Consumimos constantemente recursos naturais
    que son limitados.
           Como consumidores temos que elixir entre as
    distintas posibilidades que nos ofrecen, tendo en
    conta a protección do medio, a solidariedade e outros
    valores.
     Para ser consumidores responsables temos que ter
en conta todas as repercusións:
       • Sociais
       • Ambientais e
       • Económicas
       cando eliximos entre as opcións que nos ofrece o mercado.

       Os cinco R do consumo responsable son:
                           • REDUCIR: mercar o necesario
                           • RESPONSABILIZAR: debemos ter en
                             conta ademais do prezo e a calidade o
                             impacto ambiental e social.
                           • RECICLAR: separar e tirar ao colector
                             que corresponda
                           • REUTILIZAR: non tires o que poida
                             servir para outros usos.
                           • RECLAMAR: pregunta, infórmate, súmate
                             ás campañas, fai que a túa voz se
                             escoite e exerce os teus dereitos como
                             persoa consumidora
          Este curso imos aprender un pouco                 mellor   a   ser
          CONSUMIDORES RESPONSABLES DE


                            AUGA E ENERXÍA
O ciclo da auga explica as súas transformacións e
movementos pola Terra: o Sol evapóraa do mar e, ao
condensarse, cae de novo en forma de chuvia, neve ou xeo.
Filtrándose a través da terra pode acumularse en
acuíferos subterráneos . O 97% encóntrase no mar, o 2%
en forma de xeo e o 1% en ríos, lagos e acuíferos.




      A procedente do xeo e dos acuíferos xeralmente xa é potable e non
precisa tratamento. Pero a auga que chega ás casas adoita obterse dos ríos e
tratarse en plantas depuradoras mediante filtrados e engadindo
desinfectantes. A auga que procede das plantas desalinizadoras de auga de
mar é de moita máis calidade.

       Imaxina que un día te ergues e non sae auga da billa. Fai un repaso
pola túa actividade diaria e pensa no que non poderías facer.
                  A OMS estima en 50 l. por persoa ao día a cantidade de
                  auga necesaria para cubrir as necesidades básicas dunha
                  persoa. A media española está en 171 l por persoa ao día,
                  máis do triplo. Unha dilapidación que quizais non nos
                  podamos permitir.
A Directiva Marco da Auga Europea establece que o recibo da auga incluirá
todos os custos de subministración e de tratamento de augas residuais, o
que suporá un incremento apreciable na factura.
       Compre pois un cambio nos nosos hábitos e costumes, para que non
chegue o día no que nos falte e para contaminar o menos posible.




• No inodoro: Non tires innecesariamente da cadea doWC, de
  cada vez estás a gastar entre 10 e 15 l. de auga. Podes
  introducir na cisterna unha botella chea de area, para
  descargar menos auga.
• A ducha mellor que o baño: se para encher a bañeira
  necesitas máis ou menos 300 litros, cunha ducha de cinco
  minutos consumirás aproximadamente 100 litros.
• Abre as billas só o necesario cando laves os dentes ou as mans.
• Instala alcachofas de ducha especiais, ou perlizadores, que mesturan o
  aire coa auga, o que pode supor un aforro de ata o 40%.
• Na cociña:
     o Utiliza o lavalouza cando estea cheo
     o Se fregas a man non teñas aberta a billa todo
       o tempo.
     o Garda auga no frigorífico e non esperes a que
       saia auga fría da billa.
• Para lavar a roupa:utiliza a lavadora cando estea chea e evita o
  prelavado sempre que sexa posible.
• Para regar: rega as plantas á mañá ou á noite, pois evaporarase menos,
  sempre que poidas emprega a auga da chuvia ou a que usaches para cocer
  verdura ou pasta.
• Pecha ben as billas e arranxa as que goteen: 10 pingas de auga por
  minuto son máis de 1000 litros perdidos ao ano.




• NO BAÑO
    o Non uses o retrete coma se fose unha papeleira, xa que se o fas
      gastarás máis auga e contaminarala máis.
    o Non uses desodorizantes para o WC dos que se disolven na auga.
    o Utiliza vinagre para limpar inodoro, lavabos, ..., así evitarás a
      destrución do equilibrio bacteriano das augas residuais.
• NA COCIÑA
    o Utiliza o menos posible aqueles produtos de limpeza que sexan
      agresivos, e decídete polos ecolóxicos ou por solucións caseiras
      (vinagre, limón...)
    o Non tires polo vertedoiro residuos, aceites, graxas.
    o Non abuses do deterxente cando esteas fregando, utiliza só o
      necesario.
• NA COADA
    o Utiliza deterxentes sen fosfatos e modera a cantidade.
    o Non laves o coche preto de fontes, regatos e ríos, e sempre que
      poidas faino en lugares habilitados, así contaminarás e consumirás
      menos.
Son aquelas que non se esgotan nunca porque usan como
abastecemento un recurso que se rexenera coa intervención dos homes,
pero que ao mesmo tempo, non teñen a súa dispoñibilidade garantida xa que
depende de factores como o clima ou as condicións xeográficas.
   • Enerxía hidráulica: aquela que aproveita a forza dos cursos das
     augas superficiais ou a das mareas para xerar electricidade.
   • Enerxía eólica: a que aproveita a forza do vento
     para xerar electricidade utilizando os muíños de
     vento.
   • Enerxía solar: con equipos especializados
     (placas térmicas e placas fotovoltaicas),
     recóllese a enerxía que o sol produce.
   • Enerxía xeotérmica: é aquela que se desprende da
     codia terrestre e que deriva da actividade
     magmática no interior da terra. Utilízase sobre todo
     para a produción de calor.
   • Biomasa: É a enerxía que se acumula nos restos
     vexetais, e que pode aproveitarse mediante a
     combustión da materia orgánica ou pola combustión
     do gas que se desprende coa súa descomposición.




                            Son aquelas que teñen recursos limitados e
                      diminúen a medida que as imos consumindo
                      podendo, no caso de non facer un uso responsable,
                      esgotarse ou dispararse o seu custo. Estas son o
                      petróleo, o carbón, os biocombustibles, a enerxía
                      nuclear e o gas natural.
Es consciente de canta enerxía consumides no teu fogar?
Fíxate nesta imaxe




      É preciso que cada persoa e cada familia se comprometa a aforrar o
máximo de enerxía. Basta con introducir algún cambio nos costumes e ter en
conta criterios ambientais e económicos no momento de adquirir aparatos
novos e de usar os que temos.



      O obrigado etiquetado enerxético europeo de electrodomésticos é
unha fonte de información moi útil para o consumidor. Permite detectar
dunha ollada a cualificación enerxética de lavadoras, frigoríficos e
conxeladores grazas a un sistema de letras –da moi eficiente A á pouco
rentable G- e cores que van do verde ao vermello.
• Cando vaias mercar un electrodoméstico, elixe o que menos enerxía
  consuma. A etiquetaxe enerxética dos electrodomésticos infórmanos
  do consumo de enerxía e outros datos complementarios.
     o No caso de electrodomésticos de frío (frigoríficos,
       conxeladores…) hai outras dúas categorías (A+ e A++) para
       aparatos con eficiencia enerxética superior aos da clase A.
• Desconecta os aparatos eléctricos (aparato de música, televisor,
  ordenador, DVD…) da rede cando non estean funcionando. A pequena
  luz vermella que indica o modo stand by tamén consome enerxía.
  Se tes varios aparatos deste tipo nun mesmo cuarto, podes conectalos
  todos a un ladrón de conexión múltiple con interruptor, así cando
  apagues ese interruptor apagarás todos os aparatos conectados e
  poderás aforrar ata 40 euros anuais.
• A enerxía que producen as pilas é 600 veces máis cara ca a da
  rede. Conecta os aparellos á rede sempre que sexa posible.
• A calefacción. Non esquezas que a mellor calefacción é un bo
  illamento.
              Non abras as fiestras coa calefacción acendida.
              Pecha as persianas pola noite.
              Para ventilar chega con 10-15 minutos.
              Non tapes radiadores con cortinas ou mobles.
              Instala un termostato e non poñas máis de 20º de día e
              17º de noite.
              Pecha os radiadores que non precises.
• O frigorífico.
              Colócao lonxe de fontes de calor.
              Se vas desconxelar alimentos, pásaos ao frigorífico,
              gañarás frío nesa zona.
              Deixa que os alimentos quentes se              arrefríen
              completamente antes de metelos na neveira.
              Evita ter a porta aberta moito tempo.
• Cociña e forno:
               Para cociñar , xestiona con eficiencia os recursos:
               microondas, cociña con ola a presión e forno en último
               lugar.
               Tapa as potas durante a cocción
               Non abras a porta do forno.
               Utiliza a lavadora e lavalouza a carga completa.
• A iluminación:
         Sempre que poidas utiliza a luz natural.
         Non deixes luces acendidas onde non se estea.
         Substitúe as luces incandescentes polas de
         baixo consumo, aforrarás cartos e enerxía .
         Usa tubos fluorescentes onde precises máis luz
         durante moitas horas, como na cociña.
• O ordenador:
         Se vas mercar un, escolle un que teña sistema de aforro de
         enerxía.
         Cando non vaiamos empregalo durante períodos curtos podemos
         apagar só a pantalla.
         As pantallas LCD aforran un 37% da enerxía en funcionamento
         e un 40% en modo de espera.




Para aprender xogando:
http://www.inega.es/inega/Xogo_Enerx_as_Renovables/index.html
http://xogo.climantica.org/
Para informarnos mellor:
http://eduprimaria.climantica.org/wq/wq1.htm
http://www.repsol.com/es_gl/casa_y_hogar/energia_en_casa/reportajes
/ahorro_energetico/
http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades-
didacticas/unidade-2
http://www.eroski.es/ga/aforraenerxia/consellos
http://www.inega.es/inega/2007/web/portada.php
http://www.inega.es/inega/2007/web/index.php?dep=19
En tempos de crise

En tempos de crise

  • 2.
    Consumimos constantemente recursosnaturais que son limitados. Como consumidores temos que elixir entre as distintas posibilidades que nos ofrecen, tendo en conta a protección do medio, a solidariedade e outros valores. Para ser consumidores responsables temos que ter en conta todas as repercusións: • Sociais • Ambientais e • Económicas cando eliximos entre as opcións que nos ofrece o mercado. Os cinco R do consumo responsable son: • REDUCIR: mercar o necesario • RESPONSABILIZAR: debemos ter en conta ademais do prezo e a calidade o impacto ambiental e social. • RECICLAR: separar e tirar ao colector que corresponda • REUTILIZAR: non tires o que poida servir para outros usos. • RECLAMAR: pregunta, infórmate, súmate ás campañas, fai que a túa voz se escoite e exerce os teus dereitos como persoa consumidora Este curso imos aprender un pouco mellor a ser CONSUMIDORES RESPONSABLES DE AUGA E ENERXÍA
  • 3.
    O ciclo daauga explica as súas transformacións e movementos pola Terra: o Sol evapóraa do mar e, ao condensarse, cae de novo en forma de chuvia, neve ou xeo. Filtrándose a través da terra pode acumularse en acuíferos subterráneos . O 97% encóntrase no mar, o 2% en forma de xeo e o 1% en ríos, lagos e acuíferos. A procedente do xeo e dos acuíferos xeralmente xa é potable e non precisa tratamento. Pero a auga que chega ás casas adoita obterse dos ríos e tratarse en plantas depuradoras mediante filtrados e engadindo desinfectantes. A auga que procede das plantas desalinizadoras de auga de mar é de moita máis calidade. Imaxina que un día te ergues e non sae auga da billa. Fai un repaso pola túa actividade diaria e pensa no que non poderías facer. A OMS estima en 50 l. por persoa ao día a cantidade de auga necesaria para cubrir as necesidades básicas dunha persoa. A media española está en 171 l por persoa ao día, máis do triplo. Unha dilapidación que quizais non nos podamos permitir. A Directiva Marco da Auga Europea establece que o recibo da auga incluirá todos os custos de subministración e de tratamento de augas residuais, o que suporá un incremento apreciable na factura. Compre pois un cambio nos nosos hábitos e costumes, para que non chegue o día no que nos falte e para contaminar o menos posible. • No inodoro: Non tires innecesariamente da cadea doWC, de cada vez estás a gastar entre 10 e 15 l. de auga. Podes introducir na cisterna unha botella chea de area, para descargar menos auga. • A ducha mellor que o baño: se para encher a bañeira necesitas máis ou menos 300 litros, cunha ducha de cinco minutos consumirás aproximadamente 100 litros.
  • 4.
    • Abre asbillas só o necesario cando laves os dentes ou as mans. • Instala alcachofas de ducha especiais, ou perlizadores, que mesturan o aire coa auga, o que pode supor un aforro de ata o 40%. • Na cociña: o Utiliza o lavalouza cando estea cheo o Se fregas a man non teñas aberta a billa todo o tempo. o Garda auga no frigorífico e non esperes a que saia auga fría da billa. • Para lavar a roupa:utiliza a lavadora cando estea chea e evita o prelavado sempre que sexa posible. • Para regar: rega as plantas á mañá ou á noite, pois evaporarase menos, sempre que poidas emprega a auga da chuvia ou a que usaches para cocer verdura ou pasta. • Pecha ben as billas e arranxa as que goteen: 10 pingas de auga por minuto son máis de 1000 litros perdidos ao ano. • NO BAÑO o Non uses o retrete coma se fose unha papeleira, xa que se o fas gastarás máis auga e contaminarala máis. o Non uses desodorizantes para o WC dos que se disolven na auga. o Utiliza vinagre para limpar inodoro, lavabos, ..., así evitarás a destrución do equilibrio bacteriano das augas residuais. • NA COCIÑA o Utiliza o menos posible aqueles produtos de limpeza que sexan agresivos, e decídete polos ecolóxicos ou por solucións caseiras (vinagre, limón...) o Non tires polo vertedoiro residuos, aceites, graxas. o Non abuses do deterxente cando esteas fregando, utiliza só o necesario. • NA COADA o Utiliza deterxentes sen fosfatos e modera a cantidade. o Non laves o coche preto de fontes, regatos e ríos, e sempre que poidas faino en lugares habilitados, así contaminarás e consumirás menos.
  • 5.
    Son aquelas quenon se esgotan nunca porque usan como abastecemento un recurso que se rexenera coa intervención dos homes, pero que ao mesmo tempo, non teñen a súa dispoñibilidade garantida xa que depende de factores como o clima ou as condicións xeográficas. • Enerxía hidráulica: aquela que aproveita a forza dos cursos das augas superficiais ou a das mareas para xerar electricidade. • Enerxía eólica: a que aproveita a forza do vento para xerar electricidade utilizando os muíños de vento. • Enerxía solar: con equipos especializados (placas térmicas e placas fotovoltaicas), recóllese a enerxía que o sol produce. • Enerxía xeotérmica: é aquela que se desprende da codia terrestre e que deriva da actividade magmática no interior da terra. Utilízase sobre todo para a produción de calor. • Biomasa: É a enerxía que se acumula nos restos vexetais, e que pode aproveitarse mediante a combustión da materia orgánica ou pola combustión do gas que se desprende coa súa descomposición. Son aquelas que teñen recursos limitados e diminúen a medida que as imos consumindo podendo, no caso de non facer un uso responsable, esgotarse ou dispararse o seu custo. Estas son o petróleo, o carbón, os biocombustibles, a enerxía nuclear e o gas natural.
  • 6.
    Es consciente decanta enerxía consumides no teu fogar? Fíxate nesta imaxe É preciso que cada persoa e cada familia se comprometa a aforrar o máximo de enerxía. Basta con introducir algún cambio nos costumes e ter en conta criterios ambientais e económicos no momento de adquirir aparatos novos e de usar os que temos. O obrigado etiquetado enerxético europeo de electrodomésticos é unha fonte de información moi útil para o consumidor. Permite detectar dunha ollada a cualificación enerxética de lavadoras, frigoríficos e conxeladores grazas a un sistema de letras –da moi eficiente A á pouco rentable G- e cores que van do verde ao vermello.
  • 7.
    • Cando vaiasmercar un electrodoméstico, elixe o que menos enerxía consuma. A etiquetaxe enerxética dos electrodomésticos infórmanos do consumo de enerxía e outros datos complementarios. o No caso de electrodomésticos de frío (frigoríficos, conxeladores…) hai outras dúas categorías (A+ e A++) para aparatos con eficiencia enerxética superior aos da clase A. • Desconecta os aparatos eléctricos (aparato de música, televisor, ordenador, DVD…) da rede cando non estean funcionando. A pequena luz vermella que indica o modo stand by tamén consome enerxía. Se tes varios aparatos deste tipo nun mesmo cuarto, podes conectalos todos a un ladrón de conexión múltiple con interruptor, así cando apagues ese interruptor apagarás todos os aparatos conectados e poderás aforrar ata 40 euros anuais. • A enerxía que producen as pilas é 600 veces máis cara ca a da rede. Conecta os aparellos á rede sempre que sexa posible. • A calefacción. Non esquezas que a mellor calefacción é un bo illamento. Non abras as fiestras coa calefacción acendida. Pecha as persianas pola noite. Para ventilar chega con 10-15 minutos. Non tapes radiadores con cortinas ou mobles. Instala un termostato e non poñas máis de 20º de día e 17º de noite. Pecha os radiadores que non precises. • O frigorífico. Colócao lonxe de fontes de calor. Se vas desconxelar alimentos, pásaos ao frigorífico, gañarás frío nesa zona. Deixa que os alimentos quentes se arrefríen completamente antes de metelos na neveira. Evita ter a porta aberta moito tempo.
  • 8.
    • Cociña eforno: Para cociñar , xestiona con eficiencia os recursos: microondas, cociña con ola a presión e forno en último lugar. Tapa as potas durante a cocción Non abras a porta do forno. Utiliza a lavadora e lavalouza a carga completa. • A iluminación: Sempre que poidas utiliza a luz natural. Non deixes luces acendidas onde non se estea. Substitúe as luces incandescentes polas de baixo consumo, aforrarás cartos e enerxía . Usa tubos fluorescentes onde precises máis luz durante moitas horas, como na cociña. • O ordenador: Se vas mercar un, escolle un que teña sistema de aforro de enerxía. Cando non vaiamos empregalo durante períodos curtos podemos apagar só a pantalla. As pantallas LCD aforran un 37% da enerxía en funcionamento e un 40% en modo de espera. Para aprender xogando: http://www.inega.es/inega/Xogo_Enerx_as_Renovables/index.html http://xogo.climantica.org/ Para informarnos mellor: http://eduprimaria.climantica.org/wq/wq1.htm http://www.repsol.com/es_gl/casa_y_hogar/energia_en_casa/reportajes /ahorro_energetico/ http://biblioteca.climantica.org/gl/biblioteca/unidades- didacticas/unidade-2 http://www.eroski.es/ga/aforraenerxia/consellos http://www.inega.es/inega/2007/web/portada.php http://www.inega.es/inega/2007/web/index.php?dep=19