María Bermejo Fernández. Ciencias para o mundo contemporáneo IES Otero Pedrayo. Ourense Profesora: M. Carmen Cid Manzano Ciencia na cociña. Buscando amidón nos alimentos
Que é o amidón?
O  amidón é o principal glícido de reserva da maioría dos vexetais
É o resultado da mezcla de  amilosa  e  amilopectina  , ambos formados por glicosa.
Amilosa ,  formada por 250-300 glicosas, unidas mediante enlaces glicosídicos. Amilopectina , formada por unhas 1000 unidades de glicosas unidas mediante enlaces glicosídicos.
O amidón o podémolo atopar en alimentos coma os cereais e nalgúns tubérculos coma a pataca.
Cun sinxelo experimento  poderemos comprobalo !
Necesitamos :
Alimentos que teóricamente conteñen amidón
Alimentos que teóricamente conteñen amidón e lugol. e lugol.
 
O lugol é un reactivo químico utilizado nos laboratorios para detectar o amidón
É unha disolución de iodo e ioduro potásico en auga.
Forma co amidón complexos coloreados de cor azul escuro.
Unha vez temos os ingredentes imos comezar identificar o amidón de xeito cualitativo.
Tubérculo combustible rico en amidón. Pataca
A pataca con lugol toma unha cor azul escura que demostra a presenza de amidón.
Fariña de trigo
A fariña de trigo tamén ten amidón +
“ Gusanitos” de millo +
+
+
E os productos cárnicos como o xamón de YorK, a mortadela, etc.  teñen amidón?
En principio non deberían...
As carne son produtos proteicos de orixe animal e polo tanto  de forma natural non teñen amidón.
recorda...
O amidón é un glícido, non unha proteína.
O amidón é de orixe vexetal.
Ímos  comprobar se  alguns embutidos teñen amidón ou non.
Ten amidón?
A  proba do amidon dá  +
E esta mortadela?
+
E este xamón de pavo?
+
+ ?
 
Algúns destes alimentos   conteñen   almidón ao que se lle engaden aditivos (colorantes, aromatizantes, etc.) que conseguen darlle un aspecto moi similar á carne.
Non estaremos comprando pataca a prezo de carne?
É moi importante coñecer a composición dos alimentos que se consomen como un primeiro paso para conseguir unha dieta equilibrada e saudable.
As etiquetas deben conter a información sobre os ingredientes que compoñen cada producto.
 
 
Debemos ler as etiquetas para saber o que comemos.
Algunhas salchichas son:  embutidos de auga, sal, graxas saturadas, almidón... e algo de carne.  Fíxate na etiqueta!!
A ciencia axúdanos a ter un consumos máis responsable e saudable.
Fontes : http://milksci.unizar.es/bioquimica/temas/azucares/almidon.html www.educa.madrid.org /.../biologia-geologia_practica_ almidon .pdf

Amidon nos alimentos