Gs especial xuñol 2013 folga ferrol galicia sindical
1. www.galicia.ccoo.es
Órgano de comunicación do S. n. de CCOOESPECIAL - FoLgA xErAL En FErroL (xuño 2013)
MANIFESTACIÓN
Saída ás 12 h da praza do Inferniño
e remate na praza de Armas
A comarca de Ferrol
esixe solucións
n CCOO, CIG, UGT e USTG convocan a folga xeral pola situación de «emerxencia social»
2. ESPECIAL - FoLgA xErAL En FErroL (xuño 2013
Órgano de comunicación do Sindicato nacional de CCOO
www.galicia.ccoo.es
Emerxencia social
na comarca de Ferrol
n No último ano, o desemprego incrementouse do
16 ao 32%,co que a taxa de paro se sitúa
dez puntos por riba da media galega.
n No que vai de 2013, máis de 14
empresas están cun ERE e máis de 26
pecharon no último ano.
n Constante sangría de poboación: 20.000
persoas menos en trinta anos só en Ferrol.
n Na situación actual, o único futuro para a
mocidade da comarca é a emigración.
n Ferrolterra sofre as consecuencias do
illamento en materia de novas infraestruturas,
ao tempo que se desmantelan outras, como o
tren (non hai ferrocarril ao porto exterior).
n Pechou máis do 25% do pequeno comercio,
mentres o resto agoniza.
n En Ferrol, a media de ingresos por familia é a menor das sete cidades galegas.
n O empobrecemento da comarca avanza ás alancadas, ao tempo que se des-
mantelan os servizos públicos.
n No último ano e medio perdéronse 2.200 empregos no sector naval: non hai carga
de traballo en Navantia nin tampouco se construirá o dique flotante.
n Non hai diversificación industrial (eólico, biodiesel, biomasa, etc.) e abandonáronse
sectores como o agrogandeiro, o pesqueiro ou o marisqueiro, ao que se suma a falta
de saneamento na ría.
Non queremos promesas:
queremos solucións!