A VIVENDA TÍPICA DE ESPAÑA Pazo Casa mariñeira Casa da montaña Casa do interior Casa das agras Palloza
2.
A VIVENDA POPULAREN GALICIA É de planta redonda e herdeira dos antigos castros. O teito é de palla ou colmo, e as paredes de pedra, cáseque sen fiestras. Consérvanse boas mostras nas montañas do Cebreiro e nos Ancares. Nelas viviron os seus moradores até a década de 1960, compartindo a súa estancia interior co gando vacún, que proporcionaba calor nos duros invernos. Palloza
3.
A VIVENDA POPULAREN GALICIA Consiste nun conxunto de construcións adxectivas nucleadas pola vivenda da familia á que se superpoñen distintas dependencias: alpendre, alboio ou pallete, cabazo, forno, cortellos, etc., todas relacionadas coas necesidades e traballos
4.
A VIVENDA POPULAREN GALICIA É rectangular con tellado de lousa a catro augas. Con dúas plantas: baixo, onde atopamos a cociña e a corte, e primeiro andar, para os cuartos. Non adoita ter edificacións auxiliares arrimadas. Destaca nela a cantaría de portas, ventás e esquinais.
5.
A VIVENDA POPULAREN GALICIA Atópase nas serras orientais e sudorientais. É cadrada, pequena, con escasas e angostas ventás e teitos de colmo ou lousa.
6.
A VIVENDA POPULAREN GALICIA Ten dous ou tres andares, ás veces con pincho ou outón. Ás veces álzase sobre soportais, baixo dos cales se recollían embarcacións e aparellos. Nos seus balcóns corridos de madeira, moitos deles hoxe transformados en galerías, deitábanse a secar as redes.
7.
A VIVENDA POPULAREN GALICIA Polo xeral son de planta rectangular á que se engaden outros elementos como capela, adega, cociñas, A súa estrutura é de grosos muros de fabrica, construídos con canterías de granito. Adoitan ser de dúas plantas: a inferior destinada a almacéns, celeiros, cortes e dependencias complementarias da vida agrícola e gandeira, e a superior a vivenda dos señores. A cuberta é frecuentemente a catro augas. O conxunto está rodeado por unha romántica vexetación, de abundante hedra,
A VIVENDA POPULAREN CANTABRIA Son construcións de trazado rectangular e formas simples desenvolvidas en dúas plantas. Na planta baixa están a cociña, as cortes a adega e a despensa. Na zona superior os cuartos. No teito existe unha cámara ou faiado Os muros son de pedra. A casa ten poucos ocos para impedir o paso do frío e a chuvia. O edificio remata cunha cuberta a dúas augas. A solaina é un dos elementos máis importantes e ten multiplicidade de usos, sempre en relación coas necesidades dunha forma de vida rural, agrícola e gandeira: lugar agradable, a resgardo do vento, para gozar do sol. deixar instrumentos de labranza ou produtos do campo, tender a roupa etc.
10.
A VIVENDA POPULARNO PAÍS VASCO O casarío é unha vivenda illada no campo. Como consecuencia do clima e o réxime de chuvias frecuentes, o casarío concéntrase en planta rectangular, baixo unha ampla cuberta a dúas augas, orientada ao mediodía ou ao saínte. Esta cuberta ten pouca pendente, pois as nevaradas son escasas; en cambio, considéranse funcionalmente imprescindibles os grandes beirados nos tellados. Empréganse os materiais da zona: pedra, tixolo, tella, madeira, ferro,… Normalmente consta de dous andares. No superior están os cuartos ou dormitorios e a sala, lugar de respecto para os acontecementos familiares. Na parte de abaixo, a cociña, a cuadra, faiados para gardar e almacenar produtos agrícolas,… Ten unha porta na fachada sur. Alí hai un amplo oco cun dintel de madeira no que transcorre parte da vida cotiá e onde se gardan os aparellos de labranza. A construción é moi sólida a base de pedra e madeira. Na parte superior é característico as estruturas de madeira vista, con elementos verticais, horizontais e ata curvos.
11.
A VIVENDA POPULAREN CATALUÑA A masía é a casa rural illada no campo catalán. A planta é rectangular. Polo xeral consta de dous andares e a fachada de acceso está orientada ao Sur. A cuberta é case sempre de dúas augas. O material máis empregado na súa construción é a pedra, tamén o adobe. As pedras uníanse por lama, cemento ou cal. Na parte de abaixo adoita haber un gran soportal de entrada á cociña e ás dependencias agrícolas. Na planta superior están os cuartos e a sala que como centro de respecto familiar ocupa a parte central e dá á fachada principal. Arriba na bufarda e no faiado gárdase a colleita e almacénase o gran e a palla para o gando cando non existen celeiros na planta baixa.
12.
A VIVENDA POPULAREN VALENCIA O clima de Valencia e a fertilidade das súas terras fai que se poidan recoller varias colleitas ao ano, cun sistema de explotación moi intensivo que precisa da máxima atención . Isto fai que o dono da horta constrúa a vivenda ao pé da súa finca aproveitando os materiais que lle brinda a natureza; cañas, barro, xunco e carrizos Edificio de planta rectangular duns 9x5 m. con cuberta triangular para desaugar as intensas choivas torrenciais tan típicas da zona Ten unha porta na fachada sur que dá acceso a un amplo corredor que percorre toda a edificación ata a fachada norte onde hai outra porta que permite a circulación do aire. Nun lado están os cuartos(normalmente tres) e noutro a cociña, comedor e almacén. Á parte superior vaise por unha escaleira de man e antigamente dedicábase a cultivar o verme da seda. Empréganse materiais da zona: barro, canas, xuncos ou carrizos. Os muros son de tixolo e a cuberta de palla ou canizo.
13.
A VIVENDA POPULARANDALUZA O cortixo andaluz é un conxunto de edificios, illados no campo e dedicados a unha explotación agraria. Estes edificios están construídos arredor dun patio. Ten moitas variantes dependendo da zona e tipo de explotación agrícola ou gandeira a que se destine. A súa importancia é parella á extensión da propiedade. En moitos casos ademais de vivenda destinada ao propietario, constrúense outras para encargados, capataces, caseiros, gardas,… O máis característico do cortixo é o seu patio, cerrado no fronte por un grande portalón. Ao redor do patio estaban as construcións gandeiras e as de almacenaxe. Era costume que estiveran cubertos de parras, que tiveran varias dependencias con muíños de aceite, adegas, silos,… se a finca é de toros bravos tamén pode haber un tentadoiro. A eira é un elemento que tamén forma parte dos cortixos aínda que poida estar a varios metros da estancia principal.
14.
A VIVENDA POPULARLEVANTINA Na rexión levantina, nas chairas cultívanse hortas e laranxais que pola súa ubicación en pequenas propiedades deron orixe a vivendas illadas, coñecidas na rexión por ALQUERÍAS. A alquería é unha construción de un ou dous andares cuberta a dúas augas. Posúe unha entrada cuberta onde se desenvolve a vida diaria. Os muros son de tixolo do país ou adobe e barro
15.
A VIVENDA POPULARDE TOLEDO Chámanse cigarrales ás fincas señoriais de recreo situadas na beira sur do río Teixo ao seu paso pola cidade de Toledo. Constan dunha construción principal destinada a vivenda de recreo, e un edificio secundario para os guardeses (cigarraleros) que coidan da casa ao ser segunda residencia e, o máis importante e característico, o seu amplo terreo de campo, que está limitado a un mínimo de 7.000 m2, sendo o común ata metade do século XX superficies arredor dos 20.000 m2.
16.
AS VIVENDAS-COVAS Ascovas en España atópanse espalladas por todas aquelas áreas xeográficas onde as temperaturas son extremas, as precipitacións baixas e os materiais sedimentarios que posibilitan a escavación. A todo isto teriamos que engadir a pobreza que afectou a grandes sectores da poboación española. Os núcleos máis numerosos con covas están en Granada e Murcia. Na zona da meseta norte tamén hai covas pero hoxe en día son empregadas máis como adegas que como vivendas