Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Cámara estenopeica construccion
1. A CÁMARA ESTENOPEICA Construcción I.E.S. Nº 1 de A Estrada Edu. Plástica e Visual Prof.: A. Sanmartín
2. MATERIAL PARA A CONSTRUCCIÓN DA CÁMARA Servecalquerarecipiente que non permita pasar a luz, podemos reciclar botes e caixas para fabricarnos unhaestenopeica (caixas de galletas, arroz, chocolate en po...). As caixas de cartón adoitan dar máis problemas á hora de conseguir que non entre nin un fío de luz. Moitas veces queremos construír a cámara á medida das nosas necesidades. Podemos usar para elo cartón pluma, madeira, metal, etc. INTERIOR DA CÁMARA É conveniente que pintemos o interior da nosa cámara con pintura negra mate, destexeito non se producirán reflexosnas paredes interiores que poidan crear imaxes falsas sobre o material sensible.
3. O ESTENOPO É o orificio polo que entra ao interior da cámara. O seu diámetro regula a cantidade de luz, sería o equivalente ao diafragma dunha cámara convencional. O tamaño do estenopo que temos que utilizar é aproximadamente o diámetro dunhaagulla. Este diámetro vén condicionado pola distancia focal que nunha cámara estenopeica é a distancia que hai desde o estenopo ata o lado oposto, onde se sitúa a emulsión sensible. Canto máispequenosexa o estenopo, máis nítida formarase a imaxe pero mais tempo necesitarase para queimar o negativo. Para facer o buraco podemos utilizar agullas de coser.
4. A DISTANCIA FOCAL E O ÁNGULO DE CAMPO A distancia focal é a distancia que hai entre o estenopo e o plano onde se forma a imaxe (plano focal). Determina o ángulo de campo que vai cubrir a nosa cámara e está directamente relacionada co formato. Se queremos construírunha cámara de focal "normal" (que cubra uns 50 graos de ángulo de campo) a distancia focal (distancia entre parede de buraco e parede con material fotosensible) ten que coincidir coa medida da diagonal do formato. Por exemplo, se temos un negativo de 9 x 12 centímetros, acharemos a diagonal: F como a raíz cadrada da suma dos lados aocadrado, isto a raiz de 81 mais 144, ousexa que a diagonal será 15 cm. De modo que, para este exemplo, unhacaixa de 15 cm de longo daranosunha cámara de distancia focal normal.
5.
6. É importante que o material sobre o que se realiza o estenoposexa delgado á vez que resistente, sendoaconsellable usar estaño ou aluminio de poucogramaxe. Tamén convén lixaros bordes do estenopoe volverllea pasar a agulla, así conseguimos que non quede rebaba e evitamos a difracción da luz ao chocar cos bordos rugosos. A continuación mostramos os números de agullas que se poden atopar no mercado coa súa medida en milímetros correspondente: Nº 5=0,8mm Nº 6=0,72mm Nº 7=0,65mm Nº 8=0,58 mm Nº 9=0,51mm Nº 10=0,46mm Nº 11=0,40mm Nº 12=0,35mm Nº 15=0,27mm.
7. Se mide menos de 15 cm, teremosunha focal curta que cubrirá un campo de máis de 60 graos, é dicir conseguimos un gran angular. Se temosunhacaixamaior de 15 cm, cubriremos un ángulo de campo menor de 45 graos e así obteriamos un teleobjetivo. Ata poderiamosdeseñarunha cámara con distancia focal variable simplemente situando a emulsión sensible máis cerca oumáislonxe do estenopo. A relación entre estesdous elementos, a distancia focal e o ángulo de campo é inversamente proporcional: a maior distancia, correspóndelle un menor ángulo de campo e viceversa.