A orixe doEntroido
Por “Entroido” ou “Antroido” ,coñécense
en Galicia as festas do Carnaval .
Entroido ven do Latín” introitus” que
significa ”entrada”. Neste caso, a entrada,
dunha nova estación máis fértil e benigna
que o inverno. Co tempo foi festa de
diversión e fartura, de despedida antes de
entrar na Coresma.
No entroido tradicional , distínguense
estas celebracións:
Domingo Faraleiro ou Borrallento.
Xoves de Compadres.
Domingo Corredoiro.
Domingo, Luns e Martes de Entroido.
Enterro da sardiña.
Domingo de Piñata.
É frecuente o acompañamento de
comparsas e bandas de música para
darlle un carácter máis solemne.
O entroido no
C.E.I.P. De SAN
CLODIO
Este ano no entroido fomos de “VERME
VERMELLO”.
Os alumnos de 5º e 6º curso de primaria
coa axuda do resto dos compañeiros e
compañeiras do colexio,fixemos un
disfrace de VERME,usamos: tea vermella,
aros, agullas e un “boty” que nos fixo de
cabeza do animal.
Custounos facelo, pero fixémolo.
O dia de “Carnaval” paseamos por todo o
pobo, pasámolo moi ben.
Tamén celebramos o Xoves de
Compadres e de Comadres
O Antroido