Parroquias A Baña,San Cibrao da Barcala, San Xoán da Barcala, Barro, Cabanas, Corneira, Ermida, Fiopáns, Lañas, Marcelle, Monte, Ordoeste, A Riba, Suevos, Troitosende
3.
A POBOACIÓN Apoboación aumentou de 1900 a 1981 e descendeu ata 2004 4.888 8.361 7.347 6.149 5.797 2004 1981 1950 1930 1900
4.
Historia Estas terrasestiveron poboadas, posiblemente, dende moi cedo ou así o deixa entrever o feito de que se atopasen na parroquia da Riba catro mámoas, monumentos funerarios da época dos castros celtas. Estas mámoas rodean unha lagoa que, segundo se di, esconde a vila de Ferreiros. Na aldea de Vilacova, na parroquia de Troitosende hai unha estela funeraria pertencente á Segunda Idade de Ferro. Outra estela con características semellantes servía de lousa nunha ponte. Actualmente están ambas no Museo de Pontevedra.
Festas Igual cano resto de Galicia, na Baña celébranse multitude de festas ao longo do ano, pero as máis importantes son: as da Nosa Señora do Bo Suceso, do 8 ao 9 de setembro na capital municipal; as de San Luís, dos días 17 ao 19 de agosto en Montes; e as de San Francisco, do 3 ao 5 de outubro en Corneira. Hai varias romarías que atraen a numerosos fieis: a do Corpus, a das Dores, a da Virxe do Bo Suceso, a do San Vicenzo, a do Santo Adrián, o 16 de xuño na Barcala e a de Santa Margarida, o 10 de agosto no Barro.
9.
Economia O concelloda Baña é eminentemente rural, aínda que as actividades agrícolas non son as que ocupan a maioría da poboación. No ano 2001 o sector servizos ocupaba 686 persoas, a agricultura 454, a construción 368, a industria 244 e pesca 9. No ano 2003 había no concello un total de 412 explotacións de gando vacún cun total de 7.045 animais e estaban rexistradas un total 49 empresas e 14 comercios.
10.
COMARCA A Bañapertence a comarca da Barcala e a capital e Negreira