SlideShare a Scribd company logo
1 of 9
Download to read offline
A LUZ
PROPAGACIÓN,LUZ,
SOMBRA E
PENUMBRA, COR,
REFLEXIÓN,
REFRACCIÓN...
Pepe
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
A luz Proxecto Arquímedes
Unha vela Es unha fonte luminosa de carácter
artificial.
A luz é unha forma de enerxía que se
pode apreciar co sentido da vista.
A luz prodúcese e emítese mediante fontes luminosas, que poden ser naturais
(como o Sol e as estrelas) ou artificiais, que son as que foron fabricadas polos
homes, como unha vela ou unha lámpada.
Tamén hai corpos que reflicten a luz pero non a producen, son os corpos
iluminados, como a Lúa.
A luz transmítese a través das ondas luminosas, que son similares ás ondas que se
producen na superficie da auga cando un obxecto choca con ela.
A propagación da luz
Corpos opacos, translúcidos e transparentes
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
A luz propágase en cada medio (aire, auga...) a distinta velocidade. No aire e no
baleiro é onde se propaga máis rápido, cunha velocidade de 300.000 km/s.
Segundo o seu comportamento fronte á luz, os corpos clasifícanse en
transparentes, translúcidos ou opacos.
 Os corpos transparentes deixan pasar a luz e permiten ver os obxectos
nitidamente a través seu. Exemplos: o aire, o cristal dunha ventá, a auga
limpa, etc.
 Os corpos translúcidos deixan pasar a luz, pero non permiten ver os
obxectos nitidamente. Exemplos: o cristal esmerilado, a auga turbia, etc.
 Os corpos opacos son os que non deixan pasar a luz e non permiten ver os
obxectos, senón que os tapan. Exemplos: unha porta de madeira, unha
parede...
A visión dos obxectos
Efecto óptico
Imaxina que estás nun cuarto
totalmente ás escuras: entón non podes
ver nada. En cambio cando acendes a luz
es capaz de recoñecer todos os
obxectos que hai nela. Isto débese a que
os obxectos reflicten parte da luz que
reciben. Este fenómeno chámase reflexión.
Os espellos son unha aplicación do fenómeno da reflexión: reflicten toda a
luz que chega ata eles e ofrecen imaxes totalmente nítidas.
Outro fenómeno relacionado coa visión dos obxectos é o da refracción. A
refracción consiste en que un raio de luz cambia a súa dirección de propagación
ao pasar dun medio transparente a outro, por exemplo do aire á auga, ou do aire a
un medio sólido, como un cristal.
As lentes son unha aplicación do fenómeno da refracción.
A sombra e a penumbra
Sombra producida neste caso por unha fonte de luz
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
non puntual.
Se un obxecto opaco se interpón entre unha fonte luminosa e unha pantalla,
obsérvase que nesta se proxecta unha zona escura, á que non chega a luz; esta
zona chámase sombra.
Se a fonte luminosa é puntual, é dicir, de pequeno tamaño respecto do
obxecto, observamos que os bordos da zona de sombra son nítidos. Na pantalla hai
dúas zonas perfectamente diferenciadas: a iluminada (porque a ela chega a luz
dende toda a fonte luminosa) e a de sombra (á que non chega ningún raio de luz).
Se a fonte luminosa é extensa, é dicir, de gran tamaño respecto do obxecto,
observamos que os bordos da zona de sombra non son nítidos. Na pantalla podemos
ver tres zonas: a iluminada (porque a ela chega a luz dende todos os puntos da
fonte luminosa), a de penumbra (á que chega luz só dende algúns puntos da fonte
luminosa) e a de sombra (que non recibe ningún raio de luz).
Na natureza existen numerosos fenómenos relacionados coa luz, a sombra e
a penumbra, como son o día e a noite, as eclipses, etc.
A cor
Arco da vella. Este fenómeno sucede cando
a luz se descompón nas gotas de chuvia.
Cando a luz branca atravesa
certos corpos, como os prismas
triangulares de cristal ou as gotas
de chuvia, obsérvase que se
descompón e aparece un conxunto
de cores que forman o espectro
visible, composto polas sete cores
do arco da vella: vermello, laranxa,
amarelo, verde, azul, anil e violeta.
Isto demostra que a luz branca
está formada por varias cores.
Cando un corpo reflicte toda á luz
branca que recibe vémolo de cor
branca, mentres que se absorbe
toda esa luz branca, non
reflectindo nada, o vemos de cor
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
negra
Se absorbe todas as cores agás un, que reflicte, entón vemos o devandito
corpo desa cor. Así, por exemplo, as plantas verdes absorben todas as cores da luz
branca que lles chega, reflectindo unicamente a cor verde, que é o que chega aos
nosos ollos, razón pola cal dicimos que teñen cor verde.
A reflexión da luz
Chámase reflexión da luz ao fenómeno polo cal un raio de luz cambia a súa
dirección de propagación cando choca cun obxecto.
Todos os corpos, agás os de cor negra, reflicten en maior ou menor medida a luz
que chega ata eles; os espellos son corpos que reflicten a luz que lles chega e
proporcionan imaxes de total nitidez.
Os espellos poden ser planos e esféricos:
 Os espellos planos forman imaxes do mesmo tamaño que os obxectos
situados diante deles; son os que se utilizan habitualmente nos fogares,
como elemento decorativo, etc.
 Os espellos esféricos forman imaxes de distinto tamaño que os obxectos
situados diante deles; son os que se utilizan, por exemplo, nos retrovisores
dos automóbiles.
Os elementos da reflexión
Na reflexión dun raio de luz nun espello(E), pódense observar os seguintes
elementos;
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
 Raio incidente (I): é o raio de luz que chega ao espello.
 Punto de incidencia (P): é o punto do espello onde chocoa o raio
incidente,
 Raio reflectido (R): é o raio que se afasta do espello.
 Normal(N): é a perpendiculara ao espello no punto de incidencia.
 Ángulo de incidencia(î): é o angulo que forma o raio incidente coa
normal.
 Ángulo de reflexión (^r): é o ángulo formado pola normal e o raio
feflictido.
AS LEIS DA REFLEXIÓN
Mecanismo das
cámaras réflex
O fenómeno da
reflexión está regulado por
dúas leis:
Primeira lei: o raio incidente,
a normal e o raio reflectido
encóntranse nun mesmo
plano, que é perpendicular ao
espello no punto de
incidencia.
Segunda lei: o ángulo de incidencia e o ángulo de reflexión son iguais.
Estas dúas leis dan lugar a que nos espellos planos se formen imaxes de igual
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
tamaño que os obxectos e que ambos os dous, obxecto e imaxe, sexan simétricos.
Así, por exemplo, a imaxe da man dereita é a man esquerda.
A refracción da luz
Chámase refracción da luz ao fenómeno polo
cal un raio de luz cambia a súa dirección de
propagación ao pasar dun medio transparente a
outro.
En cada medio material transparente os raios
de luz propáganse en liña recta, pero ao pasar
a outro medio material, tamén transparente, os
raios de luz sofren unha desviación na súa
traxectoria rectilínea.
Isto é debido a que a velocidade da luz é
distinta para cada medio material.
Efecto óptico La refracción da luz móstranos
os obxectos coma se estivesen truncados..
AS LENTES
Convictas (Convexas) As lupas e os lentes
que corrixen a hipermetropía, un defecto da
visión que impide ver ben os obxectos
próximos, utilizan lentes convictas.
Os obxectos que refractan a luz
reciben o nome de lentes.
Acostuman a ser de vidro, pero
tamén se fabrican con outros materiais transparentes. Todas teñen, como mínimo,
unha das súas dúas caras curvas.
Podemos distinguir dous principais tipos de lentes:
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
 As cóncavas son as que teñen a curvatura cara a dentro. Os raios de luz ao
atravesalas dispérsanse e iso produce o efecto que o obxecto se reduce se
o miramos con elas. As lentes que corrixen a miopía son cóncavas.
 As convictas ( convexas) cúrvanse cara a fóra. Isto concentra a luz que pasa
por elas e produce o aumento da imaxe dos obxectos que se ven con elas.
Os elementos da refracción
Na refracción dun raio de luz ao atravesar unha superficie (S) de separación de
dous medios materiais tranparentes, pódesnse observara os seguintes elementos:
 Raio incidente (I). raio de luz que chega á superficie de separación dos dous
medios materiais.
 Punto de incidencia (P): é o punto da superficie de separación dos dous
medios onde choca o raio incidente.
 Raio refractado (R): é o raio que se afasta da superficie de separación dos
dous medios.
 Normal (N): é a perpendicular á superficie de separación polo punto de
incidencia.
 Ángulo de incidencia (Î): é o ángulo formado polo raio incedente e a normal.
 Ängulo refractario (^R): é o ángulo formado polo raio refractrarioe a
normal.
TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP
Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15
AS LEIS DA REFRACCIÓN
Microscopio óptico A lgunos modelos poden
aumentar ata 1.000 veces o tamaño dos obxectos.
O fenómeno da refracción está regulado
por estas dúas leis:
 Primeira lei: o raio incidente, a
normal e o raio refractado encóntranse nun mesmo plano, que é
perpendicular á superficie de separación dos dous medios no punto de
incidencia.
 Segunda lei: se a luz pasa dun medio en que ten maior velocidade a outro en
que ten menor velocidade, o raio refractado aproxímase á normal. Pola
contra, se a luz pasa dun medio en que ten menor velocidade a outro en que
ten maior velocidade, o raio refractado afástase da normal.
Estas leis dan lugar a diversos fenómenos, como que pareza que os corpos
somerxidos parcialmente están dobrados ou partidos, e teñen numerosas
aplicacións: as lentes para empréganse para corrixir defectos da vista (como a
miopía ou a vista cansa), para a construción de aparatos ópticos (como o telescopio
e o microscopio)...
Defectos de visión.

More Related Content

Similar to A luz

A luz e o son. Miguel C
A luz e o son. Miguel CA luz e o son. Miguel C
A luz e o son. Miguel Clolimanti
 
Luz e son. Adrián
Luz e son. AdriánLuz e son. Adrián
Luz e son. Adriánlolimanti
 
Luz e son. Saray
Luz e son. SarayLuz e son. Saray
Luz e son. Saraylolimanti
 
Luz e son. saray cañás
Luz e son. saray cañásLuz e son. saray cañás
Luz e son. saray cañáslolimanti
 
Luz e son. Miguel b
Luz e son. Miguel bLuz e son. Miguel b
Luz e son. Miguel blolimanti
 
A luz e o son. Claudia R
A luz e o son. Claudia RA luz e o son. Claudia R
A luz e o son. Claudia Rlolimanti
 
Luz e son. Ángela
Luz e son. ÁngelaLuz e son. Ángela
Luz e son. Ángelalolimanti
 
A luz e o son. Clara
A luz e o son. ClaraA luz e o son. Clara
A luz e o son. Claralolimanti
 
Luz e son. Claudia A.
Luz e son. Claudia A.Luz e son. Claudia A.
Luz e son. Claudia A.lolimanti
 
Luz e son. Aldara
Luz e son. AldaraLuz e son. Aldara
Luz e son. Aldaralolimanti
 
Luz e son. Tania
Luz e son. TaniaLuz e son. Tania
Luz e son. Tanialolimanti
 
Premio Nobel de Física 2005
Premio Nobel de Física 2005Premio Nobel de Física 2005
Premio Nobel de Física 2005iesasorey
 

Similar to A luz (17)

Resumen CN A luz
Resumen CN A luzResumen CN A luz
Resumen CN A luz
 
A luz e o son. Miguel C
A luz e o son. Miguel CA luz e o son. Miguel C
A luz e o son. Miguel C
 
Luz e son. Adrián
Luz e son. AdriánLuz e son. Adrián
Luz e son. Adrián
 
E fixemos a luz!
E fixemos a luz!E fixemos a luz!
E fixemos a luz!
 
Luz e son. Saray
Luz e son. SarayLuz e son. Saray
Luz e son. Saray
 
Luz e son. saray cañás
Luz e son. saray cañásLuz e son. saray cañás
Luz e son. saray cañás
 
Os límites da visión
Os límites da visiónOs límites da visión
Os límites da visión
 
Luz e son. Miguel b
Luz e son. Miguel bLuz e son. Miguel b
Luz e son. Miguel b
 
A luz e o son. Claudia R
A luz e o son. Claudia RA luz e o son. Claudia R
A luz e o son. Claudia R
 
Luz e son. Ángela
Luz e son. ÁngelaLuz e son. Ángela
Luz e son. Ángela
 
A luz e o son. Clara
A luz e o son. ClaraA luz e o son. Clara
A luz e o son. Clara
 
Luz e son. Claudia A.
Luz e son. Claudia A.Luz e son. Claudia A.
Luz e son. Claudia A.
 
Luz e son. Aldara
Luz e son. AldaraLuz e son. Aldara
Luz e son. Aldara
 
Luz e son. Tania
Luz e son. TaniaLuz e son. Tania
Luz e son. Tania
 
Premio Nobel de Física 2005
Premio Nobel de Física 2005Premio Nobel de Física 2005
Premio Nobel de Física 2005
 
Trabajo cmc
Trabajo cmcTrabajo cmc
Trabajo cmc
 
Optica2bachf
Optica2bachfOptica2bachf
Optica2bachf
 

More from LOPEZMOURENZA

Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1LOPEZMOURENZA
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinasLOPEZMOURENZA
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostasLOPEZMOURENZA
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891LOPEZMOURENZA
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaLOPEZMOURENZA
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfLOPEZMOURENZA
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del poppletLOPEZMOURENZA
 
A enerxia fotovoltaica definitivo
A enerxia fotovoltaica definitivo A enerxia fotovoltaica definitivo
A enerxia fotovoltaica definitivo LOPEZMOURENZA
 

More from LOPEZMOURENZA (20)

Máqunas e aparelos
Máqunas e aparelosMáqunas e aparelos
Máqunas e aparelos
 
Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01Forzas 131126050757-phpapp01
Forzas 131126050757-phpapp01
 
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
Asforzasasmquinaseosinventos 150507065818-lva1-app6891
 
As máquinas simple1
As máquinas simple1As máquinas simple1
As máquinas simple1
 
As forzas e máquinas
As forzas e máquinasAs forzas e máquinas
As forzas e máquinas
 
As máquinas compostas
As máquinas compostasAs máquinas compostas
As máquinas compostas
 
Manual mind42
Manual mind42Manual mind42
Manual mind42
 
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891 historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
historiadonosoplaneta-150512183506-lva1-app6891
 
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
Paisaxeerelevo 150512183858-lva1-app6891
 
O son ii
O son iiO son ii
O son ii
 
A luz
A luzA luz
A luz
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
enerxia nuclear
enerxia nuclearenerxia nuclear
enerxia nuclear
 
Trabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesiaTrabojo del rio Tajo poesia
Trabojo del rio Tajo poesia
 
Río Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdfRío Guadalquivir definitivo pdf
Río Guadalquivir definitivo pdf
 
Información del popplet
Información del poppletInformación del popplet
Información del popplet
 
Enerxia xeotermica
Enerxia xeotermicaEnerxia xeotermica
Enerxia xeotermica
 
Enerxia nuclear
Enerxia nuclearEnerxia nuclear
Enerxia nuclear
 
Biocombustible
BiocombustibleBiocombustible
Biocombustible
 
A enerxia fotovoltaica definitivo
A enerxia fotovoltaica definitivo A enerxia fotovoltaica definitivo
A enerxia fotovoltaica definitivo
 

A luz

  • 1. A LUZ PROPAGACIÓN,LUZ, SOMBRA E PENUMBRA, COR, REFLEXIÓN, REFRACCIÓN... Pepe
  • 2. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15 A luz Proxecto Arquímedes Unha vela Es unha fonte luminosa de carácter artificial. A luz é unha forma de enerxía que se pode apreciar co sentido da vista. A luz prodúcese e emítese mediante fontes luminosas, que poden ser naturais (como o Sol e as estrelas) ou artificiais, que son as que foron fabricadas polos homes, como unha vela ou unha lámpada. Tamén hai corpos que reflicten a luz pero non a producen, son os corpos iluminados, como a Lúa. A luz transmítese a través das ondas luminosas, que son similares ás ondas que se producen na superficie da auga cando un obxecto choca con ela. A propagación da luz Corpos opacos, translúcidos e transparentes
  • 3. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15 A luz propágase en cada medio (aire, auga...) a distinta velocidade. No aire e no baleiro é onde se propaga máis rápido, cunha velocidade de 300.000 km/s. Segundo o seu comportamento fronte á luz, os corpos clasifícanse en transparentes, translúcidos ou opacos.  Os corpos transparentes deixan pasar a luz e permiten ver os obxectos nitidamente a través seu. Exemplos: o aire, o cristal dunha ventá, a auga limpa, etc.  Os corpos translúcidos deixan pasar a luz, pero non permiten ver os obxectos nitidamente. Exemplos: o cristal esmerilado, a auga turbia, etc.  Os corpos opacos son os que non deixan pasar a luz e non permiten ver os obxectos, senón que os tapan. Exemplos: unha porta de madeira, unha parede... A visión dos obxectos Efecto óptico Imaxina que estás nun cuarto totalmente ás escuras: entón non podes ver nada. En cambio cando acendes a luz es capaz de recoñecer todos os obxectos que hai nela. Isto débese a que os obxectos reflicten parte da luz que reciben. Este fenómeno chámase reflexión. Os espellos son unha aplicación do fenómeno da reflexión: reflicten toda a luz que chega ata eles e ofrecen imaxes totalmente nítidas. Outro fenómeno relacionado coa visión dos obxectos é o da refracción. A refracción consiste en que un raio de luz cambia a súa dirección de propagación ao pasar dun medio transparente a outro, por exemplo do aire á auga, ou do aire a un medio sólido, como un cristal. As lentes son unha aplicación do fenómeno da refracción. A sombra e a penumbra Sombra producida neste caso por unha fonte de luz
  • 4. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15 non puntual. Se un obxecto opaco se interpón entre unha fonte luminosa e unha pantalla, obsérvase que nesta se proxecta unha zona escura, á que non chega a luz; esta zona chámase sombra. Se a fonte luminosa é puntual, é dicir, de pequeno tamaño respecto do obxecto, observamos que os bordos da zona de sombra son nítidos. Na pantalla hai dúas zonas perfectamente diferenciadas: a iluminada (porque a ela chega a luz dende toda a fonte luminosa) e a de sombra (á que non chega ningún raio de luz). Se a fonte luminosa é extensa, é dicir, de gran tamaño respecto do obxecto, observamos que os bordos da zona de sombra non son nítidos. Na pantalla podemos ver tres zonas: a iluminada (porque a ela chega a luz dende todos os puntos da fonte luminosa), a de penumbra (á que chega luz só dende algúns puntos da fonte luminosa) e a de sombra (que non recibe ningún raio de luz). Na natureza existen numerosos fenómenos relacionados coa luz, a sombra e a penumbra, como son o día e a noite, as eclipses, etc. A cor Arco da vella. Este fenómeno sucede cando a luz se descompón nas gotas de chuvia. Cando a luz branca atravesa certos corpos, como os prismas triangulares de cristal ou as gotas de chuvia, obsérvase que se descompón e aparece un conxunto de cores que forman o espectro visible, composto polas sete cores do arco da vella: vermello, laranxa, amarelo, verde, azul, anil e violeta. Isto demostra que a luz branca está formada por varias cores. Cando un corpo reflicte toda á luz branca que recibe vémolo de cor branca, mentres que se absorbe toda esa luz branca, non reflectindo nada, o vemos de cor
  • 5. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15 negra Se absorbe todas as cores agás un, que reflicte, entón vemos o devandito corpo desa cor. Así, por exemplo, as plantas verdes absorben todas as cores da luz branca que lles chega, reflectindo unicamente a cor verde, que é o que chega aos nosos ollos, razón pola cal dicimos que teñen cor verde. A reflexión da luz Chámase reflexión da luz ao fenómeno polo cal un raio de luz cambia a súa dirección de propagación cando choca cun obxecto. Todos os corpos, agás os de cor negra, reflicten en maior ou menor medida a luz que chega ata eles; os espellos son corpos que reflicten a luz que lles chega e proporcionan imaxes de total nitidez. Os espellos poden ser planos e esféricos:  Os espellos planos forman imaxes do mesmo tamaño que os obxectos situados diante deles; son os que se utilizan habitualmente nos fogares, como elemento decorativo, etc.  Os espellos esféricos forman imaxes de distinto tamaño que os obxectos situados diante deles; son os que se utilizan, por exemplo, nos retrovisores dos automóbiles. Os elementos da reflexión Na reflexión dun raio de luz nun espello(E), pódense observar os seguintes elementos;
  • 6. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15  Raio incidente (I): é o raio de luz que chega ao espello.  Punto de incidencia (P): é o punto do espello onde chocoa o raio incidente,  Raio reflectido (R): é o raio que se afasta do espello.  Normal(N): é a perpendiculara ao espello no punto de incidencia.  Ángulo de incidencia(î): é o angulo que forma o raio incidente coa normal.  Ángulo de reflexión (^r): é o ángulo formado pola normal e o raio feflictido. AS LEIS DA REFLEXIÓN Mecanismo das cámaras réflex O fenómeno da reflexión está regulado por dúas leis: Primeira lei: o raio incidente, a normal e o raio reflectido encóntranse nun mesmo plano, que é perpendicular ao espello no punto de incidencia. Segunda lei: o ángulo de incidencia e o ángulo de reflexión son iguais. Estas dúas leis dan lugar a que nos espellos planos se formen imaxes de igual
  • 7. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15 tamaño que os obxectos e que ambos os dous, obxecto e imaxe, sexan simétricos. Así, por exemplo, a imaxe da man dereita é a man esquerda. A refracción da luz Chámase refracción da luz ao fenómeno polo cal un raio de luz cambia a súa dirección de propagación ao pasar dun medio transparente a outro. En cada medio material transparente os raios de luz propáganse en liña recta, pero ao pasar a outro medio material, tamén transparente, os raios de luz sofren unha desviación na súa traxectoria rectilínea. Isto é debido a que a velocidade da luz é distinta para cada medio material. Efecto óptico La refracción da luz móstranos os obxectos coma se estivesen truncados.. AS LENTES Convictas (Convexas) As lupas e os lentes que corrixen a hipermetropía, un defecto da visión que impide ver ben os obxectos próximos, utilizan lentes convictas. Os obxectos que refractan a luz reciben o nome de lentes. Acostuman a ser de vidro, pero tamén se fabrican con outros materiais transparentes. Todas teñen, como mínimo, unha das súas dúas caras curvas. Podemos distinguir dous principais tipos de lentes:
  • 8. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15  As cóncavas son as que teñen a curvatura cara a dentro. Os raios de luz ao atravesalas dispérsanse e iso produce o efecto que o obxecto se reduce se o miramos con elas. As lentes que corrixen a miopía son cóncavas.  As convictas ( convexas) cúrvanse cara a fóra. Isto concentra a luz que pasa por elas e produce o aumento da imaxe dos obxectos que se ven con elas. Os elementos da refracción Na refracción dun raio de luz ao atravesar unha superficie (S) de separación de dous medios materiais tranparentes, pódesnse observara os seguintes elementos:  Raio incidente (I). raio de luz que chega á superficie de separación dos dous medios materiais.  Punto de incidencia (P): é o punto da superficie de separación dos dous medios onde choca o raio incidente.  Raio refractado (R): é o raio que se afasta da superficie de separación dos dous medios.  Normal (N): é a perpendicular á superficie de separación polo punto de incidencia.  Ángulo de incidencia (Î): é o ángulo formado polo raio incedente e a normal.  Ängulo refractario (^R): é o ángulo formado polo raio refractrarioe a normal.
  • 9. TEMA IX A LUZ. CIENCIAS DA NATUREZA 5º EP Ceip Rosalía de Castro (Lugo) Traducido de Aula PLaneta 2014/15 AS LEIS DA REFRACCIÓN Microscopio óptico A lgunos modelos poden aumentar ata 1.000 veces o tamaño dos obxectos. O fenómeno da refracción está regulado por estas dúas leis:  Primeira lei: o raio incidente, a normal e o raio refractado encóntranse nun mesmo plano, que é perpendicular á superficie de separación dos dous medios no punto de incidencia.  Segunda lei: se a luz pasa dun medio en que ten maior velocidade a outro en que ten menor velocidade, o raio refractado aproxímase á normal. Pola contra, se a luz pasa dun medio en que ten menor velocidade a outro en que ten maior velocidade, o raio refractado afástase da normal. Estas leis dan lugar a diversos fenómenos, como que pareza que os corpos somerxidos parcialmente están dobrados ou partidos, e teñen numerosas aplicacións: as lentes para empréganse para corrixir defectos da vista (como a miopía ou a vista cansa), para a construción de aparatos ópticos (como o telescopio e o microscopio)... Defectos de visión.