SlideShare a Scribd company logo
IRMANDADES DA FALA
1916
CONTEXTO HISTÓRICO
As características principais do século XIX eran a emigración, a
desruralización e a fidalguía, e o inicio do século XX vén marcado por
unha serie de importantes transformacións económicas e sociais:
Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedade das
terras.
Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte do
campesiñado coa abolición do sistema foral.
Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario.
Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes.
Consolidación dunha burguesía industrial e financieira.
CONTEXTO HISTÓRICO
Este século XX supón en Galicia o nacemento do nacionalismo e do
agrarismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento
obreiro.
O movemento agrario é un movemento social de carácter
reivindicativo que pescura a mellora do campesiñado que xorde a
finais do século XIX ata as dúas metades do século XX. Nos anos 20
existían máis de 20 sociedades agrarias en Galicia. O líder deste
movemento foi Basilio Álvarez. Como difusores deste, destacan
Noriega e Cabanillas.
O nacionalismo consolidouse grazas ás Irmandades da fala (1916), a
Xeración Nós (1920) e ao Partido Galeguista (1931).
IRMANDADES DA FALA
Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar
Ponte. Un dos seus principais obxectivos é a dignificación e promoción
da lingua galega. Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un
ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo.
O seu voceiro é a revista A Nosa Terra.
BASILIO ÁLVAREZ
Basilio Álvarez Rodríguez (Ourense, 1877-Tampa,
1943) foi un sacerdote, xornalista e político español,
vinculado ao movemento agrario galego. Foi
deputado por Ourense durante a Segunda República
Española, como membro do Partido Republicano
Radical.
Nacido en Ourense en 1877, ordeouse sacerdote en
1902.O seu nome completo era «Basilio Álvarez
Rodríguez».Cara a 1907 instalouse na capital,
Madrid, aínda que xa cara a 1912 retornaría a
Galicia, a Beiro. A súa traxectoria como relixioso
viuse caracterizada por unha interpretación
heterodoxa das normas da Igrexa, na que se
atopaba a opción de non seguir o celibato, de feito
chegou a ter dous fillos. Estas circunstancias, entre
outras, foron o motivo de que entre 1914 e 1928
fose suspendido pola Igrexa. Foi descrito como unha
personalidade «pintoresca».
BASILIO ÁLVAREZ
No seu labor xornalístico colaborou en publicacións
como A Nova Época,O Eco,Galicia, O Heraldo Galego,
Acción Galega, O Parlamentario ou A Gadoupa. Foi
ademais director do xornal católico O Debate e autor
de obras como O cural rural (1904),Polos agros
celtas (1907), O libro do xornalista (1912),Abrindo o
surco (1913),entre outras. As súas obras e os seus
mitins eran en castelán.
Foi membro do grupo de fundadores do movemento
Acción Galega, vinculado ao agrarismo galego.
Caracterizouse polas súas críticas ao caciquismo e a
un tipo de contrato agrario de orixe medieval que
predominaba en Galicia coñecido como «foro».
BASILIO ÁLVAREZ
A partir de 1913 o seu discurso empezou a
achegar ao do movemento obreiro e cara a
1915 Basilio Álvarez propoñía a colaboración
con socialistas e republicanos. Contrario ao
centralismo, propuxo unha estrutura federal
en España. Establecéronse paralelismos entre
o estilo retórico e a linguaxe de Basilio
Álvarez que chegou a ser descrito como
«incendiario»,«culto», apaixonado ou
«barroco» cos de Alejandro Lerroux. Basilio
Álvarez foi un «orador carismático».
BASILIO ÁLVAREZ
A comezos da década de 1930 ingresou no
Partido Republicano Radical, co que conseguiu
o acta de deputado en 1931, pola
circunscrición de Ourense. Tamén foi elixido
deputado por Ourense nas eleccións de 1933.
Abandonou aos radicais con todo en 1935,
para pasar a militar en 1936 no efémero
Partido do Centro Democrático de Manuel
Portela Valladares. Tras o comezo da Guerra
Civil Española, partiu ao exilio. Faleceu en
1943 en Estados Unidos, en Tampa.
ANTÓN VILAR PONTE
Antón Villar Ponte dedicouse ao xornalismo, concibiu a
renovación ideolóxica do nacionalismo galego e foi o
principal prosista da xeración das Irmandades da Fala.
Naceu en Viveiro o 2 de outubro de 1881. É irmán de
Ramón Vilar Ponte, ensaísta das irmandades da fala.
Cursou o bacharelato en Lugo e Compostela, onde
posteriormente comezaría o seus estudos de Farmacia en
1886, e remataría en 1900.
Durante os anos de carreira participou no republicanismo e
colaborou no periódico español El Combate. En 1904, tras
licenciarse, comezou a traballar nunha botica en Foz, onde
promoveu os xornais festivo-satíricos e se estreou no
xornalismo anticaciquil coas súas intervencións no boletín
local e na  Revista Gallega. Do caciquismo: A patria do
labrego data desta época e é a súa primeira peza dramática.
ANTÓN VILAR PONTE
En 1906 marchou a Madrid, onde exerceu como
xornalista en El País. Volve a Galicia,e participa
como redactor na revista  Tierra Gallega. Pouco
tempo despois emigra á Habana debido ás
dificultades económicas, e alí dirixe o Diario
Español e algunhas revistas, como  Alma Gallega  e
 Follas Novas. Foi tamén secretario da Comisión
Protectora da Real Academia Gallega e participou no
movemento galeguista, á vez que mantiña contacto
con Basilio Álvarez e Ramón Cabanillas.
De regreso en Galicia, en 1910, exerceu como
correspondente do  Diario de La Marina  e de
Correspondencia, foi redactor de La Voz de Galicia 
na Coruña onde foi enviado como corresponsal a
Portugal onde aumentou o seu pensamento
reivindicativo a favor do galego. Tamén foi nomeado
presidente da Asociación da Prensa coruñesa.
ANTÓN VILAR PONTE
Nesa liña, a comezos de 1916 decidiu crear, coa axuda do seu irmán Ramón, unha Liga de
Amigos del Idioma Gallego, que se converteu na primeira Irmandade dos Amigos da Fala,
constituída o 18 de maio de 1916 nos locais da Real Academia Galega. Foi elixido presidente,
e publicou o folleto "Nacionalismo gallego”. Tamén comezou a colaborar no xornal A Nosa
Terra que foi o voceiro oficial das Irmandades onde se promovía a dignificación, defensa e
promoción do galego e a súa estandarización e arroupando todo tipo de manifestacións
culturais. Foi dirixido por M. Lugrís Freire, Lois Peña Novo e el mesmo.
A partir dese momento participou en mitins nas principais vilas galegas defendendo a
colaboración entre o nacionalismo e os movementos de esquerdas. Liderou unha delegación
galega que pronunciou unha conferencia sobre historia do galeguismo en Barcelona coa que
se buscaba unha alianza cara as próximas eleccións . Pero, co fracaso das eleccións
celebradas en febreiro de 1918, produciuse unha rotura no seo das Irmandades coa marcha
de Rodrigo Sanz e os que apoiaban as súas teses, mentres que o grupo liderado por Antón
viuse reforzado coa colaboración dos integrantes do grupo Nós coa defensa do nacionalismo
galego.
ANTÓN VILAR PONTE
ANTÓN VILAR PONTE
En 1919 colaborou na formación do Conservatorio Nazonal de Arte
Galego, no que traballou traducindo obras de autores estranxeiros
ao galego e desde 1920 colaborou na revista Nós. Villar Ponte
deixounos unha considerable produción dramática transmisora do
ideario galeguista. É o caso de pezas como  Da superstición: Entre
dous abismos e Da emigración: Almas mortas, que forman unha
triloxía xunto á súa primeira obra publicada en 1905.
A súa figura tamén destaca no ámbito político. A influencia de
Vicente Risco ocasionoulle certo distanciamento con respecto aos
seus antigos compañeiros da Irmandade coruñesa que o relegan
como director de A Nosa Terra. Apoiou as teses de Risco e Losada
Diéguez, e xuntos fundaron, en 1922, a Irmandade Nazonalista
Galega como referente á loita irlandesa nunha liña próxima ao
«arredismo».
ANTÓN VILAR PONTE
Coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro como delegado da
Irmandade Nazonalista Galega da Coruña, aínda que dimitiu en canto observou que era
imposible acadar os obxectivos de autonomía para Galicia. Desde ese momento comezou
unha rectificación da súa traxectoria desde o tradicionalismo cara ao nacionalismo
democrático. Da súa idea de crear un Partido Liberal Autonomista Gallego, xurdiu a
Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), que fundou en colaboración con
Santiago Casares Quiroga e outros galeguistas republicanos da Coruña.Antón arroupa desde
as columnas de prensa os traballos do Seminario de Estudos Galegos, colabora coas
actividades da Academia Galega.
En 1931 foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega nas Cortes Constituíntes. En
1934, a medida que a ORGA se achegaba máis ao republicanismo de esquerdas español,
rompeu a súa relación con Casares Quiroga e pasou a formar parte do Partido Galeguista e
ingresou na Real Academia.
ANTÓN VILAR PONTE
No período republicano, a actividade
xornalística de Antón foi abundante e
incansable na confección de centos de artigos
de estilo autonomista, republicanista,
galeguista e anticaciquil.
Nas eleccións de 1936, foi candidato
galeguista do Partido Galeguista, integrado na
Fronte Popular. Foi elixido deputado, aínda
que a súa prematura morte por perforación
gástrica o 4 de marzo de 1936 na Coruña,
impediulle formar parte no ámbito político.
O seu compromiso político constante non lle
fixo abandonar nunca a produción teatral, e,
así, nos últimos anos da súa vida aínda
publicou  Os Evanxeos da risa absoluta e 
Nouturnio de medo e morte. Non obstante, a
Villar Ponte como político débeselle sumar o
xornalista. Foi autor de múltiples artigos e
ensaios destinados a espallar o ideario das
Irmandades, moitos dos cales foron recollidos
e publicados de maneira póstuma en 
Pensamento e sementeira
RAMÓN VILAR PONTE
Ramón Vilar Ponte naceu en Viveiro no ano
1891. Licenciado en Filosofía e Letras,
dedicouse profesionalmente ao ensino privado
e ao xornalismo en diversas publicacións
periódicas, onde emprendeu intensas
campañas anticaciquís.
Desde moi novo partillou co seu irmán Antón
as inquedanzas galeguistas. Xunto con
Porteiro Garea, Viqueira, Peña Novo,Losada
Diéguez, Cabanillas e Risco, Ramón será un
dos ideólogos das Irmandades da Fala,
constituídas na Coruña en 1916 por iniciativa
dos Vilar Ponte. Anos despois, establecido en
Ferrol como director de El Correo Gallego,
fundou, xunto con Xaime Quintanilla, o
Boletín Mensual da Irmandade da Fala desta
localidade e a editorial Céltiga(1922).
RAMÓN VILAR PONTE
Convencido da personalidade de Galiza,
defendeu o ideario das Irmandades en
diferentes ensaios e escritos didácticos.
Da súa produción podemos destacar
Doctrina nazonalista (1921), redixida
baixo a fórmula de catecismo, con
perguntas e respostas; Historia
sintética de Galicia (1927), vehemente
defensa, prologada por Risco, dos
valores do noso pobo desde a óptica
nacionalista, e un volume titulado
Breviario da autonomía, en que
relaciona o programa galeguista coa
alternativa histórica que se presenta
coa segunda República. Chegou a ser
alcalde de Viveiro neste período.
RAMÓN VILAR PONTE
A pesar de non cultivar o xénero
dramático, Ramón Vilar Ponte
traduciu á nosa lingua, xunto co seu
irmán e P. R. Castro, Catuxa de
Houlihan (1935) e O país da saudade
(1977), dous folk-dramas do irlandés
W. B. Yeat.
Ramón Vilar Ponte, que ingresara na
Real Academia Galega en 1951 cun
discurso titulado "A Xeración do 16",
faleceu na cidade da Coruña no ano
1953.
VICENTE RISCO
Vicente María Agustín Gerónimo Martínez e
Agüero naceu o 1 de outubro do 1884, en
Ourense e morreu o 30 de abril do 1963. Foi
un intelectual galego do século XX, membro
da xeración Nós e considerado un dos
teóricos do nacionalismo galego.
É unha das figuras máis importantes e
complexas da historia da literatura galega. Foi
un home procedente dunha familia
acomodada, dun gran niver cultural,
contribuíu na literatura galega asentando as
bases do nacionalismo galego e renovando a
narrativa galega no primeiro terzo do século
XX.
VICENTE RISCO
Licenciouse en Dereito pola Universidade
de Santiago no 1906. Anos despois, decide
deixar este traballo para estudar
Maxisterio en Madrid, co que obtivo a
cátedra de Historia na Escola Normal de
Ourense no 1916.
No 1917 fundou con Arturo Noguerol a
revista literaria La Centuria, que abriu
unha etapa marcada polo aristocratismo
intelectual, a percepción decadentista da
modernidade europea e un enorme
interese orientalista.
VICENTE RISCO
No 1918, todo o grupo de La Centuria
manifestou o seu compromiso co galeguismo
contactando coas Irmandades da Fala.
Risco desenvolveu un labor fundamental a
favor da recuperación e da dignificación da
cultura galega, preocupación que o levou
atender a múltiples frontes, dende aconsellar
e guiar a nova xeración ata se transformar no
ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do
nacionalismo galego.
Foi o fundador da revista Nós e colaborou no
Seminario dos Estudos Galegos.
VICENTE RISCO
No campo político consolidou dende moi cedo
o seu peso nas Irmandades e conseguiu a
súa desmembración creando a Irmandade
Nazonalista Galega, de opción culturalista
fronte ás aspiracións políticas da vella
Irmandade da Fala.
Iniciou a súa andaina como narrador no
ámbito da novela curta para seguir cunha
novela fundamental na literatura galega, O
porco de pé (1928). Mais tamén cultivou
todos os outros xéneros: teatro, poesía e,
sobre todo, o ensaio.
O 23 de febreiro do 1929 ingresa na Real
Academia Galega.
VICENTE RISCO
En 1930 Risco realizou unha viaxe como
bolseiro co fin de se achegar á etnografía
centroeuropea. De regreso publicou "Da
Alemaña" na revista Nós, un conxunto de
artigos que serán compilados posteriormente
en Mittleleuropa (1934), onde se pode
apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez
máis tradicionalista.
A súa contribución máis destacada dentro do
Partido Galeguista foi a creación e posterior
escisión da Dereita Galeguista. Durante a
guerra foi un afervoado cantor dos fascistas
sublevados. En 1945 marchou a Madrid, mais
voltou definitivamente para Ourense en 1948.
Son anos en que Risco está centrado na súa
carreira como escritor español. De todos os
xeitos, a instancias dos seus vellos
camaradas, baixo o título de Leria, publicou
en 1961 unha escolma de traballos filosóficos,
críticos e literarios, redixidos na nosa lingua
entre 1920 e 1955.
VICENTE RISCO
As seguintes obras de Risco van estar
baseadas nas lendas e tradicións populares,
O lobo da xente (1925) e A trabe de ouro e a
trabe de alquitrán (1925). De 1926 é o cadro
dramático A Coutada centrado no sentimento
da terra e da volta ás orixes, aos devanceiros.
En 1927 publicou en Nós algúns capítulos
dunha novela que non remataría, Os
europeos en Abrantes, unha sátira contra
algunhas personalidades coñecidas da
intelectualidade de Ourense.
Posteriormente publica a súa única novela, O
porco de pé, na cal amosa a súa concepción
espiritual da historia, contraria ao
materialismo e ao mundo moderno.
De 1928 é a obra de teatro O bufón de El-Rei.
Risco destacou na narrativa, no teatro e no
ensaio principalmente. Escribiu en galego e
en castelán.
VICENTE RISCO
Fundamentalmente Risco caracterízase
polo seu antimodernismo. O
pensamento político de Risco baséase
na crítica á modernidade, considerada
como decadencia e abandono das
formas de vida máis puras e lexítimas,
ao tempo que exalta a irracionalidade, o
misticismo e a relixiosidade popular, por
iso mesmo rexeitará a literatura
realista.
A Galicia verdadeira, para Risco, é a
tradicional, a dos labregos e mariñeiros,
é esa a Galicia na que se garda a
esencia da raza, o sentimento relixioso
da Terra, mitificadora dos tempos
pasados.
VICENTE RISCO
Vicente Risco continuou a exercer
unha forte fascinación, e a súa
obra investigadora, ensaística,
crítica, etnográfica e literaria foi
obxecto de numerosos estudos.
A totalidade da obra literaria de
Risco vai ser un reflexo do seu
pensamento filosófico e político. O
seu primeiro texto literario é o
relato breve Do caso que lle
aconteceu ó Dr. Alveiros, centrado
no tema do esoterismo e a maxia.
Dedicóuselle o Día das Letras
Galegas no 1981.
VICENTE RISCO
Actualmente existen varios colexios que levan
o nome de Risco:
· CEIP Vicente Risco (Vigo)
· IES Vicente Risco (Ourense)
Tamén existe unha fundación denominada
Fundación Vicente Risco, na que se realizan
actividades para promover o estudo sobre
poetas e escritores galegos.
Existen os Premios Vicente Risco, un concurso
de creación literaria.
ALEXANDRE BÓVEDA
Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4
de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira,
en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos
intelectuais galeguistas máis relevantes da
Segunda República española en Galiza,
chegando a ser o motor do Partido Galeguista
segundo palabras do propio Castelao.
Dende moi neno adicouse ó estudo do francés e
da contabilidade. Estudou peritaxe mercantil na
Escola de Comercio da Coruña por libre, ó
mesmo tempo que impartía clases ós máis
novos nun colexio de Ourense. Asiduo lector da
Revista Nós pronto comezou a escribir en La
Zarpa de Basilio Álvarez. Foi nas follas deste
xornal onde se deu a coñecer como un gran
comunicador.
ALEXANDRE BÓVEDA
Logo participou nunhas oposicións en Madrid
a unha das dez prazas de xefe de Facenda do
estado conseguindo o número un en 1924.
Por este motivo José Calvo Sotelo ofrécelle un
posto no seu Comité de Intervención de
Cambios; porén Alexandre rexeitou a oferta e
volveu a Galiza para traballar na delegación
de facenda de Ourense. Tras aprobar outras
oposicións marchou a Pontevedra a ocupar o
posto de Xefe de Contabilidade con tan só 23
anos. Pronto tomou contacto co faladoiro que
presidían Castelao e Losada Diéguez no Café
Méndez Núñez e viuse envolto nas
actividades dos dous galeguistas. Ámbolos
dous introducírono na política e noutros
campos, como a Coral Polifónica de
Pontevedra, onde coñeceu a Amalia Álvarez
Gallego (filla de Xerardo Álvarez Limeses),
coa que casou o 20 de outubro de 1930 no
Mosteiro de San Xoán de Poio e coa que tivo
cinco fillos.
ALEXANDRE BÓVEDA
En 1930 convértese no primeiro director da
Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. En
1928 e 1929 recibira unha bolsa da Deputación
de Pontevedra para viaxar a Barcelona e
Guipúscoa para estudar o funcionamento das
Caixas de Aforros.
En 1932 participou na asemblea pro-estatuto
que se celebrou en Santiago de Compostela e
resultou elixido membro da comisión redactora.
Tivo un papel moi activo na redacción do
estatuto e na Asemblea de municipios que se
creou para debatelo. En 1933 foi elixido membro
do Comité da Autonomía presidido por Bibiano
Fernández Osorio Tafall. O 20 de outubro de
1934 publicouse unha orde ministerial
impoñéndolle un destino administrativo forzoso
na delegación de facenda de Cádiz. Retornou no
outubro do ano 1935 a Galiza ó obter unha
praza na delegación de facenda de Vigo
ALEXANDRE BÓVEDA
En 1936 participou na campaña electoral, á
que acode como candidato da Fronte Popular
pola provincia de Ourense mentres tomaba
posesión dun cargo na delegación de facenda
de Pontevedra. Tralo Alzamento Nacional foi
detido o 20 de xullo de 1936 acusado de
traizón e condenado a morte nun xuízo
celebrado o 13 de agosto dese mesmo ano. A
sentenza executouse o 17 de agosto na
Caeira (Poio)
Alexandre Bóveda é un dos mitos do
galeguismo. Foi convertido en mártir pola
defensa da liberdade e dos seus ideais. Na
data da súa morte celébrase actualmente o
Día da Galiza mártir.
CASTELAO
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é todo un
símbolo do nacionalismo galego, un loitador
no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e
pictórica o fondo compromiso que o unía á
súa terra, Galicia. Castelao foi un intelectual,
na súa persoa reuníanse as facetas de
narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e
político galego, chegando a ser a figura máis
importante da cultura galega do século XX.
Ademais, estudou Medicina, pero confesaba:
"Fíxenme médico por amor ao meu pai; non
exerzo a profesión por amor á humanidade".
Foi homenaxeado co segundo Día das Letras
Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011
a Xunta de Galicia declarou a súa obra como
ben de interese cultural inmaterial.
CASTELAO
Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886.
Aos once anos emigrou coa súa nai a
Arxentina para reencontrarse co pai, que xa
marchara primeiro. Á súa volta retomou o
bacharelato e cursou estudos de Medicina na
Universidade de Santiago de Compostela. En
1910 comezou a traballar como médico na
súa vila, mergullándose na política local.
Non obstante, a profesión non lograba
satisfacelo e, en 1914, unha crise de
cegueira acabaría precipitando o seu
afastamento dela. En 1916 obtivo unha
praza de funcionario no Instituto Xeográfico
e Estatístico de Pontevedra. Comezaba,
entón, unha etapa en que Castelao chegaría
a converterse no principal referente da arte
galega.
CASTELAO
CASTELAO
O seu labor céntrase na creación
plástica, que manifesta a través de
cadros e caricaturas -Nós-, mais
tamén é tempo de reflexión sobre
as relacións entre a arte e a nación,
que exporá na conferencia Arte e
galeguismo (1919), e que callarán
definitivamente tras a viaxe que
realiza en 1921 por Europa -Diarios
de Arte-. A partir deste momento, a
plástica facilitará a súa entrada na
literatura con obras como Cousas
da vida, Cousas, Os dous de
sempre ou Retrincos.
CASTELAO
CASTELAO
O Castelao político xa participara
nas Irmandades da Fala desde o
nacemento destas en 1916,
promovendo a constitución dunha
delegación local en Pontevedra,
actuando como delegado nas
Asambleas Nacionalistas e
colaborando n'A Nosa Terra, voceiro
das Irmandades. Coa chegada da
República e a fundación do Partido
Galeguista, foi elixido deputado por
Pontevedra nas Cortes
Constituíntes e defendeu en Madrid
iniciativas do programa galeguista.
A finais dese ano contribuíu con
numerosos mitins á unificación e
consolidación do noso
nacionalismo.
CASTELAO
Mais os movementos
revolucionarios de Asturias e
Cataluña en outubro de 1934
provocaron a reacción do goberno
conservador descabezando o
Partido Galeguista, suspendendo a
publicación A Nosa Terra e
desterrando a Castelao a Badaxoz.
Ao ano seguinte retornou a
Pontevedra e, co Partido
Galeguista integrado na Fronte
Popular, conseguiu, nas eleccións
xerais de 1936, o escano co maior
número de votos de toda Galicia.
CASTELAO
CASTELAO
Nos anos da guerra
comprometeuse enteiramente
coa defensa da legalidade
republicana. É a época dunha
maior radicalización do
antifascismo e do sentimento
patriótico en Castelao, que
plasma nos álbums de guerra
-Galiza mártir, Atila en Galiza,
Milicianos-, de gran difusión
internacional.
CASTELAO
Bandeira de todo galeguismo,
desenvolveu unha actividade
continua no exilio,
reorganizando as comunidades
galegas coa esperanza de que
caese o réxime franquista. Polo
que respecta á súa produción,
abandonados o debuxo e a
pintura por mor da súa
cegueira, concéntrase na
publicación da súa principal
obra política Sempre en Galiza.
CASTELAO
Nos primeiros meses
de 1949 un cancro de
pulmón afástao da
actividade pública. En
1950, ano en que se
disolve o Partido
Galeguista, falece en
Buenos Aires o día 7
de xaneiro.
RAMÓN CABANILLAS
Ramón Cabanillas Enríquez; (Cambados,
1876-1959) Considéraselle un dos
escritores máis destacados da literatura
galega do século XX, aínda que pode
situárselle máis propiamente nunha etapa
de transición entre o século XIX e o XX.
Recibiu en vida o apelativo de "Poeta de
Raza". A súa produción poética mostra os
seus dotes como versificador en
numerosos rexistros temáticos e
estilísticos, como o amoroso, o relixioso e
o cívico.
RAMÓN CABANILLAS
Apoiou o movemento agrarista e pertenceu ás
Irmandades dá Fala, o que fixo que se lle
considerase un símbolo do nacionalismo
anterior á Guerra Civil. Ingresou no
Seminario de Estudos Galegos cun discurso
que levou o título das romaxes de Nosa
Señora dá Franqueira. Apuntamentos dun
ofrecido (publicado en Nós, 1927); na Real
Academia Galega, co discurso A saudade nos
poetas galegos (1920); e na Real Academia
Española, xunto con Cotarelo Valledor, o 26
de maio de 1929, cun discurso sobre a vida e
obra de Eduardo Pondal.
RAMÓN CABANILLAS
Despois dos seus primeiros estudos entrou no
Seminario de San Martiño Pinario (1889-
1893), que lle proporcionou unha sólida
formación clásica. Desde alí pasou a exercer
funcións burocráticas no seu pobo natal,
nunha notaría e despois no concello, onde
estivo a traballar dez anos. Contraeu
matrimonio con Eudoxia Álvarez e emigrou a
Cuba en solitario en 1910.
RAMÓN CABANILLAS
Na Habana foi contable de comercio e
administrador do Teatro Nacional, que era
propiedade do Centro Galego, para o que
dirixiu o boletín O Centro e redactou uns
novos estatutos. Volveu a Cambados en
1912, onde quedara a súa esposa e,
despois de asistir a un mitin de Acción
Galega en Vilagarcía, simpatizou coas
ideas do movemento agrarista de Basilio
Álvarez.
RAMÓN CABANILLAS
Uns meses despois volveu a Cuba e alí
publicou o seu primeiro poema, na revista
Suevia ("Lonxe", 1910) e o seu primeiro
libro, No desterro (1913). Despois de dous
anos volveu a España e comezou a
traballar como secretario do Concello de
Mos (1916-1924); participou activamente
na vida cultural e política da época, ata o
punto de figurar como candidato para a
Asemblea Constituínte en 1931.
A Guerra Civil sorprendeulle mentres vivía
en Madrid; de alí trasladouse a Valencia,
onde se atopou con Castelao. En 1937
volveu a Cambados e comezou a traballar
como secretario de distintos pobos galegos
(Silleda, Moaña, Meaño, Meis, Dozón). De
novo en Madrid, organizou un faladoiro no
café Lyon d'Or e acabou volvendo a
Cambados ao final da súa vida.
RAMÓN CABANILLAS
O conxunto da súa obra resulta amplo,
complexo e de difícil catalogación. En
canto aos seus libros de poemas, o
primeiro é No desterro. Visións galegas
(No desterro, Visións galegas, 1913), que
contén poemas patrióticos próximos á
poesía de Curros Enríquez, aínda que
Cabanillas mantívose próximo ao
catolicismo; nel percíbese a lectura de
Rosalía de Castro, así como influencias
modernistas. O mesmo sucede en Vento
mareiro (1915).
RAMÓN CABANILLAS
En Da terra asoballada (1917) abundan as
composicións de carácter reivindicativo da
identidade política e cultural de Galicia. En O
bendito San Amaro (1926) imita a factura dos
romances de cego, con debuxos de Castelao.
O poemario Na noite estrelecida (1926) está
influído polo celtismo e enlaza a lenda do
Graal con Galicia, coa intención de exaltar á
súa patria. Na rosa de cen follas. Breviario
dun amor (1927) insistiu na descrición da
vida e a paisaxe mariñeira da súa terra, así
como en contar os costumes da Galicia
campesiña, aínda que se trata dun poemario
de amor.
RAMÓN CABANILLAS
Despois da Guerra Civil publicou Camiños no
tempo (1949), no que recuperou o sentimento
céltico pondaliano. Antífona dá cantiga (1951)
pasou a denominarse en edicións posteriores
Cancioneiro popular galego, porque recolle un bo
número de cantares populares, cunha
introdución en prosa. Outras obras poéticas
posteriores foron Dá miña zanfona (1954),
Versos de alleas terras e de tempos idos (1955)
e Samos (1958), última obra publicada en vida
do autor, que constitúe un poema épico de
inspiración relixiosa. Póstumamente publicouse
Romaxes dá Franqueira con mais ou Romance i
ou diálogo do mouro i ou cristián (1974).
RAMÓN CABANILLAS
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para
estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.
Antón Losada Diéguez pensou en crear un órgano que tivese como función poñer en valor a cultura
galega. Fórmase, pois, na súa casa en Pontevedra a Xuntanza de Estudos e Investigacións
Históricas e Arqueolóxicas.
Paralelamente, Wenceslao Requejo Buet proponlle a un grupo de estudantes de primeiro de Dereito
formar un grupo "cos que se interesasen por problemas de cultura, arte, literatura e historia
principalmente, algo así como unha tertulia ou ateneo". Nese grupo, que primeiro collería xente
como Filgueira Valverde ou Lois Tobío Fernández, estenderíase despois a estudantes maiores
(Fermín Bouza Vrey, Romero Cerdeiriña...) e aos profesores, como Armando Cotarelo Valledor. De
feito, foi Cotarelo quen lle deu o nome de Seminario de Estudos Galegos, que foi como pasou á
historia.
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
Nunha xuntanza celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño (Ames), na casa onde vivira
Rosalía de Castro, onde participan estes nove estudantes recollendo a tradición da Xuntanza
de Ampliación de Estudos, acordan a creación do seminario. O 23 de outubro, intégranse nel
boa parte da intelectualidade galeguista que se movía ó redor da revista NÓS e asinan a acta
fundacional no domicilio de Armando Cotarelo Valledor. Porén Lois Tobío sinala que Losada
Diéguez non se sumou ao seminario nese momento inicial, senón pouco despois, canda o
Grupo Nós, Castelao, Antón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire.
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
No escudo, deseño de Castelao, a tipografía discorre sobre dous círculos
concéntricos que xiran arredor dun cáliz con cinco estrelas e unha pomba,
coas lendas SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS · COMPOSTELA e DEUS ·
SCIENTIA · GRATRESQUE · GALLÆTIÆ.
Nos anos seguintes incorporaríase a maior parte de intelectualidade galeguista, dende o
arquiveiro do concello de Santiago de Compostela, Pablo Pérez Constanti, ata o
arcebispo Manuel Lago González, pasando por Ramón María Aller, Federico Maciñeira ou
Xesús Carro.
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
En 1925, Cotarelo trasládase a Madrid e a presidencia pasa a Salvador
Cabeza de León. Comezan tamén a recibir axudas económicas e en
1927 empezan a publicar os Arquivos do Seminario de Estudos
Galegos, que editará Ánxel Casal e que recompilará as publicacións da
institución. Anteriormente os seus produtos editábanse a través da
Real Academia Galega. O local do Seminario estaba situado nos baixos
do Colexio Maior San Clemente.
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
SEMINARIO DE ESTUDOS
GALEGOS
ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
Antón Losada Diéguez naceu en 1884 na parroquia de San Mamede, situada no concello de Boborás,
O Carballiño. Os seus primeiros anos transcorreron entre o pazo de Moldes, a casa petrucial da
familia —de orixe fidalga e ideoloxía ultra conservadora— e a vila da Estrada, onde o pai traballaba
como notario. Mais moi novo foi levado interno á Guarda para estudar o Bacharelato no Colexio
Apóstolo Santiago de Santa Isabel de Camposancos cos xesuítas. Non obstante, conseguiría o título
de bacharel en 1899 no Instituto de Pontevedra.
Doutor en Filosofía e licenciado en Dereito —tras pasar polas universidades de Deusto, Salamanca,
Madrid e Compostela— comezou a traballar como profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor.
Nesta altura Losada iniciou a súa relación co movemento galeguista e co agrarismo de corte social-
católico. Nos anos seguintes loitou por que as antigas reivindicacións agraristas tivesen un oco no
nacionalismo, tentando, ademais, tender unha ponte entre as posturas galeguistas e a Igrexa —
Losada nunca abandonaría a súa relixiosidade—.
ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
No ano 1911 viaxou a Madrid co obxectivo de preparar
oposicións á cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e
Rudimentos de Dereito, obtendo o primeiro posto. Tres
anos despois —tendo sido destinado en diferentes
centros como Catedrático de Instituto— fíxose cunha
praza en Ourense. Losada integrouse á perfección no
ambiente cultural da cidade, onde permaneceu até o seu
traslado a Pontevedra (1919).
Desde o seu ingreso en 1917 nas Irmandades da Fala,
Losada desempeñou un papel relevante na conformación
da ideoloxía nacionalista na Galiza. Resultará decisivo na
evolución dos que chegarían a ser os compoñentes do
Grupo Nós, atraendo a Risco, Noguerol, Otero Pedrayo e
Cuevillas ás Irmandades. Chegou a presidir a I Asemblea
Nacionalista en Lugo en 1918 e, dous anos máis tarde,
encontraríase entre os fundadores da revista Nós —que
se fixo realidade a partir dunha idea súa—. Tamén foi
membro destacado do Seminario de Estudos Galegos, ao
que accedeu en 1924.
ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
Para alén dalgúns contos publicados en revistas como
Nós ou Alborada —"Home viaxeiro", "Queixumes",
"Conto sinxelo", "Amañecer"—, pezas teatrais —"A
Domeadora"—, poemas e un breve escrito de ton
filosófico —"Teoría cuasi trasdendental da velocidade"—,
a obra de Losada componse fundamentalmente de
ensaios —maiormente políticos—, que serían compilados
en 1985 baixo o título de Obra completa. Porén, a forte
influencia que Losada exerce nos compoñentes da
Xeración Nós non se produce unicamente a través dos
seus escritos ensaísticos —pouco numerosos, por outra
parte—, mais sobre todo por medio da conversa, do
discurso e do intercambio epistolar. Defensor da entidade
nacional do país galego, esixirá a súa soberanía política
como afirmación imprescindíbel perante un Estado
centralista e explotador.
Losada Diéguez, a quen se dedicaría o Día das Letras
Galegas de 1985, faleceu en Pontevedra no ano 1929,
con corenta e cinco anos. Neste mesmo ano a revista
Nós dedicou un número á súa figura. Tempo despois os
seus restos foron trasladados á capela familiar na igrexa
parroquial de Moldes.
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Florentino López Alonso-Cuevillas, foi un
historiador e escritor galego nado en
Ourense, o 14 de novembro de 1886 e morto
na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, ao
cal en 1968 se lle dedicou o Día das Letras
Galegas. Está considerado o pai da
arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás
Irmandades da Fala, á Xeración Nós e ao
Seminario de Estudos Galegos, compaxinando
a actividade desempeñada nestas institucións
cunha discreta participación política a favor
do galeguismo.
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Porén, o seu labor socio-político viuse
profundamente trastornado tras a guerra civil
española e a chegada do franquismo, se ben
continuou a divulgación da cultura galega a
través da Real Academia Galega, da que foi
membro numerario, e do Instituto de
Estudios Galegos Padre Sarmiento. Contribuíu
á maduración da prosa galega, pero
realmente polo que destacou foi polo seu
intenso labor dentro do ámbito científico.
Cuevillas realizou a tarefa de desenvolver o
campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo
de reconstruír e estudar unha parte do tempo
que ata aquel momento fora esquecida.
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Foi fillo de Florentino López Bardón e Vicenta Alonso-Cuevillas Álvarez
Seara. Ao morrer o pai, a nai marchou a vivir a Ourense, onde naceu
Florentino, na rúa do Progreso. Do ano 1896 ao 1901 estudou
Bacharelato no instituto de dita cidade. De 1902 a 1906 estudou
Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, profesión que
nunca exerceu.
Durante o transcurso da súa etapa universitaria, amosou un grande
interese pola literatura e ó mesmo tempo acudiu ás veladas literarias
do Ateneo León XIII e ás conferencias realizadas polo alumnado das
facultades de Dereito e Medicina.
Licenciouse en xuño de 1906, e en 1911 marchou a Madrid para
recibir clases de Filosofía e Letras. Acudiu ás reunións no Ateneo, a
representacións teatrais e á ópera, frecuentando os faladoiros
madrileños de máis fama do momento. Nesa mesma cidade traballou
como funcionario de gobernación volvendo breves temporadas a
Galicia.
Máis tarde regresa a Ourense, traballando como funcionario, primeiro
de Gobernación e despois de Facenda pública. Posteriormente casou
con Milagros Rodríguez, coa que tivo tres fillas.
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Os primeiros artigos creados por Cuevillas
foron textos políticos e de crítica literaria
publicados no periódico El Miño.
En 1917, Rodríguez Sanjurjo, Vicente Risco e
Cuevillas decidiron fundar a revista La
Centuria, na que Cuevillas manifestou unha
maior orientación sociopolítica. Nese mesmo
ano e por influencia de Antón Losada
Diéguez, Cuevillas implicouse co galeguismo.
Ingresou nas Irmandades da Fala en 1918,
intervindo na fundación da revista Nós en
1920 con Risco e Castelao e outros e do
Partizo Nazonalista Republicán de Ourense en
1931, a través do cal militou no Partido
Galeguista, e foi designado conselleiro da
Irmandade Nacionalistas Galega. CO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS
( é o segundo sinalado comezando pola
esquerda).
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
En 1922 publicou o seu primeiro traballo de arqueoloxía
en Nós, "A mansión Aquis Querquenis", un estudo sobre
a Galicia prerromana. O artigo "Dos nosos tempos" onde
explica o significado do Grupo Nós e a súa
transcencencia para a cultura galega, deu pé ao
manifesto xeracional do cenáculo ourensán. Cos demais
membros da xeración Nós, traballou en diversos labores
de posta en valor do patrimonio galego.
Desde entón traballou no estudo da historia e
patrimonio arqueolóxico galego desde a Comisión
Provincial de Monumentos históricos e artísticos de
Ourense. As súas investigacións de campo, as máis das
veces dirixidas ó estudo do megalitismo e da cultura
castrexa en Galicia, así como a sistematización da
prehistoria galega que realizou, acabaron por coroalo
como a figura máis importante en Galicia no referente á
investigación prehistórica. Indirectamente, co seu
traballo científico colaborou coa normalización da lingua
galega.
CON VICENTE RISCO NUNS ESTUDOS
ARQUEOLÓXICOS EN SAN CIBRAO DE LÁS
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
Incorporouse ao Seminario de Estudos Galegos ao
pouco de crearse, co discurso de ingreso «A edade do
ferro na Galiza». No Seminario foi elixido director da
Sección de Prehistoria cando se constituíu en 1926
estando nese cargo ata 1936. Finalizada a Guerra Civil
española, foi forzado a abandonar a actividade política
e purgar o seu expediente de responsabilidades
políticas, se ben a partir de 1939 continuou os seus
estudos arqueolóxicos. Máis tarde deixou de lado o
traballo de campo por un problema de saúde, pasando
a adicarse á sistematización da información recollida.
Converteuse en membro numerario da Real Academia
Galega, sendo presidente Manuel Casás Fernández, o
27 de xullo de 1941. O mesmo día ingresaron outros
dezaoito máis polas moitas vacantes producidas pola
guerra. En 1944, accedeu ao Instituto de Estudios
Galegos Padre Sarmiento, ó tempo que redactou o
tomo da Prehistoria, o terceiro da Historia de Galiza
dirixida por Otero Pedrayo.
Finou na súa casa da rúa de Santo Domingo, sendo
soterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense.
FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
RESIDENCIA XUVENIL FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS
EN OURENSE
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
A Escola Rexional de Declamación foi un proxecto de
consolidación do teatro galego que se levou a cabo a comezos do
século XX.
No ano 1902 apareceu unha noticia nun xornal na cal se dicía que
un grupo de mozos liderado por Eduardo Sánchez Miño pretendía
crear na cidade da Coruña unha escola teatral.
O 18 de xaneiro de 1903, actores e actrices da Coruña
representaron a obra dramática Filla…! de Galo Salinas.
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
Pero non foi algo doado atopar actores, e sobre todo actrices, que
accederan a actuar en galego, debido aos prexuízos lingüísticos da
época. De feito, o problema destes conceptos da lingua creados
arredor do galego viña diminuíndo o número de actores en galego xa
desde o ano 1882. Un tempo despois ese grupo, dirixido por Salinas,
constituíu na Coruña a Escola Rexional Galega de Declamación.
Para Salinas, as causas do estancamento en que se encontraba o noso
teatro resumíanse en falta de actores, desconsideración social polo
idioma e falta de persoas, xa que non querían exercer a profesión de
actores en galego.
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
Coa creación deste colectivo perseguíanse básicamente dous obxectivos fundamentais:
ser viveiro de actores e ser estímulo para os autores, que terían a posibilidade de
ver representadas as súas propostas escénicas.
Pero lóxicamente, o futuro deste proxecto non dependía so das boas intencións dos
animadores, senon que tamén era necesario contar cun mínimo de respaldo social,
aínda que non era algo fácil debido ao desprezo do galego.
Como medida máis inmediata había que comenzar por dar a coñecer o glorioso pasado
do idioma para mostrar a súa total capacidade para o uso literario de artístico,
empregando todos os medios ao seu alcance como revistas, libros, conferencias, etc.
Na foto: Agrupación Dramática Gallega
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
Dentro deses proxectos ambiciosos, a promoción da actividade teatral ocupaba un lugar
prioritario, pois reunir un grupo de persoas nun local cerrado, conseguir fixar a súa
atención nun reducido espazo luminoso en que se está a representar un aspecto da
vida, constitúe unha oportunidade desdeñable para filtrar un discurso ideolóxico ou para
alertar sobre unha situación determinada.
Isto explica a razón pola que o teatro foi utiilzado, máis que ningunha manifestación
artística, como instrumento de alienación, como tribuna reivindicativa ou como
plataforma dos máis diferentes signos e tendencias.
Para os Rexionalistas non abondaba con escribir teatro, tiñan que demostrar ademais
a utilidade do seu proxecto, comezando pola propia opción lingüística. Sabedores desta
limitación, procuraron sempre atraer sectores empresariais e financieiros da burguesía
galega.
FOTO: Cadro de actores que representou en Vigo a obra Margarida a Malfadada.
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
Manuel Lugrís Freire, máximo representante do teatro social, converteuse no seu presidente. Foi
o primeiro escritor de teatro en utilizar a prosa e tamén foi autor da totalidade dos espectáculos
realizados polo cadro coa excepción da obra de Salinas: A Ponte (1903), Mareiras (1904) e Minia
(1904).
A composición da Escola era a seguinte; un presidente, un director técnico, dous directores
artísticos, un secretario, un bibliotecario, dous vogais e un representante. Tamén se podían
incorporar outras persoas en condición de alumnos. Había, ademais, uns socios protectores que
pagaban unha cota mensual que estaba destinada a financiar os custos dos espectáculos. Foi o
primeiro grupo de teatro estable do ámbito galego. Comezou a levar a cabo ensaios teatrais e
tamén substituíu o verso pola prosa, facendo grandes cambios na historia do teatro.
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
Mais a Escola Rexional de Declamación tamén sufriu unha serie de problemas internos, principalmente pola falta
de entendemento entre Galo Salinas e Manuel Lugrís Freire.
A disolución da escola produciuse en 1905. Aínda así, a súa disolución valeu para que a prensa rexionalista da
emigración cubana comezase a exercer presión para que o teatro galego se reactivase na emigración.
Os espectáculos realizados pola Escola Rexional de Declamación foron:
¡Filla…!, de Galo Salinas. Estrea: A Coruña, 18 de Xaneiro 1903.
A Ponte, de Manuel Lugrís Freire. Estrea: A Coruña, 18 de Xullo 1903.
Minia, de Manuel Lugrís Freire. Estrea: Ferrol, 19 de Marzo 1904.
Mareiras, de Manuel Lugrís Freire, e Rentar de Castromil,
de Evaristo Martelo Paumán. Estrea: A Coruña, 16 de Outubro 1904.
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
OBRA DRAMÁTICA DE GALO SALINAS
●
A Torre do Peito Burdelo (1891).
●
¡Filla...! (1892).
●
Sabela (estreado en 1903).
●
A Fidalga (1904).
●
A Campán (Honor Golfesco) (1904).
●
Alma Gallega (1904).
●
Feromar (estreado en 1907).
●
Bodas de Ouro (1921).
●
Entre Dous Mundos (1921).
●
Copas e Bastos (estreada en 1922).
●
Entre o Deber e o Querer (estreada en 1923).
●
Sen data
●
Contrabando e Contrabanda
●
O Crime da Silveira
●
Vós e Nós
●
Os Meus Amores
●
¡Coida Non cho Leven!
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
OBRA DRAMÁTICA DE LUGRÍS FREIRE
A ponte: drama en dous actos en prosa, 1903
●
Mareiras: drama en tres actos en prosa, 1904
●
Minia: drama n-un acto en prosa, 1904
●
Esclavitú: drama en dous actos en prosa, 1906
●
O pazo: comedia en dous actos, en prosa, 1916
●
Estadeíña: comedia en duas xornadas en prosa, 1919
ESCOLA REXIONAL DE
DECLAMACIÓN
Unha vez desaparecida a Escola Rexional houbo algúns intentos de reorganizala, como o realizado
por Eduardo Sánchez Miño en 1908 e 1913 ou polo grupo “Thalía” en 1910, mais non chegaron a
consolidarse.
A pesar da súa curta traxectoria, pois desapareceu aos dous anos, serviu como precedente do
“Conservatorio Nacional de Arte Galega” creado polas Irmandades da Fala en 1919.
ÁMPARO LÓPEZ JEAN
Amparo López Jean naceu en Vilaboa no ano 1885 e morreu en Francia no
1942.
Foi unha activista galeguista e presidenta da Agrupación Republicana
Feminina da Coruña. No ano 1935 ingresou no Partido Galeguista. Trasladouse
a Soria, onde o seu home, César Alvajar, foi nomeado Gobernador Civil.
Durante a Guerra Civil viviu en Madrid, Valencia e Barcelona. En Barcelona foi
nomeada Secretaria do Grupo Feminino Galeguista. Cando a guerra rematou,
exiliouse en Francia.
ELVIRA BAO MACEIRAS
Elvira Bao Maceiras naceu no ano 1890 e morreu no ano 1971, foi unha
mestra e militante do nacionalismo e republicanismo galega. Exerceu de
profesora na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo
de Oza ata o ano 1936, que foi nomeada directora.
No 1918 foi elixida para Secretaria da Xunta Directiva das Irmandades da Fala
da Coruña. Foi membro da Agrupación Republicana Feminina da Coruña e foi
a primeira Xunta Directiva.
Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936, estivo na cárcere e foi
destituída do ensino público. No 1945 creou unha escola privada na súa casa
da Coruña ata que por un problema de saúde, tivo que deixar a profesión.
ELVIRA BAO MACEIRAS
A súa filla Elvira Varela non puido estudar porque non lle concederon a carta
de recomendación do réxime. Foi autodidacta: o que sabe aprendeuno dos
seus pais e pola súa conta. O Estado español non lle recoñece ningún tipo de
pensión nin axuda, do mesmo xeito que á maioría dos nenos e nenas da
Guerra Civil Española.
MICAELA CHAO MACIÑEIRA
Micaela Chao Maciñeira, nada en Viveiro e finada o 27 de novembro
de 1928 foi unha política galega.
Micaela Chao Maciñeira, muller de Antón Vilar Ponte, foi a única
muller que participou no acto fundacional da nova organización,
única que fixo parte da delegación irmandiña que viaxou a Cataluña
en 1917, colaboradora do Conservatorio Nazonal do Arte Galego e
principal animadora da constitución dunha Sección Feminina no seo
da Irmandade coruñesa.
En 1913 casa con Antón Vilar Ponte,
un dos fundadores dunhas das
primeiras Irmandades da Fala
e un dos principais alentadores do galeguismo.
MARÍA MIRAMONTES
María de los Dolores Miramontes Matos naceu en Santa María de Guísamo (Bergondo- A
Coruña) o 6 de abril do ano 1895.
Era filla de xornaleiros, e a comezos do século XX marchan vivir para a Coruña. Alí María
comeza a traballar aos 11 anos nun obradoiro de costura, e onde comeza a súa formación
como modista.
Na Coruña xermola o pensamento nacionalista e galeguista en lugares como a Cova Céltiga.
María Miramontes era unha moza esperta, intelixente e aberta, edúcase en todo este mundo e
así frecuenta os núcleos republicanos na compañía de Elvira Bao, Pilar Castro e Amparo López
Jean.
Cando aínda era moi nova entra nas Irmandades da Fala e chegará a estar na xunta directiva.
Nese ambiente republicano, galeguista e progresista coñece ao seu futuro home, Ánxel Casal.
Na foto do grupo de teatro de 1918, María é a sentada, comezando pola esquerda a terceira.
MARÍA MIRAMONTES
Casan en setembro de 1920, e múdanse a Rúa Panadeiras, onde abren os dous
conxuntamente un pequeno comercio de venta de teas. Os poucos ingresos que lle traían a
tenda fan que María se dedique tamén á súa profesión de modista e mentres Ánxel completa
a economía con clases de francés e traducións.
Xuntos tamén teñen iniciativas múltiples do nacionalismo e da cultura de Galicia: as
Irmandades da Fala, a editorial Lar, despois a editorial Nós e unha escola aberta e popular con
ensino bilingüe e educación progresista e laica inspirada na Institución Libre de Ensinanza,
para así facer que os nenos e nenas das clases traballadoras poidan aprender e formarse no
coñecemento e amor por Galicia.
No ano 1927 María sufre un aborto que a deixará física e psiquicamente moi mal, pero a
pesar diso María afronta todo con valentía e volve levar o seu traballo de modista e o traballo
nas irmandades.
MARÍA MIRAMONTES
En 1931 marchan vivir a Compostela por motivos económicos e
políticos: para estar mais preto do Seminario de Estudos
Galegos, xa que a Editorial Nós publicaba todas as obras desta
institución e talvez, cavilando que nos novos tempos, pensan
que Santiago pasaría a ser a capital de Galicia. Cando no mes de
decembro deste 1931 nace o Partido Galeguista, María, xunto a
Genoveva Casal e outras mulleres, non moitas, traballa a prol de
convencer ao pobo de Galicia, e moi especialmente ás mulleres,
da necesidade que Galicia ten de dotarse dunha forza política
propia.
María tiña moita fama no seu traballo de costureira e moita
xente ía mercar a roupa dela.
A súa xornada laboral, case sen fin, compatibilízaa coa súa
militancia política e coa súa participación nas tertulias da
Editorial Nós. Mais a súa preocupación está nas mulleres e no
convencemento de que, dentro do Partido Galeguista, ten que
haber unha organización propia feminina. Así, o 25 de xullo do
1933, Día da Patria, un grupo de mulleres militantes do Partido
Galeguista, entre as que está María, asina un chamamento
público dirixido a todas as mulleres para que tomen conciencia
dos valores galegos. O manifesto verá a luz pública o 3 de
agosto no xornal La Razón de Lalín e 3 días despois en A Nosa
Terra. Coincidindo coa publicación deste chamamento, neste
último xornal créase unha sección fixa dedicada ás mulleres,
titulada "O recanto da muller".
MARÍA MIRAMONTES
María vai participar activamente na campaña de apoio
ao Estatuto que se vai referendar o 26 de xuño de
1936. O 17 de xullo Ánxel Casal facía entrega do
Estatuto de Galicia, xunto a toda a Comisión designada
para esta función, ao Presidente das Cortes e ao
Presidente da República. O 18 de xullo ten lugar a
sublevación militar franquista. O día 20 de xullo, Ánxel
Casal, que acababa chegar de Madrid, faise cargo da
alcaldía e ponse ao fronte do Comité Republicano de
Santiago. Ese mesmo día, ás 12 da noite, a autoridade
militar obrígao a ceder o mando. María e Ánxel vanse a
Vilantime (Arzúa), aldea da familia de Ánxel Casal. O
martes 4 de agosto, tras ser delatado por un veciño,
Ánxel foi detido e conducido á cadea de Santiago, "a
falcona". Comeza así, para María, unha etapa de dor,
de sufrimento. Intentará por todos os medios manter
con vida a Ánxel Casal, mais el, como moitos homes e
mulleres, vai ser brutalmente asasinado nunha gabia
en Cacheiras na noite do 18 ao 19 de agosto. María
vive unha curta temporada na Coruña na casa dos
Casal arranxando os papeis para exiliarse e
recompilando e gardando todos os obxectos persoais.
MARÍA MIRAMONTES
No mes de novembro de 1936, como outras moitas mulleres, embarca vía
Lisboa, rumbo a Bos Aires, onde ten parte da súa familia emigrada. Cando
chega alí consegue convivir co seu sufrimento e retomar a súa profesión,
conservando así a súa independencia económica. Volve ser modista. Algúns
anos máis tarde casa cun curmán, Pedro Miramontes, que residía na mesma
casa na que ela vivía. Mais as súas conversas e a súa vida estaban máis
vinculadas á familia Seoane: con Rafael, con Maruxa e con Luís podía falar de
Compostela, do Estatuto, da esperanza dun país novo cun pobo libre.
María Miramontes morre o 17 de setembro de 1964 na capital porteña. O
xornal A Nosa Terra de Bos Aires publicou en marzo de 1965 unha nota
necrolóxica escrita por Maximino Brocos (pseudónimo de Luís Seoane).
LOIS PEÑA NOVO
Lois Peña Novo, nado en Vilalba o 5 de agosto de
1893 e finado en Outeiro de Rei o 24 de xullo de
1967, foi un político e escritor galego.
Fillo de Vicente Peña Rodríguez e María Novo Pardo,
unha familia labrega e foi o quinto fillo. Estudou no
seminario de Mondoñedo e despois cursou a carreira
de Dereito na Universidade de Santiago de
Compostela, rematando en 1915. no curso seguinte
traballou de profesor auxiliar de Lois Porteiro na
mesma facultade.
En 1916, ano da fundación da primeira Irmandade
da Fala, incorpórase á de Compostela e e participa
como cofundador na de Vilalba.
En 1918 é redactordo Programa das Irmandades da
Fala aprobado na I Asamblea Nacionalista celebrada
en Lugo. Entre outros recollía a petición da
autonomía integral de Galicia e a igualdade de
dereitos de mulleres e homes.
LOIS PEÑA NOVO
Lois Peña Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha
candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido no
concello da Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920, nos
que o seu compañeiro de candidatura Antón Vilar Ponte
quedou fóra por moi poucos votos.
En 1921 publica o libro La Manocomunidad Gallega, que será a
referencia dos galeguistas á hora de concretar as súas arelas
de autogoberno.
Coa chegada da Segunda República foi membro da comisión
redactora do Proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia
da Federación Republicana Gallega e poñente na presentación
e defensa dese proxecto estatutario na asemblea celebrada na
Coruña os días 4 e 5 de xuño de 1931. Nela aprobáronse as
"Bases para o Estatuto Galego".
Lois Peña Novo exerceu diversos cargos na II República:
gobernador civil de Cáceres, Sevilla,Valencia, e gobernador
xeral de Estremadura (nomeado o 7-12-1932). E foi un fiel
defensor da mesma na súa caída ante a sublevación militar do
18 de xullo de 1936, mantendo a súa lealdade aos dirixentes
democraticamente elixidos e defendendo mentres foi posible o
Goberno civil de Lugo.
LOIS PEÑA NOVO
A súa pertenza ao bando dos perdedores da guerra civil supuxo
o comezo das penalidades: foi encarcerado primeiro en Lugo e
despois en Baralla. Máis tarde foi deportado á vila de Mallén, en
Zaragoza, para retornar como confinado a Vilalba ao remate da
guerra.
Desta última etapa da súa vida, só se coñece a súa asistencia,
contra o ano 1945, a unha reunión celebrada na Coruña por
iniciativa de Ramón Piñeiro. Nela pretendíase iniciar os
contactos para a formación dunha fronte democrática opositora
ao franquismo. Pero a detención de Ramón Piñeiro dous anos
máis tarde deu ao traste con esta pretensión, e puxo punto
final á actividade política de Lois Peña Novo.
Dende entón, a súa vida concentrouse no ámbito do privado e
no exercicio da avogacía no seu despacho vilalbés. A única
excepción constituíuna a obtención do premio Mouronte en
febreiro de 1959 polo seu artigo La inversión del ahorro
campesino, publicado no xornal “La Noche” co pseudónimo
Luís de Cadaval.
En 1962, cando xa se achegaba aos setenta anos, marcha a
Madrid para vivir na casa do seu fillo, o médico Lois Peña Novo.
Retorna a Vilalba todos os veráns ata que, o 24 de xullo de
1967, nunha destas viaxes, un accidente automobilístico segou
definitivamente a súa vida e a da súa dona en Robra (Outeiro
de Rei).
RICARDO CARVALHO CALERO
Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros
versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e
Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos
movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un
momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movemento nacionalista e tomando
parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila
natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa
Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus
libros poéticos, primeiro en español e despois en galego.
O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando
en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído
no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional.
Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no
Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país.
Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo
investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega
contemporánea"— que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura
galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de
Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura
Galega.
RICADO CARVALHO CALERO
Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do
Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero,
preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que
encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no
movemento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa
vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos.
Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas
pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros
poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das
zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da
Barreira, 1950; Scórpio, 1987).
Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.
LOIS TOBÍO
Lois Tobío Fernández, nado en Viveiro o 13 de
xuño de 1906 e finado en Madrid o 13 de marzo
de 2003, foi un diplomático, escritor e tradutor
galego.
Por parte materna procedía dunha familia
numerosa de clase alta de Viveiro, e por parte
paterna dunha familia de clase alta. Era fillo de
Lois Tobío Campos e bisneto de María Xosefa
Martínez Viojo, tía paterna de Rosalía de Castro
En 1922, facendo o curso preparatorio de
Dereito, fixo amizade con figuras chave na
creación do Seminario de Estudos Galegos.
Pasou a vida entre Santiago, no curso, e Viveiro,
onde botaba os veráns e fixo a catalogación da
documentación municipal. Finalmente en 1930
conseguiu unha praza na Universidade de
Santiago de Compostela como profesor de
historia de dereito e dereito romano.
LOIS TOBÍO
Estivo no exilio durante moitos anos a causa da guerra civil
pasando por lugares como; Nova York, na compaña de
Castelao, Cuba, México e Uruguai.
Malia que fixera algunhas colaboracións illadas, Tobío non
comezou a dedicarse seriamente á tradución ata a súa
estadía en Montevideo, para quen comeza traducindo do
inglés ao español The Life of Greece, de Will Durant. Despois
seguiu alternando a tradución de textos de ficción, como
Narziss und Goldmund, de Hermann Hesse, coa tradución de
textos ensaísticos filosóficos, políticos e económicos, coma do
Staatslehre, de Hermann Heller, que publicara en 1942 o
Fondo de Cultura Económica.
LOIS TOBÍO
As décadas de T.L., Ediciós do Castro,
1994. Autobiografía.
A nova vida, Ediciós do Castro, 2006
(póstuma). Narrativa.
Catro ensaios sobre o Conde de
Gondomar, Patronato Ramón Otero
Pedrayo, 1991
Gondomar y los católicos ingleses, Ediciós
do Castro, 1987
Gondomar y su triunfo sobre Raleigh,
Editorial Bibliófilos Gallegos, 1974
A intervención de Gondomar nos
problemas internacionais da pesca,
Ediciós do Castro, 1984.
XOHAN VICENTE VIQUEIRA
Xoán Vicente Viqueira naceu en Madrid o 22 de outubro de 1886, foi un dos grandes
humanistas galegos do pasado século XX. Era neto do rexionalista Xosé Pascual López-Cortón,
quen tivo tres fillos todos enlazados coa Institución Libre de Enseñanza (ILE). Veu cos seus
pais a vivir a Vixoi (Bergondo) aos seus poucos meses de vida.
Foi aquí onde comezou os estudos primarios e tamén os secundarios, en Betanzos, antes de
trasladarse en 1898, con 12 anos, a Madrid para continuar estes estudos no colexio da ILE,
ata conseguir o grao de bacharelato en 1905.
Dende os 15 anos sufriu unha doenza crónica nos cadrís, unha tuberculose ósea que lle
provocou unha dolorosa osteomelite.
Comezou os estudos universitarios de Filosofía en Madrid, obtendo a licenciatura en 1911.
Neste momento xa Viqueira realizara dúas estancias en París por mor do tratamento da súa
osteomelite, de tal modo que foi en París no curso de 1908 cando compatibilizou o coidado
médico coa asistencia ás aulas da Sorbona e do Collège de France. Na Universidade de Madrid
e na ILE continuou a súa formación.
XOHAN VICENTE VIQUEIRA
En Outubro de 1911 comezaría para Xoán Vicente a súa formación alemana. Comezouna na
Universidade de Berlín, pero pronto abandona esta formación universitaria, para iniciarse na
formación psicolóxica experimental .Fíxoo, ao tempo que desde a primavera de 1912 gozaba dunha
das bolsas da Junta para Amplicación de Estudios (JAE).
No outono de 1913 e mediante unha renovación da bolsa da JAE retornaba Viqueira a Alemania,
para continuar a súa formación como psicólogo experimental . O comezo da Guerra Mundial fixo que
Viqueira se trasladara a Londres durante varios meses antes de virse a Madrid como profesor no
Museo Pedagóxico Nacional, onde imparte leccións de psicoloxía experimental de carácter teórico-
prácticas para profesores, mentres prepara varias comunicacións científicas, e diversos traballos
para a Revista General, o Boletín da ILE, os Anales da JAE e Estudio, ademáis de formar parte dos
Archivos de Neurobiología.
Sorteando as dificultades persistentes da súa enfermidade de osteomelite, e despois de aprobar
oposicións como catedrático de instituto de psicoloxía, ética, e lóxica, accede á praza de profesor do
Instituto de Santiago en l917, no mesmo ano no que casa coa profesora extremeña de antecedentes
portugueses, Jacinta Landa Vaz-Coronado, obtendo un traslado ao da Coruña no principio de 1918 e
aquí será profesor ata a súa morte en 1924 con só 38 anos.
XOHAN VICENTE VIQUEIRA
Como docente foi autor de varios libros de texto sobre as materias de ética e de
filosofía. Como membro e mesmo presidente das Irmandades da Fala da Coruña,
desenvolve unha continuada, intensa, firme e lúcida acción na construción do
nacionalismo político e cultural. Foi membro da laica La Antorcha Galaica del
Librepensamiento e tradutor ao castelán de textos filosóficos de empiristas ingleses .
No plano dos estudos de psicoloxía escribiría valiosos traballos sobre a aprendizaxe e as
tendencias, que viron a luz na Revista de Pedagogía e no Boletín da ILE. Aínda en 1923
foi conferenciante por varios días no prestixioso Ateneo madrileño, onde presentou os
grandes paradigmas da psicoloxía científica euro-americana de aqueles días, o que daría
lugar a un notable libro: La psicología contemporánea, publicado en 1930. Sobre
algunhas das anteriores cuestións xa publicara en 1919 Introducción a la psicología
pedagógica.
XOHAN VICENTE VIQUEIRA
Como membro das Irmandades da Fala foi conferenciante e ensaísta, con diversos e notables
textos xornalísticos publicados en A Nosa Terra, preocupándose polos problemas educativos
de Galicia, pola defensa da lingua galega e do seu ensino, e polo ser identitario do país, baixo
a influencia, neste caso, da “psicoloxía dos pobos” definida por W. Wundt. Ocupouse así
mesmo dos problemas da escrita do galego.
Defendeu, pois, a galeguización do ensino e unha nova educación galega; tamén a
modernización dos estudos de bacharelato, o ensino da muller, a posta en marcha dunha
completa e politécnica universidade en Galicia; defendeu o activismo didáctico e unha psico-
pedagoxía renovada para o desenvolvemento harmónico do alumnado.
A fins de agosto de 1924, por mor da súa enfermidade, morría Viqueira, sendo enterrado por
vontade propia de modo civil na campa de A Lagoa, Ouces (Bergondo).
XOHAN VICENTE VIQUEIRA
- La enseñanza de la psicología en las Universidades alemanas.
Madrid: Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones
Científicas, 1915.
- Un nuevo factor de la memoria de identificación. Madrid: Junta
para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, 1916.
- Introducción a la psicología pedagógica. Madrid: Francisco
Beltrán, 1919. Ensayos y poesías. A Coruña: Nós, 1930.
- La psicología contemporánea. Barcelona: Labor, 1930.
- Da Galicia de mañá. Vigo: Galaxia, 1974.
XOHAN VICENTE VIQUEIRA
LOIS PORTEIRO GAREA
Luís Porteiro Garea, naceu en  Lugo o 16 de novembro de 1889 e morreu en Frades o 27 de
outubro de 1918. Foi un avogado e político galego, fundador das Irmandades da Fala.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Madrid en
1914 coa tese El sistema parlamentario en España y sus relaciones con el caciquismo. Foi
catedrático na USC, concelleiro agrarista e presidente das Irmandades da Fala desta cidade.
En febreiro de 1918 presentouse como candidato rexionalista a deputado en Cortes polo
distrito de Celanova, pero foi derrotado polo candidato conservado Senén Canido Pardo.
Colaborou en diversas publicacións como El Radical, Gaceta de Madrid, Estudios Gallegos e A
Nosa Terra.
Morreu prematuramente en 1918, vítima da pandemia da gripe e os seus restos descansan en
Ponte Carreira, Gafoi.
LOIS PORTEIRO GAREA
Foi un dos creadores do nacionalismo na súa vertente política, pois apostou
por superar as reivindicacións puramente lingüísticas e culturais e avanzar
cara a creación dunha organización política. Tamén foi un acérrimo defensor
da lingua galega, sen esquecer a europeización da cultura e rexeitou o
separatismo. Considerou a Galicia e a España como dous entes diferenciados
pero cunha estreita interrelación.
Os seus escritos atenderon a un dobre núcleo temático: definiu a España cono
unha organización defectuosa que se fundou na oligarquía e o caciquismo e
responsabilizou os galegos e os factores endóxenos de Galicia dos seus
propios problemas. Defendeu o establecemento dunha república
presidencialista e progresista.
LOIS PORTEIRO GAREA
A los gallegos emigrados, 1918.
Un mensaxe a García, 1919.
A fala galega, 1936
FILGUEIRA VALVERDE
Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu
en Pontevedra en 1906. Realizou
estudos de Dereito, Filosofía e Letras
(alcanzando o título de doutor) e
Psicoloxía nas Universidades de
Santiago de Compostela e Zaragoza. En
1923 formou parte do grupo de
fundadores do Seminario de Estudos
Galegos, onde dirixiu a sección de
Historia da Literatura. Desde ese
momento e até a súa morte, acontecida
en Pontevedra en 1996, o erudito
pontevedrés mantería unha gran
actividade na promoción de iniciativas
culturais.
Filgueira Valverde iniciou o seu amplo
labor docente en 1927 no Instituto de
Ensino Medio de Pontevedra.
FILGUEIRA VALVERDE
En 1935 gañou unha cátedra no Instituto
Balmes de Barcelona e posteriormente
exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da
que foi alcalde. Pola súa dedicación ao
ensino recibiría o alcume do "vello
profesor".
Membro numerario da Real Academia
Galega desde 1942 e correspondente das
Reais Academias de Historia, de Lingua e de
Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi
nomeado vocal do Instituto da Lingua
Galega da Universidade de Santiago de
Compostela. Dirixiu ademais o Museo
"Rosalía de Castro", o Instituto Padre
Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo
de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu
o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta
de Galicia.
FILGUEIRA VALVERDE
Na década de trinta foi colaborador habitual de El
Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última en
que mantería unha sección de comentarios
bibliográficos asinados co pseudónimo J. A.
Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a
narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. Así, na súa
producción figuran o libro de relatos Os nenos
(1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto
teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) —
estreado en 1932—, de novo asinada por J. Acuña;
as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e
Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que
recolle composicións do medioevo e etapas
posteriores que fan referencia á capital galega, ou o
volume de prosas literarias Quintana viva (1971).
Porén, a maior aportación de Filgueira Valverde
constitúena os seus traballos no campo da
investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola
imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove
volumes editados baixo o título xenérico de Adral
entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao
coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992
no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos
dispersos (1927-1987).
LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS
Leandro Carré Alvarellos naceu na Coruña en 1888.
Era fillo do editor Uxío Carré, en cuxa libraría se
celebraba a tertulia chamada Cova Céltica. Leandro
destacou pola súa dedicación ao teatro. Cultivou así
mesmo o xénero narrativo, publicando Contos e
diálogos (1918), Amor malfadado (1918), Nos
picoutos de Antoín (1955) e varias novelas máis.
Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e o
seu papel cobrou protagonismo cando Antón Vilar
Ponte abandonou a agrupación da Coruña.
Transformou entón o Cadro de Declamación da
Irmandade en Escola Dramática Galega, agrupación
dirixida por el mesmo en que desenvolveu tarefas de
encenador, escenógrafo e formador de intérpretes.
A día de hoxe, moitos dos textos de Landro Carré
seguen inéditos. Porén algúns publicáronse e
coñécense hoxe como Tolerías (1917), Pra vivir ben
de casados (1918), O corazón dun pedáneo (1921),
Coa máscara do amor (1955) e os diálogos
dramáticos recollidos en Contos e diálogos. Leandro
tamén compuxo cadros líricos para o coro coruñés
"Cántigas da Terra", do que foi director artístico.
LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS
En 1924 fundou na Coruña a Editorial Lar (que
tamén dirixiría), plataforma que publicou durante
catro anos a colección do mesmo nome. Entre os
títulos editados (ademais das novelas asinadas
por el propio) figuran obras de Otero, Risco,
Lesta Meis, Cabanillas, Vilar Ponte e Cotarelo.
Durante a ditadura franquista, Carré (que
ingresou na Real Academia Galega en 1945)
dirixiu a sección galega de "Artes e Letras" da
revista bracarense 4 Ventos, levou a cabo un
labor de recollida de literatura popular, publicou
ensaios sobre a literatura galega e colaborou
frecuentemente nos xornais coruñeses, no
empeño de que non se esquecese o realizado no
campo teatral durante aqueles anos das
Irmandades.
Leandro faleceu na Coruña en 1976.
ÁNXEL CASAL
Ánxel Casal Gosenge foi un editor e político
galego nado na Coruña,o 17 de decembro de
1895 e finado en Teo en agosto de 1936,
En 1909 emigrou a Bos Aires. Alí estivo
empregado en diversos oficios durante dous
anos. Volveu á Coruña e atopou traballo no
consulado de Francia. Emigrou outra vez, desta
vez a Bourdeux, pero regresou aos poucos
meses. De 1914 a 1917 cumpriu o servizo
militar.Uniuse ás Irmandades dá Fala da Coruña,
colaborou no Conservatorio de Arte Galega e foi
o promotor e primeiro mestre da escola do
ensino galego (galeguista e laica) das
Irmandades, a primeira que utilizou oficialmente
o galego (1926-1931).
En 1920 casou con María Miramontes e abriron
unha tenda de tecidos. En novembro de 1924, en
colaboración con Leandro Carré Alvarellos,
fundou a Editorial Lar.
ÁNXEL CASAL
Lar representou o verdadeiro comezo da
novelística galega, pois creou unha colección de
breves novelas mensuais, cuxa tirada era de
3000 exemplares. Abriron a colección cun título
de Wenceslao Fernández Flórez, “A miña
muller” e a colección resultou un verdadeiro
éxito editorial. Compraron imprenta propia e
empezaron a editar o órgano galeguista A Nosa
Terra.
Desvinculouse desa iniciativa para fundar en
1927 a Editorial Nós. Da súa imprenta saían A
Nosa Terra e a revista Nós. A revista Nós, que
se fundou en Ourense en 1920 e que a partir
do número 16 empezouse a imprimir en
Pontevedra pero, a pesar de todo tivo que
suspender a súa publicación dous números
despois. O 1 de xuño de 1923, atopa na
imprenta Lar o medio para seguir publicándose.
ÁNXEL CASAL
O nome completo da editorial era «Nós, Pubricacións
Galegas e Imprenta».Toda a súa actividade estaba
relacionada coa cultura de Galicia. O taller imprimía
a revista A Nosa Terra, que desenvolvía o papel de
órgano oficial das Irmandades dá Fala. Tamén
publicou O Momento, un xornal vespertino, e a maior
parte das publicacións do Instituto de Estudos
Galegos. Casal tamén era un membro moi activo do
Conservatorio de Arte Galega da Coruña, co que
colaborou . En 1930 fundou o xornal republicano O
Momentoque, o cal, por falta de apoio, só duraría 14
números e arrastraría a Nós case á quebra.
En agosto de 1931 trasladouse a Santiago de
Compostela para tratar de salvar a editorial.
Militante desde a súa creación do Partido Galeguista,
foi alcalde de Santiago desde febreiro de 1936 ata o
seu asasinato. Alí continuou imprimindo e
colaborando con diversas iniciativas republicanas,
galeguistas e sindicalistas. Foi o editor e impresor
das revistas vangardistas Claridade (1934) e Ser
(1935) e promotor da Asociación de Escritores de
Galicia, creada en abril de 1936 e truncada pola
guerra civil.
ÁNXEL CASAL
Tras a sublevación militar do 18 de xullo escapou cara á parroquia de Vilantime, en
Arzúa. Foi detido o 4 de agosto, e o seu corpo apareceu o 19 de agosto nun foxo da
estrada da parroquia de Cacheiras, marcado hoxe cun pequeno monumento.
Actualmente a Biblioteca Pública de Santiago leva o seu nome.
XULIÁN MAGARIÑOS
Xulián Manuel Cipriano Magariños Negreira, nado en Negreira o 16 de novembrode 1904
e finado o 9 de xullo de 1931, foi un escritor e avogado galego.
Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador
do Seminario de Estudos Galegaos durante a súa etapa universitaria, xunto a Bouza
Brey e Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou
a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade.
En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A
Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós),
colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández nun Vocabulario
popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica
colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 aos 29 anos.
XULIÁN MAGARIÑOS
VÍCTOR CASAS
Víctor Casas Rey naceu o 31 de xullo
de 1900 na Coruña e faleceu o 12 de
novembro do ano 1936, no Poio. Foi un
xornalista, actor e escritor galego.
A súa traxectoria comeza en 1916,
ingresando nas Irmandades da Fala da
Coruña. Despoisd e abandonar o seu
traballo como vendedor de calzado,
participa na I Asamblea Nacionalista en
Lugo, de onde saiu o “Manifesto
Nazonalista”
Este documento constituiría as bases
do nacionalismo galego ata a Guerra
Civil. Casas tamén combateu a ditadura
de Primo Rivera.
VÍCTOR CASAS
Foi un activo colaborador nas Irmandades da Fala,
sendo director do xornal A Nosa Terra (o voceiro
principal das Irmandades) dende 1922. Tamén foi
impulsor da ORGA (Organización Republicana
Gallega Autónoma), asistindo ás reunións do partido
dudante setembro de 1929. Este partido tiña un
carácter republicano e autonomista. Casas aceptou o
Pacto de Lestrobe en 1930, no que se acordou a
constitución da Federación Republicana Galega. Ao
contratio, non aceptou o Pacto de Barrantes do
mesmo ano, que fora organizado polo Partido
Autonomista Galego e asinado por personaxes
ilustres como Risco, Pelayo, Castelao…
En 1931, participou na fundación do Partido
Galeguista, sendo presidente deste na provincia de A
Coruña e de Pontevedra
Ao ser partidario da alianza na Fronte Popular,
despois de estalar a Guerra Civil polo golpe de
estado, foi detido. Condenárono por consello de
guerra e foi fusilado por tropas franquistas nun
monte de Poio (cerca de Pontevedra) xunto con
outros dez republicanos.
ARTURO CUADRADO
Arturo Cuadrado naceu en Denia o 3 de maio de
1904. é fillo de Arturo Cuadrado e de Mercedes
Moure Carollo que era da Agualada.
Despois de casárense marcharon para Denia por
motivos laborais, e alí naceu Arturo. Pouco
despois morre o pai e Arturo, os seus irmáns e
máis a nai volven para Galicia. Aquí Arturo obtén
o seu primeiro traballo que era vender telas.
Anos despois, en 1926, formou xunto a Xoán
Xesús González a editorial Niké.
O 14 de xullo de 1936 viaxou a Madrid con
Castealo e Anxel Casal para presentar alí o
Estatuto de Autonomía. Máis tarde viaxou a
Valencia onde casou con Amparo Alvajar.
ARTURO CUADRADO
Tamén participou con Lorenzo Varela e Luís
Seoane na fundación de editoras como Nova
EMECÉ e Botella al Mar, onde publicou dous
dos seus libros ; Amar din Amor e Soledad
Imposible.
Nos últimos anos da súa vida seguiu dirixindo
“Botella al Mar” e “Ediciones Hombre al
Agua”, así como o periódico Galicia, órgano
da Federación de Sociedad e Culturais da
Arxentina.
Arturo morreu o día 6 de agosto de 1998 por
mor dun paro cardíaco.
Nas fotos a placa na casa da Agualada
(Coristanco).
ARTURO CUADRADO
XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ
Xoán Xesús González Fernández, nado en
Sebil, parroquia de Cequeril (Cuntis), o 9 de
novembro de 1895 e finado en Santiago de
Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un
mestre, xornalista, avogado, escritor e
político galego.
Na súa aldea natal exerceu como peón de
canteiro, trasladado a Compostela estudou
maxisterio, traballou como redactor no
Compostelán e formou parte dá compañía de
teatro dá Universidade, en 1925 a Asociación
de Prensa de Compostela elixiuno secretario
pasando ao ano seguinte a contador.
XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ
Xoán Xesús exerceu durante un tempo
como mestre pero pediu a excedencia para
poder estudar dereito. Participou non
movemento estudantil, chegando a ser
vicepresidente dá Asociación Profesional de
Estudantes de Dereito, e entrou en
contacto con outros estudantes galeguistas
como Luís Seoane ou Ánxel Fole. Agrarista
convencido, participou en mitins agraristas
e anticaciquís e publicou ou folleto En pé
campesiños. Nacionalista e socialista,
colaborou non semanario A Nosa Terra e
fundou ou xornal O País Galego (1927-
1931).
XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ
Foi dirixente da Agrupación Nacionalista
Independente de Compostela, mais deixou esta
agrupación non momento en que ela se
integrou non Partido Galeguista, xa que Xoán
Xesús era tamén secretario da agrupación
socialista local de Santiago e redactor xefe do
voceiro Traballo, ademais rexentaba ou seu
propio bufete de avogados, mantiña con Arturo
Cadrado a librería e editorial Niké e participaba
na Asociación Defensores de Santiago.
Descontento ante ou feble impulso autonómico
do partido, en maio de 1931 fundou ou
Seminario de Estudos Socialistas que en agosto
se converteu non partido político Unión
Socialista Galega, na que se conxugaba
socialismo e galeguismo, e foi director do seu
voceiro oficioso Amañecer. Tralo fracaso nas
eleccións de 1933, ou partido disólvese,
integrándose en Esquerda Republicana.
XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ
En xaneiro de 1934 fundou unha organización
denominada Agrupación ao Servizo da Autonomía.
En abril entraba na directiva de Esquerda
Republicana e, tras unha serie de desacordos que
acabaron na súa expulsión, fundou con varios
amigos a Vangarda de Esquerda Republicana.
En 1936 participou na fundación da Asociación de
Escritores de Galicia.
Ao estoupar a guerra civil púxose á fronte dun
grupo de cincuenta obreiros de Teo, coñecido como
Ou Terzo de Calo, que se dirixiron cara a
Compostela para defender a legalidade
republicana, chegando ou 20 de xullo pola noite á
cidade, pero tras a ocupación dá cidade polos
militares, ao día seguinte Xoán Xesús foi
encarcerado e permaneceu na prisión ata que vos
sublevados ou fusilaron ou 12 de setembro de
1936, na tapia do cemiterio de Boisaca, en
Santiago de Compostela.
ARMANDO COTARELO VALLEDOR
Erudito, historiador e creador literario nacido en
Vega de Ribadeo (hoxe Vegadeo) o 28 de decembro
de 1879 . Ainda que a súa terra natal era asturiana
dende o punto de vista administrativo, pertencía
lingüística e culturalmente a Galicia; por ese motivo,
Cotarelo sempre se considerou galego.
Estudou Filosofía e Letras en Madrid, onde se
doutorou. En 1904 obtivo por oposición a Cátedra de
Lengua e Literatura Española na Universidade de
Santiago, na que tamén foi Catedrático de Teoría das
Artes. A chegada de Cotarelo ás aulas
compostelanas renovou a fondo a mortecina vida
universitaria de Santiago e supuxo unha importante
revitalización dos estudos galeguistas. En 1920 foi
elixido membro da Real Academia Galega e en 1923
foi nomeado primeiro presidente do Instituto de
Estudios Galegos; en 1929 foi elixido membro
numerario da Real Academia Española en
representación das letras galegas. En 1939 foi
designado Catedrático de Filología Galaico-
Portuguesa na Universidade Central de Madrid. En
1942 ingresou na Real Academia da Historia. Ao
fundarse o Instituto de España, foi nominado
Secretario Xeral Perpetuo. En 1949 foi Procurador en
Cortes por representación académica. Faleceu en
Madrid o 8 de decembro de 1950.
ARMANDO COTARELO VALLEDOR
Cotarelo foi un importante propulsor do teatro
galego nos anos vinte deste século, especialmente
nos ambientes universitarios: varias das súas obras
foron estreadas por estudantes das aulas
compostelás; nelas, o propio Cotarelo participou
como director de escena e escenógrafo.
O teatro de Cotarelo continúa a senda realista da
escea da súa época, pero con moitos toques de
drama poético. Incluso, unha obra inédita ata 1992,
“Erase una vez un rey…” insértase plenamente no
modernismo. Nas súas obras dramáticas advírtese
unha gran destreza técnica, asi como un coidadoso
retrato psicolóxico dos personaxes e a súa enorme
riqueza lingüística.
As súas comedias son: Trebón (1922), de ambiente
labrego; Sinxebra (1923), en galego e castelán,
unha comedia sentimental, cuxa acción se
desenvolve nun pazo; Lubicán (1924), na que se dá
conta da persecución da muller de aldea polo home
de cidade; Hostia (1926), sobre o suplicio de
Prisciliano; Beiramar (1931), drama de ambiente
mariñeiro; Mourenza (1931), de ambiente mariñero;
Ultreya, obra escrita en castelán e galego, é un
libreto de ópera, con música de Rodríguez Losada,
estreado en 1935, ainda que permanece inédito; do
mesmo modo, Erase una vez un rey… permaneceu
Inédita ata 1992.
ARMANDO COTARELO VALLEDOR
ARMANDO COTARELO VALLEDOR
Cotarelo escribiu unhas Memorias de
un escolar de antaño que comprenden
dúas novelas, escritas ambas en
castelán: Palladys Tyrones e La
enseña radia. A ación ten lugar en
Galicia durante a Guerra da
Independencia contra as tropas
napoleónicas. El Pazo (1923) é unha
obra bilingüe, castelá e galega;
Contos de Nadal, colleitos de pobo
(1927) é unha coleción de relatos
cortos escritos en galego.
ARMANDO COTARELO VALLEDOR
Cotarelo tivo un gran afán por cultivar saberes moi
afastados dos seus, como a astronomía; nese terreo,
é autor, entre outros, de El Tratado de los cometas
del Padre Casani (1703), El misterio de la estrella un
español lo esclarece, La nebulosa de Andrómeda y el
Rey Sabio. El Padre José de Zaragoza y la
astronomía de su tiempo. Sobre Arqueoloxía e
Heráldica, escribiu, entre outros moitos traballos, os
seguintes: Una conjetura acerca del tesoro de Castro
Recouso. Blasón galaico. Sello inédito de Roy Pérez,
ballestero de Alfonso XI. Como crítico de arte,
débenselle: La Exposición Rosales, Catálogo de la
Exposición de Arte gallego (1926); como historiador
que foi, publicou as seguintes obras: en primeiro
lugar, Historia crítica y documentada de la vida y
acciones de Alfonso III el Magno, último rey de
Asturias, premiada pola Real Academia da Historia
en 1916, pero non publicada ata 1933; outras obras
historiográficas son Fray Diego de Deza, ensayo
biográfico (1905), Matrimonios de Ramiro I de
Asturias (1922), Semblanza de Marco Fabio
Quintiliano (1942), Un académico modelo: Don
Martín Fernández de Navarrete en la Real Academia
Española (1945) , entre outras moitas.
ARMANDO COTARELO VALLEDOR
Cotarelo dedicouse tanto ás letras galegas como ás
castelás. Das primeiras publicou o Cancionero de
Payo Gómez Chariño, Una cantiga célebre del Rey
Sabio, Payo Gómez Chariño, almirante y poeta, El
Cardenal don Rodrigo de Castro y su fundación de
Monforte de Lemos, e outras moitas, nas que se
mostrou a súa erudición e amor a Galicia.
Por outra parte, os seus servicios á literatura
española foron importantísimos, sobre todo os
estudos cervantistas. El Teatro de Cervantes,
publicado en 1915, premio Berwick y Alba da Real
Academia Española,. Tamén de gran mérito son
Padrón literario de Miguel de Cervantes Saavedra
(1948), Cervantes lector , La belleza femenina en las
obras de Cervantes (1905), Obras perdidas de
Cervantes que no se han perdido (1947). A súa tese
de doutoramento dedicouse ás letras galegas: Una
cantiga célebre del Rey Sabio. Fuentes y desarrollo
de la leyenda de Sor Beatriz, principalmente en la
literatura española.
VICTORIANO TAIBO
Victoriano Taibo naceu en Compostela no ano
1885. En Compostela estudou Maxisterio e
contactou co movemento galeguista a través
da Irmandade da Fala local. O exercicio da
súa profesión de mestres levouno a Cambre,
Xinzo de Limia, Ortigueira, Morgadáns e
finalmente a Vigo, onde morrería no ano
1966. Colaborador de O Tío Marcos da Portela
estivo integrado no Instituto de Estudos
Históricos do Minho e en 1948 ongresou na
Real Academia Galega co discurso de Rosalía
de Castro,precursora da fala,publicado poa
institución en 1972.
VICTORIANO TAIBO
VICTORIANO TAIBO
XAIME QUINTANILLA
Naceu na Coruña o 13 de xuño de 1898 e morreu en
Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un médico cirurxián,
político e escritor galego.
En 1917 creou en Ferrol unha clínica de cirurxía e fíxose
famoso pola súa caridade humana cara os máis humildes.
A súa actividade política céntrase principalmente na
defensa do galeguismo, socialismo, participou na I
Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas
políticas.
Participou en varios xornais como Ferrol Deportivo, Diario
de Vigo ou El Correo Gallego, do que chegou a ser
director e redactor xefe, aínda que tamén dirixiu a revista
Céltiga. Publicou obras como Saudade, a comedia
dramática Alén, o drama Donosiña e o traballo O
nazonalismo musical galego.
XAIME QUINTANILLA
Foi o primeiro alcalde republicano de Ferrol ata outubro de
1934, cando foi destituído polo goberno, por outra banda,
foi presidente da Federación de Colectividades Socialistas
da provincia da Coruña. En febreiro de 1936, recuperou o
seu posto de concelleiro, aínda que non ocupou a alcaldía,
sendo substituído polo seu compañeiro Antonio
Santamaría.
Formou parte da xestión da Deputación Provincial da
Coruña, presidida por José López Bouza, e participou na
campaña para a aprobación do Estatuto de Autonomía de
Galicia. Despois do 18 de xullo de 1936, foi apresado dúas
veces na súa casa, saíu libre a primeira delas e acabou
sendo fusilado o 18 de agosto dese mesmo ano no
cemiterio de Canido (Ferrol) xunto outras 14 persoas, alí
foi enterrado co resto, unha placa lembra o nome de todos
eles.
A NOSA TERRA
A Nosa Terra foi un xornal publicado entre os anos 1916 e 1936. O primeiro
número foi sacado á luz en 1916, dirixido por Villar Ponte. Este
acontecemento marcou o nacemento do voceiro das Irmandades da Fala e do
Partido Galeguista. Estaba escrito totalmente en galego e contaba con 2000
subscriptores na saída do seu primeiro número. Este xornal foi fundamental
para a expansión da filosofía galeguista.
A periodicidade deste xornal foi bastante irregular. Comezou a publicarse
decenalmente (cada semana) e despois quincenalmente (cada dúas
semanas). Pero coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera, o xornal
comezouse a publicar mensualmente. En 1933, volveuse a publicar
decenalmente.
A NOSA TERRA
O primeiro número deste xornal saíu á luz o 14
de novembro de 1916, con oito páxinas de
contido.
Mentres a sede desta publicación se situaba na
Coruña, a redación e a administración eran feitas
no despacho de Xosé Iglesias Roura, en Cantón
Grande. Este abogado e escritor foi o primeiro
director do xornal. Antón Villar Ponte foi o
seguinte director ata a IV Asamble das
Irmandades da Fala de 1922. A partir desta data,
Víctor Casa será a persoa que cargue co peso da
dirección, aínda que fosen nomados oficialmente
directores coma Leandro Carré Alvarellos,
Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en
1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934.
O 1 de febreiro de 1932, o xornal comezou a ser
voceiro do Partido Galeguista, que fora creado
pouco tempo antes. Con este acontecemento, a
redacción pasou a ser en Pontevedra.
A NOSA TERRA
A financiación para publicar o xornal proviña das subscripcións, publicidade e doacións de
galegos en América, ademais de doacións en Galicia das Irmandades da Fala e do Partido
Galeguista.
O 17 de xullo de 1936, por cause descoñecida, publicouse o que sería o seu último número.
Durante a publicación de A Nosa Terra, moitos intelectuais galegos do primeiro tercio do S.
XX participaron neste xornal. Velaquí unha lista de todos os colaboradores.
Manuel Lugrís Freire,Roberto Blanco Torres, Ramón Cabanillas
Luís Amado Carballo, Ricardo Carballo Calero,
Leandro Carré Alvarellos, Castelao, Evaristo Correa Calderón,
Xosé Filgueira Valverde, Gonzalo López Abente,
Antón Losada Diéguez, Manuel Antonio, Xaime Quintanilla,
Luís Peña Novo, Luís Porteiro Garea, Aurelio Ribalta, Vicente Risco,
Xoán Vicente Viqueira, Ramón Suárez Picallo,
Xohán Antón Suárez Picallo
A NOSA TERRA
Polos títulos falaban sobre o nacionalismo galego como en “Nazonalismo ou Soberanía
Rexional” (1916), “Teoría do Nazonalismo Galego” (1918), “O Centralismo é un
Nazonalismo, os Centralistas unha Raza” (1920) ou “Nazonalismo Galego” (Vicente
Risco, n.º 361, 363, 364, 365, 366, 367/ano 1935).
Títulos como “O Ferrocarril da Costa en Perigo”, “Lerias da Vila”, “Paisaxe Mariñán” ou
“Polo Médico do pobo” (todos do ano 1916) demostran que falaban sobre o pobo e os
habitantes. Tamén falaban sobre outras nacións, para que os galegos tomasen exemplo
destas, con títulos como “Polonia, Exempro” (1916), “O Exempro de Catalunya” (1936)
ou “O Exemplo de Irlanda” (1965). Outros temas eran o orgullo de ser galego,
celebrando a súa música, con titulos coma “Pola Música Galega” (1918), “A Música
Galega” (1919) ou “A Música Popular de Galicia” (1920), ou a arte, “Conservatorio
Nazonal do Arte Galego” (1919), “O Noso Arte na Pedra” (1934) ou “Foi pola súa Arte...”
(1950).
A NOSA TERRA
A FOUCE
A Fouce foi unha publicación de carácter
independentista. Era o voceiro da Irmandade
Nacionalista Galega de Buenos Aires e loga da
Sociedade de Nacionalista Pondal,que se
publicou dende Xaneiro de 1926 até xullo de
1936.
A Irmandade Nacionalista de Buenos Aires foi
unha asociación de galeguistas de Bos Aires
relacionada coa Irmandade Nacionalista
Galega e fundada en agosto de 1923 por
Eduardo Blanco Amor e Ramiro Illa Couto.
Tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera,
a asociación divídese. Mentres Blanco Amor e
os seus partidarios marchan á Federación de
Sociedades Gallegas, outro sector
encabezado por Manuel Oliveira, Moisés da
Presa, López Pasarón e Lino Pérez refúndana
en 1925, sendo agora A Fouce o seu voceiro,
cun marcado carácter independentista.
A FOUCE
En 1927 a Irmandade convértese nunha
asociación cultural co nome de Sociedade
d'Arte Pondal que logo será coñecida como
Sociedade Nacionalista Pondal.
A Sociedade Nacionalista Pondal foi unha
das primeiras asociacións que avogou pola
plena independencia de Galicia,e mesmo
tratou de promover un partido
independentista en Galicia.
Durante a Guerra Civil,en 1938
autodisólvese para favorecer a unidade do
galeguismo mentres Galicia permanecese
baixo un réxime ditatorial,e a maioríá dos
seus membros integráronse no Grupo
Galeguista de Bos Aires.
EL PUEBLO GALLEGO
Apareceu o 27 de Xaneiro de 1924,o seu
primeiro director foi Ramón Fernández Mato e
José Rivas Montenegro o redactor
xefe.Despois de facerse coa propiedade do
xornal en 1927, Manuel Portela Valladares
convertéuse en director.
Nesta primeira etapa tivo unha orientación
liberal aberta ao galeguistmo e ao
progresismo.O xornal acolleu as máis
prestixiosas plumas do galeguismo e ao
republicanismo.
Nos seus mellores momentos El Pueblo
Gallego acadou tiradas arredor dos 30000
exemplares creando un novo modelo de
xornalismo crítico que non tivo parangón na
Galicia da época.
EL PUEBLO GALLEGO
El Pueblo Gallego foi o xornal máis próximo
ás teses galeguistas,ata o punto de que
existiu un proxecto organizado do Partido
Galeguista e auspiciado por Bóveda para
mercalo e convertelo en órgano oficil.O
galeguismo tivo nas súas páxinas un espazo
preferente a alí apareceron importantes
textos políticos de Álexandre Bóveda,Víctor
Casas e Antón Vilar Ponte.
Portela Valladares rematou
instrumentalizando o periódico para dar o
salto definitivo á política.A partir de 1934
produciuse un distanciamento entre o xornal
e o galeguismo cando El Pueblo Gallego
apostou polo centrismo político,mentres o
Partido Galeguista se achegaba ás teses da
esquerda,aínda que se manteñen a maioría
dos colaboradores galeguistas.O xornal
sempre apostou pola autonomía e a súa
primeira páxina do 28 de xuño de 1936,día
do Referendo do estatuto,levaba o
titular:"Enriba corazóns galegos".
EL PUEBLO GALLEGO
El Pueblo Gallego foi incautado o 31 de xullo
de 1936 polas autoridades militares,
converténdose o comandante González
Simeoni no novo director. Pasou a formar
parte da Cadena de Prensa del Movimiento.
Nesta segunda etapa tivo como directores a
Jesús Suevos e Xosé María Castroviejo, e
entre os colaboradores destaca Luis Moure
Mariño.
Os xornais da Cadena de Prensa del
Movimiento reconvertida en Medios de
Comunicación del Estado perdían diñeiro e o
Goberno decidiu,en 1979, pechar os máis
gravosos. El Pueblo Gallego cesou a súa
publicación co número 20661, o 17 de xuño
de 1979.
CÁNTIGAS DA TERRA
Nun inicio formado unicamente por homes, Cántigas da Terra foi
fundado o 28 de decembro de 1916 e debutou ante o público o 12
de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa peza
A festa do Tabeirón, de Enrique Labarta Pose. Estaban dirixidos
musicalmente por Mauricio Farto Parra e artisticamente por
Leandro Carré Alvarellos e Xosé Iglesias Roura.
O 25 de setembro de 1922 o grupo actuou na praza de touros de
Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe típico das Mariñas
cantando no Coro acompañadas por vinte e tres homes. Naquela
ocasión estiveron dirixidos
por Manuel Fernández Amor,
creador dos corpos de baile e polifonía.
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala
Irmandades da Fala

More Related Content

What's hot

As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
noagaliza
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Marlou
 
As irmandades da fala2
As irmandades da fala2As irmandades da fala2
As irmandades da fala2ShelleyAlvAlv
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Marlou
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
Víctor Agrasar Salegui
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
MaraFont
 
Castelao
CastelaoCastelao
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XXxenevra
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
trafegandoronseis
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
ruben_fc73
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4ºxenevra
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 

What's hot (20)

As irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillasAs irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillas
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
 
As irmandades da fala2
As irmandades da fala2As irmandades da fala2
As irmandades da fala2
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
Exilio
ExilioExilio
Exilio
 
O galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xxO galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xx
 
risco
riscorisco
risco
 
Ramón valenzuela(1914 80)
Ramón valenzuela(1914 80)Ramón valenzuela(1914 80)
Ramón valenzuela(1914 80)
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX2ºterzo_sec XX
2ºterzo_sec XX
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Risco 4º
Risco 4ºRisco 4º
Risco 4º
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 

Similar to Irmandades da Fala

O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismoalexh832
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismosebastian1983
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
callobre
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaAmalia1111
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoLOKIFUMI46
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
xoanseca
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Marlou
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
xenevra
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Bibliotecadicoruna
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBmarloga
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
Román Landín
 
RAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYORAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYOLOKIFUMI46
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
Marlou
 
Ramón otero pedrayo
Ramón otero pedrayoRamón otero pedrayo
Ramón otero pedrayo
furiartebasadre
 

Similar to Irmandades da Fala (20)

Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
A EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do GaleguismoA EvolucióN Do Galeguismo
A EvolucióN Do Galeguismo
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao NacionalismoEvolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
Evolucion Do Galeguismo Cara Ao Nacionalismo
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
Galeguismo E Nacionalismo
Galeguismo E NacionalismoGaleguismo E Nacionalismo
Galeguismo E Nacionalismo
 
Mulleres 5 5
Mulleres 5 5Mulleres 5 5
Mulleres 5 5
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
RAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYORAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYO
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Ramón otero pedrayo
Ramón otero pedrayoRamón otero pedrayo
Ramón otero pedrayo
 

More from BibliotecaRevoltas

Entrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasEntrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasConcurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 
Bases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radio
BibliotecaRevoltas
 
As cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxAs cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim Codax
BibliotecaRevoltas
 
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 
Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018
BibliotecaRevoltas
 
Vida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosVida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversos
BibliotecaRevoltas
 
Bases samain
Bases samainBases samain
Bases samain
BibliotecaRevoltas
 
Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1
BibliotecaRevoltas
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
BibliotecaRevoltas
 
Samaín 2017
Samaín 2017Samaín 2017
Samaín 2017
BibliotecaRevoltas
 
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneCómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
BibliotecaRevoltas
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
BibliotecaRevoltas
 
No al acoso
No al acosoNo al acoso
No al acoso
BibliotecaRevoltas
 
No al acoso escolar
No al acoso escolarNo al acoso escolar
No al acoso escolar
BibliotecaRevoltas
 
El acoso
El acosoEl acoso
Acoso escolar
Acoso escolarAcoso escolar
Acoso escolar
BibliotecaRevoltas
 
Panxea
PanxeaPanxea

More from BibliotecaRevoltas (20)

Entrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As RevoltasEntrada Musical CPI As Revoltas
Entrada Musical CPI As Revoltas
 
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As RevoltasConcurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
Concurso do mes das Letras Galegas do CPI As Revoltas
 
Bases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radioBases concurso do nome da radio
Bases concurso do nome da radio
 
As cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim CodaxAs cantigas de amigo de Martim Codax
As cantigas de amigo de Martim Codax
 
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As RevoltasBases entroido 2019 CPI As Revoltas
Bases entroido 2019 CPI As Revoltas
 
Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018Lecturas de Nadal 2018
Lecturas de Nadal 2018
 
Vida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversosVida e obra de cantantes diversos
Vida e obra de cantantes diversos
 
Bases samain
Bases samainBases samain
Bases samain
 
Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1Turismo sostible 4º 1
Turismo sostible 4º 1
 
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As RevoltasDía da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
Día da ciencia en galego 2017 CPI As Revoltas
 
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As RevoltasPintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
Pintura de terror_Samaín 2017_CPI As Revoltas
 
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As RevoltasSamaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
Samaín 2017_Pintura de terror_ CPI As Revoltas
 
Samaín 2017
Samaín 2017Samaín 2017
Samaín 2017
 
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos SeoaneCómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
Cómic sobre A Comuna de París elaborado por Uxía Santos Seoane
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
No al acoso
No al acosoNo al acoso
No al acoso
 
No al acoso escolar
No al acoso escolarNo al acoso escolar
No al acoso escolar
 
El acoso
El acosoEl acoso
El acoso
 
Acoso escolar
Acoso escolarAcoso escolar
Acoso escolar
 
Panxea
PanxeaPanxea
Panxea
 

Irmandades da Fala

  • 2. CONTEXTO HISTÓRICO As características principais do século XIX eran a emigración, a desruralización e a fidalguía, e o inicio do século XX vén marcado por unha serie de importantes transformacións económicas e sociais: Desaparición da fidalguía rendista que acaparaba a propiedade das terras. Adquisición progresiva da propiedade das terras por parte do campesiñado coa abolición do sistema foral. Desenvolvemento acelerado dos sectores secundario e terciario. Desprazamento de gran parte da poboación rural cara ás urbes. Consolidación dunha burguesía industrial e financieira.
  • 3. CONTEXTO HISTÓRICO Este século XX supón en Galicia o nacemento do nacionalismo e do agrarismo, a continuación da emigración e a aparición do movemento obreiro. O movemento agrario é un movemento social de carácter reivindicativo que pescura a mellora do campesiñado que xorde a finais do século XIX ata as dúas metades do século XX. Nos anos 20 existían máis de 20 sociedades agrarias en Galicia. O líder deste movemento foi Basilio Álvarez. Como difusores deste, destacan Noriega e Cabanillas. O nacionalismo consolidouse grazas ás Irmandades da fala (1916), a Xeración Nós (1920) e ao Partido Galeguista (1931).
  • 4. IRMANDADES DA FALA Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte. Un dos seus principais obxectivos é a dignificación e promoción da lingua galega. Presentan, ademais das reivindicacións culturais, un ideario político ben definido. Supoñen o inicio do nacionalismo. O seu voceiro é a revista A Nosa Terra.
  • 5. BASILIO ÁLVAREZ Basilio Álvarez Rodríguez (Ourense, 1877-Tampa, 1943) foi un sacerdote, xornalista e político español, vinculado ao movemento agrario galego. Foi deputado por Ourense durante a Segunda República Española, como membro do Partido Republicano Radical. Nacido en Ourense en 1877, ordeouse sacerdote en 1902.O seu nome completo era «Basilio Álvarez Rodríguez».Cara a 1907 instalouse na capital, Madrid, aínda que xa cara a 1912 retornaría a Galicia, a Beiro. A súa traxectoria como relixioso viuse caracterizada por unha interpretación heterodoxa das normas da Igrexa, na que se atopaba a opción de non seguir o celibato, de feito chegou a ter dous fillos. Estas circunstancias, entre outras, foron o motivo de que entre 1914 e 1928 fose suspendido pola Igrexa. Foi descrito como unha personalidade «pintoresca».
  • 6. BASILIO ÁLVAREZ No seu labor xornalístico colaborou en publicacións como A Nova Época,O Eco,Galicia, O Heraldo Galego, Acción Galega, O Parlamentario ou A Gadoupa. Foi ademais director do xornal católico O Debate e autor de obras como O cural rural (1904),Polos agros celtas (1907), O libro do xornalista (1912),Abrindo o surco (1913),entre outras. As súas obras e os seus mitins eran en castelán. Foi membro do grupo de fundadores do movemento Acción Galega, vinculado ao agrarismo galego. Caracterizouse polas súas críticas ao caciquismo e a un tipo de contrato agrario de orixe medieval que predominaba en Galicia coñecido como «foro».
  • 7. BASILIO ÁLVAREZ A partir de 1913 o seu discurso empezou a achegar ao do movemento obreiro e cara a 1915 Basilio Álvarez propoñía a colaboración con socialistas e republicanos. Contrario ao centralismo, propuxo unha estrutura federal en España. Establecéronse paralelismos entre o estilo retórico e a linguaxe de Basilio Álvarez que chegou a ser descrito como «incendiario»,«culto», apaixonado ou «barroco» cos de Alejandro Lerroux. Basilio Álvarez foi un «orador carismático».
  • 8. BASILIO ÁLVAREZ A comezos da década de 1930 ingresou no Partido Republicano Radical, co que conseguiu o acta de deputado en 1931, pola circunscrición de Ourense. Tamén foi elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1933. Abandonou aos radicais con todo en 1935, para pasar a militar en 1936 no efémero Partido do Centro Democrático de Manuel Portela Valladares. Tras o comezo da Guerra Civil Española, partiu ao exilio. Faleceu en 1943 en Estados Unidos, en Tampa.
  • 9. ANTÓN VILAR PONTE Antón Villar Ponte dedicouse ao xornalismo, concibiu a renovación ideolóxica do nacionalismo galego e foi o principal prosista da xeración das Irmandades da Fala. Naceu en Viveiro o 2 de outubro de 1881. É irmán de Ramón Vilar Ponte, ensaísta das irmandades da fala. Cursou o bacharelato en Lugo e Compostela, onde posteriormente comezaría o seus estudos de Farmacia en 1886, e remataría en 1900. Durante os anos de carreira participou no republicanismo e colaborou no periódico español El Combate. En 1904, tras licenciarse, comezou a traballar nunha botica en Foz, onde promoveu os xornais festivo-satíricos e se estreou no xornalismo anticaciquil coas súas intervencións no boletín local e na  Revista Gallega. Do caciquismo: A patria do labrego data desta época e é a súa primeira peza dramática.
  • 10. ANTÓN VILAR PONTE En 1906 marchou a Madrid, onde exerceu como xornalista en El País. Volve a Galicia,e participa como redactor na revista  Tierra Gallega. Pouco tempo despois emigra á Habana debido ás dificultades económicas, e alí dirixe o Diario Español e algunhas revistas, como  Alma Gallega  e  Follas Novas. Foi tamén secretario da Comisión Protectora da Real Academia Gallega e participou no movemento galeguista, á vez que mantiña contacto con Basilio Álvarez e Ramón Cabanillas. De regreso en Galicia, en 1910, exerceu como correspondente do  Diario de La Marina  e de Correspondencia, foi redactor de La Voz de Galicia  na Coruña onde foi enviado como corresponsal a Portugal onde aumentou o seu pensamento reivindicativo a favor do galego. Tamén foi nomeado presidente da Asociación da Prensa coruñesa.
  • 11. ANTÓN VILAR PONTE Nesa liña, a comezos de 1916 decidiu crear, coa axuda do seu irmán Ramón, unha Liga de Amigos del Idioma Gallego, que se converteu na primeira Irmandade dos Amigos da Fala, constituída o 18 de maio de 1916 nos locais da Real Academia Galega. Foi elixido presidente, e publicou o folleto "Nacionalismo gallego”. Tamén comezou a colaborar no xornal A Nosa Terra que foi o voceiro oficial das Irmandades onde se promovía a dignificación, defensa e promoción do galego e a súa estandarización e arroupando todo tipo de manifestacións culturais. Foi dirixido por M. Lugrís Freire, Lois Peña Novo e el mesmo. A partir dese momento participou en mitins nas principais vilas galegas defendendo a colaboración entre o nacionalismo e os movementos de esquerdas. Liderou unha delegación galega que pronunciou unha conferencia sobre historia do galeguismo en Barcelona coa que se buscaba unha alianza cara as próximas eleccións . Pero, co fracaso das eleccións celebradas en febreiro de 1918, produciuse unha rotura no seo das Irmandades coa marcha de Rodrigo Sanz e os que apoiaban as súas teses, mentres que o grupo liderado por Antón viuse reforzado coa colaboración dos integrantes do grupo Nós coa defensa do nacionalismo galego.
  • 13. ANTÓN VILAR PONTE En 1919 colaborou na formación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego, no que traballou traducindo obras de autores estranxeiros ao galego e desde 1920 colaborou na revista Nós. Villar Ponte deixounos unha considerable produción dramática transmisora do ideario galeguista. É o caso de pezas como  Da superstición: Entre dous abismos e Da emigración: Almas mortas, que forman unha triloxía xunto á súa primeira obra publicada en 1905. A súa figura tamén destaca no ámbito político. A influencia de Vicente Risco ocasionoulle certo distanciamento con respecto aos seus antigos compañeiros da Irmandade coruñesa que o relegan como director de A Nosa Terra. Apoiou as teses de Risco e Losada Diéguez, e xuntos fundaron, en 1922, a Irmandade Nazonalista Galega como referente á loita irlandesa nunha liña próxima ao «arredismo».
  • 14. ANTÓN VILAR PONTE Coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro como delegado da Irmandade Nazonalista Galega da Coruña, aínda que dimitiu en canto observou que era imposible acadar os obxectivos de autonomía para Galicia. Desde ese momento comezou unha rectificación da súa traxectoria desde o tradicionalismo cara ao nacionalismo democrático. Da súa idea de crear un Partido Liberal Autonomista Gallego, xurdiu a Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA), que fundou en colaboración con Santiago Casares Quiroga e outros galeguistas republicanos da Coruña.Antón arroupa desde as columnas de prensa os traballos do Seminario de Estudos Galegos, colabora coas actividades da Academia Galega. En 1931 foi elixido deputado da Federación Republicana Gallega nas Cortes Constituíntes. En 1934, a medida que a ORGA se achegaba máis ao republicanismo de esquerdas español, rompeu a súa relación con Casares Quiroga e pasou a formar parte do Partido Galeguista e ingresou na Real Academia.
  • 15. ANTÓN VILAR PONTE No período republicano, a actividade xornalística de Antón foi abundante e incansable na confección de centos de artigos de estilo autonomista, republicanista, galeguista e anticaciquil. Nas eleccións de 1936, foi candidato galeguista do Partido Galeguista, integrado na Fronte Popular. Foi elixido deputado, aínda que a súa prematura morte por perforación gástrica o 4 de marzo de 1936 na Coruña, impediulle formar parte no ámbito político. O seu compromiso político constante non lle fixo abandonar nunca a produción teatral, e, así, nos últimos anos da súa vida aínda publicou  Os Evanxeos da risa absoluta e  Nouturnio de medo e morte. Non obstante, a Villar Ponte como político débeselle sumar o xornalista. Foi autor de múltiples artigos e ensaios destinados a espallar o ideario das Irmandades, moitos dos cales foron recollidos e publicados de maneira póstuma en  Pensamento e sementeira
  • 16. RAMÓN VILAR PONTE Ramón Vilar Ponte naceu en Viveiro no ano 1891. Licenciado en Filosofía e Letras, dedicouse profesionalmente ao ensino privado e ao xornalismo en diversas publicacións periódicas, onde emprendeu intensas campañas anticaciquís. Desde moi novo partillou co seu irmán Antón as inquedanzas galeguistas. Xunto con Porteiro Garea, Viqueira, Peña Novo,Losada Diéguez, Cabanillas e Risco, Ramón será un dos ideólogos das Irmandades da Fala, constituídas na Coruña en 1916 por iniciativa dos Vilar Ponte. Anos despois, establecido en Ferrol como director de El Correo Gallego, fundou, xunto con Xaime Quintanilla, o Boletín Mensual da Irmandade da Fala desta localidade e a editorial Céltiga(1922).
  • 17. RAMÓN VILAR PONTE Convencido da personalidade de Galiza, defendeu o ideario das Irmandades en diferentes ensaios e escritos didácticos. Da súa produción podemos destacar Doctrina nazonalista (1921), redixida baixo a fórmula de catecismo, con perguntas e respostas; Historia sintética de Galicia (1927), vehemente defensa, prologada por Risco, dos valores do noso pobo desde a óptica nacionalista, e un volume titulado Breviario da autonomía, en que relaciona o programa galeguista coa alternativa histórica que se presenta coa segunda República. Chegou a ser alcalde de Viveiro neste período.
  • 18. RAMÓN VILAR PONTE A pesar de non cultivar o xénero dramático, Ramón Vilar Ponte traduciu á nosa lingua, xunto co seu irmán e P. R. Castro, Catuxa de Houlihan (1935) e O país da saudade (1977), dous folk-dramas do irlandés W. B. Yeat. Ramón Vilar Ponte, que ingresara na Real Academia Galega en 1951 cun discurso titulado "A Xeración do 16", faleceu na cidade da Coruña no ano 1953.
  • 19. VICENTE RISCO Vicente María Agustín Gerónimo Martínez e Agüero naceu o 1 de outubro do 1884, en Ourense e morreu o 30 de abril do 1963. Foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos teóricos do nacionalismo galego. É unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Foi un home procedente dunha familia acomodada, dun gran niver cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega no primeiro terzo do século XX.
  • 20. VICENTE RISCO Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago no 1906. Anos despois, decide deixar este traballo para estudar Maxisterio en Madrid, co que obtivo a cátedra de Historia na Escola Normal de Ourense no 1916. No 1917 fundou con Arturo Noguerol a revista literaria La Centuria, que abriu unha etapa marcada polo aristocratismo intelectual, a percepción decadentista da modernidade europea e un enorme interese orientalista.
  • 21. VICENTE RISCO No 1918, todo o grupo de La Centuria manifestou o seu compromiso co galeguismo contactando coas Irmandades da Fala. Risco desenvolveu un labor fundamental a favor da recuperación e da dignificación da cultura galega, preocupación que o levou atender a múltiples frontes, dende aconsellar e guiar a nova xeración ata se transformar no ideólogo do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego. Foi o fundador da revista Nós e colaborou no Seminario dos Estudos Galegos.
  • 22. VICENTE RISCO No campo político consolidou dende moi cedo o seu peso nas Irmandades e conseguiu a súa desmembración creando a Irmandade Nazonalista Galega, de opción culturalista fronte ás aspiracións políticas da vella Irmandade da Fala. Iniciou a súa andaina como narrador no ámbito da novela curta para seguir cunha novela fundamental na literatura galega, O porco de pé (1928). Mais tamén cultivou todos os outros xéneros: teatro, poesía e, sobre todo, o ensaio. O 23 de febreiro do 1929 ingresa na Real Academia Galega.
  • 23. VICENTE RISCO En 1930 Risco realizou unha viaxe como bolseiro co fin de se achegar á etnografía centroeuropea. De regreso publicou "Da Alemaña" na revista Nós, un conxunto de artigos que serán compilados posteriormente en Mittleleuropa (1934), onde se pode apreciar a súa postura ideolóxica, cada vez máis tradicionalista. A súa contribución máis destacada dentro do Partido Galeguista foi a creación e posterior escisión da Dereita Galeguista. Durante a guerra foi un afervoado cantor dos fascistas sublevados. En 1945 marchou a Madrid, mais voltou definitivamente para Ourense en 1948. Son anos en que Risco está centrado na súa carreira como escritor español. De todos os xeitos, a instancias dos seus vellos camaradas, baixo o título de Leria, publicou en 1961 unha escolma de traballos filosóficos, críticos e literarios, redixidos na nosa lingua entre 1920 e 1955.
  • 24. VICENTE RISCO As seguintes obras de Risco van estar baseadas nas lendas e tradicións populares, O lobo da xente (1925) e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925). De 1926 é o cadro dramático A Coutada centrado no sentimento da terra e da volta ás orixes, aos devanceiros. En 1927 publicou en Nós algúns capítulos dunha novela que non remataría, Os europeos en Abrantes, unha sátira contra algunhas personalidades coñecidas da intelectualidade de Ourense. Posteriormente publica a súa única novela, O porco de pé, na cal amosa a súa concepción espiritual da historia, contraria ao materialismo e ao mundo moderno. De 1928 é a obra de teatro O bufón de El-Rei. Risco destacou na narrativa, no teatro e no ensaio principalmente. Escribiu en galego e en castelán.
  • 25. VICENTE RISCO Fundamentalmente Risco caracterízase polo seu antimodernismo. O pensamento político de Risco baséase na crítica á modernidade, considerada como decadencia e abandono das formas de vida máis puras e lexítimas, ao tempo que exalta a irracionalidade, o misticismo e a relixiosidade popular, por iso mesmo rexeitará a literatura realista. A Galicia verdadeira, para Risco, é a tradicional, a dos labregos e mariñeiros, é esa a Galicia na que se garda a esencia da raza, o sentimento relixioso da Terra, mitificadora dos tempos pasados.
  • 26. VICENTE RISCO Vicente Risco continuou a exercer unha forte fascinación, e a súa obra investigadora, ensaística, crítica, etnográfica e literaria foi obxecto de numerosos estudos. A totalidade da obra literaria de Risco vai ser un reflexo do seu pensamento filosófico e político. O seu primeiro texto literario é o relato breve Do caso que lle aconteceu ó Dr. Alveiros, centrado no tema do esoterismo e a maxia. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1981.
  • 27. VICENTE RISCO Actualmente existen varios colexios que levan o nome de Risco: · CEIP Vicente Risco (Vigo) · IES Vicente Risco (Ourense) Tamén existe unha fundación denominada Fundación Vicente Risco, na que se realizan actividades para promover o estudo sobre poetas e escritores galegos. Existen os Premios Vicente Risco, un concurso de creación literaria.
  • 28. ALEXANDRE BÓVEDA Alexandre Bóveda Iglesias, nado en Ourense o 4 de xuño de 1903 e fusilado no monte da Caeira, en Poio, o 17 de agosto de 1936, foi un dos intelectuais galeguistas máis relevantes da Segunda República española en Galiza, chegando a ser o motor do Partido Galeguista segundo palabras do propio Castelao. Dende moi neno adicouse ó estudo do francés e da contabilidade. Estudou peritaxe mercantil na Escola de Comercio da Coruña por libre, ó mesmo tempo que impartía clases ós máis novos nun colexio de Ourense. Asiduo lector da Revista Nós pronto comezou a escribir en La Zarpa de Basilio Álvarez. Foi nas follas deste xornal onde se deu a coñecer como un gran comunicador.
  • 29. ALEXANDRE BÓVEDA Logo participou nunhas oposicións en Madrid a unha das dez prazas de xefe de Facenda do estado conseguindo o número un en 1924. Por este motivo José Calvo Sotelo ofrécelle un posto no seu Comité de Intervención de Cambios; porén Alexandre rexeitou a oferta e volveu a Galiza para traballar na delegación de facenda de Ourense. Tras aprobar outras oposicións marchou a Pontevedra a ocupar o posto de Xefe de Contabilidade con tan só 23 anos. Pronto tomou contacto co faladoiro que presidían Castelao e Losada Diéguez no Café Méndez Núñez e viuse envolto nas actividades dos dous galeguistas. Ámbolos dous introducírono na política e noutros campos, como a Coral Polifónica de Pontevedra, onde coñeceu a Amalia Álvarez Gallego (filla de Xerardo Álvarez Limeses), coa que casou o 20 de outubro de 1930 no Mosteiro de San Xoán de Poio e coa que tivo cinco fillos.
  • 30. ALEXANDRE BÓVEDA En 1930 convértese no primeiro director da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. En 1928 e 1929 recibira unha bolsa da Deputación de Pontevedra para viaxar a Barcelona e Guipúscoa para estudar o funcionamento das Caixas de Aforros. En 1932 participou na asemblea pro-estatuto que se celebrou en Santiago de Compostela e resultou elixido membro da comisión redactora. Tivo un papel moi activo na redacción do estatuto e na Asemblea de municipios que se creou para debatelo. En 1933 foi elixido membro do Comité da Autonomía presidido por Bibiano Fernández Osorio Tafall. O 20 de outubro de 1934 publicouse unha orde ministerial impoñéndolle un destino administrativo forzoso na delegación de facenda de Cádiz. Retornou no outubro do ano 1935 a Galiza ó obter unha praza na delegación de facenda de Vigo
  • 31. ALEXANDRE BÓVEDA En 1936 participou na campaña electoral, á que acode como candidato da Fronte Popular pola provincia de Ourense mentres tomaba posesión dun cargo na delegación de facenda de Pontevedra. Tralo Alzamento Nacional foi detido o 20 de xullo de 1936 acusado de traizón e condenado a morte nun xuízo celebrado o 13 de agosto dese mesmo ano. A sentenza executouse o 17 de agosto na Caeira (Poio) Alexandre Bóveda é un dos mitos do galeguismo. Foi convertido en mártir pola defensa da liberdade e dos seus ideais. Na data da súa morte celébrase actualmente o Día da Galiza mártir.
  • 32. CASTELAO Alfonso Daniel Rodríguez Castelao é todo un símbolo do nacionalismo galego, un loitador no exilio, que reflectiu na súa obra literaria e pictórica o fondo compromiso que o unía á súa terra, Galicia. Castelao foi un intelectual, na súa persoa reuníanse as facetas de narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante e político galego, chegando a ser a figura máis importante da cultura galega do século XX. Ademais, estudou Medicina, pero confesaba: "Fíxenme médico por amor ao meu pai; non exerzo a profesión por amor á humanidade". Foi homenaxeado co segundo Día das Letras Galegas, no ano 1964. En decembro de 2011 a Xunta de Galicia declarou a súa obra como ben de interese cultural inmaterial.
  • 33. CASTELAO Naceu en Rianxo o 30 de xaneiro de 1886. Aos once anos emigrou coa súa nai a Arxentina para reencontrarse co pai, que xa marchara primeiro. Á súa volta retomou o bacharelato e cursou estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. En 1910 comezou a traballar como médico na súa vila, mergullándose na política local. Non obstante, a profesión non lograba satisfacelo e, en 1914, unha crise de cegueira acabaría precipitando o seu afastamento dela. En 1916 obtivo unha praza de funcionario no Instituto Xeográfico e Estatístico de Pontevedra. Comezaba, entón, unha etapa en que Castelao chegaría a converterse no principal referente da arte galega.
  • 35. CASTELAO O seu labor céntrase na creación plástica, que manifesta a través de cadros e caricaturas -Nós-, mais tamén é tempo de reflexión sobre as relacións entre a arte e a nación, que exporá na conferencia Arte e galeguismo (1919), e que callarán definitivamente tras a viaxe que realiza en 1921 por Europa -Diarios de Arte-. A partir deste momento, a plástica facilitará a súa entrada na literatura con obras como Cousas da vida, Cousas, Os dous de sempre ou Retrincos.
  • 37. CASTELAO O Castelao político xa participara nas Irmandades da Fala desde o nacemento destas en 1916, promovendo a constitución dunha delegación local en Pontevedra, actuando como delegado nas Asambleas Nacionalistas e colaborando n'A Nosa Terra, voceiro das Irmandades. Coa chegada da República e a fundación do Partido Galeguista, foi elixido deputado por Pontevedra nas Cortes Constituíntes e defendeu en Madrid iniciativas do programa galeguista. A finais dese ano contribuíu con numerosos mitins á unificación e consolidación do noso nacionalismo.
  • 38. CASTELAO Mais os movementos revolucionarios de Asturias e Cataluña en outubro de 1934 provocaron a reacción do goberno conservador descabezando o Partido Galeguista, suspendendo a publicación A Nosa Terra e desterrando a Castelao a Badaxoz. Ao ano seguinte retornou a Pontevedra e, co Partido Galeguista integrado na Fronte Popular, conseguiu, nas eleccións xerais de 1936, o escano co maior número de votos de toda Galicia.
  • 40. CASTELAO Nos anos da guerra comprometeuse enteiramente coa defensa da legalidade republicana. É a época dunha maior radicalización do antifascismo e do sentimento patriótico en Castelao, que plasma nos álbums de guerra -Galiza mártir, Atila en Galiza, Milicianos-, de gran difusión internacional.
  • 41. CASTELAO Bandeira de todo galeguismo, desenvolveu unha actividade continua no exilio, reorganizando as comunidades galegas coa esperanza de que caese o réxime franquista. Polo que respecta á súa produción, abandonados o debuxo e a pintura por mor da súa cegueira, concéntrase na publicación da súa principal obra política Sempre en Galiza.
  • 42. CASTELAO Nos primeiros meses de 1949 un cancro de pulmón afástao da actividade pública. En 1950, ano en que se disolve o Partido Galeguista, falece en Buenos Aires o día 7 de xaneiro.
  • 43. RAMÓN CABANILLAS Ramón Cabanillas Enríquez; (Cambados, 1876-1959) Considéraselle un dos escritores máis destacados da literatura galega do século XX, aínda que pode situárselle máis propiamente nunha etapa de transición entre o século XIX e o XX. Recibiu en vida o apelativo de "Poeta de Raza". A súa produción poética mostra os seus dotes como versificador en numerosos rexistros temáticos e estilísticos, como o amoroso, o relixioso e o cívico.
  • 44. RAMÓN CABANILLAS Apoiou o movemento agrarista e pertenceu ás Irmandades dá Fala, o que fixo que se lle considerase un símbolo do nacionalismo anterior á Guerra Civil. Ingresou no Seminario de Estudos Galegos cun discurso que levou o título das romaxes de Nosa Señora dá Franqueira. Apuntamentos dun ofrecido (publicado en Nós, 1927); na Real Academia Galega, co discurso A saudade nos poetas galegos (1920); e na Real Academia Española, xunto con Cotarelo Valledor, o 26 de maio de 1929, cun discurso sobre a vida e obra de Eduardo Pondal.
  • 45. RAMÓN CABANILLAS Despois dos seus primeiros estudos entrou no Seminario de San Martiño Pinario (1889- 1893), que lle proporcionou unha sólida formación clásica. Desde alí pasou a exercer funcións burocráticas no seu pobo natal, nunha notaría e despois no concello, onde estivo a traballar dez anos. Contraeu matrimonio con Eudoxia Álvarez e emigrou a Cuba en solitario en 1910.
  • 46. RAMÓN CABANILLAS Na Habana foi contable de comercio e administrador do Teatro Nacional, que era propiedade do Centro Galego, para o que dirixiu o boletín O Centro e redactou uns novos estatutos. Volveu a Cambados en 1912, onde quedara a súa esposa e, despois de asistir a un mitin de Acción Galega en Vilagarcía, simpatizou coas ideas do movemento agrarista de Basilio Álvarez.
  • 47. RAMÓN CABANILLAS Uns meses despois volveu a Cuba e alí publicou o seu primeiro poema, na revista Suevia ("Lonxe", 1910) e o seu primeiro libro, No desterro (1913). Despois de dous anos volveu a España e comezou a traballar como secretario do Concello de Mos (1916-1924); participou activamente na vida cultural e política da época, ata o punto de figurar como candidato para a Asemblea Constituínte en 1931. A Guerra Civil sorprendeulle mentres vivía en Madrid; de alí trasladouse a Valencia, onde se atopou con Castelao. En 1937 volveu a Cambados e comezou a traballar como secretario de distintos pobos galegos (Silleda, Moaña, Meaño, Meis, Dozón). De novo en Madrid, organizou un faladoiro no café Lyon d'Or e acabou volvendo a Cambados ao final da súa vida.
  • 48. RAMÓN CABANILLAS O conxunto da súa obra resulta amplo, complexo e de difícil catalogación. En canto aos seus libros de poemas, o primeiro é No desterro. Visións galegas (No desterro, Visións galegas, 1913), que contén poemas patrióticos próximos á poesía de Curros Enríquez, aínda que Cabanillas mantívose próximo ao catolicismo; nel percíbese a lectura de Rosalía de Castro, así como influencias modernistas. O mesmo sucede en Vento mareiro (1915).
  • 49. RAMÓN CABANILLAS En Da terra asoballada (1917) abundan as composicións de carácter reivindicativo da identidade política e cultural de Galicia. En O bendito San Amaro (1926) imita a factura dos romances de cego, con debuxos de Castelao. O poemario Na noite estrelecida (1926) está influído polo celtismo e enlaza a lenda do Graal con Galicia, coa intención de exaltar á súa patria. Na rosa de cen follas. Breviario dun amor (1927) insistiu na descrición da vida e a paisaxe mariñeira da súa terra, así como en contar os costumes da Galicia campesiña, aínda que se trata dun poemario de amor.
  • 50. RAMÓN CABANILLAS Despois da Guerra Civil publicou Camiños no tempo (1949), no que recuperou o sentimento céltico pondaliano. Antífona dá cantiga (1951) pasou a denominarse en edicións posteriores Cancioneiro popular galego, porque recolle un bo número de cantares populares, cunha introdución en prosa. Outras obras poéticas posteriores foron Dá miña zanfona (1954), Versos de alleas terras e de tempos idos (1955) e Samos (1958), última obra publicada en vida do autor, que constitúe un poema épico de inspiración relixiosa. Póstumamente publicouse Romaxes dá Franqueira con mais ou Romance i ou diálogo do mouro i ou cristián (1974).
  • 53. SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores. Antón Losada Diéguez pensou en crear un órgano que tivese como función poñer en valor a cultura galega. Fórmase, pois, na súa casa en Pontevedra a Xuntanza de Estudos e Investigacións Históricas e Arqueolóxicas. Paralelamente, Wenceslao Requejo Buet proponlle a un grupo de estudantes de primeiro de Dereito formar un grupo "cos que se interesasen por problemas de cultura, arte, literatura e historia principalmente, algo así como unha tertulia ou ateneo". Nese grupo, que primeiro collería xente como Filgueira Valverde ou Lois Tobío Fernández, estenderíase despois a estudantes maiores (Fermín Bouza Vrey, Romero Cerdeiriña...) e aos profesores, como Armando Cotarelo Valledor. De feito, foi Cotarelo quen lle deu o nome de Seminario de Estudos Galegos, que foi como pasou á historia.
  • 55. SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS Nunha xuntanza celebrada o 12 de outubro de 1923 en Ortoño (Ames), na casa onde vivira Rosalía de Castro, onde participan estes nove estudantes recollendo a tradición da Xuntanza de Ampliación de Estudos, acordan a creación do seminario. O 23 de outubro, intégranse nel boa parte da intelectualidade galeguista que se movía ó redor da revista NÓS e asinan a acta fundacional no domicilio de Armando Cotarelo Valledor. Porén Lois Tobío sinala que Losada Diéguez non se sumou ao seminario nese momento inicial, senón pouco despois, canda o Grupo Nós, Castelao, Antón Villar Ponte, Manuel Lugrís Freire.
  • 56. SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS No escudo, deseño de Castelao, a tipografía discorre sobre dous círculos concéntricos que xiran arredor dun cáliz con cinco estrelas e unha pomba, coas lendas SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS · COMPOSTELA e DEUS · SCIENTIA · GRATRESQUE · GALLÆTIÆ. Nos anos seguintes incorporaríase a maior parte de intelectualidade galeguista, dende o arquiveiro do concello de Santiago de Compostela, Pablo Pérez Constanti, ata o arcebispo Manuel Lago González, pasando por Ramón María Aller, Federico Maciñeira ou Xesús Carro.
  • 58. SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS En 1925, Cotarelo trasládase a Madrid e a presidencia pasa a Salvador Cabeza de León. Comezan tamén a recibir axudas económicas e en 1927 empezan a publicar os Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, que editará Ánxel Casal e que recompilará as publicacións da institución. Anteriormente os seus produtos editábanse a través da Real Academia Galega. O local do Seminario estaba situado nos baixos do Colexio Maior San Clemente.
  • 63. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ Antón Losada Diéguez naceu en 1884 na parroquia de San Mamede, situada no concello de Boborás, O Carballiño. Os seus primeiros anos transcorreron entre o pazo de Moldes, a casa petrucial da familia —de orixe fidalga e ideoloxía ultra conservadora— e a vila da Estrada, onde o pai traballaba como notario. Mais moi novo foi levado interno á Guarda para estudar o Bacharelato no Colexio Apóstolo Santiago de Santa Isabel de Camposancos cos xesuítas. Non obstante, conseguiría o título de bacharel en 1899 no Instituto de Pontevedra. Doutor en Filosofía e licenciado en Dereito —tras pasar polas universidades de Deusto, Salamanca, Madrid e Compostela— comezou a traballar como profesor axudante de Armando Cotarelo Valledor. Nesta altura Losada iniciou a súa relación co movemento galeguista e co agrarismo de corte social- católico. Nos anos seguintes loitou por que as antigas reivindicacións agraristas tivesen un oco no nacionalismo, tentando, ademais, tender unha ponte entre as posturas galeguistas e a Igrexa — Losada nunca abandonaría a súa relixiosidade—.
  • 64. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ No ano 1911 viaxou a Madrid co obxectivo de preparar oposicións á cátedra de Psicoloxía, Lóxica, Ética e Rudimentos de Dereito, obtendo o primeiro posto. Tres anos despois —tendo sido destinado en diferentes centros como Catedrático de Instituto— fíxose cunha praza en Ourense. Losada integrouse á perfección no ambiente cultural da cidade, onde permaneceu até o seu traslado a Pontevedra (1919). Desde o seu ingreso en 1917 nas Irmandades da Fala, Losada desempeñou un papel relevante na conformación da ideoloxía nacionalista na Galiza. Resultará decisivo na evolución dos que chegarían a ser os compoñentes do Grupo Nós, atraendo a Risco, Noguerol, Otero Pedrayo e Cuevillas ás Irmandades. Chegou a presidir a I Asemblea Nacionalista en Lugo en 1918 e, dous anos máis tarde, encontraríase entre os fundadores da revista Nós —que se fixo realidade a partir dunha idea súa—. Tamén foi membro destacado do Seminario de Estudos Galegos, ao que accedeu en 1924.
  • 65. ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ Para alén dalgúns contos publicados en revistas como Nós ou Alborada —"Home viaxeiro", "Queixumes", "Conto sinxelo", "Amañecer"—, pezas teatrais —"A Domeadora"—, poemas e un breve escrito de ton filosófico —"Teoría cuasi trasdendental da velocidade"—, a obra de Losada componse fundamentalmente de ensaios —maiormente políticos—, que serían compilados en 1985 baixo o título de Obra completa. Porén, a forte influencia que Losada exerce nos compoñentes da Xeración Nós non se produce unicamente a través dos seus escritos ensaísticos —pouco numerosos, por outra parte—, mais sobre todo por medio da conversa, do discurso e do intercambio epistolar. Defensor da entidade nacional do país galego, esixirá a súa soberanía política como afirmación imprescindíbel perante un Estado centralista e explotador. Losada Diéguez, a quen se dedicaría o Día das Letras Galegas de 1985, faleceu en Pontevedra no ano 1929, con corenta e cinco anos. Neste mesmo ano a revista Nós dedicou un número á súa figura. Tempo despois os seus restos foron trasladados á capela familiar na igrexa parroquial de Moldes.
  • 66. FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS Florentino López Alonso-Cuevillas, foi un historiador e escritor galego nado en Ourense, o 14 de novembro de 1886 e morto na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, ao cal en 1968 se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, á Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política a favor do galeguismo.
  • 67. FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado tras a guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario, e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Cuevillas realizou a tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que ata aquel momento fora esquecida.
  • 68. FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS Foi fillo de Florentino López Bardón e Vicenta Alonso-Cuevillas Álvarez Seara. Ao morrer o pai, a nai marchou a vivir a Ourense, onde naceu Florentino, na rúa do Progreso. Do ano 1896 ao 1901 estudou Bacharelato no instituto de dita cidade. De 1902 a 1906 estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, profesión que nunca exerceu. Durante o transcurso da súa etapa universitaria, amosou un grande interese pola literatura e ó mesmo tempo acudiu ás veladas literarias do Ateneo León XIII e ás conferencias realizadas polo alumnado das facultades de Dereito e Medicina. Licenciouse en xuño de 1906, e en 1911 marchou a Madrid para recibir clases de Filosofía e Letras. Acudiu ás reunións no Ateneo, a representacións teatrais e á ópera, frecuentando os faladoiros madrileños de máis fama do momento. Nesa mesma cidade traballou como funcionario de gobernación volvendo breves temporadas a Galicia. Máis tarde regresa a Ourense, traballando como funcionario, primeiro de Gobernación e despois de Facenda pública. Posteriormente casou con Milagros Rodríguez, coa que tivo tres fillas.
  • 69. FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS Os primeiros artigos creados por Cuevillas foron textos políticos e de crítica literaria publicados no periódico El Miño. En 1917, Rodríguez Sanjurjo, Vicente Risco e Cuevillas decidiron fundar a revista La Centuria, na que Cuevillas manifestou unha maior orientación sociopolítica. Nese mesmo ano e por influencia de Antón Losada Diéguez, Cuevillas implicouse co galeguismo. Ingresou nas Irmandades da Fala en 1918, intervindo na fundación da revista Nós en 1920 con Risco e Castelao e outros e do Partizo Nazonalista Republicán de Ourense en 1931, a través do cal militou no Partido Galeguista, e foi designado conselleiro da Irmandade Nacionalistas Galega. CO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS ( é o segundo sinalado comezando pola esquerda).
  • 70. FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS En 1922 publicou o seu primeiro traballo de arqueoloxía en Nós, "A mansión Aquis Querquenis", un estudo sobre a Galicia prerromana. O artigo "Dos nosos tempos" onde explica o significado do Grupo Nós e a súa transcencencia para a cultura galega, deu pé ao manifesto xeracional do cenáculo ourensán. Cos demais membros da xeración Nós, traballou en diversos labores de posta en valor do patrimonio galego. Desde entón traballou no estudo da historia e patrimonio arqueolóxico galego desde a Comisión Provincial de Monumentos históricos e artísticos de Ourense. As súas investigacións de campo, as máis das veces dirixidas ó estudo do megalitismo e da cultura castrexa en Galicia, así como a sistematización da prehistoria galega que realizou, acabaron por coroalo como a figura máis importante en Galicia no referente á investigación prehistórica. Indirectamente, co seu traballo científico colaborou coa normalización da lingua galega. CON VICENTE RISCO NUNS ESTUDOS ARQUEOLÓXICOS EN SAN CIBRAO DE LÁS
  • 71. FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS Incorporouse ao Seminario de Estudos Galegos ao pouco de crearse, co discurso de ingreso «A edade do ferro na Galiza». No Seminario foi elixido director da Sección de Prehistoria cando se constituíu en 1926 estando nese cargo ata 1936. Finalizada a Guerra Civil española, foi forzado a abandonar a actividade política e purgar o seu expediente de responsabilidades políticas, se ben a partir de 1939 continuou os seus estudos arqueolóxicos. Máis tarde deixou de lado o traballo de campo por un problema de saúde, pasando a adicarse á sistematización da información recollida. Converteuse en membro numerario da Real Academia Galega, sendo presidente Manuel Casás Fernández, o 27 de xullo de 1941. O mesmo día ingresaron outros dezaoito máis polas moitas vacantes producidas pola guerra. En 1944, accedeu ao Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento, ó tempo que redactou o tomo da Prehistoria, o terceiro da Historia de Galiza dirixida por Otero Pedrayo. Finou na súa casa da rúa de Santo Domingo, sendo soterrado no cemiterio de San Francisco de Ourense.
  • 72. FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS RESIDENCIA XUVENIL FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS EN OURENSE
  • 73. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN A Escola Rexional de Declamación foi un proxecto de consolidación do teatro galego que se levou a cabo a comezos do século XX. No ano 1902 apareceu unha noticia nun xornal na cal se dicía que un grupo de mozos liderado por Eduardo Sánchez Miño pretendía crear na cidade da Coruña unha escola teatral. O 18 de xaneiro de 1903, actores e actrices da Coruña representaron a obra dramática Filla…! de Galo Salinas.
  • 74. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN Pero non foi algo doado atopar actores, e sobre todo actrices, que accederan a actuar en galego, debido aos prexuízos lingüísticos da época. De feito, o problema destes conceptos da lingua creados arredor do galego viña diminuíndo o número de actores en galego xa desde o ano 1882. Un tempo despois ese grupo, dirixido por Salinas, constituíu na Coruña a Escola Rexional Galega de Declamación. Para Salinas, as causas do estancamento en que se encontraba o noso teatro resumíanse en falta de actores, desconsideración social polo idioma e falta de persoas, xa que non querían exercer a profesión de actores en galego.
  • 75. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN Coa creación deste colectivo perseguíanse básicamente dous obxectivos fundamentais: ser viveiro de actores e ser estímulo para os autores, que terían a posibilidade de ver representadas as súas propostas escénicas. Pero lóxicamente, o futuro deste proxecto non dependía so das boas intencións dos animadores, senon que tamén era necesario contar cun mínimo de respaldo social, aínda que non era algo fácil debido ao desprezo do galego. Como medida máis inmediata había que comenzar por dar a coñecer o glorioso pasado do idioma para mostrar a súa total capacidade para o uso literario de artístico, empregando todos os medios ao seu alcance como revistas, libros, conferencias, etc. Na foto: Agrupación Dramática Gallega
  • 76. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN Dentro deses proxectos ambiciosos, a promoción da actividade teatral ocupaba un lugar prioritario, pois reunir un grupo de persoas nun local cerrado, conseguir fixar a súa atención nun reducido espazo luminoso en que se está a representar un aspecto da vida, constitúe unha oportunidade desdeñable para filtrar un discurso ideolóxico ou para alertar sobre unha situación determinada. Isto explica a razón pola que o teatro foi utiilzado, máis que ningunha manifestación artística, como instrumento de alienación, como tribuna reivindicativa ou como plataforma dos máis diferentes signos e tendencias. Para os Rexionalistas non abondaba con escribir teatro, tiñan que demostrar ademais a utilidade do seu proxecto, comezando pola propia opción lingüística. Sabedores desta limitación, procuraron sempre atraer sectores empresariais e financieiros da burguesía galega. FOTO: Cadro de actores que representou en Vigo a obra Margarida a Malfadada.
  • 77. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN Manuel Lugrís Freire, máximo representante do teatro social, converteuse no seu presidente. Foi o primeiro escritor de teatro en utilizar a prosa e tamén foi autor da totalidade dos espectáculos realizados polo cadro coa excepción da obra de Salinas: A Ponte (1903), Mareiras (1904) e Minia (1904). A composición da Escola era a seguinte; un presidente, un director técnico, dous directores artísticos, un secretario, un bibliotecario, dous vogais e un representante. Tamén se podían incorporar outras persoas en condición de alumnos. Había, ademais, uns socios protectores que pagaban unha cota mensual que estaba destinada a financiar os custos dos espectáculos. Foi o primeiro grupo de teatro estable do ámbito galego. Comezou a levar a cabo ensaios teatrais e tamén substituíu o verso pola prosa, facendo grandes cambios na historia do teatro.
  • 78. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN Mais a Escola Rexional de Declamación tamén sufriu unha serie de problemas internos, principalmente pola falta de entendemento entre Galo Salinas e Manuel Lugrís Freire. A disolución da escola produciuse en 1905. Aínda así, a súa disolución valeu para que a prensa rexionalista da emigración cubana comezase a exercer presión para que o teatro galego se reactivase na emigración. Os espectáculos realizados pola Escola Rexional de Declamación foron: ¡Filla…!, de Galo Salinas. Estrea: A Coruña, 18 de Xaneiro 1903. A Ponte, de Manuel Lugrís Freire. Estrea: A Coruña, 18 de Xullo 1903. Minia, de Manuel Lugrís Freire. Estrea: Ferrol, 19 de Marzo 1904. Mareiras, de Manuel Lugrís Freire, e Rentar de Castromil, de Evaristo Martelo Paumán. Estrea: A Coruña, 16 de Outubro 1904.
  • 79. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN OBRA DRAMÁTICA DE GALO SALINAS ● A Torre do Peito Burdelo (1891). ● ¡Filla...! (1892). ● Sabela (estreado en 1903). ● A Fidalga (1904). ● A Campán (Honor Golfesco) (1904). ● Alma Gallega (1904). ● Feromar (estreado en 1907). ● Bodas de Ouro (1921). ● Entre Dous Mundos (1921). ● Copas e Bastos (estreada en 1922). ● Entre o Deber e o Querer (estreada en 1923). ● Sen data ● Contrabando e Contrabanda ● O Crime da Silveira ● Vós e Nós ● Os Meus Amores ● ¡Coida Non cho Leven!
  • 80. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN OBRA DRAMÁTICA DE LUGRÍS FREIRE A ponte: drama en dous actos en prosa, 1903 ● Mareiras: drama en tres actos en prosa, 1904 ● Minia: drama n-un acto en prosa, 1904 ● Esclavitú: drama en dous actos en prosa, 1906 ● O pazo: comedia en dous actos, en prosa, 1916 ● Estadeíña: comedia en duas xornadas en prosa, 1919
  • 81. ESCOLA REXIONAL DE DECLAMACIÓN Unha vez desaparecida a Escola Rexional houbo algúns intentos de reorganizala, como o realizado por Eduardo Sánchez Miño en 1908 e 1913 ou polo grupo “Thalía” en 1910, mais non chegaron a consolidarse. A pesar da súa curta traxectoria, pois desapareceu aos dous anos, serviu como precedente do “Conservatorio Nacional de Arte Galega” creado polas Irmandades da Fala en 1919.
  • 82. ÁMPARO LÓPEZ JEAN Amparo López Jean naceu en Vilaboa no ano 1885 e morreu en Francia no 1942. Foi unha activista galeguista e presidenta da Agrupación Republicana Feminina da Coruña. No ano 1935 ingresou no Partido Galeguista. Trasladouse a Soria, onde o seu home, César Alvajar, foi nomeado Gobernador Civil. Durante a Guerra Civil viviu en Madrid, Valencia e Barcelona. En Barcelona foi nomeada Secretaria do Grupo Feminino Galeguista. Cando a guerra rematou, exiliouse en Francia.
  • 83. ELVIRA BAO MACEIRAS Elvira Bao Maceiras naceu no ano 1890 e morreu no ano 1971, foi unha mestra e militante do nacionalismo e republicanismo galega. Exerceu de profesora na Escola de Redes e nas Colonias Escolares do Sanatorio Marítimo de Oza ata o ano 1936, que foi nomeada directora. No 1918 foi elixida para Secretaria da Xunta Directiva das Irmandades da Fala da Coruña. Foi membro da Agrupación Republicana Feminina da Coruña e foi a primeira Xunta Directiva. Despois da sublevación do 18 de xullo de 1936, estivo na cárcere e foi destituída do ensino público. No 1945 creou unha escola privada na súa casa da Coruña ata que por un problema de saúde, tivo que deixar a profesión.
  • 84. ELVIRA BAO MACEIRAS A súa filla Elvira Varela non puido estudar porque non lle concederon a carta de recomendación do réxime. Foi autodidacta: o que sabe aprendeuno dos seus pais e pola súa conta. O Estado español non lle recoñece ningún tipo de pensión nin axuda, do mesmo xeito que á maioría dos nenos e nenas da Guerra Civil Española.
  • 85. MICAELA CHAO MACIÑEIRA Micaela Chao Maciñeira, nada en Viveiro e finada o 27 de novembro de 1928 foi unha política galega. Micaela Chao Maciñeira, muller de Antón Vilar Ponte, foi a única muller que participou no acto fundacional da nova organización, única que fixo parte da delegación irmandiña que viaxou a Cataluña en 1917, colaboradora do Conservatorio Nazonal do Arte Galego e principal animadora da constitución dunha Sección Feminina no seo da Irmandade coruñesa. En 1913 casa con Antón Vilar Ponte, un dos fundadores dunhas das primeiras Irmandades da Fala e un dos principais alentadores do galeguismo.
  • 86. MARÍA MIRAMONTES María de los Dolores Miramontes Matos naceu en Santa María de Guísamo (Bergondo- A Coruña) o 6 de abril do ano 1895. Era filla de xornaleiros, e a comezos do século XX marchan vivir para a Coruña. Alí María comeza a traballar aos 11 anos nun obradoiro de costura, e onde comeza a súa formación como modista. Na Coruña xermola o pensamento nacionalista e galeguista en lugares como a Cova Céltiga. María Miramontes era unha moza esperta, intelixente e aberta, edúcase en todo este mundo e así frecuenta os núcleos republicanos na compañía de Elvira Bao, Pilar Castro e Amparo López Jean. Cando aínda era moi nova entra nas Irmandades da Fala e chegará a estar na xunta directiva. Nese ambiente republicano, galeguista e progresista coñece ao seu futuro home, Ánxel Casal. Na foto do grupo de teatro de 1918, María é a sentada, comezando pola esquerda a terceira.
  • 87. MARÍA MIRAMONTES Casan en setembro de 1920, e múdanse a Rúa Panadeiras, onde abren os dous conxuntamente un pequeno comercio de venta de teas. Os poucos ingresos que lle traían a tenda fan que María se dedique tamén á súa profesión de modista e mentres Ánxel completa a economía con clases de francés e traducións. Xuntos tamén teñen iniciativas múltiples do nacionalismo e da cultura de Galicia: as Irmandades da Fala, a editorial Lar, despois a editorial Nós e unha escola aberta e popular con ensino bilingüe e educación progresista e laica inspirada na Institución Libre de Ensinanza, para así facer que os nenos e nenas das clases traballadoras poidan aprender e formarse no coñecemento e amor por Galicia. No ano 1927 María sufre un aborto que a deixará física e psiquicamente moi mal, pero a pesar diso María afronta todo con valentía e volve levar o seu traballo de modista e o traballo nas irmandades.
  • 88. MARÍA MIRAMONTES En 1931 marchan vivir a Compostela por motivos económicos e políticos: para estar mais preto do Seminario de Estudos Galegos, xa que a Editorial Nós publicaba todas as obras desta institución e talvez, cavilando que nos novos tempos, pensan que Santiago pasaría a ser a capital de Galicia. Cando no mes de decembro deste 1931 nace o Partido Galeguista, María, xunto a Genoveva Casal e outras mulleres, non moitas, traballa a prol de convencer ao pobo de Galicia, e moi especialmente ás mulleres, da necesidade que Galicia ten de dotarse dunha forza política propia. María tiña moita fama no seu traballo de costureira e moita xente ía mercar a roupa dela. A súa xornada laboral, case sen fin, compatibilízaa coa súa militancia política e coa súa participación nas tertulias da Editorial Nós. Mais a súa preocupación está nas mulleres e no convencemento de que, dentro do Partido Galeguista, ten que haber unha organización propia feminina. Así, o 25 de xullo do 1933, Día da Patria, un grupo de mulleres militantes do Partido Galeguista, entre as que está María, asina un chamamento público dirixido a todas as mulleres para que tomen conciencia dos valores galegos. O manifesto verá a luz pública o 3 de agosto no xornal La Razón de Lalín e 3 días despois en A Nosa Terra. Coincidindo coa publicación deste chamamento, neste último xornal créase unha sección fixa dedicada ás mulleres, titulada "O recanto da muller".
  • 89. MARÍA MIRAMONTES María vai participar activamente na campaña de apoio ao Estatuto que se vai referendar o 26 de xuño de 1936. O 17 de xullo Ánxel Casal facía entrega do Estatuto de Galicia, xunto a toda a Comisión designada para esta función, ao Presidente das Cortes e ao Presidente da República. O 18 de xullo ten lugar a sublevación militar franquista. O día 20 de xullo, Ánxel Casal, que acababa chegar de Madrid, faise cargo da alcaldía e ponse ao fronte do Comité Republicano de Santiago. Ese mesmo día, ás 12 da noite, a autoridade militar obrígao a ceder o mando. María e Ánxel vanse a Vilantime (Arzúa), aldea da familia de Ánxel Casal. O martes 4 de agosto, tras ser delatado por un veciño, Ánxel foi detido e conducido á cadea de Santiago, "a falcona". Comeza así, para María, unha etapa de dor, de sufrimento. Intentará por todos os medios manter con vida a Ánxel Casal, mais el, como moitos homes e mulleres, vai ser brutalmente asasinado nunha gabia en Cacheiras na noite do 18 ao 19 de agosto. María vive unha curta temporada na Coruña na casa dos Casal arranxando os papeis para exiliarse e recompilando e gardando todos os obxectos persoais.
  • 90. MARÍA MIRAMONTES No mes de novembro de 1936, como outras moitas mulleres, embarca vía Lisboa, rumbo a Bos Aires, onde ten parte da súa familia emigrada. Cando chega alí consegue convivir co seu sufrimento e retomar a súa profesión, conservando así a súa independencia económica. Volve ser modista. Algúns anos máis tarde casa cun curmán, Pedro Miramontes, que residía na mesma casa na que ela vivía. Mais as súas conversas e a súa vida estaban máis vinculadas á familia Seoane: con Rafael, con Maruxa e con Luís podía falar de Compostela, do Estatuto, da esperanza dun país novo cun pobo libre. María Miramontes morre o 17 de setembro de 1964 na capital porteña. O xornal A Nosa Terra de Bos Aires publicou en marzo de 1965 unha nota necrolóxica escrita por Maximino Brocos (pseudónimo de Luís Seoane).
  • 91. LOIS PEÑA NOVO Lois Peña Novo, nado en Vilalba o 5 de agosto de 1893 e finado en Outeiro de Rei o 24 de xullo de 1967, foi un político e escritor galego. Fillo de Vicente Peña Rodríguez e María Novo Pardo, unha familia labrega e foi o quinto fillo. Estudou no seminario de Mondoñedo e despois cursou a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1915. no curso seguinte traballou de profesor auxiliar de Lois Porteiro na mesma facultade. En 1916, ano da fundación da primeira Irmandade da Fala, incorpórase á de Compostela e e participa como cofundador na de Vilalba. En 1918 é redactordo Programa das Irmandades da Fala aprobado na I Asamblea Nacionalista celebrada en Lugo. Entre outros recollía a petición da autonomía integral de Galicia e a igualdade de dereitos de mulleres e homes.
  • 92. LOIS PEÑA NOVO Lois Peña Novo foi o primeiro concelleiro electo nunha candidatura nacionalista en Galicia, resultando elixido no concello da Coruña nos comicios do 8 de febreiro de 1920, nos que o seu compañeiro de candidatura Antón Vilar Ponte quedou fóra por moi poucos votos. En 1921 publica o libro La Manocomunidad Gallega, que será a referencia dos galeguistas á hora de concretar as súas arelas de autogoberno. Coa chegada da Segunda República foi membro da comisión redactora do Proxecto de Estatuto de Autonomía para Galicia da Federación Republicana Gallega e poñente na presentación e defensa dese proxecto estatutario na asemblea celebrada na Coruña os días 4 e 5 de xuño de 1931. Nela aprobáronse as "Bases para o Estatuto Galego". Lois Peña Novo exerceu diversos cargos na II República: gobernador civil de Cáceres, Sevilla,Valencia, e gobernador xeral de Estremadura (nomeado o 7-12-1932). E foi un fiel defensor da mesma na súa caída ante a sublevación militar do 18 de xullo de 1936, mantendo a súa lealdade aos dirixentes democraticamente elixidos e defendendo mentres foi posible o Goberno civil de Lugo.
  • 93. LOIS PEÑA NOVO A súa pertenza ao bando dos perdedores da guerra civil supuxo o comezo das penalidades: foi encarcerado primeiro en Lugo e despois en Baralla. Máis tarde foi deportado á vila de Mallén, en Zaragoza, para retornar como confinado a Vilalba ao remate da guerra. Desta última etapa da súa vida, só se coñece a súa asistencia, contra o ano 1945, a unha reunión celebrada na Coruña por iniciativa de Ramón Piñeiro. Nela pretendíase iniciar os contactos para a formación dunha fronte democrática opositora ao franquismo. Pero a detención de Ramón Piñeiro dous anos máis tarde deu ao traste con esta pretensión, e puxo punto final á actividade política de Lois Peña Novo. Dende entón, a súa vida concentrouse no ámbito do privado e no exercicio da avogacía no seu despacho vilalbés. A única excepción constituíuna a obtención do premio Mouronte en febreiro de 1959 polo seu artigo La inversión del ahorro campesino, publicado no xornal “La Noche” co pseudónimo Luís de Cadaval. En 1962, cando xa se achegaba aos setenta anos, marcha a Madrid para vivir na casa do seu fillo, o médico Lois Peña Novo. Retorna a Vilalba todos os veráns ata que, o 24 de xullo de 1967, nunha destas viaxes, un accidente automobilístico segou definitivamente a súa vida e a da súa dona en Robra (Outeiro de Rei).
  • 94. RICARDO CARVALHO CALERO Ricardo Carvalho Calero naceu o ano 1910 en Ferrol, onde comezou a publicar os seus primeiros versos. Tras cursar por libre o Bacharelato, transladouse a Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras e cumprir co servicio militar. Aquí entrou en contacto co galeguismo e cos movementos culturais da altura, nomeadamente co Seminario de Estudos Galegos. Foi este un momento de intensa militancia política de Carvalho, integrado no movemento nacionalista e tomando parte no activismo estudiantil. Até 1932, en que gañou unha praza de funcionario municipal na vila natal, Carvalho Calero enviou numerosas colaboracións ás máis destacadas revistas literarias (A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color) e principiou a publicación dos seus libros poéticos, primeiro en español e despois en galego. O golpe militar sorprendeuno en Madrid e Carvalho posicionouse no bando constitucional, entrando en combate como miliciano. Unha vez terminado o conflito, foi condenado por separatista e recluído no cárcere de Xaén. En 1941 o escritor regresou á súa cidade con liberdade condicional. Imposibilitado para exercer a función pública, refuxiouse no ensino privado (entre 1950 e 1965 no Colexio Fingoi de Lugo), restablecendo os contactos cos galeguistas que ficaran no país. Paralelamente ao seu labor docente, desenvolveu nestes anos un importantísimo traballo investigador —iniciado coa súa tese de doutoramento, "Aportaciones a la literatura gallega contemporánea"— que tivo como fruto máis valioso a publicación en 1963 da Historia da literatura galega contemporánea. Dous anos máis tarde gañou un posto de agregado no Liceo Rosalía de Castro, de Santiago. Por fin, en 1972 foi nomeado titular da cátedra de Lingüística e Literatura Galega.
  • 95. RICADO CARVALHO CALERO Os estudos de Carvalho atinxiron igualmente a lingua. Recollendo a herdanza dos autores do Primeiro Renacemento e os traballos do profesor Rodrigues Lapa, Carvalho Calero, preocupado pola coherencia histórico-lingüística do galego a pesar da férrea oposición que encontrou no camiño, mostrouse defensor das teses etimoloxistas que terán continuidade no movemento reintegracionista, feito que lle custaría ser marxinado nos últimos anos da súa vida. Así mesmo, desenvolvería un amplo labor como editor dos clásicos. Ademais da súa extensísima obra ensaística, cultivou a poesía (Vieiros, 1931; Poemas pendurados dun cabelo, 1952; Pretérito Imperfeito, 1980; Cantigas de amigo e outros poemas, 1986; Reticências, 1990...), o teatro (Catro pezas: A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbre, Auto do prisioneiro, 1971; Teatro Completo, 1982) e a narrativa (Xente da Barreira, 1950; Scórpio, 1987). Membro da Real Academia Galega desde 1958, faleceu en Compostela no ano 1990.
  • 96. LOIS TOBÍO Lois Tobío Fernández, nado en Viveiro o 13 de xuño de 1906 e finado en Madrid o 13 de marzo de 2003, foi un diplomático, escritor e tradutor galego. Por parte materna procedía dunha familia numerosa de clase alta de Viveiro, e por parte paterna dunha familia de clase alta. Era fillo de Lois Tobío Campos e bisneto de María Xosefa Martínez Viojo, tía paterna de Rosalía de Castro En 1922, facendo o curso preparatorio de Dereito, fixo amizade con figuras chave na creación do Seminario de Estudos Galegos. Pasou a vida entre Santiago, no curso, e Viveiro, onde botaba os veráns e fixo a catalogación da documentación municipal. Finalmente en 1930 conseguiu unha praza na Universidade de Santiago de Compostela como profesor de historia de dereito e dereito romano.
  • 97. LOIS TOBÍO Estivo no exilio durante moitos anos a causa da guerra civil pasando por lugares como; Nova York, na compaña de Castelao, Cuba, México e Uruguai. Malia que fixera algunhas colaboracións illadas, Tobío non comezou a dedicarse seriamente á tradución ata a súa estadía en Montevideo, para quen comeza traducindo do inglés ao español The Life of Greece, de Will Durant. Despois seguiu alternando a tradución de textos de ficción, como Narziss und Goldmund, de Hermann Hesse, coa tradución de textos ensaísticos filosóficos, políticos e económicos, coma do Staatslehre, de Hermann Heller, que publicara en 1942 o Fondo de Cultura Económica.
  • 98. LOIS TOBÍO As décadas de T.L., Ediciós do Castro, 1994. Autobiografía. A nova vida, Ediciós do Castro, 2006 (póstuma). Narrativa. Catro ensaios sobre o Conde de Gondomar, Patronato Ramón Otero Pedrayo, 1991 Gondomar y los católicos ingleses, Ediciós do Castro, 1987 Gondomar y su triunfo sobre Raleigh, Editorial Bibliófilos Gallegos, 1974 A intervención de Gondomar nos problemas internacionais da pesca, Ediciós do Castro, 1984.
  • 99. XOHAN VICENTE VIQUEIRA Xoán Vicente Viqueira naceu en Madrid o 22 de outubro de 1886, foi un dos grandes humanistas galegos do pasado século XX. Era neto do rexionalista Xosé Pascual López-Cortón, quen tivo tres fillos todos enlazados coa Institución Libre de Enseñanza (ILE). Veu cos seus pais a vivir a Vixoi (Bergondo) aos seus poucos meses de vida. Foi aquí onde comezou os estudos primarios e tamén os secundarios, en Betanzos, antes de trasladarse en 1898, con 12 anos, a Madrid para continuar estes estudos no colexio da ILE, ata conseguir o grao de bacharelato en 1905. Dende os 15 anos sufriu unha doenza crónica nos cadrís, unha tuberculose ósea que lle provocou unha dolorosa osteomelite. Comezou os estudos universitarios de Filosofía en Madrid, obtendo a licenciatura en 1911. Neste momento xa Viqueira realizara dúas estancias en París por mor do tratamento da súa osteomelite, de tal modo que foi en París no curso de 1908 cando compatibilizou o coidado médico coa asistencia ás aulas da Sorbona e do Collège de France. Na Universidade de Madrid e na ILE continuou a súa formación.
  • 100. XOHAN VICENTE VIQUEIRA En Outubro de 1911 comezaría para Xoán Vicente a súa formación alemana. Comezouna na Universidade de Berlín, pero pronto abandona esta formación universitaria, para iniciarse na formación psicolóxica experimental .Fíxoo, ao tempo que desde a primavera de 1912 gozaba dunha das bolsas da Junta para Amplicación de Estudios (JAE). No outono de 1913 e mediante unha renovación da bolsa da JAE retornaba Viqueira a Alemania, para continuar a súa formación como psicólogo experimental . O comezo da Guerra Mundial fixo que Viqueira se trasladara a Londres durante varios meses antes de virse a Madrid como profesor no Museo Pedagóxico Nacional, onde imparte leccións de psicoloxía experimental de carácter teórico- prácticas para profesores, mentres prepara varias comunicacións científicas, e diversos traballos para a Revista General, o Boletín da ILE, os Anales da JAE e Estudio, ademáis de formar parte dos Archivos de Neurobiología. Sorteando as dificultades persistentes da súa enfermidade de osteomelite, e despois de aprobar oposicións como catedrático de instituto de psicoloxía, ética, e lóxica, accede á praza de profesor do Instituto de Santiago en l917, no mesmo ano no que casa coa profesora extremeña de antecedentes portugueses, Jacinta Landa Vaz-Coronado, obtendo un traslado ao da Coruña no principio de 1918 e aquí será profesor ata a súa morte en 1924 con só 38 anos.
  • 101. XOHAN VICENTE VIQUEIRA Como docente foi autor de varios libros de texto sobre as materias de ética e de filosofía. Como membro e mesmo presidente das Irmandades da Fala da Coruña, desenvolve unha continuada, intensa, firme e lúcida acción na construción do nacionalismo político e cultural. Foi membro da laica La Antorcha Galaica del Librepensamiento e tradutor ao castelán de textos filosóficos de empiristas ingleses . No plano dos estudos de psicoloxía escribiría valiosos traballos sobre a aprendizaxe e as tendencias, que viron a luz na Revista de Pedagogía e no Boletín da ILE. Aínda en 1923 foi conferenciante por varios días no prestixioso Ateneo madrileño, onde presentou os grandes paradigmas da psicoloxía científica euro-americana de aqueles días, o que daría lugar a un notable libro: La psicología contemporánea, publicado en 1930. Sobre algunhas das anteriores cuestións xa publicara en 1919 Introducción a la psicología pedagógica.
  • 102. XOHAN VICENTE VIQUEIRA Como membro das Irmandades da Fala foi conferenciante e ensaísta, con diversos e notables textos xornalísticos publicados en A Nosa Terra, preocupándose polos problemas educativos de Galicia, pola defensa da lingua galega e do seu ensino, e polo ser identitario do país, baixo a influencia, neste caso, da “psicoloxía dos pobos” definida por W. Wundt. Ocupouse así mesmo dos problemas da escrita do galego. Defendeu, pois, a galeguización do ensino e unha nova educación galega; tamén a modernización dos estudos de bacharelato, o ensino da muller, a posta en marcha dunha completa e politécnica universidade en Galicia; defendeu o activismo didáctico e unha psico- pedagoxía renovada para o desenvolvemento harmónico do alumnado. A fins de agosto de 1924, por mor da súa enfermidade, morría Viqueira, sendo enterrado por vontade propia de modo civil na campa de A Lagoa, Ouces (Bergondo).
  • 103. XOHAN VICENTE VIQUEIRA - La enseñanza de la psicología en las Universidades alemanas. Madrid: Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, 1915. - Un nuevo factor de la memoria de identificación. Madrid: Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas, 1916. - Introducción a la psicología pedagógica. Madrid: Francisco Beltrán, 1919. Ensayos y poesías. A Coruña: Nós, 1930. - La psicología contemporánea. Barcelona: Labor, 1930. - Da Galicia de mañá. Vigo: Galaxia, 1974.
  • 105. LOIS PORTEIRO GAREA Luís Porteiro Garea, naceu en  Lugo o 16 de novembro de 1889 e morreu en Frades o 27 de outubro de 1918. Foi un avogado e político galego, fundador das Irmandades da Fala. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Madrid en 1914 coa tese El sistema parlamentario en España y sus relaciones con el caciquismo. Foi catedrático na USC, concelleiro agrarista e presidente das Irmandades da Fala desta cidade. En febreiro de 1918 presentouse como candidato rexionalista a deputado en Cortes polo distrito de Celanova, pero foi derrotado polo candidato conservado Senén Canido Pardo. Colaborou en diversas publicacións como El Radical, Gaceta de Madrid, Estudios Gallegos e A Nosa Terra. Morreu prematuramente en 1918, vítima da pandemia da gripe e os seus restos descansan en Ponte Carreira, Gafoi.
  • 106. LOIS PORTEIRO GAREA Foi un dos creadores do nacionalismo na súa vertente política, pois apostou por superar as reivindicacións puramente lingüísticas e culturais e avanzar cara a creación dunha organización política. Tamén foi un acérrimo defensor da lingua galega, sen esquecer a europeización da cultura e rexeitou o separatismo. Considerou a Galicia e a España como dous entes diferenciados pero cunha estreita interrelación. Os seus escritos atenderon a un dobre núcleo temático: definiu a España cono unha organización defectuosa que se fundou na oligarquía e o caciquismo e responsabilizou os galegos e os factores endóxenos de Galicia dos seus propios problemas. Defendeu o establecemento dunha república presidencialista e progresista.
  • 107. LOIS PORTEIRO GAREA A los gallegos emigrados, 1918. Un mensaxe a García, 1919. A fala galega, 1936
  • 108. FILGUEIRA VALVERDE Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras (alcanzando o título de doutor) e Psicoloxía nas Universidades de Santiago de Compostela e Zaragoza. En 1923 formou parte do grupo de fundadores do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Desde ese momento e até a súa morte, acontecida en Pontevedra en 1996, o erudito pontevedrés mantería unha gran actividade na promoción de iniciativas culturais. Filgueira Valverde iniciou o seu amplo labor docente en 1927 no Instituto de Ensino Medio de Pontevedra.
  • 109. FILGUEIRA VALVERDE En 1935 gañou unha cátedra no Instituto Balmes de Barcelona e posteriormente exerceu en Lugo e na cidade do Lérez, da que foi alcalde. Pola súa dedicación ao ensino recibiría o alcume do "vello profesor". Membro numerario da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando, en 1972 foi nomeado vocal do Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Dirixiu ademais o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. No bienio 1982-83 exerceu o cargo de Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia.
  • 110. FILGUEIRA VALVERDE Na década de trinta foi colaborador habitual de El Pueblo Gallego e Logos, publicación esta última en que mantería unha sección de comentarios bibliográficos asinados co pseudónimo J. A. Para alén destes artigos, a súa obra literaria atinxe a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. Así, na súa producción figuran o libro de relatos Os nenos (1925) e a semblanza O vigairo (1927); o texto teatral Agromar. Farsa pra rapaces (1936) — estreado en 1932—, de novo asinada por J. Acuña; as antoloxías Cancioneiriño de Compostela (1932) e Cancioneiriño novo de Compostela (1969), en que recolle composicións do medioevo e etapas posteriores que fan referencia á capital galega, ou o volume de prosas literarias Quintana viva (1971). Porén, a maior aportación de Filgueira Valverde constitúena os seus traballos no campo da investigación. Moitas destas prosas, espalladas pola imprensa diaria, foron recollidas polo autor nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre os anos 1979 e 1996. As súas aportacións ao coñecemento da lírica medieval verían a luz en 1992 no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).
  • 111. LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS Leandro Carré Alvarellos naceu na Coruña en 1888. Era fillo do editor Uxío Carré, en cuxa libraría se celebraba a tertulia chamada Cova Céltica. Leandro destacou pola súa dedicación ao teatro. Cultivou así mesmo o xénero narrativo, publicando Contos e diálogos (1918), Amor malfadado (1918), Nos picoutos de Antoín (1955) e varias novelas máis. Foi un dos fundadores das Irmandades da Fala e o seu papel cobrou protagonismo cando Antón Vilar Ponte abandonou a agrupación da Coruña. Transformou entón o Cadro de Declamación da Irmandade en Escola Dramática Galega, agrupación dirixida por el mesmo en que desenvolveu tarefas de encenador, escenógrafo e formador de intérpretes. A día de hoxe, moitos dos textos de Landro Carré seguen inéditos. Porén algúns publicáronse e coñécense hoxe como Tolerías (1917), Pra vivir ben de casados (1918), O corazón dun pedáneo (1921), Coa máscara do amor (1955) e os diálogos dramáticos recollidos en Contos e diálogos. Leandro tamén compuxo cadros líricos para o coro coruñés "Cántigas da Terra", do que foi director artístico.
  • 112. LEANDRO CARRÉ ALVARELLOS En 1924 fundou na Coruña a Editorial Lar (que tamén dirixiría), plataforma que publicou durante catro anos a colección do mesmo nome. Entre os títulos editados (ademais das novelas asinadas por el propio) figuran obras de Otero, Risco, Lesta Meis, Cabanillas, Vilar Ponte e Cotarelo. Durante a ditadura franquista, Carré (que ingresou na Real Academia Galega en 1945) dirixiu a sección galega de "Artes e Letras" da revista bracarense 4 Ventos, levou a cabo un labor de recollida de literatura popular, publicou ensaios sobre a literatura galega e colaborou frecuentemente nos xornais coruñeses, no empeño de que non se esquecese o realizado no campo teatral durante aqueles anos das Irmandades. Leandro faleceu na Coruña en 1976.
  • 113. ÁNXEL CASAL Ánxel Casal Gosenge foi un editor e político galego nado na Coruña,o 17 de decembro de 1895 e finado en Teo en agosto de 1936, En 1909 emigrou a Bos Aires. Alí estivo empregado en diversos oficios durante dous anos. Volveu á Coruña e atopou traballo no consulado de Francia. Emigrou outra vez, desta vez a Bourdeux, pero regresou aos poucos meses. De 1914 a 1917 cumpriu o servizo militar.Uniuse ás Irmandades dá Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio de Arte Galega e foi o promotor e primeiro mestre da escola do ensino galego (galeguista e laica) das Irmandades, a primeira que utilizou oficialmente o galego (1926-1931). En 1920 casou con María Miramontes e abriron unha tenda de tecidos. En novembro de 1924, en colaboración con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar.
  • 114. ÁNXEL CASAL Lar representou o verdadeiro comezo da novelística galega, pois creou unha colección de breves novelas mensuais, cuxa tirada era de 3000 exemplares. Abriron a colección cun título de Wenceslao Fernández Flórez, “A miña muller” e a colección resultou un verdadeiro éxito editorial. Compraron imprenta propia e empezaron a editar o órgano galeguista A Nosa Terra. Desvinculouse desa iniciativa para fundar en 1927 a Editorial Nós. Da súa imprenta saían A Nosa Terra e a revista Nós. A revista Nós, que se fundou en Ourense en 1920 e que a partir do número 16 empezouse a imprimir en Pontevedra pero, a pesar de todo tivo que suspender a súa publicación dous números despois. O 1 de xuño de 1923, atopa na imprenta Lar o medio para seguir publicándose.
  • 115. ÁNXEL CASAL O nome completo da editorial era «Nós, Pubricacións Galegas e Imprenta».Toda a súa actividade estaba relacionada coa cultura de Galicia. O taller imprimía a revista A Nosa Terra, que desenvolvía o papel de órgano oficial das Irmandades dá Fala. Tamén publicou O Momento, un xornal vespertino, e a maior parte das publicacións do Instituto de Estudos Galegos. Casal tamén era un membro moi activo do Conservatorio de Arte Galega da Coruña, co que colaborou . En 1930 fundou o xornal republicano O Momentoque, o cal, por falta de apoio, só duraría 14 números e arrastraría a Nós case á quebra. En agosto de 1931 trasladouse a Santiago de Compostela para tratar de salvar a editorial. Militante desde a súa creación do Partido Galeguista, foi alcalde de Santiago desde febreiro de 1936 ata o seu asasinato. Alí continuou imprimindo e colaborando con diversas iniciativas republicanas, galeguistas e sindicalistas. Foi o editor e impresor das revistas vangardistas Claridade (1934) e Ser (1935) e promotor da Asociación de Escritores de Galicia, creada en abril de 1936 e truncada pola guerra civil.
  • 116. ÁNXEL CASAL Tras a sublevación militar do 18 de xullo escapou cara á parroquia de Vilantime, en Arzúa. Foi detido o 4 de agosto, e o seu corpo apareceu o 19 de agosto nun foxo da estrada da parroquia de Cacheiras, marcado hoxe cun pequeno monumento. Actualmente a Biblioteca Pública de Santiago leva o seu nome.
  • 117. XULIÁN MAGARIÑOS Xulián Manuel Cipriano Magariños Negreira, nado en Negreira o 16 de novembrode 1904 e finado o 9 de xullo de 1931, foi un escritor e avogado galego. Entre 1923 e 1928 estudou Dereito en Santiago de Compostela. Foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegaos durante a súa etapa universitaria, xunto a Bouza Brey e Filgueira Valverde e outros estudantes da época. En setembro de 1928 marchou a Madrid para preparar as oposicións a rexistrador da propiedade. En 1930 volveu a Negreira e establécese cun bufete de avogado. Escribiu na prensa (A Nosa Terra, Céltiga, El Compostelano, El País Gallego, La Voz de Barcala, Nós), colaborou (con Cordal Carús, Filgueira Valverde e Lois Tobío Fernández nun Vocabulario popular Galego-Castelán (Santiago, 1928) e publicou dúas noveliñas curtas na histórica colección Lar. Enfermo do corazón, faleceu na súa vila natal en 1934 aos 29 anos.
  • 119. VÍCTOR CASAS Víctor Casas Rey naceu o 31 de xullo de 1900 na Coruña e faleceu o 12 de novembro do ano 1936, no Poio. Foi un xornalista, actor e escritor galego. A súa traxectoria comeza en 1916, ingresando nas Irmandades da Fala da Coruña. Despoisd e abandonar o seu traballo como vendedor de calzado, participa na I Asamblea Nacionalista en Lugo, de onde saiu o “Manifesto Nazonalista” Este documento constituiría as bases do nacionalismo galego ata a Guerra Civil. Casas tamén combateu a ditadura de Primo Rivera.
  • 120. VÍCTOR CASAS Foi un activo colaborador nas Irmandades da Fala, sendo director do xornal A Nosa Terra (o voceiro principal das Irmandades) dende 1922. Tamén foi impulsor da ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), asistindo ás reunións do partido dudante setembro de 1929. Este partido tiña un carácter republicano e autonomista. Casas aceptou o Pacto de Lestrobe en 1930, no que se acordou a constitución da Federación Republicana Galega. Ao contratio, non aceptou o Pacto de Barrantes do mesmo ano, que fora organizado polo Partido Autonomista Galego e asinado por personaxes ilustres como Risco, Pelayo, Castelao… En 1931, participou na fundación do Partido Galeguista, sendo presidente deste na provincia de A Coruña e de Pontevedra Ao ser partidario da alianza na Fronte Popular, despois de estalar a Guerra Civil polo golpe de estado, foi detido. Condenárono por consello de guerra e foi fusilado por tropas franquistas nun monte de Poio (cerca de Pontevedra) xunto con outros dez republicanos.
  • 121. ARTURO CUADRADO Arturo Cuadrado naceu en Denia o 3 de maio de 1904. é fillo de Arturo Cuadrado e de Mercedes Moure Carollo que era da Agualada. Despois de casárense marcharon para Denia por motivos laborais, e alí naceu Arturo. Pouco despois morre o pai e Arturo, os seus irmáns e máis a nai volven para Galicia. Aquí Arturo obtén o seu primeiro traballo que era vender telas. Anos despois, en 1926, formou xunto a Xoán Xesús González a editorial Niké. O 14 de xullo de 1936 viaxou a Madrid con Castealo e Anxel Casal para presentar alí o Estatuto de Autonomía. Máis tarde viaxou a Valencia onde casou con Amparo Alvajar.
  • 122. ARTURO CUADRADO Tamén participou con Lorenzo Varela e Luís Seoane na fundación de editoras como Nova EMECÉ e Botella al Mar, onde publicou dous dos seus libros ; Amar din Amor e Soledad Imposible. Nos últimos anos da súa vida seguiu dirixindo “Botella al Mar” e “Ediciones Hombre al Agua”, así como o periódico Galicia, órgano da Federación de Sociedad e Culturais da Arxentina. Arturo morreu o día 6 de agosto de 1998 por mor dun paro cardíaco. Nas fotos a placa na casa da Agualada (Coristanco).
  • 124. XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ Xoán Xesús González Fernández, nado en Sebil, parroquia de Cequeril (Cuntis), o 9 de novembro de 1895 e finado en Santiago de Compostela o 12 de setembro de 1936, foi un mestre, xornalista, avogado, escritor e político galego. Na súa aldea natal exerceu como peón de canteiro, trasladado a Compostela estudou maxisterio, traballou como redactor no Compostelán e formou parte dá compañía de teatro dá Universidade, en 1925 a Asociación de Prensa de Compostela elixiuno secretario pasando ao ano seguinte a contador.
  • 125. XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ Xoán Xesús exerceu durante un tempo como mestre pero pediu a excedencia para poder estudar dereito. Participou non movemento estudantil, chegando a ser vicepresidente dá Asociación Profesional de Estudantes de Dereito, e entrou en contacto con outros estudantes galeguistas como Luís Seoane ou Ánxel Fole. Agrarista convencido, participou en mitins agraristas e anticaciquís e publicou ou folleto En pé campesiños. Nacionalista e socialista, colaborou non semanario A Nosa Terra e fundou ou xornal O País Galego (1927- 1931).
  • 126. XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ Foi dirixente da Agrupación Nacionalista Independente de Compostela, mais deixou esta agrupación non momento en que ela se integrou non Partido Galeguista, xa que Xoán Xesús era tamén secretario da agrupación socialista local de Santiago e redactor xefe do voceiro Traballo, ademais rexentaba ou seu propio bufete de avogados, mantiña con Arturo Cadrado a librería e editorial Niké e participaba na Asociación Defensores de Santiago. Descontento ante ou feble impulso autonómico do partido, en maio de 1931 fundou ou Seminario de Estudos Socialistas que en agosto se converteu non partido político Unión Socialista Galega, na que se conxugaba socialismo e galeguismo, e foi director do seu voceiro oficioso Amañecer. Tralo fracaso nas eleccións de 1933, ou partido disólvese, integrándose en Esquerda Republicana.
  • 127. XOHÁN XESÚS GONZÁLEZ En xaneiro de 1934 fundou unha organización denominada Agrupación ao Servizo da Autonomía. En abril entraba na directiva de Esquerda Republicana e, tras unha serie de desacordos que acabaron na súa expulsión, fundou con varios amigos a Vangarda de Esquerda Republicana. En 1936 participou na fundación da Asociación de Escritores de Galicia. Ao estoupar a guerra civil púxose á fronte dun grupo de cincuenta obreiros de Teo, coñecido como Ou Terzo de Calo, que se dirixiron cara a Compostela para defender a legalidade republicana, chegando ou 20 de xullo pola noite á cidade, pero tras a ocupación dá cidade polos militares, ao día seguinte Xoán Xesús foi encarcerado e permaneceu na prisión ata que vos sublevados ou fusilaron ou 12 de setembro de 1936, na tapia do cemiterio de Boisaca, en Santiago de Compostela.
  • 128. ARMANDO COTARELO VALLEDOR Erudito, historiador e creador literario nacido en Vega de Ribadeo (hoxe Vegadeo) o 28 de decembro de 1879 . Ainda que a súa terra natal era asturiana dende o punto de vista administrativo, pertencía lingüística e culturalmente a Galicia; por ese motivo, Cotarelo sempre se considerou galego. Estudou Filosofía e Letras en Madrid, onde se doutorou. En 1904 obtivo por oposición a Cátedra de Lengua e Literatura Española na Universidade de Santiago, na que tamén foi Catedrático de Teoría das Artes. A chegada de Cotarelo ás aulas compostelanas renovou a fondo a mortecina vida universitaria de Santiago e supuxo unha importante revitalización dos estudos galeguistas. En 1920 foi elixido membro da Real Academia Galega e en 1923 foi nomeado primeiro presidente do Instituto de Estudios Galegos; en 1929 foi elixido membro numerario da Real Academia Española en representación das letras galegas. En 1939 foi designado Catedrático de Filología Galaico- Portuguesa na Universidade Central de Madrid. En 1942 ingresou na Real Academia da Historia. Ao fundarse o Instituto de España, foi nominado Secretario Xeral Perpetuo. En 1949 foi Procurador en Cortes por representación académica. Faleceu en Madrid o 8 de decembro de 1950.
  • 129. ARMANDO COTARELO VALLEDOR Cotarelo foi un importante propulsor do teatro galego nos anos vinte deste século, especialmente nos ambientes universitarios: varias das súas obras foron estreadas por estudantes das aulas compostelás; nelas, o propio Cotarelo participou como director de escena e escenógrafo. O teatro de Cotarelo continúa a senda realista da escea da súa época, pero con moitos toques de drama poético. Incluso, unha obra inédita ata 1992, “Erase una vez un rey…” insértase plenamente no modernismo. Nas súas obras dramáticas advírtese unha gran destreza técnica, asi como un coidadoso retrato psicolóxico dos personaxes e a súa enorme riqueza lingüística. As súas comedias son: Trebón (1922), de ambiente labrego; Sinxebra (1923), en galego e castelán, unha comedia sentimental, cuxa acción se desenvolve nun pazo; Lubicán (1924), na que se dá conta da persecución da muller de aldea polo home de cidade; Hostia (1926), sobre o suplicio de Prisciliano; Beiramar (1931), drama de ambiente mariñeiro; Mourenza (1931), de ambiente mariñero; Ultreya, obra escrita en castelán e galego, é un libreto de ópera, con música de Rodríguez Losada, estreado en 1935, ainda que permanece inédito; do mesmo modo, Erase una vez un rey… permaneceu Inédita ata 1992.
  • 131. ARMANDO COTARELO VALLEDOR Cotarelo escribiu unhas Memorias de un escolar de antaño que comprenden dúas novelas, escritas ambas en castelán: Palladys Tyrones e La enseña radia. A ación ten lugar en Galicia durante a Guerra da Independencia contra as tropas napoleónicas. El Pazo (1923) é unha obra bilingüe, castelá e galega; Contos de Nadal, colleitos de pobo (1927) é unha coleción de relatos cortos escritos en galego.
  • 132. ARMANDO COTARELO VALLEDOR Cotarelo tivo un gran afán por cultivar saberes moi afastados dos seus, como a astronomía; nese terreo, é autor, entre outros, de El Tratado de los cometas del Padre Casani (1703), El misterio de la estrella un español lo esclarece, La nebulosa de Andrómeda y el Rey Sabio. El Padre José de Zaragoza y la astronomía de su tiempo. Sobre Arqueoloxía e Heráldica, escribiu, entre outros moitos traballos, os seguintes: Una conjetura acerca del tesoro de Castro Recouso. Blasón galaico. Sello inédito de Roy Pérez, ballestero de Alfonso XI. Como crítico de arte, débenselle: La Exposición Rosales, Catálogo de la Exposición de Arte gallego (1926); como historiador que foi, publicou as seguintes obras: en primeiro lugar, Historia crítica y documentada de la vida y acciones de Alfonso III el Magno, último rey de Asturias, premiada pola Real Academia da Historia en 1916, pero non publicada ata 1933; outras obras historiográficas son Fray Diego de Deza, ensayo biográfico (1905), Matrimonios de Ramiro I de Asturias (1922), Semblanza de Marco Fabio Quintiliano (1942), Un académico modelo: Don Martín Fernández de Navarrete en la Real Academia Española (1945) , entre outras moitas.
  • 133. ARMANDO COTARELO VALLEDOR Cotarelo dedicouse tanto ás letras galegas como ás castelás. Das primeiras publicou o Cancionero de Payo Gómez Chariño, Una cantiga célebre del Rey Sabio, Payo Gómez Chariño, almirante y poeta, El Cardenal don Rodrigo de Castro y su fundación de Monforte de Lemos, e outras moitas, nas que se mostrou a súa erudición e amor a Galicia. Por outra parte, os seus servicios á literatura española foron importantísimos, sobre todo os estudos cervantistas. El Teatro de Cervantes, publicado en 1915, premio Berwick y Alba da Real Academia Española,. Tamén de gran mérito son Padrón literario de Miguel de Cervantes Saavedra (1948), Cervantes lector , La belleza femenina en las obras de Cervantes (1905), Obras perdidas de Cervantes que no se han perdido (1947). A súa tese de doutoramento dedicouse ás letras galegas: Una cantiga célebre del Rey Sabio. Fuentes y desarrollo de la leyenda de Sor Beatriz, principalmente en la literatura española.
  • 134. VICTORIANO TAIBO Victoriano Taibo naceu en Compostela no ano 1885. En Compostela estudou Maxisterio e contactou co movemento galeguista a través da Irmandade da Fala local. O exercicio da súa profesión de mestres levouno a Cambre, Xinzo de Limia, Ortigueira, Morgadáns e finalmente a Vigo, onde morrería no ano 1966. Colaborador de O Tío Marcos da Portela estivo integrado no Instituto de Estudos Históricos do Minho e en 1948 ongresou na Real Academia Galega co discurso de Rosalía de Castro,precursora da fala,publicado poa institución en 1972.
  • 137. XAIME QUINTANILLA Naceu na Coruña o 13 de xuño de 1898 e morreu en Ferrol o 18 de agosto de 1936, foi un médico cirurxián, político e escritor galego. En 1917 creou en Ferrol unha clínica de cirurxía e fíxose famoso pola súa caridade humana cara os máis humildes. A súa actividade política céntrase principalmente na defensa do galeguismo, socialismo, participou na I Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas políticas. Participou en varios xornais como Ferrol Deportivo, Diario de Vigo ou El Correo Gallego, do que chegou a ser director e redactor xefe, aínda que tamén dirixiu a revista Céltiga. Publicou obras como Saudade, a comedia dramática Alén, o drama Donosiña e o traballo O nazonalismo musical galego.
  • 138. XAIME QUINTANILLA Foi o primeiro alcalde republicano de Ferrol ata outubro de 1934, cando foi destituído polo goberno, por outra banda, foi presidente da Federación de Colectividades Socialistas da provincia da Coruña. En febreiro de 1936, recuperou o seu posto de concelleiro, aínda que non ocupou a alcaldía, sendo substituído polo seu compañeiro Antonio Santamaría. Formou parte da xestión da Deputación Provincial da Coruña, presidida por José López Bouza, e participou na campaña para a aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia. Despois do 18 de xullo de 1936, foi apresado dúas veces na súa casa, saíu libre a primeira delas e acabou sendo fusilado o 18 de agosto dese mesmo ano no cemiterio de Canido (Ferrol) xunto outras 14 persoas, alí foi enterrado co resto, unha placa lembra o nome de todos eles.
  • 139. A NOSA TERRA A Nosa Terra foi un xornal publicado entre os anos 1916 e 1936. O primeiro número foi sacado á luz en 1916, dirixido por Villar Ponte. Este acontecemento marcou o nacemento do voceiro das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista. Estaba escrito totalmente en galego e contaba con 2000 subscriptores na saída do seu primeiro número. Este xornal foi fundamental para a expansión da filosofía galeguista. A periodicidade deste xornal foi bastante irregular. Comezou a publicarse decenalmente (cada semana) e despois quincenalmente (cada dúas semanas). Pero coa chegada da Ditadura de Primo de Rivera, o xornal comezouse a publicar mensualmente. En 1933, volveuse a publicar decenalmente.
  • 140. A NOSA TERRA O primeiro número deste xornal saíu á luz o 14 de novembro de 1916, con oito páxinas de contido. Mentres a sede desta publicación se situaba na Coruña, a redación e a administración eran feitas no despacho de Xosé Iglesias Roura, en Cantón Grande. Este abogado e escritor foi o primeiro director do xornal. Antón Villar Ponte foi o seguinte director ata a IV Asamble das Irmandades da Fala de 1922. A partir desta data, Víctor Casa será a persoa que cargue co peso da dirección, aínda que fosen nomados oficialmente directores coma Leandro Carré Alvarellos, Alexandre Bóveda, Aquilino Iglesia Alvariño en 1933 ou Ramón Suárez Picallo en 1934. O 1 de febreiro de 1932, o xornal comezou a ser voceiro do Partido Galeguista, que fora creado pouco tempo antes. Con este acontecemento, a redacción pasou a ser en Pontevedra.
  • 141. A NOSA TERRA A financiación para publicar o xornal proviña das subscripcións, publicidade e doacións de galegos en América, ademais de doacións en Galicia das Irmandades da Fala e do Partido Galeguista. O 17 de xullo de 1936, por cause descoñecida, publicouse o que sería o seu último número. Durante a publicación de A Nosa Terra, moitos intelectuais galegos do primeiro tercio do S. XX participaron neste xornal. Velaquí unha lista de todos os colaboradores. Manuel Lugrís Freire,Roberto Blanco Torres, Ramón Cabanillas Luís Amado Carballo, Ricardo Carballo Calero, Leandro Carré Alvarellos, Castelao, Evaristo Correa Calderón, Xosé Filgueira Valverde, Gonzalo López Abente, Antón Losada Diéguez, Manuel Antonio, Xaime Quintanilla, Luís Peña Novo, Luís Porteiro Garea, Aurelio Ribalta, Vicente Risco, Xoán Vicente Viqueira, Ramón Suárez Picallo, Xohán Antón Suárez Picallo
  • 142. A NOSA TERRA Polos títulos falaban sobre o nacionalismo galego como en “Nazonalismo ou Soberanía Rexional” (1916), “Teoría do Nazonalismo Galego” (1918), “O Centralismo é un Nazonalismo, os Centralistas unha Raza” (1920) ou “Nazonalismo Galego” (Vicente Risco, n.º 361, 363, 364, 365, 366, 367/ano 1935). Títulos como “O Ferrocarril da Costa en Perigo”, “Lerias da Vila”, “Paisaxe Mariñán” ou “Polo Médico do pobo” (todos do ano 1916) demostran que falaban sobre o pobo e os habitantes. Tamén falaban sobre outras nacións, para que os galegos tomasen exemplo destas, con títulos como “Polonia, Exempro” (1916), “O Exempro de Catalunya” (1936) ou “O Exemplo de Irlanda” (1965). Outros temas eran o orgullo de ser galego, celebrando a súa música, con titulos coma “Pola Música Galega” (1918), “A Música Galega” (1919) ou “A Música Popular de Galicia” (1920), ou a arte, “Conservatorio Nazonal do Arte Galego” (1919), “O Noso Arte na Pedra” (1934) ou “Foi pola súa Arte...” (1950).
  • 144. A FOUCE A Fouce foi unha publicación de carácter independentista. Era o voceiro da Irmandade Nacionalista Galega de Buenos Aires e loga da Sociedade de Nacionalista Pondal,que se publicou dende Xaneiro de 1926 até xullo de 1936. A Irmandade Nacionalista de Buenos Aires foi unha asociación de galeguistas de Bos Aires relacionada coa Irmandade Nacionalista Galega e fundada en agosto de 1923 por Eduardo Blanco Amor e Ramiro Illa Couto. Tralo comezo da ditadura de Primo de Rivera, a asociación divídese. Mentres Blanco Amor e os seus partidarios marchan á Federación de Sociedades Gallegas, outro sector encabezado por Manuel Oliveira, Moisés da Presa, López Pasarón e Lino Pérez refúndana en 1925, sendo agora A Fouce o seu voceiro, cun marcado carácter independentista.
  • 145. A FOUCE En 1927 a Irmandade convértese nunha asociación cultural co nome de Sociedade d'Arte Pondal que logo será coñecida como Sociedade Nacionalista Pondal. A Sociedade Nacionalista Pondal foi unha das primeiras asociacións que avogou pola plena independencia de Galicia,e mesmo tratou de promover un partido independentista en Galicia. Durante a Guerra Civil,en 1938 autodisólvese para favorecer a unidade do galeguismo mentres Galicia permanecese baixo un réxime ditatorial,e a maioríá dos seus membros integráronse no Grupo Galeguista de Bos Aires.
  • 146. EL PUEBLO GALLEGO Apareceu o 27 de Xaneiro de 1924,o seu primeiro director foi Ramón Fernández Mato e José Rivas Montenegro o redactor xefe.Despois de facerse coa propiedade do xornal en 1927, Manuel Portela Valladares convertéuse en director. Nesta primeira etapa tivo unha orientación liberal aberta ao galeguistmo e ao progresismo.O xornal acolleu as máis prestixiosas plumas do galeguismo e ao republicanismo. Nos seus mellores momentos El Pueblo Gallego acadou tiradas arredor dos 30000 exemplares creando un novo modelo de xornalismo crítico que non tivo parangón na Galicia da época.
  • 147. EL PUEBLO GALLEGO El Pueblo Gallego foi o xornal máis próximo ás teses galeguistas,ata o punto de que existiu un proxecto organizado do Partido Galeguista e auspiciado por Bóveda para mercalo e convertelo en órgano oficil.O galeguismo tivo nas súas páxinas un espazo preferente a alí apareceron importantes textos políticos de Álexandre Bóveda,Víctor Casas e Antón Vilar Ponte. Portela Valladares rematou instrumentalizando o periódico para dar o salto definitivo á política.A partir de 1934 produciuse un distanciamento entre o xornal e o galeguismo cando El Pueblo Gallego apostou polo centrismo político,mentres o Partido Galeguista se achegaba ás teses da esquerda,aínda que se manteñen a maioría dos colaboradores galeguistas.O xornal sempre apostou pola autonomía e a súa primeira páxina do 28 de xuño de 1936,día do Referendo do estatuto,levaba o titular:"Enriba corazóns galegos".
  • 148. EL PUEBLO GALLEGO El Pueblo Gallego foi incautado o 31 de xullo de 1936 polas autoridades militares, converténdose o comandante González Simeoni no novo director. Pasou a formar parte da Cadena de Prensa del Movimiento. Nesta segunda etapa tivo como directores a Jesús Suevos e Xosé María Castroviejo, e entre os colaboradores destaca Luis Moure Mariño. Os xornais da Cadena de Prensa del Movimiento reconvertida en Medios de Comunicación del Estado perdían diñeiro e o Goberno decidiu,en 1979, pechar os máis gravosos. El Pueblo Gallego cesou a súa publicación co número 20661, o 17 de xuño de 1979.
  • 149. CÁNTIGAS DA TERRA Nun inicio formado unicamente por homes, Cántigas da Terra foi fundado o 28 de decembro de 1916 e debutou ante o público o 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa peza A festa do Tabeirón, de Enrique Labarta Pose. Estaban dirixidos musicalmente por Mauricio Farto Parra e artisticamente por Leandro Carré Alvarellos e Xosé Iglesias Roura. O 25 de setembro de 1922 o grupo actuou na praza de touros de Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe típico das Mariñas cantando no Coro acompañadas por vinte e tres homes. Naquela ocasión estiveron dirixidos por Manuel Fernández Amor, creador dos corpos de baile e polifonía.