SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
VISITA Ó MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA – MUNCYT E
  Á EXPOSICIÓN “MULLERES: A FORZA DE CAMBIO NA INDIA” DA FVF
                         NA CORUÑA

                       Crónica de Antonio Gonzalez López (4º ESO)



        Este pasado cinco de outubro de dous mil doce, alumnos e alumnas de segundo, terceiro e cuarto
da ESO acudimos a unha excursión para visita-lo recentemente inaugurado MUNCYT (Museo Nacional
de Ciencia e Tecnoloxía) na Coruña, e a exposición “Mulleres: a forza de cambio na India” da F.V.F.

         Na primeira parte da saída tivemos unha visita guiada polo MUNCYT, que foi inaugurado en
marzo deste mesmo ano. Alí, pese a que había algunha sala inacabada, ou que non se podía visitar debido
a outros usos (como a sala do século XX); puidemos ver cousas que nos impresionaron, sobre todo a
cabina dun avión chamado “Lope de Vega”, que durante moitos anos serviu para a compañía aérea Iberia.
Estivemos na zona “bussiness” e na cabina do piloto, que foi o máis emocionante. Asemade, tivemos
ocasión de ver os avances da robótica nun monólogo que dous aparellos destes tiveron perante nós. No
ámbito científico recóllese o nome, vida, avances e descubrimentos de moitos científicos, aparellos que
utilizaban, teorías, afirmacións … Expóñense tamén a Ciencia e a Tecnoloxía no ámbito doméstico
(primitivas lavadoras, automóbiles, unha pianola …) e no ámbito histórico (Revolución industrial).
Tamén aplicadas estas áreas á vida xeral (máquinas de escribir, computadoras, surtidores de gasóleo …).
Foi unha visita interesante para repetir en ocasións posteriores, xa que os avances científicos e
tecnolóxicos son diarios.

         Na segunda parte da visita, fomos ós Xardíns de Méndez Núñez, onde estaba a exposición móbil
da Fundación Vicente Ferrer, “Mulleres: a forza de cambio na India”, que trataba sobre o papel da
muller na India, sobre todo no rural. O espírito emprendedor, o afán de progreso, superación e de cambio
social para reafirmar a identidade feminina cara á igualdade na India vense representados polas sete
mulleres das que se nos falaba na exposición. Algunhas delas estaban casadas e tiñan fillos, outras
atopábanse en situacións máis delicadas debidas a problemas familiares, a discapacidades e outras
calamidades como o feito de que unha muller sexa repudiada polo seu marido (caso dunha delas), co
agravante da posición da muller na cultura da India e do sistema de castas imperante.

                                                                       Monfero, 8 de novembro de 2012

                                                                               Antonio González López

                                                                      REVISTA XESTEIRA 2012/2013

More Related Content

More from satelite1

Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Antonio muncyt fvf mulleres rurais

  • 1. VISITA Ó MUSEO NACIONAL DE CIENCIA E TECNOLOXÍA – MUNCYT E Á EXPOSICIÓN “MULLERES: A FORZA DE CAMBIO NA INDIA” DA FVF NA CORUÑA Crónica de Antonio Gonzalez López (4º ESO) Este pasado cinco de outubro de dous mil doce, alumnos e alumnas de segundo, terceiro e cuarto da ESO acudimos a unha excursión para visita-lo recentemente inaugurado MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) na Coruña, e a exposición “Mulleres: a forza de cambio na India” da F.V.F. Na primeira parte da saída tivemos unha visita guiada polo MUNCYT, que foi inaugurado en marzo deste mesmo ano. Alí, pese a que había algunha sala inacabada, ou que non se podía visitar debido a outros usos (como a sala do século XX); puidemos ver cousas que nos impresionaron, sobre todo a cabina dun avión chamado “Lope de Vega”, que durante moitos anos serviu para a compañía aérea Iberia. Estivemos na zona “bussiness” e na cabina do piloto, que foi o máis emocionante. Asemade, tivemos ocasión de ver os avances da robótica nun monólogo que dous aparellos destes tiveron perante nós. No ámbito científico recóllese o nome, vida, avances e descubrimentos de moitos científicos, aparellos que utilizaban, teorías, afirmacións … Expóñense tamén a Ciencia e a Tecnoloxía no ámbito doméstico (primitivas lavadoras, automóbiles, unha pianola …) e no ámbito histórico (Revolución industrial). Tamén aplicadas estas áreas á vida xeral (máquinas de escribir, computadoras, surtidores de gasóleo …). Foi unha visita interesante para repetir en ocasións posteriores, xa que os avances científicos e tecnolóxicos son diarios. Na segunda parte da visita, fomos ós Xardíns de Méndez Núñez, onde estaba a exposición móbil da Fundación Vicente Ferrer, “Mulleres: a forza de cambio na India”, que trataba sobre o papel da muller na India, sobre todo no rural. O espírito emprendedor, o afán de progreso, superación e de cambio social para reafirmar a identidade feminina cara á igualdade na India vense representados polas sete mulleres das que se nos falaba na exposición. Algunhas delas estaban casadas e tiñan fillos, outras atopábanse en situacións máis delicadas debidas a problemas familiares, a discapacidades e outras calamidades como o feito de que unha muller sexa repudiada polo seu marido (caso dunha delas), co agravante da posición da muller na cultura da India e do sistema de castas imperante. Monfero, 8 de novembro de 2012 Antonio González López REVISTA XESTEIRA 2012/2013