SlideShare a Scribd company logo
1 of 46
Download to read offline
ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
O gaiteiro de Soutelo,
indo para Redondela,
perdeu a gaita no monte,
anda chorando por ela.



          Eu namorar, enamorar, enamoreime,
            Eu namoreime na beira do mar.
          Eu namorar, enamorar, enamoreime
            E non me puiden desennamorar.



                Fixenche unha saia nova,
               Pensando que te casabas.
              Fixenche unha e máis outra,
               E quedache como estabas.



                                         Os solteiros valen ouro,
                                         Os casados valen prata,
                                             Os viúvos caldeiriña
                                          E os vellos folla de lata.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Casadiña de tres días,
                Que che levou a colore,
                 Nin casada nin solteira
                Nunca che tuven maiore.



                                            Casadiña de tres días
                                           Non se cansa de chorar
                                              Pola vida de solteira
                                          Que non ha de recobrar.



Casadiña de tres días
Xa levaches unha tunda
Se o saben as solteiras
xa non se casa ningunha.



                                             O día que eu me casei,
                                               Todo o día orballou
                                            Ben casado, mal casado
                                            Agora casado xa estou.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Cando paso pola rúa
Merco pan e vou comendo
para que non diga túa nai,
que con verte me manteño.



                                    Nena que estás na ventana
                                      Cas puntas do pano fóra
                                           Bótame a túa cariña
                                   Que o pano non me enamora.



              Nena que estás na xanela,
              Coas puntas do pano fóra.
                Retírate para adentro
            Que as puntas non me enamoran.



Tiñas os ollos azuis
Coma a seda de bordar.
Nacemos un para o outro.
Que lle habemos de esperar!




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Non sei que tes que non me falas,
Non sei que te aconsellou!
Fiaste en ditos de mundo,
E eu tamén tanto che dou!



                Eu casei cunha tecelana
                 Para aprender a tecer.
                Eso de métello e sácallo,
               Nunca llo puiden aprender!



                                             Se ti queres, eu quero
                                             Nena da cara redonda
                                             Se ti queres, eu quero
                                            Unha cama non abonda.



                                         Rapaciña do meu tempo
                                       Chamáchesme a min rapas
                                       Durme conmigo unha noite
                                           e pola mañá xa verás.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Deus cho pague churrusqueira
Que cho vou agradecer
Cando vou ao teu muíño
Sempre me deixas moer.



                Solteiriña non te cases
                Non deixes a boa vida
               Eu ben sei dunha solteira
               Que chorou arrepentida.



                O carballo da portela
                 Ten a folla revirada
                Que lla revirou o vento
                Nunha mañá de xiada.



                                   A túa porta estamos catro
                                       e os catro te queremos
                                            agora escolle nena
                                 os outros tres marcharemos.




               ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Nós de aquí, e vós de aló
                                           Somos tantos coma vós
                                          Nós comemos o carneiro
                                            e as cornos son pa vós.



                  Debaixo do lavadoiro
                   Onde María lavaba
                  Había un anel de ouro
                  Nunha mazá colorada.



Unha nena nunha fonte
Por unha berza bebía
A berza estaba rachada
E toda a auga lle vertía.



                 Aparte loureiro verde
                  Deixa clarear á lúa
                Senón vexo ao meu amor
                Non vexo cousa ningunha.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
A regueifa está na mesa
E na mesa hai xurelos
E o que coma da regueifa
hano de comer os demos.



Este pandeiro que toco
Este que teño na man
Era de miña cuñada
Da muller de meu irmán.



                María se vas ao prado
              Mira que che hei de erguer
                 Dareiche un abrazo
                E non nos han de ver.



O muíño non é muíño
Que é a capilla dos ratos
Onde se daban os bicos
E moitos, moitos abrazos.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Moe muíño, moe muíño
                  Bótame a fariña fóra
                 Que a filla da muiñeira
                Ten un andar que namora.



Fun ao muíño con Paula
Fun ao muíño con ela,
Fun ao muíño con Paula
Fun en paz e vin en guerra.



Muiñeira da ribeira
Muiñeira ribeirana
Muiñeira da ribeira
Tócacha de mala gana.



              En Cerqueda si que hai homes
                 Tamén os hai na ribeira
                Hainos de media polaina
               Hainos de polaina enteira.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Costureiriña bonita
                                     Dáme unha agulla de prata
                                       Para quitar esta espiña
                                      Do corazón que me mata.



Baselisa na baile
Dixo en voz alta
Se non me gustan os homes
É pola gaita.



               Veño do lugar de Tella,
                 De ver unha telleana
               Que me rouba o corazón
                E se me mete na alma.



                Fun aás mozas a Vilela,
                Espetéime nunha poza.
                Abracéime nunha vella,
             Pensando que era unha moza.




               ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
En Ardaña hai boas mozas,
En Carballo, gañas delas
E na baixa de Entrecruces
Bonitiñas coma estrelas.



              O cantar que ben de gracia
               O cantar que gracia ten
              Que para andar polo mundo
              De todo che hai que saber!



O pandeiro sen ferreñas
E as ferreñas sen pandeiro
Fan como a barca sen remos
E os remos sen mariñeiro.



Miña nai botóume fóra
Polas tellas do tellado
Recólleme mamaíña
Que me come o porco bravo!




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Foches a Vilagarcía
Foches e non viches nada,
Unha rapaza bonita
E unha mazá colorada.



                  A miña nena pequena
                heina de enseñar a todo
                  a coser e a peneirare
                a a botar o pan no forno.



                                   Teño un amor que me engana
                                      Outro que me dá diñeiro
                                      Outro que me desengaña
                                      Cal é o máis verdadeiro?



Andivecheste alabando
Que teu pai era moi rico,
Pero a riqueza de teu pai
Lévaa o corvo no bico.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Ímonos mercar homes
Ben baratos eles son,
Os solteiros son a carto
E os viúvos aínda non.



                    Olvidei a pai e nai,
                  Toda a miña parentela
                  Pero non podo olvidar
                   a un fillo de nai allea.



                 Dille a teu pai Inesiña,
               Que nunca poderei querelo
               Cando te vou ver de noite,
                Ponlle á porta o tarabelo.



                                        Olvidarte a ti por outro
                                     Non che cabe no meu peito
                                           Olvidar outro por ti,
                                          Eso xa cho teño feito.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Aldeíña de Baldaio
                Aldea de poucos homes
               E os pouquiños que quedan
               Chámanlle remendafoles!



Manuel por velas nenas
Fixo unha fonte de prata
As nenas non van a ela
Manuel vivo se mata.



                O cura chamoume Rosa
                Eu tamén lle respondín:
               Destas rosas señor cura,
               Non nas hai no seu xardín.



                                       O meu amor desta noite
                                      Quedou de vir e non veu.
                                          Colleu o ferrocarril,
                                     Marchou para Montevideo.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Quedaches de vir ás nove,
Viñeches ás nove e media
Coidas que non é pecado
Enganar a unha morena.



               Vinde pouquiños a poucos
               Vinde pouquiños a poucos
                Deixade o camiño libre
               Para que veñan os outros.



                                                         Polo río abaixo
                                                        Vai unha sertén
                                                        Se levara ovos,
                                                           Ía eu tamén!



Tocan as campás de Oca,
Repenican as de Cereo.
Ahí veñen os mozos de Oca,
Para bailar o maneo!




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
En Carballo non hai quen pranche.
                                Que morreu a pranchadora.
                                  De catorce a quince anos
                                Son as que pranchan agora.



Para tocar veño eu,
Para bailar, meu irmán.
Para tocar a pandeireta,
Viva que a ten na man!



                                           Este pandeiro que toca
                                            Era de coiro de ovella,
                                           Inda onte comía herba,
                                             Hoxe toca que rabea!



               Inda que che son moreniña,
                Sonche de polvo da eira.
                 Se me viras o domingo,
                Nin a guinda na guindeira.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Se queres a boa moza,
                                          Non a mires na romería.
                                           Vaina ver pola semana,
                                            Co traxe de cada día.



Teste por moita moza
E por moita comenencia.
E agora vas quedarte
Á lúa de Valencia.



                                        Eres alta coma un piñeiro
                                          E delgadiña da cintura
                                               Tes tipo de gitana
                                        Para botar a boaventura.



Sonche negra coma o pote,
E branca coma a gramalleira
E teste que casar de noite,
Que de día non hai quen te queira.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Moito miras para min
E moito me choscas o ollo.
Son criada de servizo,
E non podo atender a todo.



              Quen che dixo a ti, loureiro
              Que eres o pau das culleres?
              As mentiras son dos homes,
              e as verdades das mulleres.



                                             Miña cuñada Polonia,
                                           Non hai muller coma ela
                                           Os osos dállos ao home
                                             E a carne cómea ela!



Vaite lavar, porco negro.
Vaite lavar ao pilón,
Que aínda que laves e relaves,
Eres negro de nación!




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
A raíz de toxo verde
 É moi mala de arrancar.
 Tamén o primeiro amor,
  E moi malo de olvidar.



                       Nena que vendes as peras
                      Cantas che mandaron dar?
                          Para ti, meu queridiño
                      Non mas mandaron contar.



 Hai mulleres que se rien
Dúas ou tres veces ao ano.
Unhas son de compromiso,
E as outras de mal agrado.



 Ao meu neno pequeno,
Quen lle ha de dar a teta.
  Súa nai vai no muíño
 E seu pai na leña seca.




 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Pasei pola túa horta,
            Pedínche auga e non ma deches.
                Cando pases pola miña.
                 Farei coma fixeches.



                Unha pera, dúas peras
               Non me dou máis a pereira.
                Unha semaniña enteira
                 Esa si que é muiñeira!



               Moito che ten que chorar
                  A pobre da túa nai
                  Pola cédula visada
                E o retrato de teu pai.



Unha vella de 100 anos
Subíuse a un campanario
Colliu o badel na man
Pensando que era un rosario.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Caseime cunha cara triste
Porque tiña moito gando
O gando foille morrendo
E a cara triste foi marchando.



                  O amor da costureira
                 Era de papel e mollouse
                   Agora costureiriña
                  O teu amor acabouse.



                                           Os amores dunha vella
                                         Son amores dunha santa
                                          Cando se deita na cama
                                       Toda a noite o cu lle canta.



                Ao pasar por Vilariño
                Por Vilariño cantando
                 As nenas de Vilariño,
              Quedaban na porta mirando.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Pasei pola túa porta,
Mirei polo cerrollo.
A mala de túa nai,
Meteume un pau polo ollo.



                                     Todo o mundo me pregunta
                                          De que romaría veño,
                                        Pásame a man pola cara
                                         Mira que sudado veño.



                                       Cando un mozo canta ben
                                       Gosta moito ás rapaciñas
                                        Cando un aglo canta ben
                                      Tamén lle gusta ás galiñas.



                De traballo non falemos
                 Cada quen o que poider
               Por que todo o que se casa
                Ten que manter á muller.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Ti estreveraste, non dudo,
              Porque ti es moi atrevido;
                En sendo rica a rapaza
              Dabondo estarás mantido.



              Non e cases con ferreiro
              Que te qeiman as muxicas
               Cásate co carpinteiro
              Que fai as huchas bonitas.



Teño un amor coma un santo.
Eu a deus non llo merezo.
Todos me din que o venda
O meu amor non ten prezo.



                    Eu fun a Marín
                 E non son de Mariñán
                E o fungueiro do carro,
                     Traio na man.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Quedaches de vir, viñeches
                 Corazón alimonado
              Quedaches de vir, viñeches
              E non fuches a outro lado.



                No lugariño de Imende
              Hai dúas pedras de asento.
               Unha de contar mentiras
              E outra de murmuramento.



                 Lugariño de Imende
              Parroquia de poucos homes,
                E os pouquiños que hai,
               Chámanlles remendafoles.



As de Malpica son pescas,
As de Buño, son oleiras.
As de Carballo, modistas
E as de Brea, panadeiras.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Eu queríame casar.
                Miña nai non teño roupa.
                 Casa miña filla, casa
               Que unha perna tapa outra.



Cando chove ou quenta o sol
Anda o demo por Ferrol
Cun saquiño de alfileres
Picándolle o cu ás mulleres.



                Nas lagoas dos teus ollos
                  Moi a gusto afogaría,
                 se soubese ben seguro
                Que non me rescatarías.



                                     O meu ben ten unha espada
                                          No canto do corazón.
                                        E moi ledo me atravesa
                                        Cando falamos de amor.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Mariquiña doenche os ollos,
Tamén me doen os meus.
Vainos lavar ao río grande
Onde a troita lava os seus.



                Olvidei os meus amores
                Olvideinos para sempre.
                Para nunca máis beber
               Auga dunha mesma fonte.



                                             Desque vin o xustillo,
                                              Prendín solo a corda
                                            Para andar axustadiño
                                            De par do teu corazón.



                    A Cambre non vou
                  Que dormen no chan
                 e despachas aos mozos
                    Ás tres da mañán.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
As mociñas de hoxe en día
    Son todas unhas veletas.
     Por unha copa de caña,
    Deixan apalpar as tetas.



    Heime de casar cun vello,
     Heime de fartar de rir.
     Heille de poñer a cama,
    Con que non poida subir.



         Se eu fora tinta
           E ti tinteiro.
Escribiría co sangue das túas veas
          Canto te quero!



                              Namoreime dunha nena
                              Porque ela cantaba ben.
                                Agora morro de fame
                            Co cantar non me mantén.




     ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
O paxaro cando chove
                Mete o rabo na silveira.
               Así tamén fai a boa moza,
              Cando non ten quen a queira.



                Maruxiña dáme un bico
               Que che ei dar un pataco.
              Non quero bicos dos homes,
               Que me cheiran a tabaco.



                    Quero un limón
                  E tamén un melón;
             Pero o que de verdade quero
                   É o teu corazón.



Escríbiache unha carta
Era de noite, non vía
Se algunha letra vai mal
Dispénsame prenda miña.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
O meu amor é mariñeiro
                E vive no alto do mar.
              Son os teus brazos o vento
              Ninguén os pode amarrar.



Cantan os galos o día,
A hora dos namorados.
Mozos que andades de noite,
Non vos collan despistados!



                 Eu queríame casar.
                Miña nai di que é cedo.
               Pero ela como ten home,
             Non sabe a falta que eu teño.



              Chamáchesme rachafaldas
              Aínda non rachei ningunha.
                Se mo volves a chamar
               Heiche de rachar a túa.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Cambiaches ouro por prata,
              O ouro máis che valía.
           Cambiachesme a min por outra,
               Eu a ti non cho facía.



Meu amor, si te marchas
Deixame unha prenda túa
Deixame a túa navalla
Para picar a verdura.



              Arrabeas porque canto
               Porque río moito máis.
               Teño que cantar e rir
              Para que arrabees máis.



                                             Diraslle a túa nai
                                    Que eu agora non te quero,
                                    Que te colgue do fumeiro,
                                         No sitio do unto vello.




               ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Se me queres, querereite.
                Se non resgárdate ben.
                  O mundo é moi largo
               E non falta que queira ben.



Eu casar, casaría
Se a vida de casado
Fose coma o primeiro día.



                   Da uva sae o viño,
                   Da oliva, o aceite.
                  E do meu corazón,
                 O cariño para a xente.



                                          Eu querer quéroche ben
                                            E téñoche admiración,
                                            Pero casarme contigo,
                                           Non mo pide o corazón.

Teño un amor na montaña,
Teño un amor montañés,
Teño un amor na montaña
Na beira do mar teño tres.


                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Un merlo e máis unha merla
 Iban por un prado abaixo.
O merlo como era máis pillo,
  Botou á merla por baixo.



  Deixame ir, deixame vir.
 Deixame apartar da rama,
 Deixame durmir un soño,
   Rapaza na túa cama.



       O señor cura
    Non baila porque
       Leva a coroa.
  Baile señor cura, baile
 Que Deus todo o perdoa.



Non me digas que che gusto
 Porque che miro a cara.
  Moitos que van á feira
Miran e non compran nada.




  ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
A miña muller morreu.
    Enterreina no valado.
     Cando paso por alí,
   Chóscolle o ollo de lado.



   O meu homiño morreu,
   Enterreino no palleiro.
 Deixeille os braciños fóra
 Para que toque o pandeiro.



   O meu amor é pequeno
    Eu tamén así o quero.
   O poño debaixo da saia
 E teño amores cando quero.



 Cando se foi o meu amor,
 Díxome que non chorase,
Que botase ao aire as pernas,
  Pero que non o olvidase.




   ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Se queres que o carro cante
Móllalle o eixe no río
Despois de mollalo,
Canta coma un asubío.



               Arrimeime ao pino verde
               Para ver si me consolaba.
                O pino como era verde
              En vez de quentar, choraba.



                                          Eu caseime por un ano,
                                          Por saber que vida era.
                                           O ano vaise acabando,
                                         Solteiriña quen me dera!



               Solteiriña non te cases,
               Non deixes a boa vida!
             Que eu ben sei dunha casada,
               Que chorou o outo día.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Mira Maruxiña, mira como veño
Cunha borracheira que xa non me teño
Que xa non me teño, que xa non me teño
Mira Maruxiña, mira como veño.



                 Alí tes o meu corazón,
             Si o queres matar ben podes.
              Pero como estás ti dentro,
             Si o matas ti tamén morres.

Era unha noite de chuvia e de frío
A que pasei no muíño do río
Toda contenta empecei a cantar
Para non ter medo e a noite pasar.
Dun, dun ,dálle na porta
Sale a correr,
É o Marticiño que vén a moer
Viña con contos levados do demo,
Contos que as mozas moitas non queremos
E se ti queres para min moerás
E se non queres xa che pesará
Co aliviadoiro no lombo lle deu.
Pobre Marticiño, que mal lle saeu!
Que levou na chepa máis non moeu.




                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
De Carballo chegáronme tres peras nun ramalliño.
    Quen me dera saber que me ten tanto cariño!



Miña nai é unha pobre
E meu pai un vinculeiro.
Aínda ti non es o galo
Que canta no meu poleiro.



                    A busca raposo
                 Por antre aquel toxo
                   Non perdas o año
                  De pedro Castaño
                  Que vai na ribeira
                  Buscar a manteiga
                   Para dona María
                  Que está parideira
                   Na porta da eira
                    Dun fillo varón
                 que lle chaman Antón.
                    Cinta vermella
                    Rabo de ovella
                  Non tices ao pote
                  Que gastas a leña.


                ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Vaite de aí corvo negro
               Que aquí nadie te chamou.
                 Vaille rezar o rosario
              Áos fillos que Deus che deu.



Amoriños collín na beiriña do mar
Amoriños collín non os podo olvidar
Non os podo olvidar
Non os podo olvidar
Amoriños collín na beiriña do mar.




                 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Fuches ti, fuches ti
                O que fuches cagar ao palleiro
                     Fuches ti, fuches ti
                 Que traes as pallas no cú..



                  Teño unha herba na horta,
                   Que lle chaman corriola.
                     Para falar conmigo,
                  Fáltache un ano de escola.



Os curas e os taberneiros
Teñen moito parecido.
Os curas bautizan nenos e
Os taberneiros o viño.



                   O amor cando pretende,
                    Moito mel e manteiga
                    E despois de casadiño
                   Cámalle “puta” e “meiga”.



                                                    Miña nai e máis a túa
                                                 Foron xuntas á romería.
                                                Miña nai trouxome roscas
                                                          E a túa cagarría.

                   ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
A regueifa está na mesa
                   E no medio ten culleres
                   Para cantar a regueifa
                 Que veñan homes e mulleres.
                             ...

A regueifa está na mesa
É feita de pan de trigo.
A muller que a amasou,
Tiña pelos no ombligo.

                              ...
                   O raposo está berrando
                    No alto de camariñas.
                   Traédeme as zapatillas
                   Que me pican as espiñas.
                              ...

                    Teño bois e teño vacas.
                       Tamén teño cans.
                     Cando vou a Carballo,
                  non vexo máis que lercháns.

                               ...
                     Escoite vostede gran
                     señora, gran señorita.
                    Un cabalo ben ferrado
                    Cantos clavos necesita?

                    ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Estas son as amarguras
                  Que para min son dulzuras,
                   Os cravos que necesita
                   xa os din as ferraduras.
                              ....

Boas noites Maruxiña
Hoxe véñote pedir
De tanto como te quero,
Sin ti non podo vivir.



                Pois por moito que me queiras
                  Moito máis che quero a ti,
                   todo o día e toda a noite
                  Solo estou pensando en tí.



                   Pouco máis has de pensar
                     tranquila podes estar
                  que se teus pais nos deixan
                      Logo nos imos casar



                 Por meu pai non hai coidado
                      O malo é miña nai
                  Que dixo que me mataba
                  Antes de deixarme casar.
                   ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
E se túa nai non nos deixa
Facemos desta maneira,
Casamos coma os paxaros,
Detrás dunha silveira.

                      Miña nai xa vén ahí
                   Está recollendo no gando.
                    Fálalle con moito xeito
                   Que ten un xenio moi malo.



                   Boas noites, miña sogra
                     Véñolle pedir a filla
                  Se ma dá séntome un pouco
                     Senón marcho axiña.

                                                       A miña filla Farruco
                                                     É moi nova para casar,
                                                    Solo ten cuarenta anos,
                                                       E pódese destragar

                      Neniña, miña neniña
                     Téñoche o ollo botado
                     Ou has ser miña muller
                    ou non hei de ser casado.




                    ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Ti teste por moita cousa
                     E con moita fantasía
                   A roupa dos días santos
                       Bótala a cada día.

                                                  As túas pernas neniña,
                                                   Causanme admiración
                                                séntate aquí ao meu lado
                                              que che canto unha canción

Eu non quero que me cantes
Porque es un mentireiro
Para cantarme ti a min
tes que ensaiar primeiro.

                  Pequeniña e pernas tortas
                    Nin vales para caravilla
                 Nin para travesas das portas
               E vaite de ahí xa podes marchar.

                     Que eu na miña vida
                      Che volvo a falar
                      Che volvo a falar ,
                       Nin che falarei
                        E vaite de ahí
                      Xa te despachei!
                              ...

                   ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
En Iñano hai boas mozas
 E con ganas de casar.
  Alí foi o meu Jesús
Houbérono de enganchar.

 Vén para a cociña Jesús
  Contigo quero falar.
Se che gusta a miñla filla,
 Vas a ter que te casar.

                                Casamento sen cariño
                             Deso non hai que se fiar
                        Nin con casa, nin con becerra,
                             Nin con carne de guisar.

Jesús casou cunha pesca
   E fíxoa labradora.
 Bota castañas e miño
  Alí nunca falta broa.
            ...




 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Historia dos panadeiros

                  Poñan atención señores
                 Ao que fixo un regueifeiro;
                  Unha historia tan bonita
                 Para todos os panadeiros.

                                               Os panadeiros hoxe en día
                                                Póñense podres de ricos
                                                  Traballan todos os días
                                                Máis todos os domingos.

                   Eu xa o dixen decote
                   Eso é moito traballar
                   Non ter un día no ano
                  sequera para descansar.

Cando cocen os domingos
Sei como soen facer:
Un marcha medio cocido
E outro vai sen cocer.

                   Panadeiros de Galicia
                  Madrugar pola mañán,
                Non vos quededes durmidos
                Non deixedes queimar o pan.



                   ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
Non pasarei máis traballos
Adiós todos os panadeiros
    Un saúdo cordial
 Deste voso regueifeiro.
            ...
    Dáme lume Sara
     Polo vertedeiro,
    Dáme lume Sara
 Que non son mariñeiro.

    Se eres mariñeiro,
     Sube para arriba
    Que Sara está sola
    E quere compañía.




 ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO

More Related Content

What's hot (20)

Fitxes varies hivern
Fitxes varies hivernFitxes varies hivern
Fitxes varies hivern
 
Llegeix paraules i ordenar en frases3
Llegeix paraules i ordenar en frases3Llegeix paraules i ordenar en frases3
Llegeix paraules i ordenar en frases3
 
Rima
RimaRima
Rima
 
Bonba
BonbaBonba
Bonba
 
Els castellers. Guia didàctica (Santa Tecla a les escoles)
Els castellers. Guia didàctica (Santa Tecla a les escoles)Els castellers. Guia didàctica (Santa Tecla a les escoles)
Els castellers. Guia didàctica (Santa Tecla a les escoles)
 
5. El fiel halcón
5. El fiel halcón5. El fiel halcón
5. El fiel halcón
 
Lletra lligada resseguir
Lletra lligada resseguirLletra lligada resseguir
Lletra lligada resseguir
 
Gloria Fuertes 100
Gloria Fuertes 100Gloria Fuertes 100
Gloria Fuertes 100
 
El Carnestoltes i la Vella Quaresma
El Carnestoltes i la Vella QuaresmaEl Carnestoltes i la Vella Quaresma
El Carnestoltes i la Vella Quaresma
 
Experiment amb el cos : ARTICULACIONS
Experiment amb el cos : ARTICULACIONSExperiment amb el cos : ARTICULACIONS
Experiment amb el cos : ARTICULACIONS
 
Dita febrer
Dita febrerDita febrer
Dita febrer
 
Caaco act 0910_mt005_dossier_nadal_2
Caaco act 0910_mt005_dossier_nadal_2Caaco act 0910_mt005_dossier_nadal_2
Caaco act 0910_mt005_dossier_nadal_2
 
Poesías historia de andalucía
Poesías historia de andalucíaPoesías historia de andalucía
Poesías historia de andalucía
 
Taula Multiplicar 5 Mult I Div
Taula Multiplicar 5 Mult I DivTaula Multiplicar 5 Mult I Div
Taula Multiplicar 5 Mult I Div
 
Poemas
PoemasPoemas
Poemas
 
Poesies pel Cicle Inicial 2
Poesies pel Cicle Inicial 2Poesies pel Cicle Inicial 2
Poesies pel Cicle Inicial 2
 
Vocabulario de Navidad 1
Vocabulario de Navidad 1Vocabulario de Navidad 1
Vocabulario de Navidad 1
 
Exemples de textos instructius
Exemples de textos instructiusExemples de textos instructius
Exemples de textos instructius
 
Avaluacions i reforç bromera
Avaluacions i reforç bromeraAvaluacions i reforç bromera
Avaluacions i reforç bromera
 
Fray andrés otra_vez
Fray andrés otra_vezFray andrés otra_vez
Fray andrés otra_vez
 

Similar to Cantigas populares galegas e regueifas.

Cantosde Nadal
Cantosde NadalCantosde Nadal
Cantosde Nadalaldeatotal
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROcenlf
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
Coplas entroido18
Coplas entroido18Coplas entroido18
Coplas entroido18Belén Junq
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimentalisabelcota
 
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º CicloGuia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º Cicloluis425
 
Auga Linda
Auga LindaAuga Linda
Auga Lindaluis425
 
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducidoAs pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducidosatelite1
 
Marcapáxinas elaborados polo alumnado.
Marcapáxinas elaborados polo alumnado.Marcapáxinas elaborados polo alumnado.
Marcapáxinas elaborados polo alumnado.Carmen165
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonasatelite1
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 

Similar to Cantigas populares galegas e regueifas. (20)

Cantosde Nadal
Cantosde NadalCantosde Nadal
Cantosde Nadal
 
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTROPoemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
Poemas XIX POESÍA E IMAXE, EN GALEGO SEN FILTRO
 
Coplas 2020
Coplas 2020Coplas 2020
Coplas 2020
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Coplas entroido18
Coplas entroido18Coplas entroido18
Coplas entroido18
 
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxiaA poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
A poesia de_tradicion_infantil_tipoloxia
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
PresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá SentimentalPresentacióN Calamidá Sentimental
PresentacióN Calamidá Sentimental
 
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º CicloGuia Nadal Infantil E 1º Ciclo
Guia Nadal Infantil E 1º Ciclo
 
Auga Linda
Auga LindaAuga Linda
Auga Linda
 
Bole celso
Bole celsoBole celso
Bole celso
 
Unidade didactica nadal
Unidade didactica nadalUnidade didactica nadal
Unidade didactica nadal
 
A trastenda nº 2
A trastenda nº 2A trastenda nº 2
A trastenda nº 2
 
Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019Coplas entroido 2019
Coplas entroido 2019
 
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducidoAs pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
As pantasmas de scrooge retocado definitivo e reducido
 
Marcapáxinas elaborados polo alumnado.
Marcapáxinas elaborados polo alumnado.Marcapáxinas elaborados polo alumnado.
Marcapáxinas elaborados polo alumnado.
 
Guía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zonaGuía para a recollida da tradición oral da zona
Guía para a recollida da tradición oral da zona
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 

Recently uploaded

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Cantigas populares galegas e regueifas.

  • 2. O gaiteiro de Soutelo, indo para Redondela, perdeu a gaita no monte, anda chorando por ela. Eu namorar, enamorar, enamoreime, Eu namoreime na beira do mar. Eu namorar, enamorar, enamoreime E non me puiden desennamorar. Fixenche unha saia nova, Pensando que te casabas. Fixenche unha e máis outra, E quedache como estabas. Os solteiros valen ouro, Os casados valen prata, Os viúvos caldeiriña E os vellos folla de lata. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 3. Casadiña de tres días, Que che levou a colore, Nin casada nin solteira Nunca che tuven maiore. Casadiña de tres días Non se cansa de chorar Pola vida de solteira Que non ha de recobrar. Casadiña de tres días Xa levaches unha tunda Se o saben as solteiras xa non se casa ningunha. O día que eu me casei, Todo o día orballou Ben casado, mal casado Agora casado xa estou. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 4. Cando paso pola rúa Merco pan e vou comendo para que non diga túa nai, que con verte me manteño. Nena que estás na ventana Cas puntas do pano fóra Bótame a túa cariña Que o pano non me enamora. Nena que estás na xanela, Coas puntas do pano fóra. Retírate para adentro Que as puntas non me enamoran. Tiñas os ollos azuis Coma a seda de bordar. Nacemos un para o outro. Que lle habemos de esperar! ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 5. Non sei que tes que non me falas, Non sei que te aconsellou! Fiaste en ditos de mundo, E eu tamén tanto che dou! Eu casei cunha tecelana Para aprender a tecer. Eso de métello e sácallo, Nunca llo puiden aprender! Se ti queres, eu quero Nena da cara redonda Se ti queres, eu quero Unha cama non abonda. Rapaciña do meu tempo Chamáchesme a min rapas Durme conmigo unha noite e pola mañá xa verás. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 6. Deus cho pague churrusqueira Que cho vou agradecer Cando vou ao teu muíño Sempre me deixas moer. Solteiriña non te cases Non deixes a boa vida Eu ben sei dunha solteira Que chorou arrepentida. O carballo da portela Ten a folla revirada Que lla revirou o vento Nunha mañá de xiada. A túa porta estamos catro e os catro te queremos agora escolle nena os outros tres marcharemos. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 7. Nós de aquí, e vós de aló Somos tantos coma vós Nós comemos o carneiro e as cornos son pa vós. Debaixo do lavadoiro Onde María lavaba Había un anel de ouro Nunha mazá colorada. Unha nena nunha fonte Por unha berza bebía A berza estaba rachada E toda a auga lle vertía. Aparte loureiro verde Deixa clarear á lúa Senón vexo ao meu amor Non vexo cousa ningunha. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 8. A regueifa está na mesa E na mesa hai xurelos E o que coma da regueifa hano de comer os demos. Este pandeiro que toco Este que teño na man Era de miña cuñada Da muller de meu irmán. María se vas ao prado Mira que che hei de erguer Dareiche un abrazo E non nos han de ver. O muíño non é muíño Que é a capilla dos ratos Onde se daban os bicos E moitos, moitos abrazos. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 9. Moe muíño, moe muíño Bótame a fariña fóra Que a filla da muiñeira Ten un andar que namora. Fun ao muíño con Paula Fun ao muíño con ela, Fun ao muíño con Paula Fun en paz e vin en guerra. Muiñeira da ribeira Muiñeira ribeirana Muiñeira da ribeira Tócacha de mala gana. En Cerqueda si que hai homes Tamén os hai na ribeira Hainos de media polaina Hainos de polaina enteira. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 10. Costureiriña bonita Dáme unha agulla de prata Para quitar esta espiña Do corazón que me mata. Baselisa na baile Dixo en voz alta Se non me gustan os homes É pola gaita. Veño do lugar de Tella, De ver unha telleana Que me rouba o corazón E se me mete na alma. Fun aás mozas a Vilela, Espetéime nunha poza. Abracéime nunha vella, Pensando que era unha moza. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 11. En Ardaña hai boas mozas, En Carballo, gañas delas E na baixa de Entrecruces Bonitiñas coma estrelas. O cantar que ben de gracia O cantar que gracia ten Que para andar polo mundo De todo che hai que saber! O pandeiro sen ferreñas E as ferreñas sen pandeiro Fan como a barca sen remos E os remos sen mariñeiro. Miña nai botóume fóra Polas tellas do tellado Recólleme mamaíña Que me come o porco bravo! ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 12. Foches a Vilagarcía Foches e non viches nada, Unha rapaza bonita E unha mazá colorada. A miña nena pequena heina de enseñar a todo a coser e a peneirare a a botar o pan no forno. Teño un amor que me engana Outro que me dá diñeiro Outro que me desengaña Cal é o máis verdadeiro? Andivecheste alabando Que teu pai era moi rico, Pero a riqueza de teu pai Lévaa o corvo no bico. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 13. Ímonos mercar homes Ben baratos eles son, Os solteiros son a carto E os viúvos aínda non. Olvidei a pai e nai, Toda a miña parentela Pero non podo olvidar a un fillo de nai allea. Dille a teu pai Inesiña, Que nunca poderei querelo Cando te vou ver de noite, Ponlle á porta o tarabelo. Olvidarte a ti por outro Non che cabe no meu peito Olvidar outro por ti, Eso xa cho teño feito. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 14. Aldeíña de Baldaio Aldea de poucos homes E os pouquiños que quedan Chámanlle remendafoles! Manuel por velas nenas Fixo unha fonte de prata As nenas non van a ela Manuel vivo se mata. O cura chamoume Rosa Eu tamén lle respondín: Destas rosas señor cura, Non nas hai no seu xardín. O meu amor desta noite Quedou de vir e non veu. Colleu o ferrocarril, Marchou para Montevideo. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 15. Quedaches de vir ás nove, Viñeches ás nove e media Coidas que non é pecado Enganar a unha morena. Vinde pouquiños a poucos Vinde pouquiños a poucos Deixade o camiño libre Para que veñan os outros. Polo río abaixo Vai unha sertén Se levara ovos, Ía eu tamén! Tocan as campás de Oca, Repenican as de Cereo. Ahí veñen os mozos de Oca, Para bailar o maneo! ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 16. En Carballo non hai quen pranche. Que morreu a pranchadora. De catorce a quince anos Son as que pranchan agora. Para tocar veño eu, Para bailar, meu irmán. Para tocar a pandeireta, Viva que a ten na man! Este pandeiro que toca Era de coiro de ovella, Inda onte comía herba, Hoxe toca que rabea! Inda que che son moreniña, Sonche de polvo da eira. Se me viras o domingo, Nin a guinda na guindeira. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 17. Se queres a boa moza, Non a mires na romería. Vaina ver pola semana, Co traxe de cada día. Teste por moita moza E por moita comenencia. E agora vas quedarte Á lúa de Valencia. Eres alta coma un piñeiro E delgadiña da cintura Tes tipo de gitana Para botar a boaventura. Sonche negra coma o pote, E branca coma a gramalleira E teste que casar de noite, Que de día non hai quen te queira. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 18. Moito miras para min E moito me choscas o ollo. Son criada de servizo, E non podo atender a todo. Quen che dixo a ti, loureiro Que eres o pau das culleres? As mentiras son dos homes, e as verdades das mulleres. Miña cuñada Polonia, Non hai muller coma ela Os osos dállos ao home E a carne cómea ela! Vaite lavar, porco negro. Vaite lavar ao pilón, Que aínda que laves e relaves, Eres negro de nación! ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 19. A raíz de toxo verde É moi mala de arrancar. Tamén o primeiro amor, E moi malo de olvidar. Nena que vendes as peras Cantas che mandaron dar? Para ti, meu queridiño Non mas mandaron contar. Hai mulleres que se rien Dúas ou tres veces ao ano. Unhas son de compromiso, E as outras de mal agrado. Ao meu neno pequeno, Quen lle ha de dar a teta. Súa nai vai no muíño E seu pai na leña seca. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 20. Pasei pola túa horta, Pedínche auga e non ma deches. Cando pases pola miña. Farei coma fixeches. Unha pera, dúas peras Non me dou máis a pereira. Unha semaniña enteira Esa si que é muiñeira! Moito che ten que chorar A pobre da túa nai Pola cédula visada E o retrato de teu pai. Unha vella de 100 anos Subíuse a un campanario Colliu o badel na man Pensando que era un rosario. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 21. Caseime cunha cara triste Porque tiña moito gando O gando foille morrendo E a cara triste foi marchando. O amor da costureira Era de papel e mollouse Agora costureiriña O teu amor acabouse. Os amores dunha vella Son amores dunha santa Cando se deita na cama Toda a noite o cu lle canta. Ao pasar por Vilariño Por Vilariño cantando As nenas de Vilariño, Quedaban na porta mirando. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 22. Pasei pola túa porta, Mirei polo cerrollo. A mala de túa nai, Meteume un pau polo ollo. Todo o mundo me pregunta De que romaría veño, Pásame a man pola cara Mira que sudado veño. Cando un mozo canta ben Gosta moito ás rapaciñas Cando un aglo canta ben Tamén lle gusta ás galiñas. De traballo non falemos Cada quen o que poider Por que todo o que se casa Ten que manter á muller. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 23. Ti estreveraste, non dudo, Porque ti es moi atrevido; En sendo rica a rapaza Dabondo estarás mantido. Non e cases con ferreiro Que te qeiman as muxicas Cásate co carpinteiro Que fai as huchas bonitas. Teño un amor coma un santo. Eu a deus non llo merezo. Todos me din que o venda O meu amor non ten prezo. Eu fun a Marín E non son de Mariñán E o fungueiro do carro, Traio na man. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 24. Quedaches de vir, viñeches Corazón alimonado Quedaches de vir, viñeches E non fuches a outro lado. No lugariño de Imende Hai dúas pedras de asento. Unha de contar mentiras E outra de murmuramento. Lugariño de Imende Parroquia de poucos homes, E os pouquiños que hai, Chámanlles remendafoles. As de Malpica son pescas, As de Buño, son oleiras. As de Carballo, modistas E as de Brea, panadeiras. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 25. Eu queríame casar. Miña nai non teño roupa. Casa miña filla, casa Que unha perna tapa outra. Cando chove ou quenta o sol Anda o demo por Ferrol Cun saquiño de alfileres Picándolle o cu ás mulleres. Nas lagoas dos teus ollos Moi a gusto afogaría, se soubese ben seguro Que non me rescatarías. O meu ben ten unha espada No canto do corazón. E moi ledo me atravesa Cando falamos de amor. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 26. Mariquiña doenche os ollos, Tamén me doen os meus. Vainos lavar ao río grande Onde a troita lava os seus. Olvidei os meus amores Olvideinos para sempre. Para nunca máis beber Auga dunha mesma fonte. Desque vin o xustillo, Prendín solo a corda Para andar axustadiño De par do teu corazón. A Cambre non vou Que dormen no chan e despachas aos mozos Ás tres da mañán. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 27. As mociñas de hoxe en día Son todas unhas veletas. Por unha copa de caña, Deixan apalpar as tetas. Heime de casar cun vello, Heime de fartar de rir. Heille de poñer a cama, Con que non poida subir. Se eu fora tinta E ti tinteiro. Escribiría co sangue das túas veas Canto te quero! Namoreime dunha nena Porque ela cantaba ben. Agora morro de fame Co cantar non me mantén. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 28. O paxaro cando chove Mete o rabo na silveira. Así tamén fai a boa moza, Cando non ten quen a queira. Maruxiña dáme un bico Que che ei dar un pataco. Non quero bicos dos homes, Que me cheiran a tabaco. Quero un limón E tamén un melón; Pero o que de verdade quero É o teu corazón. Escríbiache unha carta Era de noite, non vía Se algunha letra vai mal Dispénsame prenda miña. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 29. O meu amor é mariñeiro E vive no alto do mar. Son os teus brazos o vento Ninguén os pode amarrar. Cantan os galos o día, A hora dos namorados. Mozos que andades de noite, Non vos collan despistados! Eu queríame casar. Miña nai di que é cedo. Pero ela como ten home, Non sabe a falta que eu teño. Chamáchesme rachafaldas Aínda non rachei ningunha. Se mo volves a chamar Heiche de rachar a túa. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 30. Cambiaches ouro por prata, O ouro máis che valía. Cambiachesme a min por outra, Eu a ti non cho facía. Meu amor, si te marchas Deixame unha prenda túa Deixame a túa navalla Para picar a verdura. Arrabeas porque canto Porque río moito máis. Teño que cantar e rir Para que arrabees máis. Diraslle a túa nai Que eu agora non te quero, Que te colgue do fumeiro, No sitio do unto vello. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 31. Se me queres, querereite. Se non resgárdate ben. O mundo é moi largo E non falta que queira ben. Eu casar, casaría Se a vida de casado Fose coma o primeiro día. Da uva sae o viño, Da oliva, o aceite. E do meu corazón, O cariño para a xente. Eu querer quéroche ben E téñoche admiración, Pero casarme contigo, Non mo pide o corazón. Teño un amor na montaña, Teño un amor montañés, Teño un amor na montaña Na beira do mar teño tres. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 32. Un merlo e máis unha merla Iban por un prado abaixo. O merlo como era máis pillo, Botou á merla por baixo. Deixame ir, deixame vir. Deixame apartar da rama, Deixame durmir un soño, Rapaza na túa cama. O señor cura Non baila porque Leva a coroa. Baile señor cura, baile Que Deus todo o perdoa. Non me digas que che gusto Porque che miro a cara. Moitos que van á feira Miran e non compran nada. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 33. A miña muller morreu. Enterreina no valado. Cando paso por alí, Chóscolle o ollo de lado. O meu homiño morreu, Enterreino no palleiro. Deixeille os braciños fóra Para que toque o pandeiro. O meu amor é pequeno Eu tamén así o quero. O poño debaixo da saia E teño amores cando quero. Cando se foi o meu amor, Díxome que non chorase, Que botase ao aire as pernas, Pero que non o olvidase. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 34. Se queres que o carro cante Móllalle o eixe no río Despois de mollalo, Canta coma un asubío. Arrimeime ao pino verde Para ver si me consolaba. O pino como era verde En vez de quentar, choraba. Eu caseime por un ano, Por saber que vida era. O ano vaise acabando, Solteiriña quen me dera! Solteiriña non te cases, Non deixes a boa vida! Que eu ben sei dunha casada, Que chorou o outo día. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 35. Mira Maruxiña, mira como veño Cunha borracheira que xa non me teño Que xa non me teño, que xa non me teño Mira Maruxiña, mira como veño. Alí tes o meu corazón, Si o queres matar ben podes. Pero como estás ti dentro, Si o matas ti tamén morres. Era unha noite de chuvia e de frío A que pasei no muíño do río Toda contenta empecei a cantar Para non ter medo e a noite pasar. Dun, dun ,dálle na porta Sale a correr, É o Marticiño que vén a moer Viña con contos levados do demo, Contos que as mozas moitas non queremos E se ti queres para min moerás E se non queres xa che pesará Co aliviadoiro no lombo lle deu. Pobre Marticiño, que mal lle saeu! Que levou na chepa máis non moeu. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 36. De Carballo chegáronme tres peras nun ramalliño. Quen me dera saber que me ten tanto cariño! Miña nai é unha pobre E meu pai un vinculeiro. Aínda ti non es o galo Que canta no meu poleiro. A busca raposo Por antre aquel toxo Non perdas o año De pedro Castaño Que vai na ribeira Buscar a manteiga Para dona María Que está parideira Na porta da eira Dun fillo varón que lle chaman Antón. Cinta vermella Rabo de ovella Non tices ao pote Que gastas a leña. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 37. Vaite de aí corvo negro Que aquí nadie te chamou. Vaille rezar o rosario Áos fillos que Deus che deu. Amoriños collín na beiriña do mar Amoriños collín non os podo olvidar Non os podo olvidar Non os podo olvidar Amoriños collín na beiriña do mar. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 38. Fuches ti, fuches ti O que fuches cagar ao palleiro Fuches ti, fuches ti Que traes as pallas no cú.. Teño unha herba na horta, Que lle chaman corriola. Para falar conmigo, Fáltache un ano de escola. Os curas e os taberneiros Teñen moito parecido. Os curas bautizan nenos e Os taberneiros o viño. O amor cando pretende, Moito mel e manteiga E despois de casadiño Cámalle “puta” e “meiga”. Miña nai e máis a túa Foron xuntas á romería. Miña nai trouxome roscas E a túa cagarría. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 40. A regueifa está na mesa E no medio ten culleres Para cantar a regueifa Que veñan homes e mulleres. ... A regueifa está na mesa É feita de pan de trigo. A muller que a amasou, Tiña pelos no ombligo. ... O raposo está berrando No alto de camariñas. Traédeme as zapatillas Que me pican as espiñas. ... Teño bois e teño vacas. Tamén teño cans. Cando vou a Carballo, non vexo máis que lercháns. ... Escoite vostede gran señora, gran señorita. Un cabalo ben ferrado Cantos clavos necesita? ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 41. Estas son as amarguras Que para min son dulzuras, Os cravos que necesita xa os din as ferraduras. .... Boas noites Maruxiña Hoxe véñote pedir De tanto como te quero, Sin ti non podo vivir. Pois por moito que me queiras Moito máis che quero a ti, todo o día e toda a noite Solo estou pensando en tí. Pouco máis has de pensar tranquila podes estar que se teus pais nos deixan Logo nos imos casar Por meu pai non hai coidado O malo é miña nai Que dixo que me mataba Antes de deixarme casar. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 42. E se túa nai non nos deixa Facemos desta maneira, Casamos coma os paxaros, Detrás dunha silveira. Miña nai xa vén ahí Está recollendo no gando. Fálalle con moito xeito Que ten un xenio moi malo. Boas noites, miña sogra Véñolle pedir a filla Se ma dá séntome un pouco Senón marcho axiña. A miña filla Farruco É moi nova para casar, Solo ten cuarenta anos, E pódese destragar Neniña, miña neniña Téñoche o ollo botado Ou has ser miña muller ou non hei de ser casado. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 43. Ti teste por moita cousa E con moita fantasía A roupa dos días santos Bótala a cada día. As túas pernas neniña, Causanme admiración séntate aquí ao meu lado que che canto unha canción Eu non quero que me cantes Porque es un mentireiro Para cantarme ti a min tes que ensaiar primeiro. Pequeniña e pernas tortas Nin vales para caravilla Nin para travesas das portas E vaite de ahí xa podes marchar. Que eu na miña vida Che volvo a falar Che volvo a falar , Nin che falarei E vaite de ahí Xa te despachei! ... ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 44. En Iñano hai boas mozas E con ganas de casar. Alí foi o meu Jesús Houbérono de enganchar. Vén para a cociña Jesús Contigo quero falar. Se che gusta a miñla filla, Vas a ter que te casar. Casamento sen cariño Deso non hai que se fiar Nin con casa, nin con becerra, Nin con carne de guisar. Jesús casou cunha pesca E fíxoa labradora. Bota castañas e miño Alí nunca falta broa. ... ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 45. Historia dos panadeiros Poñan atención señores Ao que fixo un regueifeiro; Unha historia tan bonita Para todos os panadeiros. Os panadeiros hoxe en día Póñense podres de ricos Traballan todos os días Máis todos os domingos. Eu xa o dixen decote Eso é moito traballar Non ter un día no ano sequera para descansar. Cando cocen os domingos Sei como soen facer: Un marcha medio cocido E outro vai sen cocer. Panadeiros de Galicia Madrugar pola mañán, Non vos quededes durmidos Non deixedes queimar o pan. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO
  • 46. Non pasarei máis traballos Adiós todos os panadeiros Un saúdo cordial Deste voso regueifeiro. ... Dáme lume Sara Polo vertedeiro, Dáme lume Sara Que non son mariñeiro. Se eres mariñeiro, Sube para arriba Que Sara está sola E quere compañía. ENDL ”C.E.I.P. BERGANTIÑOS”- CARBALLO