SR.PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA, D. XESÚS ALONSO MONTERO
Decorridos vinte e tres anos do seu falecemento e cento tres do seu nacemento, no barrio
mariñeiro de Ferrol Vello, a figura de Ricardo Carvalho Calero e o seu legado non deixan de
medrar no noso País e na nosa comarca. Dende hai xa trece anos, moitas teñen sido as iniciativas
para que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras ao ilustre ferrolán.
Doutor, investigador lingüístico e literario, profesor, autor teatral, novelista, poeta, o primeiro
catedrático de Lingua e Literatura Galega, redactor do Borrador do Estatuto de Autonomía de
1931, teórico da reintegración lingüística... son só unha pequena mostra do que, para nós, son
méritos mais do que suficientes para ser digno de tal recoñecemento.
É por todas estas razóns que decido sumarme ás diversas iniciativas xurdidas para solicitar á
Real Academia Galega que no próximo ano 2014 o Día das Letras sexa dedicado á figura de
Carvalho Calero.
Atentamente
REAL ACADEMIA GALEGA
Tabernas 11 - A Coruña secretaria@realacademiagalega.org

Letras Galegas 2014 - Ricardo Carvalho Calero

  • 1.
    SR.PRESIDENTE DA REALACADEMIA GALEGA, D. XESÚS ALONSO MONTERO Decorridos vinte e tres anos do seu falecemento e cento tres do seu nacemento, no barrio mariñeiro de Ferrol Vello, a figura de Ricardo Carvalho Calero e o seu legado non deixan de medrar no noso País e na nosa comarca. Dende hai xa trece anos, moitas teñen sido as iniciativas para que a Real Academia Galega lle dedique o Día das Letras ao ilustre ferrolán. Doutor, investigador lingüístico e literario, profesor, autor teatral, novelista, poeta, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega, redactor do Borrador do Estatuto de Autonomía de 1931, teórico da reintegración lingüística... son só unha pequena mostra do que, para nós, son méritos mais do que suficientes para ser digno de tal recoñecemento. É por todas estas razóns que decido sumarme ás diversas iniciativas xurdidas para solicitar á Real Academia Galega que no próximo ano 2014 o Día das Letras sexa dedicado á figura de Carvalho Calero. Atentamente REAL ACADEMIA GALEGA Tabernas 11 - A Coruña secretaria@realacademiagalega.org