2. Ao longo do primeiro trimestre traballamos no noso
caderno dos relatos diferentes composicións escritas.
Comezamos por escribir
un conto baseándonos no
debuxo da portada ou no
título dun libro da nosa
biblioteca. Como xa
fixeramos o ano pasado.
3. A DESCRICIÓN DE PERSOAS
Unha vez coñecidas as
características da
descrición de
persoas, aparecía no
noso caderno o debuxo
dun personaxe que nós
tiñamos que colorear e
describir.
4. A DESCRICIÓN DE PAISAXES
Logo coñecemos como
describir as paisaxes.
Así foi coma o noso
caderno encheuse de
debuxos aos que
dabamos cor e
describiamos con
atención.
5. O DIÁLOGO ESCRITO
O seguinte foi coñecer
as normas básicas para
escribir un diálogo e... A
crear! Das distintas
escenas xurdían uns
diálogos moi
interesantes e algúns
moi divertidos.
6. O ESCENARIO: A BIBLIOTECA
Para que todos e todas
puideramos dar a coñecer
as nosas
creacións, durante unha
sesión á semana
achegabámonos á
biblioteca para ler o noso
relato, a nosa descrición
ou o noso diálogo.