1. CÉLULA PROCARIOTA.
(Sen núcleo)
- Son organismos sinxelos.
- Son como pequeños sacos.
- Son sempre unicelulares.
- Miden entre 1- 10 µm.
- Están formados por:
o Material xenético: Controla todas as función vitais da célula e
constitúe o cromosoma bateriano.
o Citoplasma: no que se atopa o material xenético. Esta cheo de
auga e contén gran cantidade de sustancias disoltas.
o Membrana plasmática: delimita o contido do citoplasma e
permite o paso de sustancias do interior ao exterior e
viceversa.
o Parede celular : rodea á célula exteriormente e protexea do
medio.
CÉLULA EUCARIOTA
(Con núcleo verdadeiro)
- Son máis complexas e de maior tamaño cas procariotas.
- Consta de distintas partes:
o Núcleo: parte ben diferenciada, xa que ten una membrana
celular que rodea o material xenético (ADN) e separao do
resto da célula.
o Citoplasma: envolve o núcleo e contén outras estructuras, os
orgánulos, como as mitocondrias, encargadas da respiración,
cloroplastos, realizan a fotosistese nas células vexetais.
o Membrana plasmática: rodeo o citoplasma. Ten como función
protexer a célula do medio e ademáis regular a entrada e
saída de sustancias.
2. - Dependendo como obteñen o alimento, da súa estrutura, e dos
orgánulos que a forman distinguimos dous tipos de célula eucariota:
o Célula animal
o Célula vexetal.
Célula animal↔ célula vexetal
- As dúas teñen a mesma estructura básica pero presentan algunas
diferencias.
- A célula vexetal ademáis de membrana plasmática ten por fora una
parede celular formada por celulosa, que a protexe, dalle forma e é un
soporte para a planta.
- A célula vexetal no citoplasma ten cloroplastos, esenciais para a
fotosintese.
- A célula vexetal non contén centriolos.
- A célula vexetal ten poucas vacuolas, a veces unha soa pero de gran
tamaño.