SlideShare a Scribd company logo
 
A  Declaración Universal dos Dereitos das Persoas  foi adoptada e proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas fai  60 anos , o día 10 de decembro de 1948 na súa resolución 217 A (III). O canadense John Peters Humphrey foi o redactor principal, asistido por: a estadounidense Eleanor Roosevelt, o francés René Cassin, o chinés Peng Chun Chang, o libanés Charles Malik, Hernán Santa Cruz de Chile, os rusos Alexandre Bogomolov e Alexei Pavlov (representando á Unión Soviética), os británicos Lord Dukeston e Geoffrey Wilson e o australiano William Hodgson.
Prólogo Considerando que a liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen os seus alicerces no recoñecemento da dignidade intríseca e dos dereitos iguais e inalleables de todos os membros da familia humana;  Considerando que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinaron actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade; e que se proclamou, como a aspiración máis elevada do home a consecución dun mundo no que os seres humanos, ceibes do temor e da miseria, disfruten da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas... Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime fundado no Dereito, a fin de que o home non se vexa empurrado ao recurso extremo da rebelión contra a tiranía e a opresión... Considerando tamén esencial promover o desenvolvemento de relacións de amizade entre as nacións... Considerando que os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na carta a súa fe nos dereitos fundamentais do home, na dignidade e o valor da persoa humana e na igualdade de dereitos de homes e mulleres; e que se declararon dispostos a promover o progreso social e a elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade... Considerando que os estados membros se comprometeron a asegurar, en cooperación coas Nacións Unidas, o respecto universal e efectivo aos dereitos e liberdades fundamentais ho home; e...  Considerando que unha concepción común destes dereitos e liberdades é da meirande importancia para o pleno cumprimento do devandito compromiso.  A Asemblea Xeral das Nacións Unidas Proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos Humanos como ideal común polo que tódos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institución, inspirándose constantemente nela, promovan, por medio do ensino e a educación, o respecto destes dereitos e liberdades, e aseguren, con medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, así entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios que estean baixo a súa xurisdicción.
 
Todos os seres humanos polo feito de naceren son libres e iguais en dignidade e dereitos e, tendo como teñen razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros. artigo  1
Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Ademais, non se fará distinción ningunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio do que dependa   xurisdicionalmente unha persoa, tanto se se trata  dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación da soberanía. artigo  2
Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa. artigo  3
artigo  4 Ninguén estará sometido á escravitude nin á servidumbre; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.
artigo  5 Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.
artigo  6 Todo ser humano ten dereito, en todas as partes, ó recoñecemento da súa personalidade xurídica.
artigo  7 Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei. Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminacción que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.
artigo  8 Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo diante dos tribunais nacionais competentes, que a protexan contra actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.
Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado. artigo  9
artigo  10 Toda persoa ten dereito, en condicións de absoluta igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para determinar os seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación en contra dela en materia penal.
artigo  11 Todapersoa acusada de delicto ten dereito a que se presupoña a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle asegurasen todas as garantías necesarias para a súa defensa. Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non fosen delictivos segundo o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se impoñerá pena máis grave que a aplicable no momento de cometer o delicto.
Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, na súa familia, no seu domicilio ou na súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques. artigo  12
Toda persoa ten dereito a viaxar libremente e a elixir a súa  residencia no territorio dun Estado.  Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a volver ao seu país. artigo  13
artigo  14 No caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, en circunstancias independentes da súa vontade. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delictos non políticos ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.
artigo  15 Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. A ninguén se lle quitará arbitrariamente a súa nacionalidade nin o dereito a cambiar dela.
artigo  16 Os homes e as mulleres, desde a idade núbil, teñen dereito, sen restricción ningunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; e gozarán dos mesmos dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio. Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros cónxuxes se poderá contraer o matrimonio. A familia é o grupo natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.
artigo  17 Toda persoa tanto ela soa como en asociación con outras, ten dereito a bens propios. Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.
artigo  18 Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito abrangue a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual ou comunitariamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observación dos ritos.
artigo  19 Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa da súa opinión, o de procurar e recibir información e opinións, e o de espallalas sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.
artigo  20 Toda persoa ten dereito á liberdade de xuntanza e de asociación pacíficas. Ninguén poderá ser obrigado a formar parte dunha asociación.
artigo  21 Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país. A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase por medio de eleccións auténticas, que terán que celebrarse periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto ou outro procedemento semellante que garanta a liberdade do voto.
artigo  22 Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter, por medio do esforzo nacional e da cooperación internacional, habida conta da organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ao libre desenvolvemento da súa personalidade.
artigo  23 Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias do mesmo e á protección contra o desemprego. Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual xornal por traballo igual. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social. Toda persoa ten dereito uníndose con outras, a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.
artigo  24 Toda persoa ten dereito ao descanso, a gozar do tempo libre, a unha limitación razoable do tempo de traballo e a vacacións periódicas pagadas.
artigo  25 Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a manutención, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios; ten así mesmo dereito ós seguros no caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade. A maternidade e a nenez teñen dereito a coidados e asistencias especiais. Todos os nenos e nenas, nados de matrimonio ou fóra del, teñen dereito a igual protección social.
artigo  26 Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser de balde, polo menos no que se refire á instrucción elemental e fundamental. O ensino elemental será obrigatorio. A instrucción técnica e profesional terá que ser xeneralizada; o acceso ós estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos. A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos e relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para manter a paz. Os pais terán dereito preferente a escoller o xeito de educación que se lles deberá dar ós seus fillos.
artigo  27 Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten. Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das produccións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autora.
artigo  28 Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que se fagan plenamente efectivos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración.
artigo  29 Toda persoa ten deberes respecto á comunidade posto que só nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade. No exercicio dos seus dereitos e no goce das súas liberdades, toda persoa estará suxeita só ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as esixencias xustas da moral, da orde pública e do benestar xeral propios dunha sociedade democrática. Estes dereitos e liberdades non poderán, en ningún caso, ser exercidos en oposición ós propósitos e principios das Nacións Unidas.
artigo  30 Ningunha cousa da presente Declaración se poderá interpretar no sentido de que confire algún dereito ao Estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración.
Deseñadores gráficos  (por orden alfabética) : Para mercar os cartaces, contacta co grupo local: Alberto Corazón, Alcorta & Gelardín, Álvaro Sobrino, América Sánchez, Carlos Rolando, Daniel Gil, Daniel Nebot Elías García Benavides, Emilio Gil, Enric Satué, Iván Zulueta, Jacobo Pérez-Enciso, Javier Felipe, Javier Mariscal, Joaquín Gallego, Luis García Artime, Manuel Estrada, Miryam Anllo, Nacho Soriano, Novillo, Oscar Mariné, Pati Nuñez, Pedro García Ramos, Pepe Barro, Pepe Cruz, Pepe Gimeno, Rafael Celda, Roberto Turégano, Severo Almansa e Xosé Díaz Peret Am nistía Internacional Ourense Rúa Curros Enríquez nº 13, local 13 – 32003 Ourense Apartado postal nº 490  [email_address]   http://ourense.es.amnesty.org
Obra gráfica: ©  Copyright dos autores a favor de Amnistía Internacional Se precisa a súa reproducción, por favor dirixanos un correo
Actúa pola defensa dos Dereitos Humanos, colabora conosco, tes estos xeitos de contacto: Correo electrónico: [email_address] Sitio web: http://ourense.es.amnesty.org No local: Rúa Curros Enríquez 13 Por correo postal: Apartado de Correos nº 490  32080  Ourense

More Related Content

Viewers also liked

Día dereitos humanos
Día dereitos humanosDía dereitos humanos
Día dereitos humanos
Yolanda Castro
 
Relaciones en igualdad
Relaciones en igualdadRelaciones en igualdad
Relaciones en igualdad
trafegandoronseis
 
Historia do rock
Historia do rockHistoria do rock
Historia do rock
Julia Lima
 
Rock - Origem e Evolução
Rock - Origem e EvoluçãoRock - Origem e Evolução
Rock - Origem e Evolução
Hugo Pereira
 
Power Point sobre Derechos Humanos
Power Point sobre Derechos HumanosPower Point sobre Derechos Humanos
Power Point sobre Derechos Humanos
VeronicaNDabini
 
HistóRia Do Futebol
HistóRia Do FutebolHistóRia Do Futebol
HistóRia Do Futebol
Danolipe
 
Teoria de sistemas especialización en educación y ti cs
Teoria de sistemas   especialización en educación y ti csTeoria de sistemas   especialización en educación y ti cs
Teoria de sistemas especialización en educación y ti cs
Omar Eduardo Espinosa
 
Metodos anticonceptivos
Metodos anticonceptivosMetodos anticonceptivos
Metodos anticonceptivos
Alberto Aguilera
 
Fact 2.0
Fact 2.0Fact 2.0
LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)
LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)
LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)
paola.flores
 
Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14
Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14
Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14
Javier Paredes
 
Power Point Hurt Jacobs
Power Point Hurt JacobsPower Point Hurt Jacobs
Power Point Hurt Jacobsguestd5ad8e
 
PräSentation Edeka(1)
PräSentation Edeka(1)PräSentation Edeka(1)
PräSentation Edeka(1)BerndKoester
 
BIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und Audio
BIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und AudioBIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und Audio
BIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und Audio
Institute for Digital Humanities, University of Cologne
 
Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012
Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012
Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012
Martin Heider
 
Jupidi Elevator Pitch
Jupidi Elevator PitchJupidi Elevator Pitch
Jupidi Elevator Pitchguest0a32fd
 
Workshop börsenverein upload
Workshop börsenverein uploadWorkshop börsenverein upload
Workshop börsenverein upload
U-Form:e Testsysteme
 
Weiss chaconne
Weiss chaconneWeiss chaconne
Weiss chaconne
marswww
 

Viewers also liked (20)

Día dereitos humanos
Día dereitos humanosDía dereitos humanos
Día dereitos humanos
 
Relaciones en igualdad
Relaciones en igualdadRelaciones en igualdad
Relaciones en igualdad
 
Historia do rock
Historia do rockHistoria do rock
Historia do rock
 
Rock - Origem e Evolução
Rock - Origem e EvoluçãoRock - Origem e Evolução
Rock - Origem e Evolução
 
Power Point sobre Derechos Humanos
Power Point sobre Derechos HumanosPower Point sobre Derechos Humanos
Power Point sobre Derechos Humanos
 
HistóRia Do Futebol
HistóRia Do FutebolHistóRia Do Futebol
HistóRia Do Futebol
 
Teoria de sistemas especialización en educación y ti cs
Teoria de sistemas   especialización en educación y ti csTeoria de sistemas   especialización en educación y ti cs
Teoria de sistemas especialización en educación y ti cs
 
Metodos anticonceptivos
Metodos anticonceptivosMetodos anticonceptivos
Metodos anticonceptivos
 
Fact 2.0
Fact 2.0Fact 2.0
Fact 2.0
 
LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)
LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)
LOS DOCE MAS MALOS..(FBI)
 
Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14
Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14
Gestión Empresarial - Javier Paredes - Toulouse Lautrec - Clase 5 - 28-04-14
 
Power Point Hurt Jacobs
Power Point Hurt JacobsPower Point Hurt Jacobs
Power Point Hurt Jacobs
 
PräSentation Edeka(1)
PräSentation Edeka(1)PräSentation Edeka(1)
PräSentation Edeka(1)
 
BIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und Audio
BIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und AudioBIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und Audio
BIT II SoSem 2015 | Basisinformationstechnologie II - 08_Video und Audio
 
Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012
Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012
Fearless journey JAX Agile Interactive Day 2012
 
Jupidi Elevator Pitch
Jupidi Elevator PitchJupidi Elevator Pitch
Jupidi Elevator Pitch
 
Lokalisten
LokalistenLokalisten
Lokalisten
 
Workshop börsenverein upload
Workshop börsenverein uploadWorkshop börsenverein upload
Workshop börsenverein upload
 
Weiss chaconne
Weiss chaconneWeiss chaconne
Weiss chaconne
 
Ghv energieeffizienz
Ghv energieeffizienzGhv energieeffizienz
Ghv energieeffizienz
 

Similar to Declaración Universal dos Dereitos Humanos

Dereitos Humanos
Dereitos HumanosDereitos Humanos
Dereitos Humanosguest0d2f56
 
Presentaciónpaz2014
Presentaciónpaz2014Presentaciónpaz2014
Presentaciónpaz2014
bibliocastelao
 
Esixe Dignidade
Esixe DignidadeEsixe Dignidade
Esixe DignidadeLuisa
 
presentacion_prensa_alex_otero
presentacion_prensa_alex_oteropresentacion_prensa_alex_otero
presentacion_prensa_alex_otero
alexotero98
 
John locke
John locke John locke
John locke
Eva Garea
 
A constitución española.ppt juan rial
A constitución española.ppt juan rialA constitución española.ppt juan rial
A constitución española.ppt juan rialJuanRial98
 
Os Dereitos das Nenas e dos Nenos
Os Dereitos das Nenas e dos NenosOs Dereitos das Nenas e dos Nenos
Os Dereitos das Nenas e dos Nenosreboreda
 
Contra a homofobia o racismo e o machismo
Contra a homofobia o racismo e o machismo Contra a homofobia o racismo e o machismo
Contra a homofobia o racismo e o machismo igualdadesocial4
 

Similar to Declaración Universal dos Dereitos Humanos (15)

Dereitos Humanos
Dereitos HumanosDereitos Humanos
Dereitos Humanos
 
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanosLeticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
Leticia, Ana e Noa... sobre Os dereitos humanos
 
10 de decembro
10 de decembro10 de decembro
10 de decembro
 
Rosas gallego
Rosas gallegoRosas gallego
Rosas gallego
 
Presentaciónpaz2014
Presentaciónpaz2014Presentaciónpaz2014
Presentaciónpaz2014
 
4º Tema Xeografía
4º Tema Xeografía4º Tema Xeografía
4º Tema Xeografía
 
Esixe Dignidade
Esixe DignidadeEsixe Dignidade
Esixe Dignidade
 
presentacion_prensa_alex_otero
presentacion_prensa_alex_oteropresentacion_prensa_alex_otero
presentacion_prensa_alex_otero
 
DEREITOS DOS NENOS E NENAS
DEREITOS DOS NENOS E NENASDEREITOS DOS NENOS E NENAS
DEREITOS DOS NENOS E NENAS
 
Tema 5. Ciudadanía
Tema 5. CiudadaníaTema 5. Ciudadanía
Tema 5. Ciudadanía
 
John locke
John locke John locke
John locke
 
A constitución española.ppt juan rial
A constitución española.ppt juan rialA constitución española.ppt juan rial
A constitución española.ppt juan rial
 
Jose suarez rial
Jose suarez rialJose suarez rial
Jose suarez rial
 
Os Dereitos das Nenas e dos Nenos
Os Dereitos das Nenas e dos NenosOs Dereitos das Nenas e dos Nenos
Os Dereitos das Nenas e dos Nenos
 
Contra a homofobia o racismo e o machismo
Contra a homofobia o racismo e o machismo Contra a homofobia o racismo e o machismo
Contra a homofobia o racismo e o machismo
 

Recently uploaded

O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
iesasorey
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
David Casado Bravo
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Red Académica Internacional Historia a Debate
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
iesasorey
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
Rosa Fernandez Carrera
 

Recently uploaded (6)

O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxeO Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
O Río Umia, a inspiración desde a paisaxe
 
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdfTraballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
Traballos impactos ambientais alumnado bioloxía 4º ESOomp.pdf
 
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade MediaViolencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
Violencia e morte do señor en Galicia na Baixa Idade Media
 
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdfRevista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
Revista do EDLG O_Son_Rebuldeiro2024.pdf
 
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdfÁlvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
Álvaro Escudero Torres, Xabier Besada - Ríos Galegos - 3 ESO B.pdf
 
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
" Vixainas, o galego ten maxia " (Un conto en galego para o galego)
 

Declaración Universal dos Dereitos Humanos

  • 1.  
  • 2. A Declaración Universal dos Dereitos das Persoas foi adoptada e proclamada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas fai 60 anos , o día 10 de decembro de 1948 na súa resolución 217 A (III). O canadense John Peters Humphrey foi o redactor principal, asistido por: a estadounidense Eleanor Roosevelt, o francés René Cassin, o chinés Peng Chun Chang, o libanés Charles Malik, Hernán Santa Cruz de Chile, os rusos Alexandre Bogomolov e Alexei Pavlov (representando á Unión Soviética), os británicos Lord Dukeston e Geoffrey Wilson e o australiano William Hodgson.
  • 3. Prólogo Considerando que a liberdade, a xustiza e a paz no mundo teñen os seus alicerces no recoñecemento da dignidade intríseca e dos dereitos iguais e inalleables de todos os membros da familia humana; Considerando que o descoñecemento e o menosprezo dos dereitos humanos orixinaron actos de barbarie aldraxantes para a conciencia da humanidade; e que se proclamou, como a aspiración máis elevada do home a consecución dun mundo no que os seres humanos, ceibes do temor e da miseria, disfruten da liberdade de palabra e da liberdade de crenzas... Considerando esencial que os dereitos humanos sexan protexidos por un réxime fundado no Dereito, a fin de que o home non se vexa empurrado ao recurso extremo da rebelión contra a tiranía e a opresión... Considerando tamén esencial promover o desenvolvemento de relacións de amizade entre as nacións... Considerando que os pobos das Nacións Unidas reafirmaron na carta a súa fe nos dereitos fundamentais do home, na dignidade e o valor da persoa humana e na igualdade de dereitos de homes e mulleres; e que se declararon dispostos a promover o progreso social e a elevar o nivel de vida dentro dun concepto máis amplo de liberdade... Considerando que os estados membros se comprometeron a asegurar, en cooperación coas Nacións Unidas, o respecto universal e efectivo aos dereitos e liberdades fundamentais ho home; e... Considerando que unha concepción común destes dereitos e liberdades é da meirande importancia para o pleno cumprimento do devandito compromiso. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas Proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos Humanos como ideal común polo que tódos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos como as institución, inspirándose constantemente nela, promovan, por medio do ensino e a educación, o respecto destes dereitos e liberdades, e aseguren, con medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais e efectivos, así entre os pobos dos Estados Membros como entre os dos territorios que estean baixo a súa xurisdicción.
  • 4.  
  • 5. Todos os seres humanos polo feito de naceren son libres e iguais en dignidade e dereitos e, tendo como teñen razón e conciencia, débense comportar fraternalmente uns cos outros. artigo 1
  • 6. Toda persoa ten todos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración, sen distinción ningunha de raza, cor, sexo, lingua, relixión, opinión política ou de calquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou calquera outra condición. Ademais, non se fará distinción ningunha fundada na condición política, xurídica ou internacional do país ou territorio do que dependa xurisdicionalmente unha persoa, tanto se se trata dun país independente, como dun territorio baixo administración fiduciaria, non autónomo ou sometido a calquera outra limitación da soberanía. artigo 2
  • 7. Todo individuo ten dereito á vida, á liberdade e á seguridade da súa persoa. artigo 3
  • 8. artigo 4 Ninguén estará sometido á escravitude nin á servidumbre; a escravitude e a trata de escravos están prohibidas en todas as súas formas.
  • 9. artigo 5 Ninguén será sometido a torturas nin a penas ou tratos crueis, inhumanos ou degradantes.
  • 10. artigo 6 Todo ser humano ten dereito, en todas as partes, ó recoñecemento da súa personalidade xurídica.
  • 11. artigo 7 Todos son iguais perante a lei e teñen, sen distinción, dereito a igual protección da lei. Todos teñen dereito a igual protección contra toda discriminacción que infrinxa esta Declaración e contra toda provocación a tal discriminación.
  • 12. artigo 8 Toda persoa ten dereito a un recurso efectivo diante dos tribunais nacionais competentes, que a protexan contra actos que violen os seus dereitos fundamentais recoñecidos pola constitución ou pola lei.
  • 13. Ninguén poderá ser arbitrariamente detido, preso nin desterrado. artigo 9
  • 14. artigo 10 Toda persoa ten dereito, en condicións de absoluta igualdade, a ser oída publicamente e con xustiza por un tribunal independente e imparcial, para determinar os seus dereitos e obrigas ou para o exame de calquera acusación en contra dela en materia penal.
  • 15. artigo 11 Todapersoa acusada de delicto ten dereito a que se presupoña a súa inocencia mentres non se probe a súa culpabilidade, conforme á lei e en xuízo público no que se lle asegurasen todas as garantías necesarias para a súa defensa. Ninguén será condenado por actos ou omisións que no momento de cometerse non fosen delictivos segundo o Dereito nacional ou internacional. Tampouco se impoñerá pena máis grave que a aplicable no momento de cometer o delicto.
  • 16. Ninguén será obxecto de inxerencias arbitrarias na súa vida privada, na súa familia, no seu domicilio ou na súa correspondencia, nin de ataques á súa honra ou á súa reputación. Toda persoa ten dereito á protección da lei contra tales inxerencias ou ataques. artigo 12
  • 17. Toda persoa ten dereito a viaxar libremente e a elixir a súa residencia no territorio dun Estado. Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a volver ao seu país. artigo 13
  • 18. artigo 14 No caso de persecución, toda persoa ten dereito a buscar asilo, en circunstancias independentes da súa vontade. Este dereito non poderá ser invocado contra unha acción xudicial realmente orixinada por delictos non políticos ou por actos opostos ós propósitos e principios das Nacións Unidas.
  • 19. artigo 15 Toda persoa ten dereito a unha nacionalidade. A ninguén se lle quitará arbitrariamente a súa nacionalidade nin o dereito a cambiar dela.
  • 20. artigo 16 Os homes e as mulleres, desde a idade núbil, teñen dereito, sen restricción ningunha por motivos de raza, nacionalidade ou relixión, a casar e fundar unha familia; e gozarán dos mesmos dereitos en canto ó matrimonio, durante o matrimonio e no caso de disolución do matrimonio. Só mediante libre e pleno consentimento dos futuros cónxuxes se poderá contraer o matrimonio. A familia é o grupo natural e fundamental da sociedade e ten dereito á protección da sociedade e do Estado.
  • 21. artigo 17 Toda persoa tanto ela soa como en asociación con outras, ten dereito a bens propios. Ninguén será privado arbitrariamente da súa propiedade.
  • 22. artigo 18 Toda persoa ten dereito á liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión; este dereito abrangue a liberdade de cambiar de relixión ou de crenza, así como a liberdade de manifestar a súa relixión ou a súa crenza, individual ou comunitariamente, tanto en público como en privado, polo ensino, a práctica, o culto e a observación dos ritos.
  • 23. artigo 19 Todo individuo ten dereito á liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa da súa opinión, o de procurar e recibir información e opinións, e o de espallalas sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión.
  • 24. artigo 20 Toda persoa ten dereito á liberdade de xuntanza e de asociación pacíficas. Ninguén poderá ser obrigado a formar parte dunha asociación.
  • 25. artigo 21 Toda persoa ten dereito a participar no goberno do seu país, directamente ou por medio de representantes libremente escollidos. Toda persoa ten dereito de acceso, en condicións de igualdade, ás funcións públicas do seu país. A vontade do pobo é a base da autoridade do poder público; esta vontade expresarase por medio de eleccións auténticas, que terán que celebrarse periodicamente, por sufraxio universal e igual e por voto secreto ou outro procedemento semellante que garanta a liberdade do voto.
  • 26. artigo 22 Toda persoa, como membro da sociedade, ten dereito á seguridade social, e a obter, por medio do esforzo nacional e da cooperación internacional, habida conta da organización e os recursos de cada Estado, a satisfacción dos dereitos económicos, sociais e culturais, indispensables á súa dignidade e ao libre desenvolvemento da súa personalidade.
  • 27. artigo 23 Toda persoa ten dereito ao traballo, á libre elección do seu traballo, a condicións equitativas e satisfactorias do mesmo e á protección contra o desemprego. Toda persoa ten dereito, sen discriminación ningunha, a igual xornal por traballo igual. Toda persoa que traballa ten dereito a unha remuneración equitativa e satisfactoria, que lle asegure, así como á súa familia, existencia conforme á dignidade humana e que será completada, en caso necesario, por calquera outros medios de protección social. Toda persoa ten dereito uníndose con outras, a fundar sindicatos e a sindicarse para a defensa dos seus intereses.
  • 28. artigo 24 Toda persoa ten dereito ao descanso, a gozar do tempo libre, a unha limitación razoable do tempo de traballo e a vacacións periódicas pagadas.
  • 29. artigo 25 Toda persoa ten dereito a un nivel de vida axeitado que lle asegure, así como á súa familia, a saúde e o benestar, e en especial a manutención, o vestido, a vivenda, a asistencia médica e os servicios sociais necesarios; ten así mesmo dereito ós seguros no caso de desemprego, enfermidade, invalidez, viuvez, vellez ou outros casos de perda dos seus medios de subsistencia por circunstancias independentes da súa vontade. A maternidade e a nenez teñen dereito a coidados e asistencias especiais. Todos os nenos e nenas, nados de matrimonio ou fóra del, teñen dereito a igual protección social.
  • 30. artigo 26 Toda persoa ten dereito á educación. A educación debe ser de balde, polo menos no que se refire á instrucción elemental e fundamental. O ensino elemental será obrigatorio. A instrucción técnica e profesional terá que ser xeneralizada; o acceso ós estudios superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos. A educación terá como obxectivo o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto ós dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos e relixiosos; e promoverá o desenvolvemento das actividades das Nacións Unidas para manter a paz. Os pais terán dereito preferente a escoller o xeito de educación que se lles deberá dar ós seus fillos.
  • 31. artigo 27 Toda persoa ten dereito a tomar parte libremente na vida cultural da comunidade, a gozar das artes e a participar no progreso científico e nos beneficios que del resulten. Toda persoa ten dereito á protección dos intereses morais e materiais que lle correspondan por razón das produccións científicas, literarias ou artísticas das que sexa autora.
  • 32. artigo 28 Toda persoa ten dereito a que se estableza unha orde social e internacional na que se fagan plenamente efectivos os dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración.
  • 33. artigo 29 Toda persoa ten deberes respecto á comunidade posto que só nela pode desenvolver libre e plenamente a súa personalidade. No exercicio dos seus dereitos e no goce das súas liberdades, toda persoa estará suxeita só ás limitacións establecidas pola lei co único fin de asegurar o recoñecemento e o respecto dos dereitos e liberdades dos demais, e de satisfacer as esixencias xustas da moral, da orde pública e do benestar xeral propios dunha sociedade democrática. Estes dereitos e liberdades non poderán, en ningún caso, ser exercidos en oposición ós propósitos e principios das Nacións Unidas.
  • 34. artigo 30 Ningunha cousa da presente Declaración se poderá interpretar no sentido de que confire algún dereito ao Estado, a un grupo ou a unha persoa, para emprender e desenvolver actividades ou realizar actos tendentes á supresión de calquera dos dereitos e liberdades proclamados nesta Declaración.
  • 35. Deseñadores gráficos (por orden alfabética) : Para mercar os cartaces, contacta co grupo local: Alberto Corazón, Alcorta & Gelardín, Álvaro Sobrino, América Sánchez, Carlos Rolando, Daniel Gil, Daniel Nebot Elías García Benavides, Emilio Gil, Enric Satué, Iván Zulueta, Jacobo Pérez-Enciso, Javier Felipe, Javier Mariscal, Joaquín Gallego, Luis García Artime, Manuel Estrada, Miryam Anllo, Nacho Soriano, Novillo, Oscar Mariné, Pati Nuñez, Pedro García Ramos, Pepe Barro, Pepe Cruz, Pepe Gimeno, Rafael Celda, Roberto Turégano, Severo Almansa e Xosé Díaz Peret Am nistía Internacional Ourense Rúa Curros Enríquez nº 13, local 13 – 32003 Ourense Apartado postal nº 490 [email_address] http://ourense.es.amnesty.org
  • 36. Obra gráfica: © Copyright dos autores a favor de Amnistía Internacional Se precisa a súa reproducción, por favor dirixanos un correo
  • 37. Actúa pola defensa dos Dereitos Humanos, colabora conosco, tes estos xeitos de contacto: Correo electrónico: [email_address] Sitio web: http://ourense.es.amnesty.org No local: Rúa Curros Enríquez 13 Por correo postal: Apartado de Correos nº 490 32080 Ourense