SlideShare a Scribd company logo
1 of 34
ÍNDICE
Diapositiva 4……………………………………………A que chamamos
Ártico?
Diapositiva 5………………………………………Situación xeográfica do
Ártico
Diapositiva 6….……………………………………………………O clima
Ártico
Diapositiva 7….………………………………………………………Formas de
xeo.
Diapositiva 8…………………………………………………Glaciar de
Jakobshavn
Diapositiva 9………………………………………………………….Iceberg
Ilulissat
Diapositiva 10……………………………………………………….Banquisa
Diapositiva 11-12………………………………………………………O xeo
diminúe
Diapositiva 13……………………………………………………….A vida
extrema
Diapositiva 14-
21……………………………………………………………….Fauna
Diapositiva 22-
23……………………………………………………………….Flora
Diapositiva 24-27………………………………………………..A pegada
humana
Diapositiva 28-31…………………………………………………Tipos de
vivendas
Diapositiva 32………………………………………………….Recursos
A QUE CHAMAMOS ÁRTICO?
Para definir os límites do Ártico, pódense usar distintas
variables:
★ A distribución do oso polar: o seu hábitat, os lugares por
onde se move e caza, os lugares onde se reproduce.
★ A liña a partir da cal as árbores non poden medrar.
★ A extensión do chan xeado.
★ A liña (isoterma) que delimita o territorio onde non chegan a
superarse nunca, nin no verán, os 10ºC.
★ A zona ó norte do círculo polar ártico, onde, polo menos un
día ao ano, o sol non se pon e, por suposto, outro día non sae.
SITUACIÓN
XEOGRÁFICA DO
ÁRTICO
O Ártico é a área
que hai arredor do
Polo Norte da Terra e
inclúe partes de
Rusia, Alasca,
Canadá, Groenlandia,
Islandia, Laponia,
Suecia, Noruega,
Finlandia e todo o
Océano Ártico.
O CLIMA ÁRTICO
O Ártico ten un clima extremadamente frío. Durante
o inverno transfórmase nun deserto xélido e seco onde
sopran fortes ventos. O refuxio está na auga, onde as
temperaturas non baixan dos 2ºC.
O que acontece neste lugar tan inaccesible ten unha
importancia crucial no resto do noso planeta, xa que o
Ártico é un dos grandes reguladores do clima terrestre. A
variación do xeo dos casquetes polares pode alterar tanto
a circulación das correntes mariñas como da atmosfera.
AS FORMAS DO
XEO
No Ártico
atopamos xeos
continentais,
glaciares, icebergs e
unha inmensa
lámina de xeo
flotante, a banquisa
oceánica, que se
desxea e se volve
xear cada ano. Os
cristais de xeo
poden adquirir
múltiples formas.
Glaciar de Jakobshavn (Groenlandia)
Un glaciar
orixínase pola
acumulación,
compactación e
cristalización de
neve durante
centos ou miles
de anos, o que
crea enormes
masas de xeo
formado por auga
doce.
Iceberg Ilulissat (Groenlandia)
Os grandes
bloques de xeo
doce que se
desprenden dos
glaciares
terrestres dan
lugar aos
icebergs, que
flotan a deriva
polos océanos.
O aumento das
temperaturas
provoca que
cada vez sexan
máis numerosos
os icebergs.
Banquisa xeada, Svalbard (Noruega)
Cando a
temperatura
ambiental
descende por
debaixo dos
-12ºC e a
superficie do
mar acada os
-2ºC, fórmase o
xeo mariño.
Pequenas
placas de xeo
vanse xuntando
ata formar a
banquisa
mariña.
O XEO DIMINÚE
A finais do inverno,
gran parte do Ártico
está cuberto por xeo
mariño que pode chegar
a ter 2,5 m. de grosor.
Non obstante, ó final do
verán, a maior parte do
xeo que non se fundiu
ten menos de 1,2 m. de
espesor.
Dentro duns anos,
debido ao quecemento,
o xeo do Ártico
desaparecerá durante o
verán; e no inverno, o
xeo do mar terá menos
de 2 m. de grosor.
A causa principal do desxeo no
Ártico é o quentamento global,
causado, sobre todo, polas
emisións de efecto invernadoiro
que proceden da actividade
humana.
Se o continuo aumento da
temperatura porducise o desxeo
continental de Groenlandia e do
leste e oeste antártico, o nivel do
mar podería subir 20 m. a finais
de século.
O desxeo do Ártico acadou un
alarmante máximo histórico no
2012.
O Ártico é unha rexión determinante para as condicións
climáticas do planeta e podería quedar sen xeo entre os anos
2054 e 2058.
Os científicos consideran que o Polo Norte é o refrixerador do
A VIDA EXTREMA
Malia o duro clima, o ecosistema ártico ten unha gran
representación de seres vivos, importantes para a biodiversidade do
planeta. Estas especies desenvolveron significativas estratexias que
lles permiten illarse ou soportar o frío, camiñar sobre a neve ou
camuflarse no medio.
Ao diminuír o xeo ártico, animais como os osos polares poderían
estar en perigo; algunhas aves migratorias chegarán a perder as súas
niñadas debido á falta de terreo estable; e algúns dos vexetais máis
resistentes do planeta, como carrizas e liques que poboan a tundra,
poderían chegar a desaparecer.
Raposo ártico con pelaxe invernal,
Nunavut (Canadá)
Durante os meses de
inverno, os raposos
árticos locen unha
pelaxe de cor branca,
que lles permite
mimetizarse co
medio.
Boi Almiscreiro, Península de Seward
(Alasca)
O boi
almiscreiro é
o máis
nórdico dos
herbívoros.
É unha das
especies
mellor
adaptadas ó
clima
extremo do
Ártico.
Foca de Groenlandia (Canadá)
Nai e cría de oso polar, Baía de
Hudson (Canadá)
As femias de
oso polar paren
en pleno
inverno en
goridas
escavadas no
xeo e a neve. Os
osiños adoitan
permanecer
xunto á nai ata
o ano e medio
de idade.
Armiño, Estreito de Bering (Alasca)
É un pequeno
carnívoro
habitual no
Ártico. A súa
pelaxe, marrón
en primavera e
verán, cambia
de cor en
inverno e
vólvese
totalmente
branca, agás na
cola.
Eider común, Nunavut (Canadá)
Un eider nada
nunha apertura
no xeo mariño.
Tradicionalment
e, as plumas de
eider foron
usadas para
elaborar os
recheos de pezas
de abrigo, como
parcas e
edredóns.
Perdiz nival, Baía de Hudson (Canadá)
No Ártico, ó chegar o
inverno, moitas
especies prefiren
percorrer longas
distancias antes que
sufrir o intenso frío e
a escaseza de
alimentos. O carrán
ártico é o animal que
realiza a migración
máis longa da Terra.
Durante a primavera
cría no Polo Norte e
antes do inverno
desprázase ata a
Antártida, no Polo
Sur. Na súa viaxe de
A TUNDRA: UN LUGAR
SEN ÁRBORES
A vexetación do Ártico
caracterízase pola presenza
de carrizas, liques e
plantas herbáceas de pouca
altura, que poden soportar
os fortes azoutes do vento
e sobreviven nunha terra
case sempre xeada, moi
áceda e con pouca presenza
de nutrientes. Os liques
son os organismos que
mellor representan a
vexetación ártica.
Un lique é unha simbiose
entre unha alga e un
Rhizocarron Geographicum
PLANTAS
QUE COMEN
MOSQUITOS
Algunhas
plantas
obteñen
nutrientes
dos insectos.
A PEGADA HUMANA
Dende hai séculos, os pobos
que viven no Ártico adecuaron a
súa vivenda, indumentaria,
transporte e alimentación a un
ámbito hostil, con moi poucos
recursos, case sempre xeado e sen
vexetación, e cuxa temperatura
media é inferior a -20º C en
moitos lugares.
Na rexión Ártica, que se
estende ao longo de Alasca,
Groenlandia, Siberia, Canadá e
Escandinavia, viven actualmente
uns catro millóns de persoas
pertencentes a varios grupos
indíxenas. A súa diversidade
De cando en vez, na
ampla extensión de
xeo mariño aparecen
grandes buratos que
deixan ó descuberto
a auga do mar.
Arredor destas
lagoas, chamadas
polinias,
concéntranse os
mamíferos mariños
que emerxen para
respirar. Estes
lugares son moi
apreciados polo
cazador ártico.
Cazador inuit nunha polinia, Nunavut
(Canadá)
Os cazadores inuits
percorren longas
distancias para
localizar as focas. A
miúdo esperan
durante horas ó lado
dos buratos que estes
animais realizan no
xeo para saír a
respirar. A caza de
focas está controlada e
só se permite aos
inuits porque forma
parte da súa forma de
vida.
No inverno,
para poder
pescar, é
necesario
perforar o xeo.
Así obteñen
gran variedade
de peixes,
moluscos,
estrelas de mar
e crustáceos.
CASA SEMIENTERRADA NA TUNDRA
TIPOS DE
VIVENDAS
TENDA
IGLÚ
CASA ACTUAL PREFABRICADA
OS RECURSOS
ECONÓMICOS
Os recursos económicos máis
importantes do Ártico son o
petróleo, o gas, a pesca e os
minerais.
Co desxeo ábrense novas rutas
de navegación que permiten
extraer as reservas árticas de
gas e petróleo, pero que
tamén poden agravar os
efectos do progresivo
quentamento e a degradación
ambiental. Os intereses en
xogo poden poñer en perigo o
delicado equilibrio do Ártico.
AS LUCES DO NORTE
O Sol emite continuamente
diferentes partículas que
conforman o vento solar. Este
vento viaxa polo espazo a gran
velocidade e, cando entra no
campo magnético da Terra, é
atraído cara aos polos.
Pero, antes de chegar alí, as
partículas de vento solar chocan
cos átomos de osíxeno e
nitróxeno, e a enerxía xerada
transfórmase en luces de
brillantes cores, o que dá lugar
ás coñecidas auroras (boreais, se
se producen no polo Norte, e
austrais, se se producen no polo
FIN
TRABALLO
REALIZADO POR:
IRIA CASTRO
DIAZ

More Related Content

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Como atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na redeComo atopar informacion de confianza na rede
Como atopar informacion de confianza na rede
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 

Featured

Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Kurio // The Social Media Age(ncy)
 

Featured (20)

Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
Unlocking the Power of ChatGPT and AI in Testing - A Real-World Look, present...
 
12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work12 Ways to Increase Your Influence at Work
12 Ways to Increase Your Influence at Work
 
ChatGPT webinar slides
ChatGPT webinar slidesChatGPT webinar slides
ChatGPT webinar slides
 
More than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike Routes
More than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike RoutesMore than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike Routes
More than Just Lines on a Map: Best Practices for U.S Bike Routes
 
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
Ride the Storm: Navigating Through Unstable Periods / Katerina Rudko (Belka G...
 

O ártico rompe

  • 1.
  • 2. ÍNDICE Diapositiva 4……………………………………………A que chamamos Ártico? Diapositiva 5………………………………………Situación xeográfica do Ártico Diapositiva 6….……………………………………………………O clima Ártico Diapositiva 7….………………………………………………………Formas de xeo. Diapositiva 8…………………………………………………Glaciar de Jakobshavn Diapositiva 9………………………………………………………….Iceberg Ilulissat Diapositiva 10……………………………………………………….Banquisa
  • 3. Diapositiva 11-12………………………………………………………O xeo diminúe Diapositiva 13……………………………………………………….A vida extrema Diapositiva 14- 21……………………………………………………………….Fauna Diapositiva 22- 23……………………………………………………………….Flora Diapositiva 24-27………………………………………………..A pegada humana Diapositiva 28-31…………………………………………………Tipos de vivendas Diapositiva 32………………………………………………….Recursos
  • 4. A QUE CHAMAMOS ÁRTICO? Para definir os límites do Ártico, pódense usar distintas variables: ★ A distribución do oso polar: o seu hábitat, os lugares por onde se move e caza, os lugares onde se reproduce. ★ A liña a partir da cal as árbores non poden medrar. ★ A extensión do chan xeado. ★ A liña (isoterma) que delimita o territorio onde non chegan a superarse nunca, nin no verán, os 10ºC. ★ A zona ó norte do círculo polar ártico, onde, polo menos un día ao ano, o sol non se pon e, por suposto, outro día non sae.
  • 5. SITUACIÓN XEOGRÁFICA DO ÁRTICO O Ártico é a área que hai arredor do Polo Norte da Terra e inclúe partes de Rusia, Alasca, Canadá, Groenlandia, Islandia, Laponia, Suecia, Noruega, Finlandia e todo o Océano Ártico.
  • 6. O CLIMA ÁRTICO O Ártico ten un clima extremadamente frío. Durante o inverno transfórmase nun deserto xélido e seco onde sopran fortes ventos. O refuxio está na auga, onde as temperaturas non baixan dos 2ºC. O que acontece neste lugar tan inaccesible ten unha importancia crucial no resto do noso planeta, xa que o Ártico é un dos grandes reguladores do clima terrestre. A variación do xeo dos casquetes polares pode alterar tanto a circulación das correntes mariñas como da atmosfera.
  • 7. AS FORMAS DO XEO No Ártico atopamos xeos continentais, glaciares, icebergs e unha inmensa lámina de xeo flotante, a banquisa oceánica, que se desxea e se volve xear cada ano. Os cristais de xeo poden adquirir múltiples formas.
  • 8. Glaciar de Jakobshavn (Groenlandia) Un glaciar orixínase pola acumulación, compactación e cristalización de neve durante centos ou miles de anos, o que crea enormes masas de xeo formado por auga doce.
  • 9. Iceberg Ilulissat (Groenlandia) Os grandes bloques de xeo doce que se desprenden dos glaciares terrestres dan lugar aos icebergs, que flotan a deriva polos océanos. O aumento das temperaturas provoca que cada vez sexan máis numerosos os icebergs.
  • 10. Banquisa xeada, Svalbard (Noruega) Cando a temperatura ambiental descende por debaixo dos -12ºC e a superficie do mar acada os -2ºC, fórmase o xeo mariño. Pequenas placas de xeo vanse xuntando ata formar a banquisa mariña.
  • 11. O XEO DIMINÚE A finais do inverno, gran parte do Ártico está cuberto por xeo mariño que pode chegar a ter 2,5 m. de grosor. Non obstante, ó final do verán, a maior parte do xeo que non se fundiu ten menos de 1,2 m. de espesor. Dentro duns anos, debido ao quecemento, o xeo do Ártico desaparecerá durante o verán; e no inverno, o xeo do mar terá menos de 2 m. de grosor.
  • 12. A causa principal do desxeo no Ártico é o quentamento global, causado, sobre todo, polas emisións de efecto invernadoiro que proceden da actividade humana. Se o continuo aumento da temperatura porducise o desxeo continental de Groenlandia e do leste e oeste antártico, o nivel do mar podería subir 20 m. a finais de século. O desxeo do Ártico acadou un alarmante máximo histórico no 2012. O Ártico é unha rexión determinante para as condicións climáticas do planeta e podería quedar sen xeo entre os anos 2054 e 2058. Os científicos consideran que o Polo Norte é o refrixerador do
  • 13. A VIDA EXTREMA Malia o duro clima, o ecosistema ártico ten unha gran representación de seres vivos, importantes para a biodiversidade do planeta. Estas especies desenvolveron significativas estratexias que lles permiten illarse ou soportar o frío, camiñar sobre a neve ou camuflarse no medio. Ao diminuír o xeo ártico, animais como os osos polares poderían estar en perigo; algunhas aves migratorias chegarán a perder as súas niñadas debido á falta de terreo estable; e algúns dos vexetais máis resistentes do planeta, como carrizas e liques que poboan a tundra, poderían chegar a desaparecer.
  • 14. Raposo ártico con pelaxe invernal, Nunavut (Canadá) Durante os meses de inverno, os raposos árticos locen unha pelaxe de cor branca, que lles permite mimetizarse co medio.
  • 15. Boi Almiscreiro, Península de Seward (Alasca) O boi almiscreiro é o máis nórdico dos herbívoros. É unha das especies mellor adaptadas ó clima extremo do Ártico.
  • 16. Foca de Groenlandia (Canadá)
  • 17. Nai e cría de oso polar, Baía de Hudson (Canadá) As femias de oso polar paren en pleno inverno en goridas escavadas no xeo e a neve. Os osiños adoitan permanecer xunto á nai ata o ano e medio de idade.
  • 18. Armiño, Estreito de Bering (Alasca) É un pequeno carnívoro habitual no Ártico. A súa pelaxe, marrón en primavera e verán, cambia de cor en inverno e vólvese totalmente branca, agás na cola.
  • 19. Eider común, Nunavut (Canadá) Un eider nada nunha apertura no xeo mariño. Tradicionalment e, as plumas de eider foron usadas para elaborar os recheos de pezas de abrigo, como parcas e edredóns.
  • 20. Perdiz nival, Baía de Hudson (Canadá)
  • 21. No Ártico, ó chegar o inverno, moitas especies prefiren percorrer longas distancias antes que sufrir o intenso frío e a escaseza de alimentos. O carrán ártico é o animal que realiza a migración máis longa da Terra. Durante a primavera cría no Polo Norte e antes do inverno desprázase ata a Antártida, no Polo Sur. Na súa viaxe de
  • 22. A TUNDRA: UN LUGAR SEN ÁRBORES A vexetación do Ártico caracterízase pola presenza de carrizas, liques e plantas herbáceas de pouca altura, que poden soportar os fortes azoutes do vento e sobreviven nunha terra case sempre xeada, moi áceda e con pouca presenza de nutrientes. Os liques son os organismos que mellor representan a vexetación ártica. Un lique é unha simbiose entre unha alga e un Rhizocarron Geographicum
  • 24. A PEGADA HUMANA Dende hai séculos, os pobos que viven no Ártico adecuaron a súa vivenda, indumentaria, transporte e alimentación a un ámbito hostil, con moi poucos recursos, case sempre xeado e sen vexetación, e cuxa temperatura media é inferior a -20º C en moitos lugares. Na rexión Ártica, que se estende ao longo de Alasca, Groenlandia, Siberia, Canadá e Escandinavia, viven actualmente uns catro millóns de persoas pertencentes a varios grupos indíxenas. A súa diversidade
  • 25. De cando en vez, na ampla extensión de xeo mariño aparecen grandes buratos que deixan ó descuberto a auga do mar. Arredor destas lagoas, chamadas polinias, concéntranse os mamíferos mariños que emerxen para respirar. Estes lugares son moi apreciados polo cazador ártico. Cazador inuit nunha polinia, Nunavut (Canadá)
  • 26. Os cazadores inuits percorren longas distancias para localizar as focas. A miúdo esperan durante horas ó lado dos buratos que estes animais realizan no xeo para saír a respirar. A caza de focas está controlada e só se permite aos inuits porque forma parte da súa forma de vida.
  • 27. No inverno, para poder pescar, é necesario perforar o xeo. Así obteñen gran variedade de peixes, moluscos, estrelas de mar e crustáceos.
  • 28. CASA SEMIENTERRADA NA TUNDRA TIPOS DE VIVENDAS
  • 29. TENDA
  • 30. IGLÚ
  • 32. OS RECURSOS ECONÓMICOS Os recursos económicos máis importantes do Ártico son o petróleo, o gas, a pesca e os minerais. Co desxeo ábrense novas rutas de navegación que permiten extraer as reservas árticas de gas e petróleo, pero que tamén poden agravar os efectos do progresivo quentamento e a degradación ambiental. Os intereses en xogo poden poñer en perigo o delicado equilibrio do Ártico.
  • 33. AS LUCES DO NORTE O Sol emite continuamente diferentes partículas que conforman o vento solar. Este vento viaxa polo espazo a gran velocidade e, cando entra no campo magnético da Terra, é atraído cara aos polos. Pero, antes de chegar alí, as partículas de vento solar chocan cos átomos de osíxeno e nitróxeno, e a enerxía xerada transfórmase en luces de brillantes cores, o que dá lugar ás coñecidas auroras (boreais, se se producen no polo Norte, e austrais, se se producen no polo