Presentación cunha pequena biografía da vida de 10 grandes mulleres que fixeron historia en Galicia feita polos nenos e nenas de cuarto de primaria do CEIP de Maciñeira en Neda (España)
10 MULLERES GALEGAS
8DE MARZO
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Pintoras
Escritoras
Heroínas
Biólogas
Artistas
Alpinistas
Xuristas
Xornalistas
2.
MARÍA PITA
(heroína)
Esta coruñesafíxose célebre pola súa
participación na defensa da cidade fronte á
frota inglesa dirixida por Drake en 1589. Cando
os ingleses estaban a piques de entrar na
Coruña, María Pita logrou derribar ao pirata
animando aos defensores e forzando a retirada
dos asaltantes.
Na actualidade, a praza do concello da Coruña
leva o seu nome e está presidida por unha
estatua na que María Pita aparece empuñando
unha lanza.
Enma
3.
ROSALÍA DE CASTRO
(escritora)
Alba
Rosalíade Castro (Santiago de Compostela ,
1837 – Padrón , 1885) foi unha escritora coa
que se inicia o Rexurdimento da literatura
galega. Grazas aos seus poemarios converteuse
na escritora máis coñecida do idioma galego.
Rosalía teimou a contracorrente ao escribir en
galego e sintonizou literariamente cos máis
desfavorecidos e coas mulleres.
No 2013 conmemorouse o 150 aniversario da
publicación de Cantares Gallegos, a primeira
obra mestra da literatura galega
contemporánea.
4.
ÁNXELES ALVARIÑO
(bióloga)
Ánxeles Alvariño(Ferrol, 1916 – California, 2005)
estudou Ciencias Naturais e foi Doutora en
Química Analítica e Ecoloxía Vexetal. Exerceu
como bióloga ocanográfica e foi a primeira muller
a bordo dun barco británico de investigación en
calidade de científica.
Participou en varias expedicións no Atlántico e no
Pacífico. E efectuou investigacións sobre o
plancto, os peixes e as correntes do océano.
Obtivo a Medalla de Prata de Galicia por ser unha
das mulleres máis destacadas no mundo da
ciencia.
Aitana
5.
CONCEPCIÓN ARENAL
(xurista)
Concepción Arenal(Ferrol,1820 – Vigo,1893), é
bastante probable que asistise ás clases de Dereito
da universidade disfrazada de home, xa que nese
momento non se permitía legalmente o acceso das
mulleres aos estudos superiores en España.
Foi a primeira muller que recibiu o título de
Visitadora de Cárceres de mulleres e velaba polos
seus dereitos e polo seu benestar. Por todos isto,
moitos consideran que con ela nace o feminismo en
España.
Sheila
6.
SOFÍA CASANOFA
(xornalista)
Sofía Casanova(A Coruña, 1861 – Poznan, 1958)
residiu en moitos países e chegou a dominar oito
linguas diferentes.
Foi a primeira muller correspondente de guerra e
sempre manifestou unha postura pacifista e
antibélica. Traballou como xornalista enviando
crónicas desde as frontes de batalla para o diario
ABC e colaborou en numeros xornais.
En 1952 a Real Academia Galega concedeulle o
título de Académica de Honra.
Miguel
7.
UXÍA SENLLE
(cantante)
Uxía Senlle(Mos, 1962) destaca pola creación de
espectáculos sobre a canción de mulleres e o ámbito
de lusofonía, como por exemplo Cantos na Maré.
Con só vinte e catro anos publicou o seu primeiro
álbum, Foliada de Marzo.
Representou á Televisión de Galicia en 1991 nun
certame de televisións rexionais, e a Galicia na Expo
98 de Lisboa e no Liet Inernational en 2004.
O seu maior éxito chegou co álbum Estou vivindo no
ceo, co que se fixo coñecida en Europa, e que supón
unha renovación da canción tradicional galega.
Adrián
8.
MARÍA CASARES
(actriz)
María Casares(A Coruña, 1933 – París, 1996) tivo
que exiliarse a Francia coa súa familia e estudou
interpretación no Conservatorio de París. Obtivo
moito éxito nas súas representacións teatrais e co
cine fíxose moi popular.
Como recoñecemento á súa carreira, recibiu
numerosos premios tanto en Francia como en
España.
Un ano despois da súa morte, creáronse en Galicia
os Premios María Casares co obxectivo de destacar
o labor dos profesionais do teatro galego.
Carmen
9.
CHUS LAGO
(alpinista)
Chus Lago(Vigo, 1964) estreouse como
alpinista no Vixiador (preto de Vigo) cando tiña
once anos, e continuou nos Pirineos, nos
Andes, en Kenia e no Himalaia.
En 1999 foi a primeira muller española e a
terceira do mundo en escalar o monte Everest
sen axuda de osíxeno artificial.
En 2009 converteuse na primeira española en
alcanzar o Polo Sur tras 59 días de travesía en
solitario pola Antártida.
Paz
10.
FINA CASALDERREY
(escritora)
Yago
Fina Casalderrey( Xeve, 1959) é unha
escritora galega premiada en numerosas
ocasión pola súa obra literaria adicada ao
máis xóvenes. Entre eles, destaca o Premio
Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Os seus libros foron traducidos a trece
linguas.
Foi nomeada académica da RAG (Real
Academia Galega).
11.
MARUXA MALLO
( pintora)
MaruxaMallo (Viveiro, 1902 – Madrid, 1995) é
a máis recoñecida das artistas galegas do
século XX. Estudou Belas Artes en Madrid e
relacionouse con poetas e artistas da chamada
Xeración do 27.
Era unha muller moderna que andaba en
bicicleta, facía deporte, asistía aos cafés e aos
eventos e faladoiros literarios.
Como recoñecemento á súa carreira recibiu
numerosos premios, entre eles a Medalla de
Ouro das Belas Artes.
Ainoa