Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

O Entroido

7,904 views

Published on

As orixe do Entroido, tradicións, explicacións do entroido galego

• Be the first to comment

O Entroido

1. 1. O ENTROIDO
2. 2. AS ORIXES DO CARNAVAL

Orixe da denominación:

Carnestolendas/Carnestoltes Tomado por abreviación da frase latina dominica ante carnes tollendas (domingo antes de quita-la carne).

Carnaval

Do italiano carnevale , que provén do antigo carnelevare , composto de carne e levare (xa que comeza o xexún de Coresma).

Entroido: do lat. Introitus . A entrada do ano.
3. 3. Festas antigas relacionadas co carnaval : Mamuralia (expulsión de Marte, o inverno, disfrazando un escravo) Lupercales : Ritos de fertilidade desterradas polo Papa Vigilio no século VI e substituídas pola Candelaria Os celtas celebraban a festa de Imbolc , ou da purificación, para honrar á deusa Brigit, protectora do fogar, das colleita e das artes. Matronalia. Festa das mulleres para honrar a Juno. Inversión de papeis cos homes
4. 4. A FESTA DA PRIMAVERA

Celébrase a fecundidade da terra

Recórdase e enterranse as penurias do inverno

Deféndense os valores da vida e a sexualidade

Comeza a época da abundancia e as colleitas

Refórzanse os vínculos sociais para o traballo comunal.

5. 5. O RITUAIS CÓSMICOS

O Carnaval é un período de Caos, creador e xerador de vida.

Establecese a partir da concepción primitiva do tempo: períodos de 40 días (mestura de calendario solar e lunar: matriz celta precristiá)

O inicio das festas de primavera:

2 de febreiro: A Candelaria ( purificación da Virxe )

Se na Candelaria coincide coa lúa nova rematou o inverno, se nón o inverno durará 40 día máis:

Necesidade de rituais que aseguren o retorno da primavera

6. 6. A festa do Oso no Pirineo Aragonés

O ritual consiste en disfrazarse de Oso e prender veas e lumes purificadores que ademais deixen ver o camiño aos antepasados. Ao final das festas queimase un moneco (que simboliza unha victima propiciatoria)

Vincúlase á crenza en que o final da hibernación do oso marca o comezo da primavera.

O oso representa:

o vínculo cos mortos

o animal totémico que representa aos antepasados

A superación da morte e o período invernal (hibernación)

O ser perigoso que pode provocar a morte

A transición entre estacións son épocas potencialmente perigosas pola proximidade dos dous mundos (mundo dos vivos e inframundo.

7. 7. Fotografias: Xoan Montes Texto: El Carnaval "Claude Gaignebet Nalgunhas rexións de Francia e España, sobre todo en Cataluña e no pirineo de Huesca, mais en concreto no Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido, en Bielsa e Torla, despois de disfrazar aos mozos de osos, saen e, con axuda de cinza, dedícanse a ennegrecer aos que lles rodean, coa finalidade de que todo sexa escuro, pois é a condición, segundo afirma a tradición, para que a súa saída poida ser definitiva e se proclame a chegada da primavera. A partir desta data do 2 de febreiro aparece un dos ritos do Carnaval: o embadurnamento de negro dalgúns dos participantes, e unha loita dos negros contra os brancos.
8. 8. OS RITUAIS DE FERTILIDADE

O Carnaval é tamén unha alegoría da abundancia que permitirá a primavera

A terra, os animais e o ser humano precisan revitalizarse a través de rituais que propicien a fecundidade

Os rituais de fertilidade consisten en:

Ritos asociados á sexualidade

Correr nús, azotar con paos rematados con vexigas, vestir peles de animais...

Pervivencia das Lupercais romanas.

9. 9. Dous mozos, fillos de patricios, son levados ao lugar da matanza, algúns están presentes para quitarlles o sangue con la mollada en leite. Despois de que as súas frontes teñan sido limpadas, os mozos deben rir. Unha vez cumprido isto, e cortadas as peles de macho cabrío en tiras, os lupercos corren medio nús, cubrindo só con algo a cintura e azoutando a todo o que atopan. As mulleres deben evitalos, pois se cre que eses golpes proporcionaranlle a concepción e axudaran no parto. As lupercalia semellan festas de preservación do lobo e de fecundidade dos rabaños. Texto: Caro Baroja
10. 10. Os Peliqueiros e cigarróns As máscaras dos carnavais de Laza e Verin preservan esta tradición, representando animais que gardan unha relación coa fertilidade, a protección dos rabaños e a vida natural e salvaxe: o oso, o lobo.. Peliqueiros e cigarróns eran figuras intocables que podía bailar, cantar, fustrigar pero ás que non se podía castigar só insultar. Esta tradición conservase ao longo de todo o territorio español: trangas aragonesas, yoauldunak navarros, calabaceros en cáceres, buches en Arrecife, diabletes en Teguise...
11. 11. yoaldunak Trangas calabaceros buches
12. 12. OS RITUAIS DE INVERSIÓN

O carnaval representa un tempo de inversión:

Dos papeis sexuais

Das xerarquías sociais

Dos valores establecidos

Os tolos son os señores

As mulleres visten de homes e viceversa, tamén cambian as relacións de dominación

Inversión da vida cotiá

Parodia das autoridades e da vida social

O carnaval é unha catarse colectiva que permite:

Controlar a vida social

A expresión das características culturais propias

A expresión controlada do malestar social

13. 13. A festa dos tolos veu substituir as saturnalias romanas, desprazadas pola festividade do Nadal. Son un dos antecedentes da inversión de papeis que protagoniza o carnaval. Esta festa exportouse á América e é famosa a que se celebra en Barranquilla. O seu protagonista o Momo representa o protector do vicio, o escándalo e o desorde social. As saturnalias romanas, celebradas en Decembro, viñan a celebrar o solsticio de inverno e o ritual máis característico era a inversión de papeis cos escravos. O mesmo ocorría, pero coa inversión de papeis sexuais na Matronalia, celebradas no mes de febreiro en honor a Juno. Esta inversión de papeis desprazouse historiacamente ao carnaval
14. 14. As fases do carnaval galego en Ourense Non ten data fixa pero pode aproximarse tendo en conta a Coresma Domingo fareleiro (segundo a tradición era un achegamento entre homes e mulleres, o home botaba fariña á muller, ou mulleres que lle gustaban. Agora é unha batalla ritual) Xoves de comadres. (día no que os papeis se invirten e as mulleres toman a vila. As mulleres fan un moneco con forma de home ao que tentan protexer doutras mulleres) Domingo de corredoiro. ( ou oleiro , a tradición manda pasear algo, unha ola, una burra, un galo, ao mesmo tempo as bromas son frecuentes: botar formigas, ou bosta á xente) Xoves de compadres. (a situación é inversa ao xoves de comadres. Representan a loita de sexos. En Viana do Bolo, vístese un moneco e unha moneca con prendas roubadas) Cada un destes domingos, segundo os lugares, pode  adoptar outra denominación: domingo lambedoiro, domingo oleiro, etc. Os xoves poden ser tamén : de lardeiro o lardeira, respectivamente.
15. 15. Lardeiros Viana do Bolo A corrida do Burro en Laza Domingo oleiro en Xinzo Xoves de compadres
16. 16. O entroido Domingo gordo. ( É o día dos desfiles e o cocido. Nalgunhas vilas as comparsas van polas casas, nas que se lle ten que ofrecer comida e bebida ou doces típicos. Se non os tivesen, as comparsas vínganse ensuciándolle a casa con bosta) Luns de entroido. (Nalgunhas vilas é o día central do entroido. En Laza o ritual de tirar formigas, terra e fariña aos visitantes recorda un rito de fertilidade. As formigas simbolizan a fertilidade da terra, e a vaca de madeira (morena) a fertilidade agraria) Martes de entroido. ( Queimánse os lardeiros) Mércores de Cinza. ( Fin do entroido, enterro da sardiña, do meco, o momo ou o urco. Animais ou personaxes que simbolizan a transgresión, a comida ou a liberación sexual)
17. 17. O meco Polémica esquela do Enterro da Sardiña, en 1907 O loro ravachol leva o nome dun anarquista francés
18. 18. ..O animal adorado é sacrificado cunha solemnidade especial unha vez ao ano e antes ou inmediatamente despois da súa morte paséano de porta en porta para que cada un dos seus adoradores reciba unha parte das virtudes que se supón que emanan do deus morto ou agonizante. As procesións relixiosas desta clase deberon ter un gran lugar no ritual dos pobos europeos en tempos prehistóricos, a xulgar polas numerosas pegadas que delas subsisten nos costumes populares..." Frazer " La rama dorada " pag ...606, 607..." O Enterro da sardiña, que pecha o entroido é unha procesión por toda a vila, acarrexando un moneco que acada diferentes formas, pero que sempre representa a festa e o que se perde coa coresma.
19. 19. OS RITUAIS DE OSTENTACIÓN As comparsas teñen a súa orixe nas festas de tolos laicas que organizaron grupos de burgueses e nobres, como unha forma de contrapoñer os seus intereses aos intereses da igrexa. En carruaxes grupos de cidadáns disfrazados cantaban cancións burlescas, irreverentes e sátiras contra as autoridades civís e eclesiásticas. En consecuencia, establecéronse grupos que proviñan de entornos laborais, de cofradías.... Que competían entre si e organizaban grandes desfiles As cidades promocionaron os festexos e os desfiles como unha forma de por en valor cidades. Así xurdiron os famosos carnavais de Venecia ou Florencia. Así pasaron a representar o poder en vez de ser unha crítica contra el.
20. 20. Os xenerais do Ulla son grupos de comparsas que se disfrazan con indumentarias militares, para saír a desfilar montados a cabalo. A festa remata con unha pelexa a través de rimas. Esta tradición rememora os enfrontamentos coas tropas francesas, a dicir dalgúns, e coas tropas carlistas, a dicir doutros. OS NOSOS PROPIOS DESFILES: XENERAIS, MADAMAS E GALANS Desfile de Madamas e Galáns en Vilaboa. Foto Jose Juan Fernández Morgado
21. 21. Máscaras ..A máscara representa de forma excepcional o desdobramento da imaxe e o disfraz. A súa función é representar a forma intermedia entre o símbolo e o significado, entre o máxico e o normal, entre o sobrenatural e o social, agochando e revelando ao mesmo tempo. (...) Noutras culturas a tatuaxe, en particular na cara, substitúe á mácara. O proxenitor totémico está nesas máscaras pacíficas, anoxadas, humanas ou animais. Levi Strauss Elemento imprescindible do Entroido, a máscara cubre completamente ao que a leva, transformándoo noutro. Xeralmente representa a un espíritu da natureza ou dos antepasados, facilitando a comunicación con ambos.
22. 22. Peliqueiros, boteiros, choqueiros, irrios, pantallas...
23. 23. F. COCHO, O Carnaval en Galicia. Vigo: Xerais de Galicia, 1990 X. DASAIRAS, O Entroido en terras de Monterrei. Pontevedra: Cumio, 1990 A. FRAGUAS FRAGUAS, Do Entroido. Santiago: Museo do Pobo Galego, 1994 C. GONZÁLEZ PÉREZ, As festas cíclicas do ano. Santiago: Museo do Pobo Galego, 1992 J.M. GONZÁLEZ REBOREDO e R. MARIÑO FERRO, Entroido en Galicia. Lugo: Deputación Provincial, 1987 X.M. MARIÑO VENTOSO e M. MARIÑO DEL RÍO, Lembranzas do Antroido en Porto do Son. Noia: os autores, 1992 Para ler: