1. CRÓNICA TODO POR UN FIN
Por Sergio García Coira (2ºESO)
Todo por un fin foi sen dúbida algunha o proxecto mais interesante que levamos a
cabo en todo o curso, e co que máis aprendemos. Todo empezou cando a profesora de
Educación para a Cidadanía nos ofreceu o proxecto de cooperativismo, e enseguida xorde a
iniciativa de ir ao Marineda City, idea da compañeira Antía Lista.
Eu como coordinador, vivín mais de cerca a experiencia... todo foi empezar a pensar;
que imos levar?quen imos ir? que imos facer?... e as ideas empezaron a saír. Non todos
puideron ir ao Marineda, pero si colaboraron no proxecto. Deseñamos folletos, e
fotocopiamos uns seiscentos exemplares na fotocopiadora do centro. Tamén deseñou a nosa
compañeira Andrea Brage, dous modelos de pegatinas e imprimíronse en Copitec Betanzos.
Alí, regaláronnos un poster en papel especial e a toda cor, ademais de vinte folletos en cor!
Ao tempo que as cousas se ían facendo, contactamos co Marineda City en moitas
ocasión coa axudada xefa de estudos, Marta Novo, e finalmente firmamos un contrato de
compromiso e cubrimos todos os papeis.
O gran día ( 9 de maio de 2015) chegou e alá vamos, en Betanzos collimos o bus ata a
estación da Coruña, e na rúa dos mais collimos outro ata o Marineda. Alí montamos o posto
(estendemos información dos proxectos do centro, folletos pegatinas, colgamos o cartel... e no
centro, o noso, xa famoso, porquiño). Todo transcorreu con normalidade... ata varios
profesores/as se achegaron a vernos. Cando recontamos os cartos do noso porquiño... case
100 euros en donativos para o Nepal!. Ao final toca regreso, e volvimos como chegamos, pero
sen nada nas mans.
Na miña opinión este proxecto é desa clase de proxectos coa que aprendes moito. No
meu caso, sendo coordinador, aprendín a controlar a situación, a que as cousas van mellor con
tempo, a coller responsabilidades, e o mais importante: que para conseguir algo hai que
gañalo con traballo.
Sergio García Coira (2º ESO)