Marcela fai saber aos veciños o seu propósito de casar cun curmán de Elisa, chamado Mario, que chegaría proximamente a Galicia. O seu parecido —advirte— era enorme. Xa na Coruña, Elisa transfórmase en Mario: corta o pelo, viste roupas de home, fuma e cultiva un modesto bigote. Para legalizar a nova identidade, diríxese á igrexa de san Xurxo e confésalle ao párroco, Víctor Cortiella, que era fillo de pai protestante e quería abrazar a fe católica. O párroco, preocupado como estaba pola difusión do protestantismo, acelera os trámites e aos poucos días bautízao. Deseguido, Mario arranxa os papeis para a voda, o 8 de xuño deste ano. Sol: 1901 www.afiestradamestra.gal
  • 8.
    María Antonina SanjurjoAranaz Neste ano nace María Antonina Sanjurjo Aranaz en Santiago de Compostela, pioneira do deporte, funda o Atlántida Hockey Club en Vigo. No ano 1933 pronuncia unha conferencia, na que, como muller avanzada e feminista, defende a práctica deportiva das mulleres desde unha visión democrática. Literalmente dí: “Na participación nos deportes desaparecen moitos prexuízos sociais. Non hai cursis nin elegantes, nin aristócratas nin plebeos, senón simplemente educación e bos ou malos deportistas”. Sol: 1910 www.afiestradamestra.gal
  • 9.
    O primeiro DíaInternacional da Muller Reuniu a máis dun millón de persoas en Austria, Dinamarca, Alemaña e Suiza a favor do sufraxio e os dereitos laborais da muller. Hoxe celébrase cada ano o 8 de marzo. Nos seus inicios a conmemoración sirve de protesta contra a I Guerra Mundial. Por exemplo, en Rusia, unha gran manifestación liderada por mulleres esixe “¡pan e paz!”. Catro días máis tarde, o zar abdica. Sol: 1911 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 10.
    Primeiras mulleres enestudar na universidade en Galicia Neste ano son aceptadas na universidade de Santiago de Compostela, na facultade de mediciña, Elisa e e Jimena Fernández de la Vega, primeiras mulleres e estudar na universidade en Galicia, xuntas remataron a carreira e ambas obtiveron a Gran Cruz de Alfonso XII debido aos seus excelentes expedientes. Sol: 1913 www.afiestradamestra.gal
  • 11.
    A Revolta dasmulleres na Coruña En xaneiro deste ano ten lugar, na Coruña, unha grande revolta social contra a suba dos prezos dos productos básicos cun protagonismo feminino case total. Centos e centos de mulleres nos peiraos, lonxas, almacéns, barrios, etc. requisan alimentos e repártenos, organízanse para protestar ante a escaseza de alimentos esenciais. Pouco despois, ese mesmo ano, prodúcense en Ferrolterra protestas como a coñecida como Revolta das pedradas. Exemplos de autoorganización e loita das mulleres en tempos revoltos. Sol: 1918 www.afiestradamestra.gal
  • 12.
    María Josefa WonenburgerPlanells Neste ano nace en Montrove, Oleiros, María Josefa Wonenburger Planells, pioneira matemática e investigadora galega que ademáis de recibir unha das famosísimas bolsas Fullbright desenvolveu a súa labora científica principalmente en Estados Unidos e en Canadá. Sol: 1927 www.afiestradamestra.gal
  • 13.
    A revolta dasmulleres en Aba Furiosas pola súa situación social baixo o goberno colonial, as mulleres igbo envían follas de palma (o que hoxe sería unha invitación a un evento en Facebook) ás súas irmás do sureste de Nixeria. Milleiros únense á protesta contra os xefes designados antidemocráticamente para “facerlles a guerra”. Cantan, bailan, golpean paredes... aínda que a represión desas protestas causou vítimas acaban obrigando aos xefes a dimitir e eliminar os impostos ás mulleres do mercado. Sol: 1929 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 14.
    Primeira vez quevotan as mulleres en España Neste ano votamos por primeira vez as mulleres en España, despois votamos outra vez no ano 1936 e despois non se votou durante 40 anos. Tra-la morte de Franco, recuperamos o dereito a voto en 1977 co cal, as mulleres españolas só teremos votado aproximadamente unhas 12 elecións xerais. Sol: 1933 www.afiestradamestra.gal
  • 15.
    A folga deDublin Que pasaría se non houbera roupa limpa durante semanas? Neste ano, Dublín aprendeu a lección á forza. Cansas da insalubridade no traballo, os baixos salarios, as horas extras e o pouco tempo libre, cerca de 1.500 lavandeiras sindicáronse e foron á folga: “Deixamos todo nas súas mans... Para conseguir o que se nos debe.” As lavanderías comerciais, un gran negocio nesa época, resíntense. Despois de tres meses (e moita ropa sucia), a folga finaliza con éxito e todas as traballadoras e todos os traballadores irlandeses gañan unha segunda semana de vacacións ao ano por lei. Sol: 1945 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 16.
    Nacen as NaciónsUnidas Trala devastación da II Guerra Mundial, fórmanse as Nacións Unidas para fomentar a cooperación internacional. A Carta das Nacións Unidas consagra a igualdade de xénero: “Nós, os pobos,... reafirmamos a fe... na igualdade de dereitos de mulleres e homes”. Sol: 1945 www.afiestradamestra.gal
  • 17.
    O discurso deEleanor Roosevelt Na sesión inaugural da Asemblea Xeral das Nacións Unidas deste ano a norteamericana Eleanor Roosevelt le a famosa “carta aberta ás mulleres do mundo”. Insta a aumenta-la súa participación nos asuntos nacionais e internacionais. Sol: 1946 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 18.
    As bolboretas inesquecíbles Símboloda resistencia feminista popular, as irmás Mirabal —Minerva, María Teresa e Patria—, coñecidas como as Bolboretas, forman un movemento de oposición directa contra a dictadura de Rafael Trujillo na República Dominicana. O 25 de novembro deste ano, as irmás son asasinadas. O clamor popular aviva o movemento contra Trujillo, derrocando a dictadura nun ano. O 25 de novembro é o día no que se lembran brutais datos e procúrase a concienciación sobre a necesidade de por fin á violencia contra as mulleres. Sol: 1960 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 19.
    Activistas, únanse: Neste anoconmemórase o primeiro ANO INTERNCIONAL DA MULLER, primeiro Decenio das Nacións Unidas para a Muller e a Primeira Conferencia Mundial sobre a Muller en México, potenciando o discurso mundial sobre os dereitos da muller. Sol: 1970 www.afiestradamestra.gal
  • 20.
    O Día libredas Mulleres: 25000 é o número de mulleres que se reúne en Reykjavik neste ano para protestar contra a desigualdade económica - un 10% da población de Islandia. O “Día Libre das Mulleres” prácticamente paraliza os servizos, as escolas e os negocios da cidade. Sol: 1975 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 21.
    Aprobación da CEDAW Coñecidacomo a “Declaración de Dereitos da Muller”, a Convención sobre a Eliminación de Todas as Formas de Discriminación contra a Muller (tamén coñecida polas súas siglas en inglés CEDAW) é o tratado internacional máis exhaustivo para protexer os dereitos humanos da muller e asinouse neste ano. É o segundo tratado de dereitos humanos das Nacións Unidas máis ratificado (189 países) tra-la Convención sobre os Dereitos do Neno. A Convención esixe legalmente aos gobernos asinantes eliminar todas as formas de discriminación contra as mulleres na esfera pública e privada, incluida a familia, e propónse acadar unha igualdade sustantiva entre mulleres e homes, non só nas leis, senón tamén de forma real sobre o terreo. Sol: 1979 www.afiestradamestra.gal
  • 22.
    Declaración sobre aEliminación da Violencia contra as Mulleres A conferencia mundial dos dereitos humanos deste ano, recoñece a violencia contra as mulleres coma unha violación dos dereitos humanos e contribúe na creación desta declaración. A declaración constitúe o primeiro instrumento internacional que aborda explícitamente a violencia contra as mulleres, establecendo un marco para a acción nacional e internacional; ademáis define, por fin, a violencia contra as mulleres. Sol: 1993 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 23.
    A Gulabi Gang:xustiza para as mulleres No distrito pobre de Banda (estado de Uttar Pradesh, ao norte da India), un pequeno grupo de mulleres suxeitando troncos de bambú toma as rendas cuando escoitan que un veciño maltrata á súa muller. Interveñen e obrigan ao marido a recoñecer o maltrato e porlle fin. Este pequeno movemiento contra o maltrato doméstico crece ata convertirse nun estatal: hoxe, deceas de milleiros de mulleres vestidas de rosa (gulabi) enfrontan xuntas as inxustizas sociais contra as mulleres no estado e inspiran actos semellantes no país. Sol: 2006 www.afiestradamestra.gal ImaXEDAWEBDAONU
  • 24.
    Educación para todase todos Neste ano Malala reaparece por primeira vez ante o público nas Nacións Unidas, o mesmo día do seu 16ª cumpreanos. Malala Yousafzai é unha estudante activista pola educación que sofre un ataque en Pakistan. Sobrevive a un disparo na cabeza e o pescoza e continúa a súa teima pola xustiza, a igualdade e a educación. Sol: 2013 www.afiestradamestra.gal
  • 25.
    Ángeles Alvariño Neste ano,María de los Ángeles Alvariño é a primeira muller homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia, oceanógrafa, zoóloga e profesora, precursora na investigación oceanográfica mundial. En 1953-54 foi a primeira muller científica nun buque oceanográfico británico, o Sarsia. A partir de 1956 realizou as súas investigacións en Estados Unidos. Descubriu 22 especies de organismos mariños. Sol: 2015 www.afiestradamestra.gal
  • 26.
    Primeiro paro internacionalde mulleres O primeiro paro internacional de mulleres convocouse neste ano coma resposta á violencia social, cultural, política, económica, moral e verbal que sufren as mulleres contemporáneas en diversas latitudes. e obtivo unha resposta que sobrepasou todas as espectativas e foi en aumento nos seguintes anos de convocatoria. Sol: 2017 www.afiestradamestra.gal
  • 27.