SlideShare a Scribd company logo
de recorte na Sanidade Pública Galega últimas
O tarxetazo
O Real decreto 1088/1989, do 8 de setembro,  incluiu na asistencia sanitaria pública aos/ás cidadáns/ás sen capacidade para efectuar as cotizacións á Seguridade Social . A Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social,  deu acceso á asistencia sanitaria aos/ás cidadáns/ás estranxeiros/as . ANTEDEDENTES LEXISLATIVOS
Artigo 4º.- Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria . 1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a  todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma . Aos  transeúntes  no territorio da comunidade garantiránselles na forma e nas condicións que estableza a lexislación vixente, o dereito comunitario e europeo e mais os convenios nacionais ou internacionais que resulten aplicables, así como a todos  os galegos e galegas de orixe ou ascendencia  que, residindo  fóra de Galicia , se vexan amparados polos convenios para o efecto, no xeito e nas condicións establecidos neles. 2. Igualmente, garánteselles a protección da saúde e a atención sanitaria con cargo a fondos públicos ás persoas  menores e ás mulleres xestantes non incluídas na alínea 1  deste artigo. 3. Ademais, garánteselles a  todas as persoas  a atención sanitaria  en situación de urxencia e emerxencia . A LEI 8/2008 DE SAÚDE DE GALICIA
A Orde do 5 de setembro de 2011 que actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das  persoas sen recursos económicos suficientes  (PSR) e daquelas  que se encontran en situación de desemprego. A ORIXE DO TARXETAZO: A ORDE
O 10 de outubro o SERGAS distribue polos centros de saúde un protocolo explicando o procedemento administrativo para poñer en prática o disposto na Orde do 5 de setembro. A ORIXE DO TARXETAZO: O PROTOCOLO Dende a entrada en vigor da Orde as persoas que solicitan como PSR teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias, polo que, ante a solicitude dunha atención urxente e necesario dar unha alta rápida no aplicativo con documentación acreditativa  "PRIVADO" , previa búsqueda do cidadán na aplicación,  sempre se lles entregará o modelo de compromiso de pago para que o asinen , escribindo a man (mentres non esté apreparado o modelo na aplicación) o seguinte texto: □   Persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. Só asistencia urxencia/emerxencia .
O 8 de novembro publícase no DOG o Decreto 209/2011 polo que se establecen as  tarifas dos servizos sanitarios  prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias. O DECRETO DAS “TARIFAS”
Algúns exemplos de tarifas 1ª consulta médica:  67,22  euros 1ª consulta médica con coidados de enfermaría e probas :  99,74  euros Consultas de urxencias:  260,49  euros 1ª consulta de enfermaría:  53,24  euros 1ª consulta de xinecoloxía:  141,67  euros Intervencións cirúrxicas ambulatorias en AP:  123,58  euros 1ª utilización que quirófano:  1000  euros Amigdalectomía e/ou adenoidectomía (c. ambulatoria):  1.112,95 euros Medicina nuclear -> Zevalín:  15.142,43  euros . . . . .
GRUPOS AOS QUE AFECTA ESTA MEDIDA Personas sen recursos   (PSR) que nunca estiveron dadas de alta na Seguridade Social, entre as cales se inclúe aos estranxeir@s. [email_address]   (Código 29) que teñan deixado de percibir subsidio de desemprego, incluídos os que levan máis de 12 meses no desemprego.
COMO AFECTA ESTA MEDIDA (*) Por un período de 2 anos Personas sen recursos (PSR) A través dun procedemento que pode levar entre 1 e 2 meses estas persoas teñen que facer os trámites para conseguir a atención médica e farmacéutica. Durante ese período tamén quedan sen cobertura. [email_address] Moitas persoas despois dos 3 meses posteriores ao remate do subsidio de desemprego  sen previo aviso  quedan sen asistencia sanitaria e farmacéutica, mentres non se resolve o trámite da renovación da cartilla (*) a través do chamado Código 29 e que pode durar meses.
Mentres non consiguen regularizar a súa situación administrativa, desempregados e persoas sen recursos quedan suxeitas ao Decreto 2009/2011 de tarifas, é dicir, deben  pagar  polos servizos médicos e quedan suspendidos da redución no gasto farmacéutico. Somente quedan exluídas as situacións de urxencias e as emerxencias. AS CONSECUENCIAS DESTA MEDIDA
OUTROS COLECTIVOS AFECTADOS O artigo 3.A.4 da Orde de 5 de setembro de 2011, vulnerando a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Saúde de Galicia, di que o grupo denominado persoas sen recursos (PSR) para solicitar a asistencia sanitaria deben “Residir en España, cunha antigüidade mínima de  183 días ”, agás menores e embarazadas. Esto significa que tanto @s  inmigrantes  como @s  emigrantes retornad@s  que non teñan ascendentes ou descendentes que @s podan incluír nas súas cartillas,  quedarán durante 6 meses sen cobertura sanitaria e farmacéutica , polo que ao abeiro do referido Decreto das “tarifas” tamén  deberán abonar do seu peto eses gastos .
AFECTA A UNHA AMPLA CASUÍSTICA PARTICULAR Menores dependentes  de pais privados da cartilla sanitaria: non se contemplou administrativamente como se pode asegurar a súa atención gratuíta en situacións que non son de urxencia/emerxencia. [email_address]  das Canarias, Andorra e outros destinos do Estado Español aos que se desprazaron nos últimos anos en procura de traballo: quedan sen cobertura mentres non transcurran os 6 meses censados no Concello de orixe. Retornad@s con pais pensionistas : non se poderán incluír nas súas cartillas. Homes ou mulleres que forman parella sen estar casados e non teñen traballo : quedan exluíd@s da cartilla do seu cónxugue. Xoves de máis de 25 anos fill@s de afilad@s a MUFACE : non hai a posibilidade de incluílos na cartilla dun familiar funcionario, polo que deberán solicitar a cartilla como PRS. As  viuvas  sen número de afiliación propio no INSS e que estaban incluídas na cartillas dos seus maridos tamén pasan a situación de PSR. etc.
O Goberno da Xunta minte!!! Estas medidas  non derivan dunha lexislación precedente :  desde a Consellería de Sanidade argallárono todo (orde+protocolo), facendo unha interpretación interesada da lexislación básica estatal e autonómica. De feito,  anteriormente, nunca se quedaba sen cobertura. Pasados 3 meses sen cotizar, mentres se tramitaba o cambio non había que pagar nada. O SERGAS facía entrega dun documento que servía para pedir cita médica e ir a farmacia. A  orde directa para o “bloqueo” das tarxetas sanitarias procedeu do SERGAS, non obrigado por ningún outro factor externo.
Farjas dixo no Parlamento que todas estas medidas tómanse porque “ melloran a situación administrativa das persoas paradas e sen recursos ” ou, dito doutra maneira, polo noso ben, engadimos nós. UN APLAUSO
CONCLUSIÓNS A Consellería de Sanidade, a Xunta de Galicia tentan, utilizando como excusa unha regulación administrativa, introducir o  copago  na cobertura médica e  farmacéutica. A táctica consiste en cargar sobre os sectores máis febles socialmente; aos que lles resulta máis difícil dar unha resposta a estas salvaxes medidas, co obxectivo de  abrir unha fenda no principio da  UNIVERSALIDADE  sobre o que se asenta o edificio do sistema e  PRIVATIZALO . Tentan abrir unha porta para as persoas que poden subscribir un seguro de enfermidade e outra distinta para aquelas outras que por razóns económicas se teñan que conformar cunha atención da saúde de “caridade pública”, retrocedendo 80 anos atrás.
A denuncia pública fixo recuar ao Goberno Como consecuencia do eco que tivo na opinión pública as denuncias de SOS Sanidade Pública, algunha ONG como Médicos do Mundo e dos sindicatos, así como o desenmascaramento das mentiras do Presidente da Xunta no Parlamento de Galicia, os dirixentes do SERGAS víronse na obriga de dar marcha atrás, desactivando este dispositivo…  por agora .
QUE DEMANDAMOS? SOS Sanidade Pública esixe a  retirada do protocolo  e de toda a lexislación habilitante de tamaño atropelo: a  Orde de 5 setembro de 2011  e daquelas disposicións incluídas na  Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2012  que van nesa liña e que se están a discutir neste momento no Parlamento de Galicia.
E aínda hai máis…
O “USO IRRESPONSABLE” UTILÍZASE DE TAPADEIRA É absolutamente demagóxico e irracional o recorrer ao concepto de “uso irresponsable” dos recursos cuxa amplitude e ambigüidade faino imposible de determinar. O Decreto non establece tampouco os criterios para o mesmo nin quen xulgará a irresponsabilidade. O que se fai é presentar ante a opinión pública unhas situacións particulares ("turismo sanitario", non acudir a citas,...) e xeralizalas ao conxunto dos usuarios e usuarias e así tomalas como desculpa para a introdución, tamén por esta vía, do  copago  para tod@s.
A LSG NADA DI DO “USO IRRESPONSABLE” ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
RECEITAS DE PAGO PARA PENSIONISTAS ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
PAGAR NOS HOSPITAIS Tamén en Intereconomía, o Presidente da Xunta manifestaría a súa idea de cobrar polos servizos non médicos aos/ás pacientes nos hospitais públicos: comida, duchas, estadía,...  Outro paso máis na introdución do copago na sanidade pública galega o que supón neste caso concreto outro grave atentado á equidade xa que  diferenciará entre pacientes con recursos económicos e pacientes que non os teñan , co que moitos deles deberán renunciar a comer, á ducha, ao cambio de roupa etc., ou simplemente abandonar o hospital. É imposible diferenciar entre servizos sanitarios e non sanitarios na asistencia hospitalaria, xa que a limpeza, a esterilización, a hixiene persoal, a alimentación, etc. son tan importantes como os de diagnóstico ou terapéuticos.  O mal exemplo témolo no Reino Unido por mor da privatización dos servizos de limpeza subiu a mortalidade hospitalaria ata colocala á cabeza de Europa.
PAGAR POR IR AO MÉDICO Feijóo tamén manifestou a súa simpatía polo chamado "ticket moderador" para as consultas médicas, outra forma de copago argumentando que xa esiste noutros países. Dá a entender que os chamados “estados do benestar” do norte de Europa son o modelo a seguir, pero pasa por alto que o seu moi desenvolvido sistema de beneficios sociais, a maior renda e nivel de vida dos seus cidadáns e cidadás, compensan abondo o copago sanitario neses países. En realidade, os proxectos neoliberais como o que defende Feijoo, tenden cara a modelos de saúde europeos e mundiais con stándares notablemente inferiores en calidade e atención que o noso.
RECORTES NAS PRÓTESES PARA ENFERMOS A través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos para 2012, a administración sanitaria galega quere introducir un novo recorte que afectará aos  afectados por amputacións, cancro, parálise minusvalías graves e incapacitante . Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para camiñar, etc. De entrada as paguen e posteriormente reclamen o seu reintegro ao SERGAS, solicitude que poderá ou non ser atendida en función da dispoñibilidade económica.  Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir as próteses ou dispositivos que necesitan, xa que  a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en situación de discapacidade laboral cuns ingresos económicos, polo xeral, baixos .
10 € POLA TARXETA SANITARIA ,[object Object],[object Object],[object Object],[object Object],[object Object]
RECORTES NA ATENCIÓN Á DROGODEPENDENCIA A Proposta de Orzamentos da Xunta para 2012 tamén contempla unha drástica redución que sufrirán as catorce Unidades Asistenciais de Drogodependencia. Para o próximo ano contarán con 3.994.784 euros, un millón menos que no presente exercicio de 2011. Estes datos resultan ben alarmantes porque poñen a estes dispositivos no camiño da súa desaparición definitiva. De novo son os que máis o necesitan as primeiras e principais vítimas nas que se ensaña a Xunta de Galicia con estes recortes.
REDUCIÓN DOS PROXECTOS ANTISIDA Malia que a SIDA increméntase nalgúns colectivos, especialmente entre a xente nova, o que indica a existencia de problemas ou deficiencias nos sistemas de información e prevención, para 2012 os orzamentos autonómicos presentan unha forte redución. Aínda que os recortes son difíciles de avaliar, porque por primeira vez forma un único apartado cos "programas de prevención da drogodependencia", en conxunto presentan unha diminución dunha cuarta parte a respecto de 2011: de 1 millón de euros pásase a 750.000. Polo tanto, ao intento de camuflar os recortes engádese a estigmatización dos afectados ao consideralos como drogodependentes. En vermello o número de asociacións e concellos subvencionados 1.000.000 € 750.000 € TOTAL Programas de Prevención da drogodependencia (8)  12.178 € (21)   21.000 € UAD’s e Concellos (12)  149.061 € (28)  255.000 € Asociacións VIH-SIDA 2012 2011 2010
MENOS AMBULANCIAS E… DE PAGO ,[object Object],[object Object],[object Object],Este verán pasado produciuse a supresión das ambulancias asistenciais do 061 en Baiona, Ponteareas, Marín e A Mariña luguesa, e dunha das ambulancias medicalizadas en Vigo. Nesta liña de recortes pensan proseguir, segundo teñen alertado os comités de empresa. En Marín participaron miles de persoas nos actos e na recollida de asinaturas en protesta contra a supresión da ambulancia no horario nocturno.
Seguimos informando. Vémonos nas prazas e nas rúas. Contra os retallamentos!! En defensa da Sanidade Pública!!
 

More Related Content

Viewers also liked

Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009
Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009
Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009
Publish What You Pay
 
How much Involvement will $1 million buy?
How much Involvement will $1 million buy?How much Involvement will $1 million buy?
How much Involvement will $1 million buy?
The Advertising Research Foundation
 
Obook presentation
Obook presentationObook presentation
Obook presentation
JTP Innovative Learning
 

Viewers also liked (6)

PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009
Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009
Glenn Nolan - PWYP Montreal Conference 2009
 
How much Involvement will $1 million buy?
How much Involvement will $1 million buy?How much Involvement will $1 million buy?
How much Involvement will $1 million buy?
 
Obook presentation
Obook presentationObook presentation
Obook presentation
 
3 apps presentation final
3 apps presentation final3 apps presentation final
3 apps presentation final
 
Forces
Forces Forces
Forces
 

Similar to Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)

Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sososcargaliza
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaOscar Feijoo
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012oscargaliza
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09MsArkadina Fontana
 
Anuncio c3k1 241018-0001doga 31
Anuncio c3k1 241018-0001doga 31Anuncio c3k1 241018-0001doga 31
Anuncio c3k1 241018-0001doga 31
yaipatricio
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011oscargaliza
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñooscargaliza
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
luarodalegre97
 
Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 oscargaliza
 
Asociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade públicaAsociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade públicaGardapeiraos Máximus
 
Imprimir isabel menores de 3
Imprimir isabel menores de 3Imprimir isabel menores de 3
Imprimir isabel menores de 3oscargaliza
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
CCOOXustiza
 
Subvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesSubvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesOscar Feijoo
 
O consumidor e os seus dereitos
O consumidor e os seus dereitosO consumidor e os seus dereitos
O consumidor e os seus dereitosMarisa Gómez
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
CCOOXustiza
 
35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga
infobueu
 

Similar to Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011) (20)

Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise  e propostas sobre a sanidade publica galega sosAnalise  e propostas sobre a sanidade publica galega sos
Analise e propostas sobre a sanidade publica galega sos
 
O Consentimento Informado Na LexislacióN EspañOla
O Consentimento Informado Na LexislacióN EspañOlaO Consentimento Informado Na LexislacióN EspañOla
O Consentimento Informado Na LexislacióN EspañOla
 
Subvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinidaSubvencion contratación indefinida
Subvencion contratación indefinida
 
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
Manifesto ao presidente da xunta de galicia maio 2012
 
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09Manifesto plataforma galega_definitivo_09
Manifesto plataforma galega_definitivo_09
 
Anuncio c3k1 241018-0001doga 31
Anuncio c3k1 241018-0001doga 31Anuncio c3k1 241018-0001doga 31
Anuncio c3k1 241018-0001doga 31
 
Manifiesto
ManifiestoManifiesto
Manifiesto
 
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011Informe para rolda de prensa do dia 05092011
Informe para rolda de prensa do dia 05092011
 
Manifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuñoManifesto para o día 13 de xuño
Manifesto para o día 13 de xuño
 
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024Programa electoral de Podemos Galicia 2024
Programa electoral de Podemos Galicia 2024
 
Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014 Informe sanidade galega sos 2014
Informe sanidade galega sos 2014
 
Asociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade públicaAsociación galega para a defensa dá sanidade pública
Asociación galega para a defensa dá sanidade pública
 
Imprimir isabel menores de 3
Imprimir isabel menores de 3Imprimir isabel menores de 3
Imprimir isabel menores de 3
 
Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035. Novas da xustiza nº1035.
Novas da xustiza nº1035.
 
Subvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedadesSubvencion para constitución de sociedades
Subvencion para constitución de sociedades
 
A contrarreforma sanitaria en marcha
A contrarreforma sanitaria en marchaA contrarreforma sanitaria en marcha
A contrarreforma sanitaria en marcha
 
O consumidor e os seus dereitos
O consumidor e os seus dereitosO consumidor e os seus dereitos
O consumidor e os seus dereitos
 
Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056Novas da xustiza 1056
Novas da xustiza 1056
 
Gaceta its
Gaceta itsGaceta its
Gaceta its
 
35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga35 1 bases_contratacion_risga
35 1 bases_contratacion_risga
 

More from plataformasanidadecangas

A contrarreforma sanitaria en galicia agdsp - 2014
A contrarreforma sanitaria en galicia   agdsp - 2014A contrarreforma sanitaria en galicia   agdsp - 2014
A contrarreforma sanitaria en galicia agdsp - 2014
plataformasanidadecangas
 
120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv
120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv
120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv
plataformasanidadecangas
 
Car f
Car fCar f
110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública
plataformasanidadecangas
 
Cando emitas o teu voto
Cando emitas o teu votoCando emitas o teu voto
Cando emitas o teu voto
plataformasanidadecangas
 
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
plataformasanidadecangas
 
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
plataformasanidadecangas
 
Hospital único montecelo gl
Hospital único montecelo   glHospital único montecelo   gl
Hospital único montecelo gl
plataformasanidadecangas
 
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - glCharla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
plataformasanidadecangas
 
Centro de Alta Resolución do Morrazo
Centro de Alta Resolución do MorrazoCentro de Alta Resolución do Morrazo
Centro de Alta Resolución do Morrazo
plataformasanidadecangas
 
2010 plan de_mellora
2010  plan de_mellora2010  plan de_mellora
2010 plan de_mellora
plataformasanidadecangas
 
El hospital que queremos
El hospital que queremosEl hospital que queremos
El hospital que queremos
plataformasanidadecangas
 
SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)
plataformasanidadecangas
 

More from plataformasanidadecangas (16)

A contrarreforma sanitaria en galicia agdsp - 2014
A contrarreforma sanitaria en galicia   agdsp - 2014A contrarreforma sanitaria en galicia   agdsp - 2014
A contrarreforma sanitaria en galicia agdsp - 2014
 
120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv
120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv
120613 poucas verdades e moitas mentiras sobre o nhv
 
Car f
Car fCar f
Car f
 
110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública110601 privatización da sanidade pública
110601 privatización da sanidade pública
 
Cando emitas o teu voto
Cando emitas o teu votoCando emitas o teu voto
Cando emitas o teu voto
 
CS de O Hío - Cangas
CS de O Hío - CangasCS de O Hío - Cangas
CS de O Hío - Cangas
 
Centro de Saúde de O Hío (Cangas)
Centro de Saúde de O Hío (Cangas)Centro de Saúde de O Hío (Cangas)
Centro de Saúde de O Hío (Cangas)
 
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
Por unha sanidade digna e de calidade. Darbo - Cangas (0-04-2011)
 
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
Povisa: Complementariedade ou parasitación. Ata cando?
 
Hospital único montecelo gl
Hospital único montecelo   glHospital único montecelo   gl
Hospital único montecelo gl
 
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - glCharla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
Charla coloquio de coiro - manuel martín (18-02-2011) - gl
 
Centro de Alta Resolución do Morrazo
Centro de Alta Resolución do MorrazoCentro de Alta Resolución do Morrazo
Centro de Alta Resolución do Morrazo
 
2010 plan de_mellora
2010  plan de_mellora2010  plan de_mellora
2010 plan de_mellora
 
El hospital que queremos
El hospital que queremosEl hospital que queremos
El hospital que queremos
 
Presentacion jesus araujo
Presentacion jesus araujoPresentacion jesus araujo
Presentacion jesus araujo
 
SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)SOS Sanidade Pública (1)
SOS Sanidade Pública (1)
 

Últimas medidas de recorte na sanidade pública galega (Decembro de 2011)

  • 1. de recorte na Sanidade Pública Galega últimas
  • 3. O Real decreto 1088/1989, do 8 de setembro, incluiu na asistencia sanitaria pública aos/ás cidadáns/ás sen capacidade para efectuar as cotizacións á Seguridade Social . A Lei orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, deu acceso á asistencia sanitaria aos/ás cidadáns/ás estranxeiros/as . ANTEDEDENTES LEXISLATIVOS
  • 4. Artigo 4º.- Titulares do dereito á protección da saúde e á atención sanitaria . 1. O dereito á protección da saúde e á atención sanitaria con cargo a fondos públicos no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e de cobertura universal garánteselles a todas as persoas que residan nos concellos desta comunidade autónoma . Aos transeúntes no territorio da comunidade garantiránselles na forma e nas condicións que estableza a lexislación vixente, o dereito comunitario e europeo e mais os convenios nacionais ou internacionais que resulten aplicables, así como a todos os galegos e galegas de orixe ou ascendencia que, residindo fóra de Galicia , se vexan amparados polos convenios para o efecto, no xeito e nas condicións establecidos neles. 2. Igualmente, garánteselles a protección da saúde e a atención sanitaria con cargo a fondos públicos ás persoas menores e ás mulleres xestantes non incluídas na alínea 1 deste artigo. 3. Ademais, garánteselles a todas as persoas a atención sanitaria en situación de urxencia e emerxencia . A LEI 8/2008 DE SAÚDE DE GALICIA
  • 5. A Orde do 5 de setembro de 2011 que actualiza o procedemento para o recoñecemento do dereito á asistencia sanitaria por parte das persoas sen recursos económicos suficientes (PSR) e daquelas que se encontran en situación de desemprego. A ORIXE DO TARXETAZO: A ORDE
  • 6. O 10 de outubro o SERGAS distribue polos centros de saúde un protocolo explicando o procedemento administrativo para poñer en prática o disposto na Orde do 5 de setembro. A ORIXE DO TARXETAZO: O PROTOCOLO Dende a entrada en vigor da Orde as persoas que solicitan como PSR teñen dereito á atención de urxencias e emerxencias, polo que, ante a solicitude dunha atención urxente e necesario dar unha alta rápida no aplicativo con documentación acreditativa "PRIVADO" , previa búsqueda do cidadán na aplicación, sempre se lles entregará o modelo de compromiso de pago para que o asinen , escribindo a man (mentres non esté apreparado o modelo na aplicación) o seguinte texto: □ Persoas sen recursos económicos suficientes en tramitación. Só asistencia urxencia/emerxencia .
  • 7. O 8 de novembro publícase no DOG o Decreto 209/2011 polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde e nas fundacións públicas sanitarias. O DECRETO DAS “TARIFAS”
  • 8. Algúns exemplos de tarifas 1ª consulta médica: 67,22 euros 1ª consulta médica con coidados de enfermaría e probas : 99,74 euros Consultas de urxencias: 260,49 euros 1ª consulta de enfermaría: 53,24 euros 1ª consulta de xinecoloxía: 141,67 euros Intervencións cirúrxicas ambulatorias en AP: 123,58 euros 1ª utilización que quirófano: 1000 euros Amigdalectomía e/ou adenoidectomía (c. ambulatoria): 1.112,95 euros Medicina nuclear -> Zevalín: 15.142,43 euros . . . . .
  • 9. GRUPOS AOS QUE AFECTA ESTA MEDIDA Personas sen recursos (PSR) que nunca estiveron dadas de alta na Seguridade Social, entre as cales se inclúe aos estranxeir@s. [email_address] (Código 29) que teñan deixado de percibir subsidio de desemprego, incluídos os que levan máis de 12 meses no desemprego.
  • 10. COMO AFECTA ESTA MEDIDA (*) Por un período de 2 anos Personas sen recursos (PSR) A través dun procedemento que pode levar entre 1 e 2 meses estas persoas teñen que facer os trámites para conseguir a atención médica e farmacéutica. Durante ese período tamén quedan sen cobertura. [email_address] Moitas persoas despois dos 3 meses posteriores ao remate do subsidio de desemprego sen previo aviso quedan sen asistencia sanitaria e farmacéutica, mentres non se resolve o trámite da renovación da cartilla (*) a través do chamado Código 29 e que pode durar meses.
  • 11. Mentres non consiguen regularizar a súa situación administrativa, desempregados e persoas sen recursos quedan suxeitas ao Decreto 2009/2011 de tarifas, é dicir, deben pagar polos servizos médicos e quedan suspendidos da redución no gasto farmacéutico. Somente quedan exluídas as situacións de urxencias e as emerxencias. AS CONSECUENCIAS DESTA MEDIDA
  • 12. OUTROS COLECTIVOS AFECTADOS O artigo 3.A.4 da Orde de 5 de setembro de 2011, vulnerando a Lei Xeral de Sanidade e a Lei de Saúde de Galicia, di que o grupo denominado persoas sen recursos (PSR) para solicitar a asistencia sanitaria deben “Residir en España, cunha antigüidade mínima de 183 días ”, agás menores e embarazadas. Esto significa que tanto @s inmigrantes como @s emigrantes retornad@s que non teñan ascendentes ou descendentes que @s podan incluír nas súas cartillas, quedarán durante 6 meses sen cobertura sanitaria e farmacéutica , polo que ao abeiro do referido Decreto das “tarifas” tamén deberán abonar do seu peto eses gastos .
  • 13. AFECTA A UNHA AMPLA CASUÍSTICA PARTICULAR Menores dependentes de pais privados da cartilla sanitaria: non se contemplou administrativamente como se pode asegurar a súa atención gratuíta en situacións que non son de urxencia/emerxencia. [email_address] das Canarias, Andorra e outros destinos do Estado Español aos que se desprazaron nos últimos anos en procura de traballo: quedan sen cobertura mentres non transcurran os 6 meses censados no Concello de orixe. Retornad@s con pais pensionistas : non se poderán incluír nas súas cartillas. Homes ou mulleres que forman parella sen estar casados e non teñen traballo : quedan exluíd@s da cartilla do seu cónxugue. Xoves de máis de 25 anos fill@s de afilad@s a MUFACE : non hai a posibilidade de incluílos na cartilla dun familiar funcionario, polo que deberán solicitar a cartilla como PRS. As viuvas sen número de afiliación propio no INSS e que estaban incluídas na cartillas dos seus maridos tamén pasan a situación de PSR. etc.
  • 14. O Goberno da Xunta minte!!! Estas medidas non derivan dunha lexislación precedente : desde a Consellería de Sanidade argallárono todo (orde+protocolo), facendo unha interpretación interesada da lexislación básica estatal e autonómica. De feito, anteriormente, nunca se quedaba sen cobertura. Pasados 3 meses sen cotizar, mentres se tramitaba o cambio non había que pagar nada. O SERGAS facía entrega dun documento que servía para pedir cita médica e ir a farmacia. A orde directa para o “bloqueo” das tarxetas sanitarias procedeu do SERGAS, non obrigado por ningún outro factor externo.
  • 15. Farjas dixo no Parlamento que todas estas medidas tómanse porque “ melloran a situación administrativa das persoas paradas e sen recursos ” ou, dito doutra maneira, polo noso ben, engadimos nós. UN APLAUSO
  • 16. CONCLUSIÓNS A Consellería de Sanidade, a Xunta de Galicia tentan, utilizando como excusa unha regulación administrativa, introducir o copago na cobertura médica e farmacéutica. A táctica consiste en cargar sobre os sectores máis febles socialmente; aos que lles resulta máis difícil dar unha resposta a estas salvaxes medidas, co obxectivo de abrir unha fenda no principio da UNIVERSALIDADE sobre o que se asenta o edificio do sistema e PRIVATIZALO . Tentan abrir unha porta para as persoas que poden subscribir un seguro de enfermidade e outra distinta para aquelas outras que por razóns económicas se teñan que conformar cunha atención da saúde de “caridade pública”, retrocedendo 80 anos atrás.
  • 17. A denuncia pública fixo recuar ao Goberno Como consecuencia do eco que tivo na opinión pública as denuncias de SOS Sanidade Pública, algunha ONG como Médicos do Mundo e dos sindicatos, así como o desenmascaramento das mentiras do Presidente da Xunta no Parlamento de Galicia, os dirixentes do SERGAS víronse na obriga de dar marcha atrás, desactivando este dispositivo… por agora .
  • 18. QUE DEMANDAMOS? SOS Sanidade Pública esixe a retirada do protocolo e de toda a lexislación habilitante de tamaño atropelo: a Orde de 5 setembro de 2011 e daquelas disposicións incluídas na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2012 que van nesa liña e que se están a discutir neste momento no Parlamento de Galicia.
  • 19. E aínda hai máis…
  • 20. O “USO IRRESPONSABLE” UTILÍZASE DE TAPADEIRA É absolutamente demagóxico e irracional o recorrer ao concepto de “uso irresponsable” dos recursos cuxa amplitude e ambigüidade faino imposible de determinar. O Decreto non establece tampouco os criterios para o mesmo nin quen xulgará a irresponsabilidade. O que se fai é presentar ante a opinión pública unhas situacións particulares ("turismo sanitario", non acudir a citas,...) e xeralizalas ao conxunto dos usuarios e usuarias e así tomalas como desculpa para a introdución, tamén por esta vía, do copago para tod@s.
  • 21.
  • 22.
  • 23. PAGAR NOS HOSPITAIS Tamén en Intereconomía, o Presidente da Xunta manifestaría a súa idea de cobrar polos servizos non médicos aos/ás pacientes nos hospitais públicos: comida, duchas, estadía,... Outro paso máis na introdución do copago na sanidade pública galega o que supón neste caso concreto outro grave atentado á equidade xa que diferenciará entre pacientes con recursos económicos e pacientes que non os teñan , co que moitos deles deberán renunciar a comer, á ducha, ao cambio de roupa etc., ou simplemente abandonar o hospital. É imposible diferenciar entre servizos sanitarios e non sanitarios na asistencia hospitalaria, xa que a limpeza, a esterilización, a hixiene persoal, a alimentación, etc. son tan importantes como os de diagnóstico ou terapéuticos. O mal exemplo témolo no Reino Unido por mor da privatización dos servizos de limpeza subiu a mortalidade hospitalaria ata colocala á cabeza de Europa.
  • 24. PAGAR POR IR AO MÉDICO Feijóo tamén manifestou a súa simpatía polo chamado "ticket moderador" para as consultas médicas, outra forma de copago argumentando que xa esiste noutros países. Dá a entender que os chamados “estados do benestar” do norte de Europa son o modelo a seguir, pero pasa por alto que o seu moi desenvolvido sistema de beneficios sociais, a maior renda e nivel de vida dos seus cidadáns e cidadás, compensan abondo o copago sanitario neses países. En realidade, os proxectos neoliberais como o que defende Feijoo, tenden cara a modelos de saúde europeos e mundiais con stándares notablemente inferiores en calidade e atención que o noso.
  • 25. RECORTES NAS PRÓTESES PARA ENFERMOS A través da Lei de Acompañamento dos Orzamentos para 2012, a administración sanitaria galega quere introducir un novo recorte que afectará aos afectados por amputacións, cancro, parálise minusvalías graves e incapacitante . Preténdese que as persoas que precisen próteses, cadeiras de rodas, dispositivos para camiñar, etc. De entrada as paguen e posteriormente reclamen o seu reintegro ao SERGAS, solicitude que poderá ou non ser atendida en función da dispoñibilidade económica. Esta decisión supón que unha parte importante destes pacientes non poderán adquirir as próteses ou dispositivos que necesitan, xa que a gran maioría son persoas maiores pensionistas ou en situación de discapacidade laboral cuns ingresos económicos, polo xeral, baixos .
  • 26.
  • 27. RECORTES NA ATENCIÓN Á DROGODEPENDENCIA A Proposta de Orzamentos da Xunta para 2012 tamén contempla unha drástica redución que sufrirán as catorce Unidades Asistenciais de Drogodependencia. Para o próximo ano contarán con 3.994.784 euros, un millón menos que no presente exercicio de 2011. Estes datos resultan ben alarmantes porque poñen a estes dispositivos no camiño da súa desaparición definitiva. De novo son os que máis o necesitan as primeiras e principais vítimas nas que se ensaña a Xunta de Galicia con estes recortes.
  • 28. REDUCIÓN DOS PROXECTOS ANTISIDA Malia que a SIDA increméntase nalgúns colectivos, especialmente entre a xente nova, o que indica a existencia de problemas ou deficiencias nos sistemas de información e prevención, para 2012 os orzamentos autonómicos presentan unha forte redución. Aínda que os recortes son difíciles de avaliar, porque por primeira vez forma un único apartado cos "programas de prevención da drogodependencia", en conxunto presentan unha diminución dunha cuarta parte a respecto de 2011: de 1 millón de euros pásase a 750.000. Polo tanto, ao intento de camuflar os recortes engádese a estigmatización dos afectados ao consideralos como drogodependentes. En vermello o número de asociacións e concellos subvencionados 1.000.000 € 750.000 € TOTAL Programas de Prevención da drogodependencia (8) 12.178 € (21) 21.000 € UAD’s e Concellos (12) 149.061 € (28) 255.000 € Asociacións VIH-SIDA 2012 2011 2010
  • 29.
  • 30. Seguimos informando. Vémonos nas prazas e nas rúas. Contra os retallamentos!! En defensa da Sanidade Pública!!
  • 31.