SlideShare a Scribd company logo
1 of 1
Download to read offline
NOTA DE PRENSA DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL


       Representantes da Coordinadora Galega de ENDL reuníronse esta tarde nas
dependencias da Xunta de Galicia co Conselleiro de Educación, don Jesús Vázquez, e o
Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, no marco das consultas establecidas
para coñecer as valoracións e as propostas dos representantes da comunidade educativa, das
institucións e de diferentes colectivos sociais a respecto das “Bases para a elaboración do
Decreto do Plurilingüismo”.
       A CGENDL presentou unha análise crítica do documento e unha serie de propostas
elaboradas coas achegas de equipos e docentes de centros de ensino públicos e privados de toda
Galicia e aprobadas na reunión da Xunta de Comarcas do pasado sábado 16 de xaneiro.
       A xuntanza celebrouse nun clima respectuoso e cordial mais o desencontro foi claro en
aspectos clave como a presenza do galego como lingua vehicular nun 50% das horas lectivas
nos diferentes niveis educativos, necesidade que se fai máis precisa en Infantil. A Coordinadora
entende que, segundo as bases presentadas polo goberno galego, non se asegura a presenza do
galego nesta etapa, da que pode quedar excluído, o que faría imposible que os nenos e as nenas
puidesen acadar a competencia lingüística en lingua galega tal e como indica a lexislación.
Ademais, para o colectivo dos equipos de Normalización o modelo deseñado pode xerar unha
problemática na súa aplicación que derivaría nun conflito non desexado nos centros.
       En relación con isto, a CGENDL fíxolle ver ao Conselleiro e a Anxo Lorenzo que a
lingua é unha cuestión apartidaria que está por riba de ideoloxías, polo que emprazaron ao
goberno galego a voltar ao consenso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega para
elaborar un marco que, á luz da análise compartida en 2004 polas organizacións políticas e a
comunidade educativa no seu conxunto, garante un tratamento compensatorio para o galego no
ensino. En cambio, na opinión da CGENDL, se o goberno galego decide aplicar este borrador
para o Decreto do Plurilingüismo estaría acabando co galego no ensino.

More Related Content

Viewers also liked

Portfolio Balancing V3
Portfolio Balancing V3Portfolio Balancing V3
Portfolio Balancing V3IngemarAEH
 
Lampi, antío e vilaverdiño dialogan sobre
Lampi, antío e vilaverdiño dialogan sobreLampi, antío e vilaverdiño dialogan sobre
Lampi, antío e vilaverdiño dialogan sobrezuceac
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41xurxobou
 
【No25】npo職員のデスバレー問題
【No25】npo職員のデスバレー問題【No25】npo職員のデスバレー問題
【No25】npo職員のデスバレー問題etic_sal
 
Shirt House Prospekt 00102
Shirt House Prospekt 00102Shirt House Prospekt 00102
Shirt House Prospekt 00102Sonia Oquendo
 
Presentación PR-AB 42
Presentación PR-AB 42Presentación PR-AB 42
Presentación PR-AB 42olivo12
 
Работа с требованиями в Agile - Part 3
Работа с требованиями в Agile - Part 3Работа с требованиями в Agile - Part 3
Работа с требованиями в Agile - Part 3ISsoft
 
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)Fredrik Kalseth
 
Miniboletín souto
Miniboletín soutoMiniboletín souto
Miniboletín soutobngaestrada
 
Závěrečná práce z kurzu práce s informacemi
Závěrečná práce z kurzu práce s informacemiZávěrečná práce z kurzu práce s informacemi
Závěrečná práce z kurzu práce s informacemiJiří Němec
 
Dossier de xogos populares
Dossier de xogos popularesDossier de xogos populares
Dossier de xogos popularesA Solaina
 

Viewers also liked (20)

Portfolio Balancing V3
Portfolio Balancing V3Portfolio Balancing V3
Portfolio Balancing V3
 
Optiscan
OptiscanOptiscan
Optiscan
 
Lampi, antío e vilaverdiño dialogan sobre
Lampi, antío e vilaverdiño dialogan sobreLampi, antío e vilaverdiño dialogan sobre
Lampi, antío e vilaverdiño dialogan sobre
 
Amiko
AmikoAmiko
Amiko
 
Sailing
Sailing Sailing
Sailing
 
1999
19991999
1999
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
 
【No25】npo職員のデスバレー問題
【No25】npo職員のデスバレー問題【No25】npo職員のデスバレー問題
【No25】npo職員のデスバレー問題
 
Shirt House Prospekt 00102
Shirt House Prospekt 00102Shirt House Prospekt 00102
Shirt House Prospekt 00102
 
Presentación PR-AB 42
Presentación PR-AB 42Presentación PR-AB 42
Presentación PR-AB 42
 
Barroco galego
Barroco galegoBarroco galego
Barroco galego
 
Работа с требованиями в Agile - Part 3
Работа с требованиями в Agile - Part 3Работа с требованиями в Agile - Part 3
Работа с требованиями в Agile - Part 3
 
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
Test Driven Development (How To Achieve Clean Code)
 
Iº Encontro
Iº EncontroIº Encontro
Iº Encontro
 
Miniboletín souto
Miniboletín soutoMiniboletín souto
Miniboletín souto
 
Scharfegger
ScharfeggerScharfegger
Scharfegger
 
Závěrečná práce z kurzu práce s informacemi
Závěrečná práce z kurzu práce s informacemiZávěrečná práce z kurzu práce s informacemi
Závěrečná práce z kurzu práce s informacemi
 
Arq Quattrocento
Arq QuattrocentoArq Quattrocento
Arq Quattrocento
 
Ilusiones 2
Ilusiones 2Ilusiones 2
Ilusiones 2
 
Dossier de xogos populares
Dossier de xogos popularesDossier de xogos populares
Dossier de xogos populares
 

Similar to Nota De Prensa Encontro ConsellaríA

150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galiciafajuma12
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoSanti P
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Coordinadora Galega ENDL
 
Decreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoDecreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoMarlou
 
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoActualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoCoordinadora Galega ENDL
 
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do PlurilinguismoAnálise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do PlurilinguismoCoordinadora Galega ENDL
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Cig informa sentenza
Cig informa sentenzaCig informa sentenza
Cig informa sentenzacenlf
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxeMarlou
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XXxenevra
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasRomán Landín
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Coordinadora Galega ENDL
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XXxenevra
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Declaración de apoio ao ensino en galego
Declaración de apoio ao ensino en galegoDeclaración de apoio ao ensino en galego
Declaración de apoio ao ensino en galegocenlf
 
Galego consellos escolares
Galego consellos escolaresGalego consellos escolares
Galego consellos escolarescenlf
 

Similar to Nota De Prensa Encontro ConsellaríA (20)

150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en GaliciaPonencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
Ponencia II Xornadas Educación e língua en Galicia
 
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O GalegoDitame Do  C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
Ditame Do C C G Sobre O Decretazo Contra O Galego
 
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
Comunicado da cgendl a respecto da concesión do premio da cultura galega 2015
 
Decreto Plurilingüismo
Decreto PlurilingüismoDecreto Plurilingüismo
Decreto Plurilingüismo
 
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmoActualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
Actualización da análise do novo Decreto do PlurilingüIsmo
 
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do PlurilinguismoAnálise das bases do Decreto do Plurilinguismo
Análise das bases do Decreto do Plurilinguismo
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Cig informa sentenza
Cig informa sentenzaCig informa sentenza
Cig informa sentenza
 
O galego hoxe
O galego hoxeO galego hoxe
O galego hoxe
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
finssec XX
finssec XXfinssec XX
finssec XX
 
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas ZasA Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
A Planificación Lingüística no Ensino Mercedes Queixas Zas
 
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
Dossier de prensa III Informe sobre o cumprimento en Galicia da Carta Europea...
 
Finssec XX
Finssec XXFinssec XX
Finssec XX
 
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 11. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Declaración de apoio ao ensino en galego
Declaración de apoio ao ensino en galegoDeclaración de apoio ao ensino en galego
Declaración de apoio ao ensino en galego
 
Galego consellos escolares
Galego consellos escolaresGalego consellos escolares
Galego consellos escolares
 
Novo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensinoNovo decreto do galego no ensino
Novo decreto do galego no ensino
 

More from galefas

Unha escola con todas as cores
Unha escola con todas as coresUnha escola con todas as cores
Unha escola con todas as coresgalefas
 
Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2galefas
 
Cantigas maio 2012 campolongo para imprimir
Cantigas maio 2012 campolongo   para imprimirCantigas maio 2012 campolongo   para imprimir
Cantigas maio 2012 campolongo para imprimirgalefas
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafosgalefas
 
Cálculo galego..
Cálculo galego..Cálculo galego..
Cálculo galego..galefas
 
Calculos na Crise
Calculos na CriseCalculos na Crise
Calculos na Crisegalefas
 
Prazas Xadrez
Prazas XadrezPrazas Xadrez
Prazas Xadrezgalefas
 
Proxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba CampolongoProxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba Campolongogalefas
 
Fai Algo Por Alguen
Fai Algo Por AlguenFai Algo Por Alguen
Fai Algo Por Alguengalefas
 
Revistaslideshare4
Revistaslideshare4Revistaslideshare4
Revistaslideshare4galefas
 
Para que en Galego?
Para que en Galego?Para que en Galego?
Para que en Galego?galefas
 

More from galefas (11)

Unha escola con todas as cores
Unha escola con todas as coresUnha escola con todas as cores
Unha escola con todas as cores
 
Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2Una escola a tot color 2
Una escola a tot color 2
 
Cantigas maio 2012 campolongo para imprimir
Cantigas maio 2012 campolongo   para imprimirCantigas maio 2012 campolongo   para imprimir
Cantigas maio 2012 campolongo para imprimir
 
Paxarosgafos
PaxarosgafosPaxarosgafos
Paxarosgafos
 
Cálculo galego..
Cálculo galego..Cálculo galego..
Cálculo galego..
 
Calculos na Crise
Calculos na CriseCalculos na Crise
Calculos na Crise
 
Prazas Xadrez
Prazas XadrezPrazas Xadrez
Prazas Xadrez
 
Proxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba CampolongoProxecto Cuba Campolongo
Proxecto Cuba Campolongo
 
Fai Algo Por Alguen
Fai Algo Por AlguenFai Algo Por Alguen
Fai Algo Por Alguen
 
Revistaslideshare4
Revistaslideshare4Revistaslideshare4
Revistaslideshare4
 
Para que en Galego?
Para que en Galego?Para que en Galego?
Para que en Galego?
 

Nota De Prensa Encontro ConsellaríA

  • 1. NOTA DE PRENSA DA COORDINADORA GALEGA DE ENDL Representantes da Coordinadora Galega de ENDL reuníronse esta tarde nas dependencias da Xunta de Galicia co Conselleiro de Educación, don Jesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, no marco das consultas establecidas para coñecer as valoracións e as propostas dos representantes da comunidade educativa, das institucións e de diferentes colectivos sociais a respecto das “Bases para a elaboración do Decreto do Plurilingüismo”. A CGENDL presentou unha análise crítica do documento e unha serie de propostas elaboradas coas achegas de equipos e docentes de centros de ensino públicos e privados de toda Galicia e aprobadas na reunión da Xunta de Comarcas do pasado sábado 16 de xaneiro. A xuntanza celebrouse nun clima respectuoso e cordial mais o desencontro foi claro en aspectos clave como a presenza do galego como lingua vehicular nun 50% das horas lectivas nos diferentes niveis educativos, necesidade que se fai máis precisa en Infantil. A Coordinadora entende que, segundo as bases presentadas polo goberno galego, non se asegura a presenza do galego nesta etapa, da que pode quedar excluído, o que faría imposible que os nenos e as nenas puidesen acadar a competencia lingüística en lingua galega tal e como indica a lexislación. Ademais, para o colectivo dos equipos de Normalización o modelo deseñado pode xerar unha problemática na súa aplicación que derivaría nun conflito non desexado nos centros. En relación con isto, a CGENDL fíxolle ver ao Conselleiro e a Anxo Lorenzo que a lingua é unha cuestión apartidaria que está por riba de ideoloxías, polo que emprazaron ao goberno galego a voltar ao consenso do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega para elaborar un marco que, á luz da análise compartida en 2004 polas organizacións políticas e a comunidade educativa no seu conxunto, garante un tratamento compensatorio para o galego no ensino. En cambio, na opinión da CGENDL, se o goberno galego decide aplicar este borrador para o Decreto do Plurilingüismo estaría acabando co galego no ensino.