AS REDES SOCIAIS:As redes sociais son espazos de relacións persoais nos que persoas con intereses comúns establecen grupos de comunicación e intercambio.
3.
TEMÁTICA As redessociais, atendendo a súa temática, poden ser moi variadas: xeneralistas, especializadas, profesionais, de contactos, etc. Para os e as docentes, interésannos as comunidades virtuais de aprendizaxe ou de práctica, que orientan a interacción ao afondamento en aspectos didácticos e á mellora do labor docente, e permiten compartir experiencias, coñecemento e práctica. De feito, a participación en comunidades profesionais é unha das orientacións que aparecen nos estándares da UNESCO de competencias en TIC para docentes.
4.
ÁGORA REDE Arede social na que imos traballar neste curso é Ágora Rede , creada na plataforma Ning e que vai poñer á nosa disposición unha serie de recursos útiles de intercambio e comunicación, entre eles: Un foro de discusión, que utilizaremos para comentar o desenvolvemento do curso, resolver dúbidas, intercambiar información, etc. Un blogue persoal, que utilizaremos de xeito paralelo ao que imos crear no segundo módulo deste curso. A posibilidade de compartir fotografías, vídeo, audio, arquivos, etc. Un correo interno para a comunicación persoal entre os membros desta rede.