SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
AMIGOS DO MOSTEIRO. Por Hugo Lucía Romero
En Monfero atópase o mosteiro de Santa María de Monfero, que data do século XII.
Este mosteiro atópase actualmente en pésimas condicións, pero había unha asociación que
velaba polo seu benestar, a ​Asociación Cultural Amigos do Mosteiro​.
A miña investigación acerca desta asociación comezou como comezan tantas outras,
buscando en ​Google ​o termo “Amigos do Mosteiro de Monfero”. Grande foi a miña sorpresa
ao descubrir que esta asociación non contaba con páxina web algunha ou un correo
electrónico.
O primeiro artigo que atopei pertencía a ​La Voz de Galicia​, onde puiden ler (e a
pescudar en consecuencia) que en 2003 comezouse un proxecto turístico co que se quería
dar visibilidade ao mosteiro, rehabilitándoo e , de paso xerando uns cuantos postos de
traballo. Investíronse máis dun millón de euros, pero co cambio de goberno acabouse
abandonando o proxecto. Isto fixo que me dese de conta de que o deterioro do mosteiro non
era nada novo e xa levaba moito tempo nese estado de abandono…
Continuei a miña procura, chegando a artigos de hai 20 anos, nos que se falaba dunha
nova asociación formada por máis de sesenta veciños, co obxectivo de restaurar o mosteiro.
Esta asociación, como non, era a dos “Amigos do Mosteiro”. Contactei co Concello de
Monfero a fin de que me proporcionasen o seu contacto e, sen moita demora, recibín a súa
resposta. Na mensaxe figuraba unicamente un número de teléfono ao que chamei, sen sorte,
xa que se atopaba fóra de servizo.
Nun último intento de contactar con eles, busquei en ​Facebook ​e atopei unha
páxina ao seu nome, “AsocAmigos Mosteiro Monfero”. Desgraciadamente descubro que na
súa última publicación , do ano 2018, comunícase que se pecharán as súas redes sociais e en
consecuencia a propia asociación, ao parecer por falta de actividade e implicación por parte
dalgúns socios.
AsocAmigos Mosteiro Monfero
28 de novembro de 2018 ·
“Como persoa responsable dás RRSS dá Asociación de Amigos do Mosteiro de Monfero
comunícovos que en breve cerrarei esta páxina e tamén a de twitter. Laméntoo porque
iso vén acompañado dá desaparición dá asociación, que xa leva varios anos sen función
ningunha, e laméntoo tamén por tantos seguidores que xuntou nestes anos. Dous cales
poucos somos socios e unha asociación sen socios tampouco vive, e tampouco vive sen
xente que traballe para ela (para todos) cando organizáronse diferentes actividades, nin
moita xente que a elas asista. Síntoo por todo ou que se perde, e como dixo Alonso ou
outro día, oxalá sexa un " deica logo" e non un "ata nunca".” (Fonte. Páxina Facebook
AsocAmigos Mosteiro Monfero)
Botando unha ollada á súa páxina de Facebook puiden atopar información da
asociación, obxectivos e opinións achega do tema , nas que case sempre se criticaba o seu
estado.
Realmente é unha pena que esta xoia do patrimonio galego atópese nun estado
deplorable e espero que se aproveite o seu infinito potencial

More Related Content

More from satelite1

More from satelite1 (20)

O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosqueraPerfect ed sheeran, xiana mosquera
Perfect ed sheeran, xiana mosquera
 
Volta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosaVolta ao cole marcos areosa
Volta ao cole marcos areosa
 
Covid refugiados dpb
Covid refugiados dpbCovid refugiados dpb
Covid refugiados dpb
 
Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)Manuiel freire platas (1)
Manuiel freire platas (1)
 
Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...Cando poidamos-volver-ao-cole...
Cando poidamos-volver-ao-cole...
 
O meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofanoO meu-paso-polo-quirofano
O meu-paso-polo-quirofano
 
Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020Bases enregueifate 2020
Bases enregueifate 2020
 

Amigos do mosteiro. hugo

  • 1. AMIGOS DO MOSTEIRO. Por Hugo Lucía Romero En Monfero atópase o mosteiro de Santa María de Monfero, que data do século XII. Este mosteiro atópase actualmente en pésimas condicións, pero había unha asociación que velaba polo seu benestar, a ​Asociación Cultural Amigos do Mosteiro​. A miña investigación acerca desta asociación comezou como comezan tantas outras, buscando en ​Google ​o termo “Amigos do Mosteiro de Monfero”. Grande foi a miña sorpresa ao descubrir que esta asociación non contaba con páxina web algunha ou un correo electrónico. O primeiro artigo que atopei pertencía a ​La Voz de Galicia​, onde puiden ler (e a pescudar en consecuencia) que en 2003 comezouse un proxecto turístico co que se quería dar visibilidade ao mosteiro, rehabilitándoo e , de paso xerando uns cuantos postos de traballo. Investíronse máis dun millón de euros, pero co cambio de goberno acabouse abandonando o proxecto. Isto fixo que me dese de conta de que o deterioro do mosteiro non era nada novo e xa levaba moito tempo nese estado de abandono… Continuei a miña procura, chegando a artigos de hai 20 anos, nos que se falaba dunha nova asociación formada por máis de sesenta veciños, co obxectivo de restaurar o mosteiro. Esta asociación, como non, era a dos “Amigos do Mosteiro”. Contactei co Concello de Monfero a fin de que me proporcionasen o seu contacto e, sen moita demora, recibín a súa resposta. Na mensaxe figuraba unicamente un número de teléfono ao que chamei, sen sorte, xa que se atopaba fóra de servizo. Nun último intento de contactar con eles, busquei en ​Facebook ​e atopei unha páxina ao seu nome, “AsocAmigos Mosteiro Monfero”. Desgraciadamente descubro que na súa última publicación , do ano 2018, comunícase que se pecharán as súas redes sociais e en consecuencia a propia asociación, ao parecer por falta de actividade e implicación por parte dalgúns socios. AsocAmigos Mosteiro Monfero 28 de novembro de 2018 · “Como persoa responsable dás RRSS dá Asociación de Amigos do Mosteiro de Monfero comunícovos que en breve cerrarei esta páxina e tamén a de twitter. Laméntoo porque iso vén acompañado dá desaparición dá asociación, que xa leva varios anos sen función ningunha, e laméntoo tamén por tantos seguidores que xuntou nestes anos. Dous cales poucos somos socios e unha asociación sen socios tampouco vive, e tampouco vive sen xente que traballe para ela (para todos) cando organizáronse diferentes actividades, nin moita xente que a elas asista. Síntoo por todo ou que se perde, e como dixo Alonso ou outro día, oxalá sexa un " deica logo" e non un "ata nunca".” (Fonte. Páxina Facebook AsocAmigos Mosteiro Monfero) Botando unha ollada á súa páxina de Facebook puiden atopar información da asociación, obxectivos e opinións achega do tema , nas que case sempre se criticaba o seu estado. Realmente é unha pena que esta xoia do patrimonio galego atópese nun estado deplorable e espero que se aproveite o seu infinito potencial