SlideShare a Scribd company logo
1 of 11
Download to read offline
THE MATRIX
E ALICIA NO PAÍS
DAS MARABILLAS
Maite Guerra Prieto.
1º C- Bach.
(Xoves, 8/12/2011)
ÍNDICE
1. – THE MATRIX………………………………………………………………...1
2. – O PROBLEMA DO REAL E O PROBLEMA DA LIBERDADE…………1
2.1 Que é real?..................................................................................2
2.2 Son libre?....................................................................................3
3. – THE MATRIX E ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS………………..5
4. – OPINIÓN……………………………………………………………………..8
5. – WEBGRAFÍA………………………………………………………………...9
1. THE MATRIX.
“A filosofía axúdanos a ter a mente máis aberta, a cuestionarnos aquilo que
todos daban por sabido, a ser críticos co noso entorno. Como xa dicía Trinity, é
a pregunta a que nos impulsa. Pero non ven a nos sen esforzo é necesario
querer coñecela, querer caer polo tobo do coello, querer aprender a pensar con
máis claridade. E, a veces, tamén fai falta un guía, que como Morfeo, nos
introduza no complexo mundo que imos coñecer, ensinándonos as súas
regras, a súa historia e os seus perigos. Abrir un camiño para poder entrar
nesa outra realidade, aquela que se contempla cando se comprendeu unha
cuestión filosófica”(1).
A película The Matrix (1999) supuxo toda unha revolución no cine de ciencia-
ficción. Os seus directores, os irmáns Wachowski, inauguraron un estilo orixinal
sustentado sobre uns sólidos pilares filosóficos, culturais e incluso relixiosos.
Supón un discurso audiovisual que busca a implicación activa. Por este motivo,
unha boa película con base filosófica, pode ser o resorte perfecto para activar a
máquina do pensamento.
2. O PROBLEMA DO REAL E O PROBLEMA DA LIBERDADE.
Os problemas filosóficos clásicos que aborda The Matrix son : o problema do
real e o problema da liberdade.
(1) Pérez García, C.(2004). La filosofía en Matrix, Filosofía para Niños, 2. Federación de
Asociaciones de FpN: España.
1
2.1 QUE É REAL?
Para ver como The Matrix amosa a cuestión do real é necesario remitirse ao
argumento. A película está ambientada no futuro (ano 2199 aproximadamente).
Hai unha guerra entre humanos e máquinas. Estas últimas acaban sometendo
aos humanos manténdoos durmidos nunhas cubetas, conectados a un mundo
onírico e falso procedente dun programa informático chamado Matrix. No
mundo real sobrevive unha colonia de humanos libres,
chamada Zión, que intenta liberar aos que están nas
cubetas. Para elo, forman un exército cuxos soldados
deben entrar en Matrix en busca daquelas persoas que
sospeitan que Matrix existe. Así é como atopan a Neo, o
protagonista. Neo dubida, non sabe qué mundo é real e
qué mundo é Matrix. Deberá seguir as ensinanzas do
capitán Morfeo e os consellos da soldado Trinity para averigualo (1).
Para estudar o problema do real podemos centrarnos na análise no célebre
Mito da Caverna do pensador grego Platón. A través deste, Platón cóntanos
que os humanos son escravos que viven atados nunha caverna contemplando
un mundo irreal. Sen embargo, un deles é liberado polo que sairá da prisión e
subirá ao mundo exterior. Ao principio
doeranlle os ollos, pero posteriormente
conseguirá adaptarse, aumentarán os
seus coñecementos e observará a
realidade. Agora ben, cando volva a
rescatar aos seus compañeiros deberá
de ter coidado, pois quizais queiran matalo.
O Mito da Caverna expón a teoría platónica das ideas, segundo a cal hai
dous mundos. Un é o mundo ilusorio ou sensible (a caverna) onde está a
maioría da humanidade. O outro é o mundo real ou intelixible (o exterior) a
onde vai o escravo liberado que progresa no seu coñecemento.
(1) Pérez García, C. (2003). Filosofía y cine: El problema de lo real. DL AS / 455-03
2
Deste xeito, o paralelismo con The Matrix faise evidente. Tamén hai dous
mundos: o real (onde se atopan o ceo arrasado, a terra devastada, a cidade
das máquinas, as colleitas de humanos, as naves dos soldados e a cidade de
Zión e Matrix, unha simulación interactiva neural, un sitio virtual onde as
mentes dos humanos escravizados creen vivir con normalidade. Quen nos
revela este feito é Morfeo na famosa secuencia da pírula vermella:
“Es un escravo, Neo. Igual que os demáis, naciches en cautiverio. Naciches
nunha prisión que non podes saborear, nin ulir, nin tocar. Unha prisión para a
túa mente” (1).
Neo convertirase nun escravo liberado, o que adquirirá novos coñecementos
e o que deberá ter coidado coas mentes que quedaron nas cubetas por si
intentan matalo. De novo, Morfeo advírtello no programa de instrución con
axentes. Calquera que non fora desconectado é perigoso:
“Son as mentes dos mesmos que intentamos salvar. Pero ata que non o
fagamos, seguen formando parte dese sistema e iso fai que sexan os nosos
inimigos. Moitos deles están tan acostumados, que loitarían para protexelo” (2).
Pero mentres o mundo real para Platón é intelixible,
accédese a el coa alma, o mundo real na película é
físico. Por ende, o mundo ficticio para Platón é o
sensible (físico), e na película a mentira reside no
mundo virtual e mental. Como vemos, o carácter dos
mundos está invertido.
2.2 SON LIBRE?
A liberdade pode ser estudada dende a súa vertente externa (os humanos
das cubetas non son libres porque están inmóbiles dentro delas) ou dende a
súa vertente interna: é o ser humano libre de elixir o seu futuro, a súa vida?, ou
(1) (2) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix.
3
hai un destino que predetermina todo o que vai a ocorrer?
Esta é a gran pregunta na que se debate Neo ao longo do seu percorrido, xa
que dise que el é o elixido, o salvador da humanidade. Este é o vello dilema da
filosofía cristiá entre o destino ou providencia e o libre albedrío.
Neo non sabe si existe o destino ou si el é completamente libre para facer o
que queira (1). A película debuxa tres posturas ante esta disxunctiva:
 Existe o destino, pero tamén a liberdade: Esta é a crenza de
Morfeo, porén, este tamén lle dá lugar á libre decisión de Neo
dicíndolle: “Eu só podo amosarche a porta, ti debes atravesala”(2). A
traxectoria de Neo está sembrada de eleccións: pírula vermella ou
azul?, asaltar un edificio para salvar a Morfeo ou matalo? O tema da
liberdade interna non é só unha cuestión de metafísica senón tamén
de ética.
 Non existe o destino e si a liberdade: Curiosamente, o personaxe
do Oráculo que representa a crenza
no destino, non deixa de insistir no
tema da elección: “Vas a ter que
tomar unha decisión. Ti es o que
decide. Non podemos ver máis alá
das eleccións que non entendemos. É a miña elección, eu debo tomar
a miña igual que ti a túa…”(3).
 Existe unha causalidade e os humanos non son libres: Os que
sosteñen esta postura son as máquinas, en concreto Smith. Expresa
reiteradamente que os humanos son seres inferiores ás máquinas e
que elas os dominan. Son as que provocan unha causalidade, un
destino. Para elas, os humanos liberados creen ser libres, pero non o
son. Están sendo regulados, permitidos, tolerados, pero non por moito
tempo…
(1) Pérez García, C. (2003): Filosofía y cine: El problema de lo real. DL AS / 455-03
(2)(3) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix.
4
3. THE MATRIX E ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS.
Tamén son moitas as coincidencias que The Matrix ten coa obra de Lewis
Carroll.
Alicia no País das Marabillas inícianse unha tarde na que unha “somnolenta”
Alicia pregúntase si “tecer unha guirnalda de margaridas valería a pena” (1),
deste xeito conflúen a “guirnalda do pelegrín”
asociada coa idade adulta, a vellez e a morte, coa
“guirnalda de margaridas”, asociada, en
contraposición, coa infancia que é efímera, de
natureza cambiante, e que só na memoria se pode
reter. Destaca o onírico como categoría existencial
relacionada co subconsciente e o mito (2). O sono
como fonte de coñecemento, de enigmas e de imaxes que escapan ao control
e á vontade. Mediante o sono ascéndese e descéndese a zonas descoñecidas.
E é mediante el, que Alicia accede ao mundo marabilloso seguindo ao coello
branco.
Esta persecución marca a entrada de Alicia noutra dimensión, na cal
descubre a través dun estreito corredor “o máis fermoso xardín que vostedes
endexamais contemplaran”(3). Pero entrar nel implica entrar nun mundo de
aventuras insólitas e de obstáculos relacionados coas súas características
como ser humano que provén dun mundo ordinario, co descoñecemento dos
parámetros nos que se desenvolve ese novo mundo ao que descendeu e no
que de novo se atopa co coello branco. Porén, aínda que Alicia se integra con
certa naturalidade no mundo fantástico ao que accede, as súas conviccións e
as súas presuposicións sobre o mundo anterior entran constantemente en
contradición.
(1) Investigación y Postgrado v. 18 n. 1 (2003). Caracas.
(2) Jung, C. G. (1982): Símbolos de transformación. Buenos Aires: Paidós.
(3) Lewis Carroll (2006): Alicia en el País de las Maravillas. Ed. Alianza: Madrid.
5
Deste xeito, son moitas as situacións coincidintes que atopamos entre as
dúas obras. A primeira atopámola cando Trinity deixa unha mensaxe no
ordenador de Neo. Está durmido e o monitor do ordenador repite varias veces
o texto “esperta Neo”(1). Esta mensaxe é tamén un indicador de si mesmo. El é
o inconsciente da posibilidade de saber que hai algo
ademais do ego que aínda non espertou á
posibilidade da existencia dun mundo exterior ao que
está vivindo. Nel indica que para atopar aquilo que
busca, aquilo que perturba os seus sonos debe
seguir ao “coello branco”. Entón, do mesmo xeito que
Alicia, decide seguilo. O coello branco neste caso resulta ser unha tatuaxe no
ombreiro dunha moza.
Outra referencia á obra de Carroll é cando Morfeo lle di a Neo: “débeste
sentir como Alicia caíndo polo tobo do coello” (2), ou a escena en que Morfeo
proponlle a Neo coñecer a Matrix: “Se tomas a pírula azul a historia acaba e
espertas na túa cama crendo o que queiras crer. Se tomas a pírula vermella
quedaraste no País das Marabillas” (3). Dita pírula significa a porta hacia unha
nova realidade para Neo. Esta escena desenvólvese ao redor dunha suxestiva
mesa de tres patas. En Alicia, atopamos esa mesma mesa de tres patas, onde
ela encontra unha pequena chave, clave para ingresar ao novo mundo. Ambas
mesas evocan as usadas polos espiritistas da Época Victoriana, como medios
de acceso a outros mundos.
Nas gafas de Morfeo reflíctense as dúas posibles eleccións de Neo. É
significativo a forma redondeada das gafas de Morfeo, igual que as gafas do
coello branco en Alicia. Todos os humanos que entran en Matrix levan gafas,
agás o Oráculo (a omnisciencia). As gafas dos humanos son de forma
lixeiramente circular, en oposición, ás gafas dos axentes con formas angulares.
Estas fan alusión ás normas ríxidas que rexen os programas informáticos,
regulados por leis que non se poden quebrantar.
(1) (2) (3) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix.
6
Outros puntos de conexión entre as dúas obras son a precognición e a
adivinación, por exemplo na escena en que o Oráculo
dille a Neo que non se preocupe polo xarrón que aínda
non rompera. Esto lémbranos ao vivir ao revés da
raíña de corazóns, que primeiro berra antes de
pincharse.
Pero unha escena clave é aquela na que Neo comeza a saída da súa
realidade a través do espello: estira unha man e cando o toca é o comezo da
viaxe. Tamén Alicia estende a súa man a través do espello para cruzar a
fronteira a ese novo mundo. A escena lémbranos que cando cambia a nosa
visión da realidade, algo cambia tamén en nós mesmos. Unha persoa é o
conxunto dos seus pensamentos, das súas crenzas, da súa construción do
mundo, cando estas cousas mudan debemos construír de novo a nosa
identidade.
É evidente que os argumentos das dúas obras están baseados no mundo
dos soños, con todos os perigos e beneficios que isto conleva. En The Matrix o
soño é unha prisión, un mundo creado por regras inviolables, controlado e
dirixido polas máquinas, do cal nunca se esperta:
“Algunha vez tiveches un soño que parece tan real que cando espertas non
sabes si aínda estás soñando?”(1).
Neste mundo onírico a relación entre o ser soñado e o que soña é moi
estreita, dependendo un do outro.
Pero, o mundo dos soños tamén entraña perigos. Alicia vive situacións que
serían traumáticas para calquera ser racional,
pero que ela acepta por ser a elixida. Aínda que
é obrigada a saír vertixinosamente dunha
situación e entrar nunha nova con regras
diferentes, ela adáptase con facilidade, e é esa
capacidade de adaptación a forza que fai que
poida sobrevivir.
O axente Smith, representa a ese tamén mundo de regras inflexibles, ao
que tamén está sometido. Será vencido unicamente polo elixido, aquel que
(1) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix.
7
pode dentro do sistema reinterpretar as súas pautas e aproveitalas á súa
vontade, cambiando a realidade que o rodea, estando a clave na escena en
que un dos nenos dille a Neo:
“...non intente dobrar a culler porque iso é imposible. Simplemente debe
darse conta que a culler non existe, e entón poderá dobrala” (1).
Os números teñen na película unha importante carga simbólica: o 101
expresa o código binario en matemáticas. É a habitación de Neo, o elixido que
é quen de comprender o código de Matrix. Tamén o 303, expresa una
Trinidade. É a habitación dende onde Trinity espía a Neo. E tamén é a
habitación onde Smith destrúe a Neo.
Neo morre polas balas de Smith. Pero Trinity co seu bico insufla a vida en
Neo. Este resucita cumpríndose a predición do Oráculo que afirmara que tiña o
don, pero quizais noutra vida puidera ser o
elixido. Agora é capaz de ver o código que rexe
Matrix. Ao coñecer ese código (o código
matemático), Neo controla a realidade. É a
ciencia a que nos permite a través da linguaxe
abstracta da matemática, comprender e dominar a realidade. Neo representa
ao ser humano que foi quen de acceder, non sen esforzo a esa linguaxe que é
a chave do coñecemento.
4. OPINIÓN.
Trátase de entender que a verdadeira esencia das cousas é utilizar ese
coñecemento ao noso favor. Comprender que as situacións cotiás da nosa vida
son experiencias relativas, que poden converterse en novas si sabemos como
“reinterpretar” as regras da nosa realidade. Se o intentamos podemos abrir a
nosa mente e iniciar unha nova forma de experimentar. Quizais nos atopemos
coa amarga sorpresa de que todo o tempo fomos prisioneiros dunha rutina e
dun preconcepto.
(1) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix.
8
5. WEBGRAFÍA.
http://www.ekraft.com.ar/Dossier2.htm
http://www.telecable.es/personales/filomatrix/lafilosofiaymatrix.html
http://es.wikipedia.org/wiki/Matrix
9

More Related Content

Viewers also liked

Pão dos Pobres | Por Trás dos Sonhos
Pão dos Pobres | Por Trás dos SonhosPão dos Pobres | Por Trás dos Sonhos
Pão dos Pobres | Por Trás dos Sonhosdm9sul2014
 
Olympikus | Camisa Eterna do Flamengo
Olympikus | Camisa Eterna do FlamengoOlympikus | Camisa Eterna do Flamengo
Olympikus | Camisa Eterna do Flamengodm9sul2014
 
Paraplanners Powwow – What happens next?
Paraplanners Powwow – What happens next?Paraplanners Powwow – What happens next?
Paraplanners Powwow – What happens next?Paraplanners Powwow
 
American LED Technology Presentation
American LED Technology PresentationAmerican LED Technology Presentation
American LED Technology PresentationAmericanLEDTechnology
 
Brinox | Lixeiras
Brinox | LixeirasBrinox | Lixeiras
Brinox | Lixeirasdm9sul2014
 

Viewers also liked (6)

Supporting Paraplanners Powwows
Supporting Paraplanners PowwowsSupporting Paraplanners Powwows
Supporting Paraplanners Powwows
 
Pão dos Pobres | Por Trás dos Sonhos
Pão dos Pobres | Por Trás dos SonhosPão dos Pobres | Por Trás dos Sonhos
Pão dos Pobres | Por Trás dos Sonhos
 
Olympikus | Camisa Eterna do Flamengo
Olympikus | Camisa Eterna do FlamengoOlympikus | Camisa Eterna do Flamengo
Olympikus | Camisa Eterna do Flamengo
 
Paraplanners Powwow – What happens next?
Paraplanners Powwow – What happens next?Paraplanners Powwow – What happens next?
Paraplanners Powwow – What happens next?
 
American LED Technology Presentation
American LED Technology PresentationAmerican LED Technology Presentation
American LED Technology Presentation
 
Brinox | Lixeiras
Brinox | LixeirasBrinox | Lixeiras
Brinox | Lixeiras
 

Similar to Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra

A luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de SofíaA luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de Sofíaavellanacova
 
Cine y matemáticas
Cine y matemáticasCine y matemáticas
Cine y matemáticasadquisicions
 
Os contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e DistopíasOs contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e Distopíasavellanacova
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensiónAfrica Lopez
 

Similar to Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra (6)

A luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de SofíaA luz 1 O mundo de Sofía
A luz 1 O mundo de Sofía
 
Cine y matemáticas
Cine y matemáticasCine y matemáticas
Cine y matemáticas
 
Os contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e DistopíasOs contos: Utopías e Distopías
Os contos: Utopías e Distopías
 
Recinto gris
Recinto grisRecinto gris
Recinto gris
 
Los mitos
Los mitosLos mitos
Los mitos
 
3. platon comprensión
3. platon comprensión3. platon comprensión
3. platon comprensión
 

Matrix e alicia_no_pais_das_marabillas._maite_guerra

  • 1. THE MATRIX E ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS Maite Guerra Prieto. 1º C- Bach. (Xoves, 8/12/2011)
  • 2. ÍNDICE 1. – THE MATRIX………………………………………………………………...1 2. – O PROBLEMA DO REAL E O PROBLEMA DA LIBERDADE…………1 2.1 Que é real?..................................................................................2 2.2 Son libre?....................................................................................3 3. – THE MATRIX E ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS………………..5 4. – OPINIÓN……………………………………………………………………..8 5. – WEBGRAFÍA………………………………………………………………...9
  • 3. 1. THE MATRIX. “A filosofía axúdanos a ter a mente máis aberta, a cuestionarnos aquilo que todos daban por sabido, a ser críticos co noso entorno. Como xa dicía Trinity, é a pregunta a que nos impulsa. Pero non ven a nos sen esforzo é necesario querer coñecela, querer caer polo tobo do coello, querer aprender a pensar con máis claridade. E, a veces, tamén fai falta un guía, que como Morfeo, nos introduza no complexo mundo que imos coñecer, ensinándonos as súas regras, a súa historia e os seus perigos. Abrir un camiño para poder entrar nesa outra realidade, aquela que se contempla cando se comprendeu unha cuestión filosófica”(1). A película The Matrix (1999) supuxo toda unha revolución no cine de ciencia- ficción. Os seus directores, os irmáns Wachowski, inauguraron un estilo orixinal sustentado sobre uns sólidos pilares filosóficos, culturais e incluso relixiosos. Supón un discurso audiovisual que busca a implicación activa. Por este motivo, unha boa película con base filosófica, pode ser o resorte perfecto para activar a máquina do pensamento. 2. O PROBLEMA DO REAL E O PROBLEMA DA LIBERDADE. Os problemas filosóficos clásicos que aborda The Matrix son : o problema do real e o problema da liberdade. (1) Pérez García, C.(2004). La filosofía en Matrix, Filosofía para Niños, 2. Federación de Asociaciones de FpN: España. 1
  • 4. 2.1 QUE É REAL? Para ver como The Matrix amosa a cuestión do real é necesario remitirse ao argumento. A película está ambientada no futuro (ano 2199 aproximadamente). Hai unha guerra entre humanos e máquinas. Estas últimas acaban sometendo aos humanos manténdoos durmidos nunhas cubetas, conectados a un mundo onírico e falso procedente dun programa informático chamado Matrix. No mundo real sobrevive unha colonia de humanos libres, chamada Zión, que intenta liberar aos que están nas cubetas. Para elo, forman un exército cuxos soldados deben entrar en Matrix en busca daquelas persoas que sospeitan que Matrix existe. Así é como atopan a Neo, o protagonista. Neo dubida, non sabe qué mundo é real e qué mundo é Matrix. Deberá seguir as ensinanzas do capitán Morfeo e os consellos da soldado Trinity para averigualo (1). Para estudar o problema do real podemos centrarnos na análise no célebre Mito da Caverna do pensador grego Platón. A través deste, Platón cóntanos que os humanos son escravos que viven atados nunha caverna contemplando un mundo irreal. Sen embargo, un deles é liberado polo que sairá da prisión e subirá ao mundo exterior. Ao principio doeranlle os ollos, pero posteriormente conseguirá adaptarse, aumentarán os seus coñecementos e observará a realidade. Agora ben, cando volva a rescatar aos seus compañeiros deberá de ter coidado, pois quizais queiran matalo. O Mito da Caverna expón a teoría platónica das ideas, segundo a cal hai dous mundos. Un é o mundo ilusorio ou sensible (a caverna) onde está a maioría da humanidade. O outro é o mundo real ou intelixible (o exterior) a onde vai o escravo liberado que progresa no seu coñecemento. (1) Pérez García, C. (2003). Filosofía y cine: El problema de lo real. DL AS / 455-03 2
  • 5. Deste xeito, o paralelismo con The Matrix faise evidente. Tamén hai dous mundos: o real (onde se atopan o ceo arrasado, a terra devastada, a cidade das máquinas, as colleitas de humanos, as naves dos soldados e a cidade de Zión e Matrix, unha simulación interactiva neural, un sitio virtual onde as mentes dos humanos escravizados creen vivir con normalidade. Quen nos revela este feito é Morfeo na famosa secuencia da pírula vermella: “Es un escravo, Neo. Igual que os demáis, naciches en cautiverio. Naciches nunha prisión que non podes saborear, nin ulir, nin tocar. Unha prisión para a túa mente” (1). Neo convertirase nun escravo liberado, o que adquirirá novos coñecementos e o que deberá ter coidado coas mentes que quedaron nas cubetas por si intentan matalo. De novo, Morfeo advírtello no programa de instrución con axentes. Calquera que non fora desconectado é perigoso: “Son as mentes dos mesmos que intentamos salvar. Pero ata que non o fagamos, seguen formando parte dese sistema e iso fai que sexan os nosos inimigos. Moitos deles están tan acostumados, que loitarían para protexelo” (2). Pero mentres o mundo real para Platón é intelixible, accédese a el coa alma, o mundo real na película é físico. Por ende, o mundo ficticio para Platón é o sensible (físico), e na película a mentira reside no mundo virtual e mental. Como vemos, o carácter dos mundos está invertido. 2.2 SON LIBRE? A liberdade pode ser estudada dende a súa vertente externa (os humanos das cubetas non son libres porque están inmóbiles dentro delas) ou dende a súa vertente interna: é o ser humano libre de elixir o seu futuro, a súa vida?, ou (1) (2) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix. 3
  • 6. hai un destino que predetermina todo o que vai a ocorrer? Esta é a gran pregunta na que se debate Neo ao longo do seu percorrido, xa que dise que el é o elixido, o salvador da humanidade. Este é o vello dilema da filosofía cristiá entre o destino ou providencia e o libre albedrío. Neo non sabe si existe o destino ou si el é completamente libre para facer o que queira (1). A película debuxa tres posturas ante esta disxunctiva:  Existe o destino, pero tamén a liberdade: Esta é a crenza de Morfeo, porén, este tamén lle dá lugar á libre decisión de Neo dicíndolle: “Eu só podo amosarche a porta, ti debes atravesala”(2). A traxectoria de Neo está sembrada de eleccións: pírula vermella ou azul?, asaltar un edificio para salvar a Morfeo ou matalo? O tema da liberdade interna non é só unha cuestión de metafísica senón tamén de ética.  Non existe o destino e si a liberdade: Curiosamente, o personaxe do Oráculo que representa a crenza no destino, non deixa de insistir no tema da elección: “Vas a ter que tomar unha decisión. Ti es o que decide. Non podemos ver máis alá das eleccións que non entendemos. É a miña elección, eu debo tomar a miña igual que ti a túa…”(3).  Existe unha causalidade e os humanos non son libres: Os que sosteñen esta postura son as máquinas, en concreto Smith. Expresa reiteradamente que os humanos son seres inferiores ás máquinas e que elas os dominan. Son as que provocan unha causalidade, un destino. Para elas, os humanos liberados creen ser libres, pero non o son. Están sendo regulados, permitidos, tolerados, pero non por moito tempo… (1) Pérez García, C. (2003): Filosofía y cine: El problema de lo real. DL AS / 455-03 (2)(3) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix. 4
  • 7. 3. THE MATRIX E ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS. Tamén son moitas as coincidencias que The Matrix ten coa obra de Lewis Carroll. Alicia no País das Marabillas inícianse unha tarde na que unha “somnolenta” Alicia pregúntase si “tecer unha guirnalda de margaridas valería a pena” (1), deste xeito conflúen a “guirnalda do pelegrín” asociada coa idade adulta, a vellez e a morte, coa “guirnalda de margaridas”, asociada, en contraposición, coa infancia que é efímera, de natureza cambiante, e que só na memoria se pode reter. Destaca o onírico como categoría existencial relacionada co subconsciente e o mito (2). O sono como fonte de coñecemento, de enigmas e de imaxes que escapan ao control e á vontade. Mediante o sono ascéndese e descéndese a zonas descoñecidas. E é mediante el, que Alicia accede ao mundo marabilloso seguindo ao coello branco. Esta persecución marca a entrada de Alicia noutra dimensión, na cal descubre a través dun estreito corredor “o máis fermoso xardín que vostedes endexamais contemplaran”(3). Pero entrar nel implica entrar nun mundo de aventuras insólitas e de obstáculos relacionados coas súas características como ser humano que provén dun mundo ordinario, co descoñecemento dos parámetros nos que se desenvolve ese novo mundo ao que descendeu e no que de novo se atopa co coello branco. Porén, aínda que Alicia se integra con certa naturalidade no mundo fantástico ao que accede, as súas conviccións e as súas presuposicións sobre o mundo anterior entran constantemente en contradición. (1) Investigación y Postgrado v. 18 n. 1 (2003). Caracas. (2) Jung, C. G. (1982): Símbolos de transformación. Buenos Aires: Paidós. (3) Lewis Carroll (2006): Alicia en el País de las Maravillas. Ed. Alianza: Madrid. 5
  • 8. Deste xeito, son moitas as situacións coincidintes que atopamos entre as dúas obras. A primeira atopámola cando Trinity deixa unha mensaxe no ordenador de Neo. Está durmido e o monitor do ordenador repite varias veces o texto “esperta Neo”(1). Esta mensaxe é tamén un indicador de si mesmo. El é o inconsciente da posibilidade de saber que hai algo ademais do ego que aínda non espertou á posibilidade da existencia dun mundo exterior ao que está vivindo. Nel indica que para atopar aquilo que busca, aquilo que perturba os seus sonos debe seguir ao “coello branco”. Entón, do mesmo xeito que Alicia, decide seguilo. O coello branco neste caso resulta ser unha tatuaxe no ombreiro dunha moza. Outra referencia á obra de Carroll é cando Morfeo lle di a Neo: “débeste sentir como Alicia caíndo polo tobo do coello” (2), ou a escena en que Morfeo proponlle a Neo coñecer a Matrix: “Se tomas a pírula azul a historia acaba e espertas na túa cama crendo o que queiras crer. Se tomas a pírula vermella quedaraste no País das Marabillas” (3). Dita pírula significa a porta hacia unha nova realidade para Neo. Esta escena desenvólvese ao redor dunha suxestiva mesa de tres patas. En Alicia, atopamos esa mesma mesa de tres patas, onde ela encontra unha pequena chave, clave para ingresar ao novo mundo. Ambas mesas evocan as usadas polos espiritistas da Época Victoriana, como medios de acceso a outros mundos. Nas gafas de Morfeo reflíctense as dúas posibles eleccións de Neo. É significativo a forma redondeada das gafas de Morfeo, igual que as gafas do coello branco en Alicia. Todos os humanos que entran en Matrix levan gafas, agás o Oráculo (a omnisciencia). As gafas dos humanos son de forma lixeiramente circular, en oposición, ás gafas dos axentes con formas angulares. Estas fan alusión ás normas ríxidas que rexen os programas informáticos, regulados por leis que non se poden quebrantar. (1) (2) (3) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix. 6
  • 9. Outros puntos de conexión entre as dúas obras son a precognición e a adivinación, por exemplo na escena en que o Oráculo dille a Neo que non se preocupe polo xarrón que aínda non rompera. Esto lémbranos ao vivir ao revés da raíña de corazóns, que primeiro berra antes de pincharse. Pero unha escena clave é aquela na que Neo comeza a saída da súa realidade a través do espello: estira unha man e cando o toca é o comezo da viaxe. Tamén Alicia estende a súa man a través do espello para cruzar a fronteira a ese novo mundo. A escena lémbranos que cando cambia a nosa visión da realidade, algo cambia tamén en nós mesmos. Unha persoa é o conxunto dos seus pensamentos, das súas crenzas, da súa construción do mundo, cando estas cousas mudan debemos construír de novo a nosa identidade. É evidente que os argumentos das dúas obras están baseados no mundo dos soños, con todos os perigos e beneficios que isto conleva. En The Matrix o soño é unha prisión, un mundo creado por regras inviolables, controlado e dirixido polas máquinas, do cal nunca se esperta: “Algunha vez tiveches un soño que parece tan real que cando espertas non sabes si aínda estás soñando?”(1). Neste mundo onírico a relación entre o ser soñado e o que soña é moi estreita, dependendo un do outro. Pero, o mundo dos soños tamén entraña perigos. Alicia vive situacións que serían traumáticas para calquera ser racional, pero que ela acepta por ser a elixida. Aínda que é obrigada a saír vertixinosamente dunha situación e entrar nunha nova con regras diferentes, ela adáptase con facilidade, e é esa capacidade de adaptación a forza que fai que poida sobrevivir. O axente Smith, representa a ese tamén mundo de regras inflexibles, ao que tamén está sometido. Será vencido unicamente polo elixido, aquel que (1) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix. 7
  • 10. pode dentro do sistema reinterpretar as súas pautas e aproveitalas á súa vontade, cambiando a realidade que o rodea, estando a clave na escena en que un dos nenos dille a Neo: “...non intente dobrar a culler porque iso é imposible. Simplemente debe darse conta que a culler non existe, e entón poderá dobrala” (1). Os números teñen na película unha importante carga simbólica: o 101 expresa o código binario en matemáticas. É a habitación de Neo, o elixido que é quen de comprender o código de Matrix. Tamén o 303, expresa una Trinidade. É a habitación dende onde Trinity espía a Neo. E tamén é a habitación onde Smith destrúe a Neo. Neo morre polas balas de Smith. Pero Trinity co seu bico insufla a vida en Neo. Este resucita cumpríndose a predición do Oráculo que afirmara que tiña o don, pero quizais noutra vida puidera ser o elixido. Agora é capaz de ver o código que rexe Matrix. Ao coñecer ese código (o código matemático), Neo controla a realidade. É a ciencia a que nos permite a través da linguaxe abstracta da matemática, comprender e dominar a realidade. Neo representa ao ser humano que foi quen de acceder, non sen esforzo a esa linguaxe que é a chave do coñecemento. 4. OPINIÓN. Trátase de entender que a verdadeira esencia das cousas é utilizar ese coñecemento ao noso favor. Comprender que as situacións cotiás da nosa vida son experiencias relativas, que poden converterse en novas si sabemos como “reinterpretar” as regras da nosa realidade. Se o intentamos podemos abrir a nosa mente e iniciar unha nova forma de experimentar. Quizais nos atopemos coa amarga sorpresa de que todo o tempo fomos prisioneiros dunha rutina e dun preconcepto. (1) Wachowski A. & L. (1999): The Matrix. 8