Tema 6




         Estímulo e resposta
         receptores e efectores
Introdución
Pítase un penalti
O porteiro se prepara e
se tira cara un lado e
para a pelota
Tivo lugar unha
reacción frente a unha
sinal, que
desencadenou unha
resposta do porteiro.
O sistema locomotor
(formado polos
músculos e esqueleto)
encargáronse de
executar a resposta
axeitada
O que xa sabes

Cos órganos dos sentidos captamos a
información do medio externo que é
transmitida ao SNC
O SNC procesa a información e de seguido
elabora as ordes que desencadean a
resposta
O Sistema Locomotor encárgase de levar a
cabo a resposta realizando os movementos
ordeados polo snc
A percepción do medio



 Contínuamente, estímulos procedentes tanto do
  noso interior como do mundo exterior son percibidos
  polo noso organismo.
 Grazas     a    esta   capacidade,     respondemos
  automáticamente ou de forma voluntaria, do xeito
  apropiado para a nosa supervivencia e benestar.
Receptores sensitivos

 Os ESTÍMULOS son aqueles cambios ambientais
  que poden ser detectados polo noso organismo.
 RECEPTORES son células nerviosas sensibles que
  captan os estímulos.
 En función da súa localización distinguimos 2 tipos
  de receptores:
    Receptores internos ou Interorreceptores: infórmannos sobre
     o estado e o funcionamento dos nosos órganos dos sentidos.
    Receptores externos ou Exterorreceptores: captan os estímulos
     exteriores, por iso se localizan na superficie do noso corpo.
Receptores sensitivos

 Segundo o tipo de estímulos que reciben, os receptores
  clasifícanse en:
     Mecanorreceptores: reaccionan ante cambios de presión
     Termorreceptores: perciben os cambios de temperatura
     Quimiorreceptores: detectan substancias químicas
     Fotorreceptores: son sensibles á luz
     Nociceptores: sensibles á dor.
 Todos os receptores sensitivos funcionan baixo o mesmo
  principio: converten os estímulos fisico-químicos en impulsos
  nerviosos, que a súa vez son transmitidos polo SN Periférico
  ata o SNC
 Por adaptación sensorial se entende unha modificación na
  sensibilidade dos receptores sensitivos pola cal diminúe a
  percepción ou deixa de percibir un estímulo se o medio ou o
  estímulo permanece constante.
Os órganos dos sentidos
 Os órganos dos sentidos están formados polos exterorreceptores, que se
  atopan:
     Dispersos pola pel ou
     Agrupados en zonas concretas como:
         Mucosa nasal (recobre a parte superior das fosas nasais)
         Superficie da lingua
         O ollo ou
         O oído
 Tradicionalmente considéranse 5 sentidos: TACTO, OLFACTO, GUSTO, OÍDO
  e VISTA.
 Os receptores sensitivos que forman os órganos dos sentidos son sensibles a
  distintos tipos de estímulos

                    Tacto            Olfacto             Gusto         Oído       Vista

 Órgano                                Fosas
                       Pel                               Lingua        Oído       Ollo
 receptor                              nasais
                                   Substancias       Substancias
 estímulo           Presión          qímicas          químicas       Vibracións   Luz
                                    gaseosas           disoltas
O sentido do Tacto

         A pel, ademáis de revestir e
          protexer o corpo, é o órgano
          onde    se     localizan  os
          receptores táctiles.
         A pel está constituida por 3
          capas:
         a.   A    máis    superficial,   a
              EPIDERME
         b.   A intermedia, a DERME
         c.   A     máis    profunda,     a
              HIPODERME
a.- A Epiderme

   Está constituida por tecido epitelial
    pluriestratificado.
   As células das capas superficiais
    están mortas e impregnadas dunha
    substancia          córnea       que
    impermeabiliza a pel (a queratina)
   As células das capas inferiores
    estánse a dividir contínuamente para
    renovar as que se van perdendo.
    Nesta capa, tamén se intercalan
    MELANOCITOS:                 células
    produtoras dun pigmento que lle da
    cor a pel (a Melanina)
a.- Epiderme

        Da Epiderme derivan:
          As    uñas: de misión
           protectora
          Os pelos: que teñen como
           misión      o      illamento
           térmico
          As glándulas sebáceas
           que producen graxa para
           impermeabilizar o pelo
          As               glándulas
           sudoríparas              que
           segregan o suor para
           refrixerar a pel
b.- Dermis e c.- Hipoderme

             A DERME está constituida
              por tecido conxuntivo e nela
              localízanse             vasos
              sanguíneos, os músculos
              que     encrespan     o   pelo
              (músculos horripiladores
              ou erectores) e os receptores
              táctiles
             A      HIPODERME          está
              constituida por un tecido
              conxuntivo de tipo adiposo
              cuxas     células   almacenan
              graxa e cumpren funcións de
              protección e de illamento
              térmico
Os receptores táctiles

            Os receptores do tacto son:
               Terminacións nerviosas
                libres ou
               Encerradas en cápsulas que
                se achan dispersos pola pel
            Existen diversos tipos de
            estímulos táctiles:
               Presión
               Frío
               Calor e
               Dor
Os receptores táctiles


         Cada        grupo de receptores está
             especializado en recibir estímulos
             concretos:
        1.     Corpúsculos          de     Meissner:
               presións lixeiras de contacto
               (caricias)
        2.     Corpúsculos         de    Pacini:   as
               presións fortes e as vibracións
        3.     Corpúsculos de Ruffini: de tacto,
               presión    e     o     aumento     de
               temperatura (sensación de calor)
        4.     Corpúsculos        de     Krause:    o
               descenso         da      temperatura
               (sensación de frío)
        5.     Terminacións nerviosas libres: a
               sensación de dor, calor e temperatura
Hixiene da pel

 A pel é unha barreira defensiva que
  impide a entrada de multitude de
  microbios.
 Calquera ferida ou pequena lesión na
  pel, pode ser a entrada dos
  microorganismos       que    poderían
  causarnos graves infeccións.
 Por esta razón, é necesario manter
  unha escrupulosa hixiene cutánea
  mediante:
       Limpeza con auga e xabóns e
       A ducha diaria.
 O ACNÉ é unha das infeccións
  cutáneas máis comúns durante a
  pubertade. Esixe lavar frecuentemente
  a zona afectada con auga quente e
  xabón e evitar a súa manipulación.
 O ACNÉ consiste na obstrucción
  do conduto de saída das glándulas
  sebáceas que se inicia coa pubertade,
  cando as hormonas estimulan a súa
  actividade.
Sentido do Olfacto

        O sentido do olfacto e do
         gusto                traballan
         conxuntamente para que se
         poidan recoñecer os sabores
         característicos            dos
         alimentos.
        O Olfacto localízase nas fosas
         nasais. Esta cavidade está
         revestida polo epitelio da
         mucosa nasal, denomínase
         PITUITARIA.               Nela
         distínguense 2 rexións:
            Pituitaria vermella
            Pituitaria amarela
Olfacto
 A Pituitaria vermella reviste a parte
  inferior e media da cavidade nasal e
  contén        abundantes        capilares
  sanguíneos para quentar o aire que
  inspiramos.
 A Pituitaria amarela está situada na
  parte superior das fosas nasais. Contén
  os receptores olfactivos constituidos
  por células ciliadas resposables de
  percibir e transportar os estímulos.
 Os receptores olfactivos son sensibles
  a substancias gaseosas ou volátiles
  presentes no aire inspirado.
 Estes receptores captan máis de 3000
  partículas volátiles distintas e emiten
  impulsos nerviosos a través do Nervio
  olfactivo, chegan ao Bulbo raquídeo
  e dende el ao Cortex cerebral, onde
  se fai consciente a sensación en forma
  de olor
Gusto

    Os   receptores do gusto
     atópanse      nos    botóns
     gustativos das papilas
     da lingua e do padal, na
     farinxe e na larinxe.
    Son       sensibles       a
     substancias disolvidas
     na saliva.
    Existen receptores para 4
     tipos de sabores:
           Doce
           Salgado
           Ácido e
           Amargo
Sabor

     O     sabor característico
        dun alimento é unha
        mestura entre sensacións
        olfactivas e gustativas, xa
        que ao mastigar a
        comida,     ademáis      de
        partículas      disolvidas,
        millóns de moléculas
        volátiles despréndense e
        pasan da farinxe á
        cavidade nasal, onde son
        captadas polas células
        olfactivas.
Hixiene do olfacto e do gusto

 A perda ou reducción do sentido do olfacto é a
  anomalía máis frecuente. Prodúcese cando a excesiva
  mucosidade orixinada nas fosas nasais impide captar
  as partículas volátiles.
 A reducción ou perda do sentido do gusto adoita ser
  consecuencia dos trastornos que lle afectan á lingua,
  provocada por ex., por tabaquismo intenso.
 O mantemento da limpeza das fosa nasais e o
  cepillado dos dentes, incluida a limpeza da lingua,
  poden mellorar a percepción dos sabores e olores.
Estrutura do oído




Detecta sons e a posición e movementos do corpo
Anatómicamente subdivídese en 3 rexións
Estrutura do oído
                   Pavillón auricular                  Capta os sons ambientais e
Oído externo                                           dirixeos á membrana timpánica
                   Conduto auditivo externo            facéndoa vibrar

                   tímpano        8 veces maior ca ventá oval
                   Tabique        Ventá oval           Conectada coa cadea de osiños
                   óseo con 2
Oído medio                        Ventá redonda
                   orificios
(cavidade
excavada no óso                   Martelo              Diminúen a amplitude pero
temporal: “caixa   Cadea de                            aumentan a intensidade. F.:
                                  Bigornia             transmitir as ondas sonoras ata
do tímpano”)       osiños
                                                       o oído interno
                                  estribo
                   Trompa de Eustaquio (comunicada     Equilibra presións entre o
                   coa farinxe)                        interior e o exterior

                   Cóclea ou caracol                   Ten o órgano da audición

Oído interno ou                   Utrículo
                   Vestíbulo
laberinto                         Sáculo               Órgano do equilibrio
                   Canles semicirculares
Oído externo



        Ten o pabillón auricular
        e o conduto auditivo
        externo (pelos e cerume)
        que captan os sons
        ambientais e diríxeos á
        membrana      timpánica,
        facéndoa vibrar
Oído medio
  O Tímpano é 8 veces maior ca ventá
   oval
  No tabique óseo ten 2 orificios:
      Ventá oval: conectada coa cadea de
       osiños
      Ventá redonda
  No interior está a cadea de osiños
   (martelo, bigornia e estribo) que
   diminúen a amplitude pero aumentan
   a intensidade. A misión é transmitir as
   ondas sonoras ata o oído interno
  A     trompa        de      Eustaquio,
   comunicada coa farinxe, equilibra
   presións entre o interior e o exterior xa
   que permite a entrada e saída do aire e
   así equilibra presións a ambos lados
   do tímpano
Oído interno ou laberinto

               Está formado por un sistema de
                canles   encaixados       no       óso
                temporal:
                   O Laberinto óseo, que está cheo
                    dun líquido chamado perilinfa.
                   O Laberinto membranoso,
                    alóxase dentro do laberinto óseo,
                    coma un molde, e está cheo
                    doutro líquido, a endolinfa.
               No   Laberinto      distínguense    4
                zonas:
                   Vestíbulo:
                        Sáculo
                        Utrículo
                   As canles semicirculares, onde
                    reside o sentido do equilibrio
                   A Cóclea ou Caracol, onde
                    reside o sentido da audición.
Nervio auditivo
mácula




Nos utrículos e nos sáculos, a
través das máculas controlan a
postura e o enderezamento da
cabeza
  Cristas
  acústicas




                                 Cristas acústicas nas ampollas dos canles
                                 semicirculares,     que    detectan     o
                                 movemento de xiro da cabeza
Funcionamento do oído

 Realiza 2 funcións:
a.  A audición:
          As ondas sonoras son recollidas polo pavillón da orella e
          dirixidas cara ao conduto auditivo
          fan vibrar ao tímpano
          esa vibración é ampliada pola cadea de osiños
          transmítese aos líquidos que enchen o caracol,
          onde se atopan os mecanorreceptores sensibles á vibración
          os mecanorreceptores convirten o estímulo en impulsos nerviosos que son enviados ao
           cerebro polo Nervio Auditivo
b.       O equilibrio:
          Cando movemos a cabeza desprázase a endolinfa que enche os canles semicirculares
          este movemento é captado polos receptores situados na parede e
          transformados en impulsos nerviosos, que lle envían a información destes movementos
           ao cerebro.
        Os receptores do oído perciben vibracións e producen impulsos nerviosos
         que son transportados polo nervio auditivo ao cerebro.
Hixiene do oído

 Para unha correcta audición e para previr infeccións, é
    preciso manter despexados os condutos auditivos
    externos.
   Para a súa limpeza só debe empregarse auga e xabóns ou
    solucións fisiolóxicas.
   Nunca deben empregarse bastonetes ou obxectos que
    podan danar ó tímpano.
   A exposición prolongada a niveis sonoros intensos,
    destrúe os receptores sensoriais do oído e conduce
    irremisiblemente á perda da capacidade auditiva
    (XORDEIRA).
   Escoitar música a gran volume é un dos factores que
    provoca déficit auditivos entre os mozos.
O sentido da vista


           Os ollos son os órganos
            onde reside o sentido da
            vista.
           O ollo está formado por
            unha serie de:
               Órganos anexos e
               Globo ocular, aloxado
                nunha cavidade (conca
                orbitaria) formada polos
                ósos do cranio e da cara.
http://recursostic.educacion.es/ciencias/biosfera/web/alumno/3ESO/Relac
or/contenido6.htm
Órganos anexos do ollo

             Cella: impiden que o suor
              caia sobre o ollo
             Pálpebra: protexeno do roce
              cos obxectos e limpan a súa
              superficie ao abrirse e
              pecharse.
             Pestanas:      protéxeno    de
              partículas de po e detectan os
              obxectos que se aproximan a
              él.
             Glándula      lacrimal que
              produce as bágoas, que
              protexen a conxuntiva, a
              mantén húmida e matan as
              bacterias, co que evita as
              infeccións.
O globo ocular
      Ten forma esférica grazas a que ten
          líquidos no seu interior: humor acuoso
          e humor vítreo.
         Conxuntiva: epitelio transparente que
          cobre a esclerótica e a córnea.
         O globo ocular está formado por 3
          membranas:
     1.     Esclerótica: capa branca e dura que
            protexe e mantén a forma do ollo. Na
            súa parte dianteira atópase a córnea,
            que é transparente.
     2.     Coroides: capa opaca que escurece o
            interior do ollo. A súa parte anterior está
                o iris (músculo circular situado debaixo da
                córnea) e
               O orificio da pupila (abertura circular
                situada no centro do iris)
     3.       Retina: capa onde se localizan os
              receptores visuais. Na parte anterior
              se diferencia o cristalino (lente
              transparente que se atopa detrás do iris)
Funcionamento do ollo

  A luz penetra polas pupilas e
   grazas ao cristalino, as imaxes
   fórmanse na retina.
  Os receptores da retina
   captan a luz reflectida polos
   obxectos     que     vemos    e
   producen impulsos nerviosos
   que son transportados polo
   nervio óptico ata o cerebro.
  Os receptores da retina son de
   2 tipos:
      CONOS, son sensibles ás cores,
       máis non á luz de baixa
       intensidade
      BASTÓNS, perciben a luz de
       pouca intensidade, pero non as
       cores. So permiten ver en
       branco e negro
Acomodación do ollo
         Chámase      ACOMODACIÓN         á
          capacidade do ollo de ver os
          obxectos con nitidez (debido a que
          cambia a forma do cristalino).
             Cando o obxecto está lonxe, o
              cristalino estírase e adelgaza
             Cando o obxecto está preto, acúrtase e
              engrosa
         Desta forma consigue o ollo que a
          imaxe se forme sobre o mesmo lugar
          da         retina      (ENFOQUE),
          independentemente da distancia a
          que se encontre ó obxecto.
         O cristalino adapta a súa curvatura
          para modificar a dirección dos raios
          de luz e permitir que as imaxes dos
          obxectos      situados  a   distintas
          distancias se formen correctamente
          sobre a retina.
         Coa idade diminúe o poder de
          acomodación do ollo (PRESBICIA)
Regulación da cantidade de luz




 A pupila péchase ou ábrese en función da intensidade
 luminosa:
    péchase para no nos cegar cando hai moita luz e
    Ábrese para ver mellor cando hai pouca.
Anomalías da visión
                                                           Os problemas oculares máis frecuentes
                                                           débense á alteracións no globo ocular
                                                           ou na superficie da córnea, o que
                                                           provoca a formación defectuosa da
                                                           imaxe. As máis comúns son:
                                                                     miopía
                                                                     hipermetropía
                                                                     astigmatismo
   MIOPÍA: débese a excesiva lonxitude do globo ocular (ou a córnea demasiado
    curvada) que fai que os obxectos se debuxen diante da retina.
       Os individuos miopes ven:
           Nitidamente os obxectos próximos
           Borrosos os obxectos afastados
       Para correxir este defecto, utilízase anteollos con lentes diverxentes.
   HIPERMETROPÍA: débese a unha escasa lonxitude do globo ocular (ou a córnea moi
    plana), que fai que os obxectos se debuxen detrás da retina.
       Os hipermétropes:
           Ven nitidamente os obxectos afastados
           Borrosos os obxectos próximos
       Corríxese utilizando lentes converxentes.
   ASTIGMATISMO: prodúcese cando a córnea presenta unha curvatura irregular nas
    súas distintas zonas. Isto provoca unha visión borrosa e distorsionada.
       Corríxese utilizando lentes cilíndricas.
ANOMALÍAS DA VISIÓN




PREBICIA




             ASTIGMATISMO
Hixiene dos ollos

 Os ollos teñen un mecanismo propio de limpeza, constituido
  polo sistema lacrimal e pola pálpebras, que manteñen
  húmida e limpa a superficie do globo ocular.
 Así e todo, os ollos deben lavarse diariamente con auga, para
  eliminar as lagañas producidas durante o sono.
 Medidas de protección para a vista:
1. Utilizar boa luz para ler e estudar
        A luz debe penetrar pola esquerda nos dextros
        A luz debe penetrar pola dereita nos zurdos.
2. Manter a distancia axeitada ante as pantallas do
   ordenador e tv, e non estar fronte a elas demasiado tempo
   porque provoca “fatiga visual”.
3. Evitar ler en vehículos en movemento que provoquen
   cambios da distancia entre o ollo e o texto, xa que as
   variacións na acomodación, coa conseguinte sensación de
   mareo
A elaboración da resposta

Os estímulos captados polos receptores e
transformados en impulsos nerviosos son
enviados á médula ou ao cerebro, onde se
elaboran as ordes de resposta.
No cortex cerebral localízanse:

 ÁREAS    SENSITIVAS: onde se reciben os impulsos
 nerviosos dos distintos órganos dos sentidos a través dos
 nervios sensitivos.
    Nestas áreas os impulsos tradúcense en sensacións. É no cerebro onde
     realmente vemos, oimos, e en xeral, sentimos
    A destrucción dunha rexión sensitiva do Cortex cerebral leva aparellada
     a INSENSIBILIDADE da zona do corpo correspondente (aínda que os
     órganos dos sentidos funcionen perfectamente).
 ÁREAS MOTORAS: encargadas de producir estímulos
 nerviosos. Estes estímulos son conducidos por medio de
 neuronas motoras cara ós órganos efectores, que son
 responsables de levaren a cabo a resposta.
    A destrucción dalgunha área motora implica a PARALISE dos órganos
     controlados por ésta. Estes órganos poderían funcionar correctamente
     pero non poden facelo porque non reciben as ordes oportunas
Actos voluntarios
           Actos voluntarios: son actos
            conscientes,   controlados    de
            forma voluntaria.
           Elementos dun acto voluntario:
               Receptor
               Fibra nerviosa sensitiva
               Médula      Espiñal:     vías
                ascendentes sensitivas
               Áreas sensitivas do Cortex
                Cerebral
               Interneuronas da Área de
                Asociación do Cerebro
               Áreas motoras do Cortex
                Cerebral
               Médula      Espiñal:     vías
                descendentes motoras
               Fibra nerviosa motora
               Efector
Actos involuntarios

            Actos reflexos: son respostas rápidas
             e automáticas ante estímulos que non
             implican un control voluntario.
            Os Actos reflexos lévanse a cabo
             mediante unha estrutura nerviosa, o
             ARCO REFLEXO (cadea de neuronas
             que participan nun acto reflexo).
            Elementos dun acto reflexo:
                  Receptor
                  Neurona sensitiva: que leva o
                   impuolso nervioso desde o receptor ata á
                   médula
                  Neurona        de   Asociación       ou
                   Interneurona, situada ná médula, que
                   pon en contacto a neurona sensitiva coa
                   motora
                  Neurona motora: que lle transmite a
                   mensaxe ao músculo correspondente
                  Órgano efector: un músculo que
                   efectúa a resposta
ELABORACIÓN DA RESPOSTA
                      No Cortex Cerebral localízanse:
                         a. Áreas Sensitivas: onde se reciben os impulsos
                            nerviosos dos distintos órganos dos sentifos a
                            través dos Nervios Sensitivos. Nesta área
                            tradúcense as sensacións. A destrución dunha
                            área     sensitiva    leva    emparellada     a
                            INSENSIBILIDADE        da   zona   do     corpo
       correspondente.
   b. Áreas mototas: encargadas de producir estímulos nerviosos que son
       conducidos por Nervios Motores cara os órganos Efectores, que son os
       responsables de levar a cabo a resposta. A destrución dalgunha área
       motora implica PARÁLISE dos órganos controlados por ésta.
Actos     voluntarios:    son Actos     reflexos: son respostas rápidas e
actos            conscientes, automáticas ante estímulos que non implican un
controlados     de     forma control voluntario.
voluntaria.                   Os Actos reflexos lévanse a cabo mediante
Elementos       dun      acto unha estrutura nerviosa, o ARCO REFLEXO
voluntario:                   (cadea de neuronas que participan nun acto
   a. Receptor                reflexo).
   b. Fibra         nerviosa Elementos dun acto reflexo:
       sensitiva                  a. Receptor
   c. Médula Espiñal: vías        b. Neurona sensitiva: que leva o impuolso
       ascendentes                   nervioso desde o receptor ata á médula
       sensitivas                 c. Neurona       de     Asociación      ou
   d. Áreas sensitivas do            Interneurona, situada ná médula, que
       Cortex Cerebral               pon en contacto a neurona sensitiva coa
   e. Interneuronas        da        motora
       Área de Asociación         d. Neurona motora: que lle transmite a
       do Cerebro                    mensaxe ao músculo correspondente
   f. Áreas    motoras     do     e. Órgano efector: un músculo que efectúa
       Cortex Cerebral               a resposta.
   g. Médula Espiñal: vías
       descendentes
       motoras
   h. Fibra         nerviosa
       motora
   i.  Efector
O sistema locomotor

          Está formado polos ósos e os
           músculos esqueléticos.
          Función:
             é o encargado de executar as
              respostas motoras ordenadas
              polo SN
             a colaboración entre os ósos e
              músculos permítenos
               manter a postura,
               desprazarnos e
               realizar múltiples movementos.
O esqueleto
          Función:
              constitúe a armazón interna que sostén o
               noso corpo
              protexe as partes máis delicadas do
               organismo
              nel insírense os músculos que permiten o
               movemento
        Está formado por 208 ósos, e as
         estruturas que permiten a súa
         ensamblaxe        (articulacións e
         ligamentos)
        Divídese en 2 partes:
              Esqueleto axial:
                  Ósos da cabeza
                  Columna vertebral
                  Esterno
                  Costelas
              Esqueleto apendicular:
                  Ósos das extremidades superiores
                  Ósos das extemidades inferiores
                  Cinturra escapular ou Ombreiro…
                  Cintura pelviana ou Cadeira:…….ósos que
                   unen as extremidades ao esqueleto axial
Ósos da cabeza:                                         Ósos       das    Extremidades
                  -frontal                                                Superiores:
                  -parietal                                               - úmero
                  -temporal                                               - radio
                  -occipital                                              - cúbito
                  -ósos da cara:                                          - ósos do carpo
                  -nasal                                                  - ósos do metacarpo




                                                  Esqueleto apendicular
                  -meixela                                                - falanxes
                  -maxilares
Esqueleto axial




                  Columna vertebral: vértebras:                           Ósos        das   Extremidades
                  - cervicais                                             Inferiores:
                  - dorsais                                               - fémur
                  - lumbares                                              - rótula
                  - sacro                                                 - tibia
                  - coccix                                                - peroné
                                                                          - Ósos do tarso
                                                                          - Ósos do metatarso
                                                                          - falanxes
                  Esterno                                                 Cintura Escapular ou Ombreiro:
                                                                          - clavícula
                                                                          - omóplata
                  Costelas                                                Cintura Pelviana ou Cadeira:
                  - verdadeiras                                           Coxal:
                  - falsas                                                - íleo
                  - flotantes                                             - ísquion
                                                                          - pube
A musculatura

         os músculos esqueléticos
          actúan sobre o esqueleto
          e       executan      os
          movementos voluntarios
          de resposta ante os
          estímulos.
         Está integrada por máis
          de 650 músculos que
          contitúen o 35-40% do
          peso corporal
Músculos
            faciais:
            son
            aqueles
            que o seu      Frontal: eleva as cellas
            movemento
            lle dan as
                           Orbicular dos ollos: abre e pecha as pálpebras
            distintas      Nasais: engurran a nariz
            expresions     Orbicular dos labios: abre e pecha os labios
Na Cabeza




            ao      noso
                           Bucinador: incha as meixelas
            rostro.




            Músculos
            mastigado      Maseter: permite a mastigación
            res
                           Temporal: permite a masticación
            No colo ou
            Pescozo
                           Esternocleidomastoideo: xira a cabeza de dereita a esquerda
                           Digástrico: descende a mandíbula inferior
                           Zona          Pectorais: moven os brazos cara adiante
                           ventral       Serratos maiores: elevan o ombro
              Tórax
                                         Trapecio: dobra a cabeza cara atrás
No Tronco




                           Zona dorsal
                                         Dorsal ancho: move o brazo cara atrás
                           Zona        Rectos maiores: dobran o tronco cara adiante
                           ventral     Oblicuo maior:dobra o tronco cara atrás
             Abdome
                                       Glúteo: mantén a posición ergeita. Estira a coxa e faina
                           Zona dorsal
                                       xirar
Deltoide: eleva o brazo
                   Bíceps braquial:flexiona o brazo
                   Tríceps: estende o brazo
          superior Flexores e extensores: flexionan e estenden os
                   dedos
                   Supinador: xira a palma cara abaixo
                   Palmar: flexiona a man sobre o antebrazo
Extremi            Glúteo:
 dades             Psoas ilíaco: eleva a coxa
                   Recto anterior: estende a perna
                   Sartorio: permite cruzar a perna
          inferior Bíceps femoral: flexiona a perna
                   Tibial: flexiona o pé cara a canela
                   Xemelgos: levantan o talón
                   Flexores e extensores: flexionan e estenden os
                   dedos
As articulacións e movementos
                 os nosos ósos están articulados
                  para permitir o movemento

                 ARTICULACIÓNS:                son
                  estruturas que unen os ósos do
                  esqueleto e permiten a mobilidade
                  da maioría da súas pezas.
                 TIPOS DE ARTICULACIÓNS
                  segundo a súa MOBILIDADE:
                     INMÓBILES:             impiden        o
                      movementos dos ósos que agrupan.
                      Ex.: ósos do cranio, pelve,…
                     SEMIMOBILES:             so    realizan
                      pequenos       desprazamentos.     Ex.:
                      articulacións das vértebras
                     MÓBILES: permiten unha gran
                      mobilidade entre os ósos. Ex.:
                      articulación do cobado, cadeira,
                      xeonllo,…
Articulacións móbiles
             Nunha articulación móbil
             presenta         os        seguintes
             elementos:
                LIGAMENTOS: fibras moi fortes
                 que unen os ósos.
                CARTÍLAXES: pezas de ticido
                 cartilaxinoso que recobren e
                 protexen as superficies dos ósos
                 en contacto.
                CÁPSULA         DE      LÍQUIDO
                 SINOVIAL: bolsa situada entre
                 os ósos reenchida dun líquido
                 lubricante: “sinovia” ou “líquido
                 sinovial”.
                Ademáis, nos Xeonllos posúen
                 MENISCOS:         estruturas    de
                 fibrocartílaxe entre os ósos, cuxo
                 obxecto é adapatar a superficie de
                 contacto para repartir mellor a
                 carga.
Lesións no sistema locomotor

 poden afectar aos músculos, aos ósos ou as articulacións.
    Son:
   CONTRACTURAS             MUSCULARES:        contracción
    persistente e involuntaria dun músculo.
   FRACTURAS ÓSEAS: rotura parcial ou total dun óso.
   LUXACIÓNS: saída dos ósos das articulacións.
   ESCORDADURAS (esgüince) lesións nos ligamentos
   ROTURA DE LIGAMENTOS ou de CARTÍLAXES.
   A causa principal destas lesións son: traumatismos
    (golpes), exercicios bruscos ou exercicios continuados
    sen preparación previa.
Prevención das lesións

 Utilizar os elementos protectores adecuados a cada
  deporte.
 Evitar os exercicios bruscos, que poden producir
  sobrecarga en músculos e articulacións.
 Realizar exercicio físico axuda a previr as lesións e a
  recuperación de moitas delas.
 Ademáis, realizar exercicio físico, fomenta a
  autoestima, facéndonos sentir máis fortes e seguros
  ante a vida. Tamén libera un neurotransmisor
  (ENDORFINAS) que axudan a reducir a ansiedade e as
  molestias físicas e elevan a resistencia á dor, xerando
  unha sensación de benestar que prevé e mellora a
  depresión.
Acción dos músculos sobre o esqueleto

   Para cumprir coa súa función, os músculos esqueléticos
    únense aos ósos, e contráense e reláxanse producindo
    movemento.
   Cada músculo únese a 2 ósos distintos mediante uns cordóns
    moi resistentes de tecido conxuntivo: os TENDÓNS.
   O músculo contráese, acúrtase cando recibe un impulsa
    nervioso motor. Grazas ás articulacións, os músculos moven os
    ósos facendo que: se acheguen, se separen ou xiren un con
    respecto a outro.
   Para realizar algúns movementos os músculos traballan
    coordinadamente por parellas, que funcionan de forma
    antagónica ou contraria. Ex.: músculo bíceps (flexiona o brazo)
    e músculo tríceps (extensión do brazo)
As pancas do corpo humano

 os ósos e as articulacións constitúen un sistema de
  pancas sobre as que actúan os músculos.
 En toda panca distínguense 3 elementos:
    Punto de potencia (P): onde se aplica a forza.
    Punto de apoio (A): onde se sustenta a panca
    Punto de resistencia (R): onde se sitúa a forza que hai que
     vencer.
Tipos de pancas

          segundo a DISPOSICIÓN
          dos seus ELEMENTOS:
               PRIMEIRO XÉNERO:             o
                punto de apoio está entre a
                potencia e a resistencia.
                Permite unha gran variedade
                de accións, mobilidade e
                potencia.
               SEGUNDO XÉNERO:              a
                resistencia está entre o punto
                de apoio e a potencia. Non
                produce                grandes
                desprazamentos pero vence
                grandes resistencias.
               TERCEIRO XÉNERO: a
                potencia está entre o punto
                de apoio e a resistencia. Da
                lugar      a    deprazamentos
                extensos, sen vencer grandes
                resistencias.

Estímulo e-resposta.receptores-e-efectores

  • 1.
    Tema 6 Estímulo e resposta receptores e efectores
  • 2.
    Introdución Pítase un penalti Oporteiro se prepara e se tira cara un lado e para a pelota Tivo lugar unha reacción frente a unha sinal, que desencadenou unha resposta do porteiro. O sistema locomotor (formado polos músculos e esqueleto) encargáronse de executar a resposta axeitada
  • 3.
    O que xasabes Cos órganos dos sentidos captamos a información do medio externo que é transmitida ao SNC O SNC procesa a información e de seguido elabora as ordes que desencadean a resposta O Sistema Locomotor encárgase de levar a cabo a resposta realizando os movementos ordeados polo snc
  • 4.
    A percepción domedio  Contínuamente, estímulos procedentes tanto do noso interior como do mundo exterior son percibidos polo noso organismo.  Grazas a esta capacidade, respondemos automáticamente ou de forma voluntaria, do xeito apropiado para a nosa supervivencia e benestar.
  • 5.
    Receptores sensitivos  OsESTÍMULOS son aqueles cambios ambientais que poden ser detectados polo noso organismo.  RECEPTORES son células nerviosas sensibles que captan os estímulos.  En función da súa localización distinguimos 2 tipos de receptores:  Receptores internos ou Interorreceptores: infórmannos sobre o estado e o funcionamento dos nosos órganos dos sentidos.  Receptores externos ou Exterorreceptores: captan os estímulos exteriores, por iso se localizan na superficie do noso corpo.
  • 6.
    Receptores sensitivos  Segundoo tipo de estímulos que reciben, os receptores clasifícanse en:  Mecanorreceptores: reaccionan ante cambios de presión  Termorreceptores: perciben os cambios de temperatura  Quimiorreceptores: detectan substancias químicas  Fotorreceptores: son sensibles á luz  Nociceptores: sensibles á dor.  Todos os receptores sensitivos funcionan baixo o mesmo principio: converten os estímulos fisico-químicos en impulsos nerviosos, que a súa vez son transmitidos polo SN Periférico ata o SNC  Por adaptación sensorial se entende unha modificación na sensibilidade dos receptores sensitivos pola cal diminúe a percepción ou deixa de percibir un estímulo se o medio ou o estímulo permanece constante.
  • 7.
    Os órganos dossentidos  Os órganos dos sentidos están formados polos exterorreceptores, que se atopan:  Dispersos pola pel ou  Agrupados en zonas concretas como:  Mucosa nasal (recobre a parte superior das fosas nasais)  Superficie da lingua  O ollo ou  O oído  Tradicionalmente considéranse 5 sentidos: TACTO, OLFACTO, GUSTO, OÍDO e VISTA.  Os receptores sensitivos que forman os órganos dos sentidos son sensibles a distintos tipos de estímulos Tacto Olfacto Gusto Oído Vista Órgano Fosas Pel Lingua Oído Ollo receptor nasais Substancias Substancias estímulo Presión qímicas químicas Vibracións Luz gaseosas disoltas
  • 8.
    O sentido doTacto  A pel, ademáis de revestir e protexer o corpo, é o órgano onde se localizan os receptores táctiles.  A pel está constituida por 3 capas: a. A máis superficial, a EPIDERME b. A intermedia, a DERME c. A máis profunda, a HIPODERME
  • 9.
    a.- A Epiderme  Está constituida por tecido epitelial pluriestratificado.  As células das capas superficiais están mortas e impregnadas dunha substancia córnea que impermeabiliza a pel (a queratina)  As células das capas inferiores estánse a dividir contínuamente para renovar as que se van perdendo. Nesta capa, tamén se intercalan MELANOCITOS: células produtoras dun pigmento que lle da cor a pel (a Melanina)
  • 10.
    a.- Epiderme  Da Epiderme derivan:  As uñas: de misión protectora  Os pelos: que teñen como misión o illamento térmico  As glándulas sebáceas que producen graxa para impermeabilizar o pelo  As glándulas sudoríparas que segregan o suor para refrixerar a pel
  • 11.
    b.- Dermis ec.- Hipoderme  A DERME está constituida por tecido conxuntivo e nela localízanse vasos sanguíneos, os músculos que encrespan o pelo (músculos horripiladores ou erectores) e os receptores táctiles  A HIPODERME está constituida por un tecido conxuntivo de tipo adiposo cuxas células almacenan graxa e cumpren funcións de protección e de illamento térmico
  • 12.
    Os receptores táctiles  Os receptores do tacto son:  Terminacións nerviosas libres ou  Encerradas en cápsulas que se achan dispersos pola pel  Existen diversos tipos de estímulos táctiles:  Presión  Frío  Calor e  Dor
  • 13.
    Os receptores táctiles  Cada grupo de receptores está especializado en recibir estímulos concretos: 1. Corpúsculos de Meissner: presións lixeiras de contacto (caricias) 2. Corpúsculos de Pacini: as presións fortes e as vibracións 3. Corpúsculos de Ruffini: de tacto, presión e o aumento de temperatura (sensación de calor) 4. Corpúsculos de Krause: o descenso da temperatura (sensación de frío) 5. Terminacións nerviosas libres: a sensación de dor, calor e temperatura
  • 14.
    Hixiene da pel A pel é unha barreira defensiva que impide a entrada de multitude de microbios.  Calquera ferida ou pequena lesión na pel, pode ser a entrada dos microorganismos que poderían causarnos graves infeccións.  Por esta razón, é necesario manter unha escrupulosa hixiene cutánea mediante:  Limpeza con auga e xabóns e  A ducha diaria.  O ACNÉ é unha das infeccións cutáneas máis comúns durante a pubertade. Esixe lavar frecuentemente a zona afectada con auga quente e xabón e evitar a súa manipulación.  O ACNÉ consiste na obstrucción do conduto de saída das glándulas sebáceas que se inicia coa pubertade, cando as hormonas estimulan a súa actividade.
  • 16.
    Sentido do Olfacto  O sentido do olfacto e do gusto traballan conxuntamente para que se poidan recoñecer os sabores característicos dos alimentos.  O Olfacto localízase nas fosas nasais. Esta cavidade está revestida polo epitelio da mucosa nasal, denomínase PITUITARIA. Nela distínguense 2 rexións:  Pituitaria vermella  Pituitaria amarela
  • 17.
    Olfacto  A Pituitariavermella reviste a parte inferior e media da cavidade nasal e contén abundantes capilares sanguíneos para quentar o aire que inspiramos.  A Pituitaria amarela está situada na parte superior das fosas nasais. Contén os receptores olfactivos constituidos por células ciliadas resposables de percibir e transportar os estímulos.  Os receptores olfactivos son sensibles a substancias gaseosas ou volátiles presentes no aire inspirado.  Estes receptores captan máis de 3000 partículas volátiles distintas e emiten impulsos nerviosos a través do Nervio olfactivo, chegan ao Bulbo raquídeo e dende el ao Cortex cerebral, onde se fai consciente a sensación en forma de olor
  • 18.
    Gusto  Os receptores do gusto atópanse nos botóns gustativos das papilas da lingua e do padal, na farinxe e na larinxe.  Son sensibles a substancias disolvidas na saliva.  Existen receptores para 4 tipos de sabores:  Doce  Salgado  Ácido e  Amargo
  • 19.
    Sabor  O sabor característico dun alimento é unha mestura entre sensacións olfactivas e gustativas, xa que ao mastigar a comida, ademáis de partículas disolvidas, millóns de moléculas volátiles despréndense e pasan da farinxe á cavidade nasal, onde son captadas polas células olfactivas.
  • 20.
    Hixiene do olfactoe do gusto  A perda ou reducción do sentido do olfacto é a anomalía máis frecuente. Prodúcese cando a excesiva mucosidade orixinada nas fosas nasais impide captar as partículas volátiles.  A reducción ou perda do sentido do gusto adoita ser consecuencia dos trastornos que lle afectan á lingua, provocada por ex., por tabaquismo intenso.  O mantemento da limpeza das fosa nasais e o cepillado dos dentes, incluida a limpeza da lingua, poden mellorar a percepción dos sabores e olores.
  • 21.
    Estrutura do oído Detectasons e a posición e movementos do corpo Anatómicamente subdivídese en 3 rexións
  • 22.
    Estrutura do oído Pavillón auricular Capta os sons ambientais e Oído externo dirixeos á membrana timpánica Conduto auditivo externo facéndoa vibrar tímpano 8 veces maior ca ventá oval Tabique Ventá oval Conectada coa cadea de osiños óseo con 2 Oído medio Ventá redonda orificios (cavidade excavada no óso Martelo Diminúen a amplitude pero temporal: “caixa Cadea de aumentan a intensidade. F.: Bigornia transmitir as ondas sonoras ata do tímpano”) osiños o oído interno estribo Trompa de Eustaquio (comunicada Equilibra presións entre o coa farinxe) interior e o exterior Cóclea ou caracol Ten o órgano da audición Oído interno ou Utrículo Vestíbulo laberinto Sáculo Órgano do equilibrio Canles semicirculares
  • 23.
    Oído externo  Ten o pabillón auricular e o conduto auditivo externo (pelos e cerume) que captan os sons ambientais e diríxeos á membrana timpánica, facéndoa vibrar
  • 24.
    Oído medio O Tímpano é 8 veces maior ca ventá oval  No tabique óseo ten 2 orificios:  Ventá oval: conectada coa cadea de osiños  Ventá redonda  No interior está a cadea de osiños (martelo, bigornia e estribo) que diminúen a amplitude pero aumentan a intensidade. A misión é transmitir as ondas sonoras ata o oído interno  A trompa de Eustaquio, comunicada coa farinxe, equilibra presións entre o interior e o exterior xa que permite a entrada e saída do aire e así equilibra presións a ambos lados do tímpano
  • 25.
    Oído interno oulaberinto  Está formado por un sistema de canles encaixados no óso temporal:  O Laberinto óseo, que está cheo dun líquido chamado perilinfa.  O Laberinto membranoso, alóxase dentro do laberinto óseo, coma un molde, e está cheo doutro líquido, a endolinfa.  No Laberinto distínguense 4 zonas:  Vestíbulo:  Sáculo  Utrículo  As canles semicirculares, onde reside o sentido do equilibrio  A Cóclea ou Caracol, onde reside o sentido da audición.
  • 27.
  • 28.
    mácula Nos utrículos enos sáculos, a través das máculas controlan a postura e o enderezamento da cabeza Cristas acústicas Cristas acústicas nas ampollas dos canles semicirculares, que detectan o movemento de xiro da cabeza
  • 29.
    Funcionamento do oído Realiza 2 funcións: a. A audición:  As ondas sonoras son recollidas polo pavillón da orella e  dirixidas cara ao conduto auditivo  fan vibrar ao tímpano  esa vibración é ampliada pola cadea de osiños  transmítese aos líquidos que enchen o caracol,  onde se atopan os mecanorreceptores sensibles á vibración  os mecanorreceptores convirten o estímulo en impulsos nerviosos que son enviados ao cerebro polo Nervio Auditivo b. O equilibrio:  Cando movemos a cabeza desprázase a endolinfa que enche os canles semicirculares  este movemento é captado polos receptores situados na parede e  transformados en impulsos nerviosos, que lle envían a información destes movementos ao cerebro.  Os receptores do oído perciben vibracións e producen impulsos nerviosos que son transportados polo nervio auditivo ao cerebro.
  • 30.
    Hixiene do oído Para unha correcta audición e para previr infeccións, é preciso manter despexados os condutos auditivos externos.  Para a súa limpeza só debe empregarse auga e xabóns ou solucións fisiolóxicas.  Nunca deben empregarse bastonetes ou obxectos que podan danar ó tímpano.  A exposición prolongada a niveis sonoros intensos, destrúe os receptores sensoriais do oído e conduce irremisiblemente á perda da capacidade auditiva (XORDEIRA).  Escoitar música a gran volume é un dos factores que provoca déficit auditivos entre os mozos.
  • 31.
    O sentido davista  Os ollos son os órganos onde reside o sentido da vista.  O ollo está formado por unha serie de:  Órganos anexos e  Globo ocular, aloxado nunha cavidade (conca orbitaria) formada polos ósos do cranio e da cara.
  • 32.
  • 33.
    Órganos anexos doollo  Cella: impiden que o suor caia sobre o ollo  Pálpebra: protexeno do roce cos obxectos e limpan a súa superficie ao abrirse e pecharse.  Pestanas: protéxeno de partículas de po e detectan os obxectos que se aproximan a él.  Glándula lacrimal que produce as bágoas, que protexen a conxuntiva, a mantén húmida e matan as bacterias, co que evita as infeccións.
  • 34.
    O globo ocular  Ten forma esférica grazas a que ten líquidos no seu interior: humor acuoso e humor vítreo.  Conxuntiva: epitelio transparente que cobre a esclerótica e a córnea.  O globo ocular está formado por 3 membranas: 1. Esclerótica: capa branca e dura que protexe e mantén a forma do ollo. Na súa parte dianteira atópase a córnea, que é transparente. 2. Coroides: capa opaca que escurece o interior do ollo. A súa parte anterior está  o iris (músculo circular situado debaixo da córnea) e  O orificio da pupila (abertura circular situada no centro do iris) 3. Retina: capa onde se localizan os receptores visuais. Na parte anterior se diferencia o cristalino (lente transparente que se atopa detrás do iris)
  • 35.
    Funcionamento do ollo  A luz penetra polas pupilas e grazas ao cristalino, as imaxes fórmanse na retina.  Os receptores da retina captan a luz reflectida polos obxectos que vemos e producen impulsos nerviosos que son transportados polo nervio óptico ata o cerebro.  Os receptores da retina son de 2 tipos:  CONOS, son sensibles ás cores, máis non á luz de baixa intensidade  BASTÓNS, perciben a luz de pouca intensidade, pero non as cores. So permiten ver en branco e negro
  • 36.
    Acomodación do ollo  Chámase ACOMODACIÓN á capacidade do ollo de ver os obxectos con nitidez (debido a que cambia a forma do cristalino).  Cando o obxecto está lonxe, o cristalino estírase e adelgaza  Cando o obxecto está preto, acúrtase e engrosa  Desta forma consigue o ollo que a imaxe se forme sobre o mesmo lugar da retina (ENFOQUE), independentemente da distancia a que se encontre ó obxecto.  O cristalino adapta a súa curvatura para modificar a dirección dos raios de luz e permitir que as imaxes dos obxectos situados a distintas distancias se formen correctamente sobre a retina.  Coa idade diminúe o poder de acomodación do ollo (PRESBICIA)
  • 37.
    Regulación da cantidadede luz  A pupila péchase ou ábrese en función da intensidade luminosa:  péchase para no nos cegar cando hai moita luz e  Ábrese para ver mellor cando hai pouca.
  • 38.
    Anomalías da visión Os problemas oculares máis frecuentes débense á alteracións no globo ocular ou na superficie da córnea, o que provoca a formación defectuosa da imaxe. As máis comúns son: miopía hipermetropía astigmatismo  MIOPÍA: débese a excesiva lonxitude do globo ocular (ou a córnea demasiado curvada) que fai que os obxectos se debuxen diante da retina.  Os individuos miopes ven:  Nitidamente os obxectos próximos  Borrosos os obxectos afastados  Para correxir este defecto, utilízase anteollos con lentes diverxentes.  HIPERMETROPÍA: débese a unha escasa lonxitude do globo ocular (ou a córnea moi plana), que fai que os obxectos se debuxen detrás da retina.  Os hipermétropes:  Ven nitidamente os obxectos afastados  Borrosos os obxectos próximos  Corríxese utilizando lentes converxentes.  ASTIGMATISMO: prodúcese cando a córnea presenta unha curvatura irregular nas súas distintas zonas. Isto provoca unha visión borrosa e distorsionada.  Corríxese utilizando lentes cilíndricas.
  • 39.
  • 40.
    Hixiene dos ollos Os ollos teñen un mecanismo propio de limpeza, constituido polo sistema lacrimal e pola pálpebras, que manteñen húmida e limpa a superficie do globo ocular.  Así e todo, os ollos deben lavarse diariamente con auga, para eliminar as lagañas producidas durante o sono.  Medidas de protección para a vista: 1. Utilizar boa luz para ler e estudar  A luz debe penetrar pola esquerda nos dextros  A luz debe penetrar pola dereita nos zurdos. 2. Manter a distancia axeitada ante as pantallas do ordenador e tv, e non estar fronte a elas demasiado tempo porque provoca “fatiga visual”. 3. Evitar ler en vehículos en movemento que provoquen cambios da distancia entre o ollo e o texto, xa que as variacións na acomodación, coa conseguinte sensación de mareo
  • 42.
    A elaboración daresposta Os estímulos captados polos receptores e transformados en impulsos nerviosos son enviados á médula ou ao cerebro, onde se elaboran as ordes de resposta.
  • 43.
    No cortex cerebrallocalízanse:  ÁREAS SENSITIVAS: onde se reciben os impulsos nerviosos dos distintos órganos dos sentidos a través dos nervios sensitivos.  Nestas áreas os impulsos tradúcense en sensacións. É no cerebro onde realmente vemos, oimos, e en xeral, sentimos  A destrucción dunha rexión sensitiva do Cortex cerebral leva aparellada a INSENSIBILIDADE da zona do corpo correspondente (aínda que os órganos dos sentidos funcionen perfectamente).  ÁREAS MOTORAS: encargadas de producir estímulos nerviosos. Estes estímulos son conducidos por medio de neuronas motoras cara ós órganos efectores, que son responsables de levaren a cabo a resposta.  A destrucción dalgunha área motora implica a PARALISE dos órganos controlados por ésta. Estes órganos poderían funcionar correctamente pero non poden facelo porque non reciben as ordes oportunas
  • 44.
    Actos voluntarios  Actos voluntarios: son actos conscientes, controlados de forma voluntaria.  Elementos dun acto voluntario:  Receptor  Fibra nerviosa sensitiva  Médula Espiñal: vías ascendentes sensitivas  Áreas sensitivas do Cortex Cerebral  Interneuronas da Área de Asociación do Cerebro  Áreas motoras do Cortex Cerebral  Médula Espiñal: vías descendentes motoras  Fibra nerviosa motora  Efector
  • 45.
    Actos involuntarios  Actos reflexos: son respostas rápidas e automáticas ante estímulos que non implican un control voluntario.  Os Actos reflexos lévanse a cabo mediante unha estrutura nerviosa, o ARCO REFLEXO (cadea de neuronas que participan nun acto reflexo).  Elementos dun acto reflexo:  Receptor  Neurona sensitiva: que leva o impuolso nervioso desde o receptor ata á médula  Neurona de Asociación ou Interneurona, situada ná médula, que pon en contacto a neurona sensitiva coa motora  Neurona motora: que lle transmite a mensaxe ao músculo correspondente  Órgano efector: un músculo que efectúa a resposta
  • 47.
    ELABORACIÓN DA RESPOSTA No Cortex Cerebral localízanse: a. Áreas Sensitivas: onde se reciben os impulsos nerviosos dos distintos órganos dos sentifos a través dos Nervios Sensitivos. Nesta área tradúcense as sensacións. A destrución dunha área sensitiva leva emparellada a INSENSIBILIDADE da zona do corpo correspondente. b. Áreas mototas: encargadas de producir estímulos nerviosos que son conducidos por Nervios Motores cara os órganos Efectores, que son os responsables de levar a cabo a resposta. A destrución dalgunha área motora implica PARÁLISE dos órganos controlados por ésta. Actos voluntarios: son Actos reflexos: son respostas rápidas e actos conscientes, automáticas ante estímulos que non implican un controlados de forma control voluntario. voluntaria. Os Actos reflexos lévanse a cabo mediante Elementos dun acto unha estrutura nerviosa, o ARCO REFLEXO voluntario: (cadea de neuronas que participan nun acto a. Receptor reflexo). b. Fibra nerviosa Elementos dun acto reflexo: sensitiva a. Receptor c. Médula Espiñal: vías b. Neurona sensitiva: que leva o impuolso ascendentes nervioso desde o receptor ata á médula sensitivas c. Neurona de Asociación ou d. Áreas sensitivas do Interneurona, situada ná médula, que Cortex Cerebral pon en contacto a neurona sensitiva coa e. Interneuronas da motora Área de Asociación d. Neurona motora: que lle transmite a do Cerebro mensaxe ao músculo correspondente f. Áreas motoras do e. Órgano efector: un músculo que efectúa Cortex Cerebral a resposta. g. Médula Espiñal: vías descendentes motoras h. Fibra nerviosa motora i. Efector
  • 49.
    O sistema locomotor  Está formado polos ósos e os músculos esqueléticos.  Función:  é o encargado de executar as respostas motoras ordenadas polo SN  a colaboración entre os ósos e músculos permítenos  manter a postura,  desprazarnos e  realizar múltiples movementos.
  • 50.
    O esqueleto  Función:  constitúe a armazón interna que sostén o noso corpo  protexe as partes máis delicadas do organismo  nel insírense os músculos que permiten o movemento  Está formado por 208 ósos, e as estruturas que permiten a súa ensamblaxe (articulacións e ligamentos)  Divídese en 2 partes:  Esqueleto axial:  Ósos da cabeza  Columna vertebral  Esterno  Costelas  Esqueleto apendicular:  Ósos das extremidades superiores  Ósos das extemidades inferiores  Cinturra escapular ou Ombreiro…  Cintura pelviana ou Cadeira:…….ósos que unen as extremidades ao esqueleto axial
  • 51.
    Ósos da cabeza: Ósos das Extremidades -frontal Superiores: -parietal - úmero -temporal - radio -occipital - cúbito -ósos da cara: - ósos do carpo -nasal - ósos do metacarpo Esqueleto apendicular -meixela - falanxes -maxilares Esqueleto axial Columna vertebral: vértebras: Ósos das Extremidades - cervicais Inferiores: - dorsais - fémur - lumbares - rótula - sacro - tibia - coccix - peroné - Ósos do tarso - Ósos do metatarso - falanxes Esterno Cintura Escapular ou Ombreiro: - clavícula - omóplata Costelas Cintura Pelviana ou Cadeira: - verdadeiras Coxal: - falsas - íleo - flotantes - ísquion - pube
  • 52.
    A musculatura  os músculos esqueléticos actúan sobre o esqueleto e executan os movementos voluntarios de resposta ante os estímulos.  Está integrada por máis de 650 músculos que contitúen o 35-40% do peso corporal
  • 53.
    Músculos faciais: son aqueles que o seu Frontal: eleva as cellas movemento lle dan as Orbicular dos ollos: abre e pecha as pálpebras distintas Nasais: engurran a nariz expresions Orbicular dos labios: abre e pecha os labios Na Cabeza ao noso Bucinador: incha as meixelas rostro. Músculos mastigado Maseter: permite a mastigación res Temporal: permite a masticación No colo ou Pescozo Esternocleidomastoideo: xira a cabeza de dereita a esquerda Digástrico: descende a mandíbula inferior Zona Pectorais: moven os brazos cara adiante ventral Serratos maiores: elevan o ombro Tórax Trapecio: dobra a cabeza cara atrás No Tronco Zona dorsal Dorsal ancho: move o brazo cara atrás Zona Rectos maiores: dobran o tronco cara adiante ventral Oblicuo maior:dobra o tronco cara atrás Abdome Glúteo: mantén a posición ergeita. Estira a coxa e faina Zona dorsal xirar
  • 54.
    Deltoide: eleva obrazo Bíceps braquial:flexiona o brazo Tríceps: estende o brazo superior Flexores e extensores: flexionan e estenden os dedos Supinador: xira a palma cara abaixo Palmar: flexiona a man sobre o antebrazo Extremi Glúteo: dades Psoas ilíaco: eleva a coxa Recto anterior: estende a perna Sartorio: permite cruzar a perna inferior Bíceps femoral: flexiona a perna Tibial: flexiona o pé cara a canela Xemelgos: levantan o talón Flexores e extensores: flexionan e estenden os dedos
  • 55.
    As articulacións emovementos  os nosos ósos están articulados para permitir o movemento  ARTICULACIÓNS: son estruturas que unen os ósos do esqueleto e permiten a mobilidade da maioría da súas pezas.  TIPOS DE ARTICULACIÓNS segundo a súa MOBILIDADE:  INMÓBILES: impiden o movementos dos ósos que agrupan. Ex.: ósos do cranio, pelve,…  SEMIMOBILES: so realizan pequenos desprazamentos. Ex.: articulacións das vértebras  MÓBILES: permiten unha gran mobilidade entre os ósos. Ex.: articulación do cobado, cadeira, xeonllo,…
  • 56.
    Articulacións móbiles  Nunha articulación móbil presenta os seguintes elementos:  LIGAMENTOS: fibras moi fortes que unen os ósos.  CARTÍLAXES: pezas de ticido cartilaxinoso que recobren e protexen as superficies dos ósos en contacto.  CÁPSULA DE LÍQUIDO SINOVIAL: bolsa situada entre os ósos reenchida dun líquido lubricante: “sinovia” ou “líquido sinovial”.  Ademáis, nos Xeonllos posúen MENISCOS: estruturas de fibrocartílaxe entre os ósos, cuxo obxecto é adapatar a superficie de contacto para repartir mellor a carga.
  • 57.
    Lesións no sistemalocomotor  poden afectar aos músculos, aos ósos ou as articulacións. Son:  CONTRACTURAS MUSCULARES: contracción persistente e involuntaria dun músculo.  FRACTURAS ÓSEAS: rotura parcial ou total dun óso.  LUXACIÓNS: saída dos ósos das articulacións.  ESCORDADURAS (esgüince) lesións nos ligamentos  ROTURA DE LIGAMENTOS ou de CARTÍLAXES.  A causa principal destas lesións son: traumatismos (golpes), exercicios bruscos ou exercicios continuados sen preparación previa.
  • 58.
    Prevención das lesións Utilizar os elementos protectores adecuados a cada deporte.  Evitar os exercicios bruscos, que poden producir sobrecarga en músculos e articulacións.  Realizar exercicio físico axuda a previr as lesións e a recuperación de moitas delas.  Ademáis, realizar exercicio físico, fomenta a autoestima, facéndonos sentir máis fortes e seguros ante a vida. Tamén libera un neurotransmisor (ENDORFINAS) que axudan a reducir a ansiedade e as molestias físicas e elevan a resistencia á dor, xerando unha sensación de benestar que prevé e mellora a depresión.
  • 59.
    Acción dos músculossobre o esqueleto  Para cumprir coa súa función, os músculos esqueléticos únense aos ósos, e contráense e reláxanse producindo movemento.  Cada músculo únese a 2 ósos distintos mediante uns cordóns moi resistentes de tecido conxuntivo: os TENDÓNS.  O músculo contráese, acúrtase cando recibe un impulsa nervioso motor. Grazas ás articulacións, os músculos moven os ósos facendo que: se acheguen, se separen ou xiren un con respecto a outro.  Para realizar algúns movementos os músculos traballan coordinadamente por parellas, que funcionan de forma antagónica ou contraria. Ex.: músculo bíceps (flexiona o brazo) e músculo tríceps (extensión do brazo)
  • 60.
    As pancas docorpo humano  os ósos e as articulacións constitúen un sistema de pancas sobre as que actúan os músculos.  En toda panca distínguense 3 elementos:  Punto de potencia (P): onde se aplica a forza.  Punto de apoio (A): onde se sustenta a panca  Punto de resistencia (R): onde se sitúa a forza que hai que vencer.
  • 61.
    Tipos de pancas  segundo a DISPOSICIÓN dos seus ELEMENTOS:  PRIMEIRO XÉNERO: o punto de apoio está entre a potencia e a resistencia. Permite unha gran variedade de accións, mobilidade e potencia.  SEGUNDO XÉNERO: a resistencia está entre o punto de apoio e a potencia. Non produce grandes desprazamentos pero vence grandes resistencias.  TERCEIRO XÉNERO: a potencia está entre o punto de apoio e a resistencia. Da lugar a deprazamentos extensos, sen vencer grandes resistencias.