4. Pintura ou debuxo que representa certa extensión
do terreo.
O escenario da actividade humana.
Imaxe que representa unha escena natural.
Terreo que se divisa desde un punto.
Porción de superficie terrestre provista de límites
naturais, onde os compoñentes naturais forman un
conxunto interrelacionado e interdependente.
Cal delas se asemella máis á que ti dixeches?
Que elementos comúns hai entre as distintas
definicións?
5. Como podedes observar cando se define paisaxe o
elemento que se destaca é a
IMAXE.
Haberá outros elementos a destacar?
6. A paisaxe percíbese a través dos órganos dos
sentidos, sobre todo da
VISTA.
Mais logo interpretamos esa información de xeito
individual atendendo ao coñecemento, ideas,
ideoloxía, formación, etc.
7.
8. Terían a mesma percepción un gandeiro, arquitecta,
poeta, albanel ou médica?
Por que?
9. Que signos da acción humana podemos considerar
positivos e negativos nesta paisaxe?
Como a poderiamos mellorar?
10.
11. Na imaxe anterior vemos distintas paisaxes pero
teñen algo en común; Que?
Cal che gusta máis?
En cal poderiamos vivir mellor? Por que?
Que signos de acción humana hai en cada unha
delas? Cales son positivos e negativos? Por que?
Como mellorarías cada paisaxe?
Como poderías observar non todos coincidimos nas
nosas opinións sobre as mesmas paisaxes.
12. Toda paisaxe ten unha serie de elementos que a
compoñen, en xeral podemos destacar:
Elementos do FENOSISTEMA: Todo aquilo que
percibimos cos sentidos.
Elementos do CRIPTOSISTEMA: Todo aquilo que
non percibimos cos sentidos, pero que podemos
interpretar pola lóxica e a abstracción.
13.
14. Outros elementos que se poden atopar nas paisaxes
son:
Elementos naturais do medio físico ou abióticos:
Rochas, vales, picos, ríos, costas, etc.
Elementos bióticos: Seres vivos vexetais e animais,
tanto autóctonos como alóctonos.
Elementos artificiais e derivados das actividades
humanas: Edificios para vivendas, fábricas,
estradas, granxas, etc.
15.
16. Os elementos antes citados están sempre
relacionados entre si.
Hai casos onde predominan máis uns ca outros.
17.
18. As paisaxes pódense clasificar atendendo a diversos
criterios:
Por exemplo atendendo ás transformacións feitas
polo home resultan os seguintes tipos:
Natural, Seminatural, Semiagrícola, Agrícola, Rural,
Suburbana, Urbana e Industrial
19.
20. Cando se estudia unha paisaxe é posible identificar
as chamadas UNIDADES DA PAISAXE, que están
formadas por diferentes elementos que se repiten
na paisaxe e danlle a esta un aspecto de mosaico.
Un exemplo témolo na unidade bosque, formada por
árbores, arbustos, animais, etc.
21. Dependendo da unidade que predomine podemos
ter:
Predominio da XEA (predominio da xeoloxía).
Predominio da FLORA (predominio da masa vexetal).
Predominio das ACTIVIDADES HUMANAS
(predominio das construcións feitas polo home).
22.
23.
24.
25. A paisaxe cambia, non é estática, ao longo do tempo
vai variando.
Para poder entender ese cambio hai que analizalo
atendendo a tres factores:
a. Coñecer a historia xeolóxica da zona.
b. As distintas accións humanas que se
desenvolveron.
c. Os cambios nos elementos da paisaxe e os
cambios nas relacións entre estes elementos.