1. CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA
“GLORR & GLOBAL HUMANITARIA” EN COLABORACIÓN CON MONFEROSOLIDARIO
Monfero, abril de 2013
O pasado mércores, 24 de abril de 2013, realizouse a recollida de roupa usada doada
polas familias e o alumnado do CPI “Virxe da Cela” para as ONG “Glorr” en colaboración con
“Global Humanitaria”.
Unha morea de bolsas partiron dende Monfero para o mundo, para a súa utilización por
persoas que carecen de medios para mercar roupa. As doazóns son un importante símbolo da
humanidade da xente nun mundo de consumismo e capitalismo agresivo que deixou e está
deixando a moita xente en situacións de pobreza e miseria tan só por satisfacer ou favorecer a
situación duns cantos aproveitados, interesados que pensan que o mundo é deles, e ós cales
lles respondemos as persoas cuxos valores marcan as nosas accións, e que temos conciencia e
consciencia do que facemos.
Aínda que non o pareza, é máis importante o xesto que o feito en si, pois pese a que
sexan campañas de doazón de roupa, xoguetes, alimentos ou outros produtos; o que se doa e
achega é solidariedade: a peza clave que falta no mundo e nos fogares de moita xente (sen
referirse ás vítimas, refírome, por exemplo, a bancos, consellos, mercados e con tristeza ós
parlamentos).
Non obstante e co panorama xeral, as razóns de ser reafírmanse e gañan constancia, e
teñen que ir sempre acompañadas do positivismo e da ilusión, así como ven a dicir o lema de
Monferosolidario e de moitas máis organizacións como esta; nós, ó participar destes feitos,
construímos un mundo mellor.
Monfero a 6 de maio de 2013. Antonio González López, REVISTA XESTEIRA 2013