CLAVÉ
Antoni Clavé, pintor, escultor e artista gráfico catalán, naceu en Barcelona
en 1913, e é considerado unha das figuras máis relevantes da arte
contemporánea.

Iniciou a súa formación pictórica en 1926, asistindo ós cursos de Ángel Ferrán
na Escola Superior de Belas Artes e ós cursos de pintura de José Mongrell.
Frecuentou tamén, nesta época, os talleres de ambos artistas.

Ata o inicio da Guerra Civil a súa actividade artística se destacaba polo
traballo en pinturas murais, decoración ornamental, deseño publicitario e
outras actividades creativas. En 1939 viuse obrigado a exiliarse a Francia. Alí,
unha vez instalado, afianzou a súa pintura, saíu airoso do post-impresionismo
e tivo a coraxe de, animado por Pablo Picasso, dar un paso adiante e
adentrarse na abstracción. Nos últimos anos o seu traballo foi na súa
totalidade abstracto, seguindo unha liña de depuración de esquemas
formais.

Ademais de pintor foi gravador e escultor. A súa forza creadora o impulsou a
lanzarse de maneira continua a novas aventuras pictóricas. Triunfou tanto en
pintura e ilustración como en escultura e incluso escenografía. Pero é no
gravado onde demostrou a súa maestría: as súas innovacións son a
auténtica revolución caligráfica destes tempos.

En 1996, en Barcelona, se realizou a exposición retrospectiva “Antoni Clavé
en La Pedrera”. En 1999 celebrouse en Madrid outra retrospectiva nas salas
do Conde Duque na que se podían ver obras do artista das décadas 80 e
90.

Antoni Clavé faleceu en 2005, en Saint Tropez (Francia).

BiografíA Clavé

  • 1.
    CLAVÉ Antoni Clavé, pintor,escultor e artista gráfico catalán, naceu en Barcelona en 1913, e é considerado unha das figuras máis relevantes da arte contemporánea. Iniciou a súa formación pictórica en 1926, asistindo ós cursos de Ángel Ferrán na Escola Superior de Belas Artes e ós cursos de pintura de José Mongrell. Frecuentou tamén, nesta época, os talleres de ambos artistas. Ata o inicio da Guerra Civil a súa actividade artística se destacaba polo traballo en pinturas murais, decoración ornamental, deseño publicitario e outras actividades creativas. En 1939 viuse obrigado a exiliarse a Francia. Alí, unha vez instalado, afianzou a súa pintura, saíu airoso do post-impresionismo e tivo a coraxe de, animado por Pablo Picasso, dar un paso adiante e adentrarse na abstracción. Nos últimos anos o seu traballo foi na súa totalidade abstracto, seguindo unha liña de depuración de esquemas formais. Ademais de pintor foi gravador e escultor. A súa forza creadora o impulsou a lanzarse de maneira continua a novas aventuras pictóricas. Triunfou tanto en pintura e ilustración como en escultura e incluso escenografía. Pero é no gravado onde demostrou a súa maestría: as súas innovacións son a auténtica revolución caligráfica destes tempos. En 1996, en Barcelona, se realizou a exposición retrospectiva “Antoni Clavé en La Pedrera”. En 1999 celebrouse en Madrid outra retrospectiva nas salas do Conde Duque na que se podían ver obras do artista das décadas 80 e 90. Antoni Clavé faleceu en 2005, en Saint Tropez (Francia).