Thematrix

748 views

Published on

Published in: Education, Technology
0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
748
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Thematrix

1. 1. MATRIX A filosofía no cine decodificado
2. 3. As fontes
3. 4. As metáforas

Entendemos o noso mundo mediante metáforas, analoxías que captan algún aspecto (antes incomprensible) do mundo pola súa semellanza con algo que xa entendíamos. O sistema solar coma un xogo de pelota, o planeta coma un ser vivo, o ollo coma unha cámara fotográfica.

As metáforas son simulacros da realidade, unha metáfora sen referente é un simulacro verdadeiro.

The Matrix tamén é unha metáfora que nos amosa que vivimos nunha metáfora.

4. 5. SIMULACROS E SIMULACIÓNS

"Baudrillard sostiña que os medios masivos de comunicación e a sociedade de consumo contemporánea teñen xerado unha desmaterialización da realidade, desviando a mirada moderna (historicamente orientada cara á natureza) cara o mundo das pantallas, o que converte á comunicación nunha fin en si mesma e na medida absoluta de interpretación dos sucesos."

O soño é un simulacro pero, se non puidesemos distinguir o soño da realidade ¿cal sería o simulacro?

Nun xogo de metáforas o libro no que Neo agocha os programas pirata é “simulacros e Simulacións de Jean Baudrillard

5. 6. Os Simulacros na Actualidade A relación entre simulación e referente foi o punto focal da filosofía postmoderna

A ilusión radical do mundo é un problema afrontado por todas as grandes culturas, que o teñen solucionado a través da arte e a simbolización. O que temos inventado, para eliminar o sufrimento, é un simulacro, que de alí en diante suplanta o verdadeiro e é a súa solución final, un universo virtual do que todo o perigoso e negativo foi expulsado. E a Matriz é sen lugar a dúbidas parte disto.

“ O simulacro non é o que oculta a verdade. É a verdade a que oculta que non hai verdade. O simulacro é verdadeiro ” . J. Baudrillard

6. 7. Percepción e realidade Na mesma liña reflexionaron os pintores, literatos e semánticos do século XX

O cadro de Magritte xoga coa ambigüidade da imaxe e o seu significado denotado a través de palabras poñendo en cuestión la relación entre un obxecto pintado e o real.

O mapa transformase no territorio. É dicir, a imaxe da realidade que a humanidade ten transforma e recrea a realidade ata o punto de que a suplanta. Esta é unha perspectiva contraria coa perspectiva realista que mantén que a imaxe que cada un ten do que nos rodea non máis ca unha versión da realidade mesma. A Idea oponse á expresión O mapa non é o territorio de Alfred Korzybski que a usaba para explicar que a cousa observada e a imaxe da cousa observada son obxectos diferentes, por máis que na nosa mente pretendan identificarse chegando a confundir o que percibimos co obxecto que temos visto.

Nun conto de Borges, os cartógrafos do Imperio debuxan un mapa que acaba cubrindo exactamente o territorio: pero, coa caída do Imperio, o territorio desaparece mentres que o mapa raído e arruinado segue dando testemuña do orgullo imperial e podrecendo coma un cadáver, confundíndose coa cousa real. Este conto –di Baudrillard- é un simulacro de distinta orde.

7. 8. MATRIX E O PROBLEMA DO REAL

A vida en MATRIX, é para Neo o mundo real, porque está suxeita ás regras da lóxica. O criterio que lle serve para distinguir a realidade da fantasía é precisamente este, mesmo cando xa está na nave con Morfeo.

A súa mente rexeita a carenza de lóxica, todo aquilo que teña que ver coa ruptura da temporalidade, da homoxeneidade….

(CONCEPTOS QUE DEFINEN O REAL) PRESENCIA: real é o que está presente, o que aparece, o que se mostra a través dos sentidos HOMOXENEIDADE : no real as cousas compórtanse sempre do mesmo xeito, e as cousas da mesma clase compórtanse sempre igual. TEMPORALIDADE : os fenómenos reais seguen unha secuencia temporal lineal, non hai saltos cara atrás coma no soño. CENTRALIDADE : os sucesos reais distínguense dos ilusorios pola súa importancia e relevancia para o suxeito que os observa, que está no centro dos mesmos. Os fenómenos non están no interior da mente senón fóra. COÑECEMENTO : os fenómenos reais poden ser obxecto de estudio e coñecemento, e este coñecemento é transmisible e compartido con outros humanos o que o fai obxectivo. The Matrix
8. 9. THE MATRIX

¿Qué es real? ¿De que xeito definirías real? Se te refires ao que podes sentir, ao que podes ulir, ao que podes saborear e ver, o real podería ser as sinais eléctricas interpretadas polo teu cerebro

Es un escravo, Neo. Igual que os demais, naciches prisioneiro. Naciches nunha prisión que non podes nin saborear, nin ulir, nin tocar. Unha prisión para a túa mente.

Calquera que non teña sido desconectado é perigoso. Son as mentes dos mesmos que tentamos salvar. Pero mentres non o fagamos, seguen formando parte do sistema e iso fai que sexan os nosos inimigos.

9. 10. Soños e realidade

Algunha vez tiveches un soño, Neo que parecese moi real? ¿Qué pasaría se non puideras espertar dese soño? ¿Cómo diferenciarías o mundo dos soños da realidade?

10. 11.

O problema que se presenta ao pensamento moderno parte de que o que coñecemos inmediatamente son as nosas representacións das cousas e non as cousas mesmas. Os nosos sentidos so nos subministran certos datos que o nosos cerebro se encarga de organizar e estructurar, dotándoos dun sentido. Por iso non poderemos están absolutamente seguros de que, nese proceso de interpretación non se perda algo crucial na nosa comprensión do mundo. Para a modernidade a tarefa fundamental da filosofía é atopar unha forma de garantir que as nosas representacións se corresponden efectivamente co mundo, e lograr, así, a certeza do noso pensamento.

Neo opta por confiar nos seus sentidos ao longo da primeira metada do filme, como criterio de realidade, pero pouco a pouco a dúbida fai que se cuestione a súa validez. A imposibilidade de distinguir a base dos sentidos entre Matrix e o mundo das naves será crucial nese proceso.

11. 12.

Non obstante, teño que considerar aquí que son home e, en consecuencia, que teño costume de durmir e de representarme nos meus soños as mesmas cousas, ou algunhas menos verosímiles, que eses insensatos cando están espertos. Cantas veces soñei, durante a noite, que estaba neste lugar, que estaba vestido, que estaba preto do lume, aínda que estivese completamente espido na miña cama? Paréceme agora que non miro este papel con ollos somnolentos; que este corpo que movo non está adurmiñado; que estendo esta man intencionadamente e cun propósito deliberado, e que a sinto: o que ocorre nun soño, sen embargo, non parece ser tan claro nin tan distinto como todo isto. Pero, pensándoo coidadosamente, lembro que a miúdo enganeime, mentres durmía, por semellantes ilusións. E deténdome neste pensamento, vexo tan manifestamente que non hai indicios concluíntes, nin sinais suficientemente seguras polas que se poida distinguir claramente a vixilia do sono, que me quedo totalmente abraiado; e o meu asombro é tal, que é case capaz de persuadirme de que durmo.

Descartes

O problema do criterio A procura dun método que permita garantir a veracidade dos nosos pensamentos, a súa existencia real
12. 13.

Morfeo (do grego morfé ou forma). O deus que da forma aos soños

Morfeo da a elixir a Neo dúas opcións. As dúas opción vénse nos lentes de MorfeoNas gafas de Morfeo poden verse dúas realidades diferentes

Morfeo afirma que se elixe a vermella Neo quedará no país das Marabillas

Morfeo afirma que só lle ofrece a verdade

ELIXINDO A PASTILLA VERMELLA
13. 14.

Neo fai a súa elección e prepárase para iniciar a viaxe. Fronte ao espello comeza a ter ilusións ópticas. A súa imaxe rómpese en anacos e desfigurase. Neo toca o espello e este atrápao ata case matalo. A escena recórdanos que cando cambia a nosa visión da realidade, algo cambia tamén en nós mesmos. Unha persoa é o conxunto dos seus pensamentos, das súas crenza, da súa construcción do mundo, cando estas cousas mudan xa non sabemos quen somos de certo e debemos construír de novo a nosa identidade ou perecer.

14. 15. A náusea

Na parede hai un burato branco, é o espello. É unha trampa. Sei que vou deixarme atrapar. Xa está. A cousa gris acaba de aparecer no espello. Achegase e míroa, xa non podo irme. É o reflexo do meu rostro. A cotío neses días perdidos, quedo a contemplalo. Non comprendo nada nese rostro. Os dos outros teñen sentido. O meu non (...) Apóiome con todo o meu peso no borde, achego a miña cara ata tocalo. Os ollos, o nariz e a boca desaparecen, xa non queda nada de humano (...) Non podo dicir que recoñezo os detalles. Pero o conxunto dáme a impresión de algo xa visto, que me aparva e esvaro docemente no sono (...) O que me esperta é que perdo o equilibrio. Atópome sentado na cadeira, aparvado aínda. Sartre

15. 16.

A obra A Náusea, do existencialista francés J. P. Sastre, ten como protagonista principal ao mozo Roquentin. Roquentin escribe un diario no que reflicte as súas impresións sobre o mundo que lle rodea. Dáse conta de que vive nun mundo sen sentido e pouco a pouco vaise afastando de todo o que o rodea. Todo semella para el un absurdo ata o punto de que a súa existencia mesma deixa de ter sentido. A existencia é unha nada agochada polo afán do ser humano en facer proxectos, usar cousas, debuxar camiños, para darlle sentido á vida. Pero esta intelixibilidade non é máis ca unha aparencia.

Esta nova visión do seu existir venlle a Roquentin coma unha iluminación que o deixa sen alento. Comprender o carácter absurdo da existencia, captar a realidade como algo superfluo leva a Roquentin á náusea e a descoñecerse a si mesmo. A imaxe que lle devolve o espello xa non o reflicte porque xa non se recoñece nela. O que creemos que somos é a nosa xustificación. Pero, se existimos sen xustificación alg nha, se nacemos sen razón, e morremos por casualidade, ¿Cómo poderemos dar razón de nos mesmos? ¿Cómo poderemos coñercernos?

A perda da noción do real produce náusea, mareo, sensación de perda de sentido. Do mesmo xeito que Roquentin, o protagonista de Matrix ten esa sensación de baleiro e perda de realidade que lle produce náusea ao espertar nunha nova realidade e tamén cando Morfeo lle amosa o “deserto do real”.

16. 18.

Neo é desconectado de Matrix, ve o mundo das máquinas e é rescatado das cloacas pola Nabucodonosor, a nave de Morfeo, que o eleva cara a luz da escotrilla da nave. Neo esperta a outra realidade, a outra luz. Esta escena é a que mais recorda ao Mito da Caverna de Platón. O prisioneiro liberado ascende cara a luz, a rastro porque é un camiño para o que se precisa axuda. Neo na nave non pode aínda facer nada, exhausto, sen forza, con dores e sen poder usar os seus sentidos non sabe aínda onde está.

A rehabilitación e adaptación de Neo á nova realidade é progresiva, a súa aprendizaxe é en primeiro lugar física (rehabilitación muscular e dos sentidos que non tiñan sido usados), logo será mental, un aprendizaxe de novas técnicas e novos saberes que lle axudarán na súa loita (os programas de loita que aprende ao conectarse ao constructor. Finalmente Neo terá que controlar a súa propia mente, a derradeira parte da súa aprendizaxe será psicolóxica. O camiño da aprendizaxe dun ser humano, segue esas mesmas fases, primeiro aprendemos a dominar o noso corpo, logo adestramos a nosa mente, mediante o coñecemento e a ciencia, pero finalmente todo ese aprendizaxe non serve de nada se non podemos coñecernos e dominarnos a nos mesmos.

Morfeo ensínalle a Neo cal é a verdadeira natureza da realidade. Cóntalle a historia da guerra entre humanos e máquinas e a desaparición do mundo por mor desa loita.

Mais tarde no constructor ensínalle como os demais humanos tamén poden ser un perigo

17. 19.

Se o levasen de alí (caverna) á forza, obrigándolle a percorrer a áspera e escarpada costa, e non o deixaran antes de arrastralo ata a luz do sol, non crees que sufriría e levaría a mal o ser arrastrado, e que, unha vez chegado á luz, tería os ollos tan cheos dela que non sería capaz de ver nin unha soa das cousas ás que agora chamamos verdadeiras? (...) Necesitaría afacerse, creo eu, para poder chegar a ver as cousas de arriba. (...) Se, de volta alá embaixo, ocupase de novo o mesmo asento, non crees que se lle encherían os ollos de tebras, como a quen deixa subitamente a luz do sol?(...) E non daría que rir e non se diría del que, por ir arriba, volveu cos ollos estragados, e que non vale a pena intentar unha ascensión semellante? E non matarían, se atoparan maneira de botarlle man e matalo, a quen tentase desatalos e facelos subir? Platón

O mito da caverna
18. 20. O mito da caverna vs The Matrix O mundo real en oposición ao mental ou virtual, xerado pola nosa mente están presentes no mito de Platón e na película Matrix. Ambas son unha metáfora sobre as nosas formas de coñecer a realidade e a súa validez. En ambas un elixido é levado fora da realidade que coñecera ata entón para amosarlle a verdade. En ambas metáforas o proceso é difícil En ambas o liberado volta á prisión para rescatar aos outros
19. 21. POÑENDO UNS LENTES

Ao final da primeira cinta, Neo pon uns lentes como Morfeo e Trinity. Ata entón non levaba

Os lentes dos humanos teñen son curvos e os das máquinas, forman ángulos

Os máis redondos son os lentes de Morfeo e os máis alongados (elipses) son os de Neo.

O Oráculo non leva lentes de ningún tipo

Cando as personaxes queren ser sinceras quitan os lentes (mesmo as máquinas)

As personaxes só levan lentes cando están en Matrix

20. 22.

Os humanos que asaltan matriz levan gafas con formas circulares do mesmo xeito os axentes (programas) levan tamén lentes pero con formas angulares. Certamente a súa visión da realidade é diferente. Os lentes desfiguran e transforman a realidade (“todo é segundo o color do cristal con que se mira”) O propio Neo ponse lentes ao final da primeira parte da Trilogía, cando acepta ser o elidido.

O simbolismo do circulo contra os angulos representa a diferencia entre unha visión da realidade rexida por unhas normas estrictas (características dun programa informático) e unha visión menos definida e limitada. O propio Morfeo comenta con Neo as limitacións que lle impón a programación ríxida aos axentes. Sen embargo entre as gafas de Morfeo, as de Trinity e as de Neo hai unha diferencia. As mais proximas a un circulo perfecto son as de Morfeo, logo nun progresivo distanciamento da circularidade estarían as de Tinity e por fin as de Neo, mais proximas, se cadra ás dos axentes.

Ese progresivo distanciamento é paralelo ao seu grao de crenza na profecía. Para Morfeo constitúe unha verdade absoluta, mentres que para Trinity depende dos seus sentimentos por Neo, e neste non está, nin sequera ao final da primeira parte, exenta de dúbidas. A forma en que inflúen as nosas crenzas e as condicións da nosa sensibilidade á hora de percibir o mundo foi unha das reflexións da ilustración, que indagou nos límites da percepción humana, fundamentalmente da man de Inmanuel Kant.

21. 23. Os obxectos e as cousas

A mesma experiencia constitúe un tipo de coñecemento que require entendemento e este posúe unhas regras que eu debo supor en min xa antes de que os obxectos me sexan dados, é dicir, regras a priori. Estas regras se expresan en conceptos a priori aos que, polo tanto, se conforman necesariamente todos os obxectos da experiencia e cos que deben concordar. (…) só coñecemos a priori das cousas o que nos mesmos poñemos nelas. Kant

22. 24. NON HAI CULLER

Non tentes dobrar a culler, iso é imposible, mellor pensa que non hai culler e entón verás que es ti mesmo quen se dobra. Neo repite iso cando tenta salvar a Morfeo Estas dicindo que podo esquivar as balas? –Non estou dicindo que cando esteas preparado non che fará falta.

23. 25.

Na casa do Oráculo, Neo ve aos outros potenciais . Cada un deles semella provir de diferentes razas e ter diferentes poderes (o control da materia, a vulneración das regras físicas....)

Detrás deles, nunha televisión, poden verse moitos coellos correndo polas rúas dunha cidade, unha multitude de coellos que poden cavar moitos tobos diferentes no tecido da realidade. Entre todos destaca o pequeno lama que lle advirte a Neo que non tente dobrar a culler, senón que tente comprender a verdade, que non hai culler e entón verá que é el o que se dobra .

A achega do budismo ao pensamento occidental e a súa comprensión do problema da verdade estaba xa presente no pensamento grego. O budismo defende que o home debe liberar a súa mente desprendéndose dos sentidos, do mesmo xeito que a Filosofía grega tamén reivindicaba o coñecemento a través da razón.

24. 26. Liberar a mente

Aquel que ten unha boa comprensión xeral de que os fenómenos non existen realmente (cando) ve esas flores, cando se lle aparecen, percíbeas como se existisen obxectivamente, e polo feito de que existen obxectivamente só a nivel da aparencia, pensará que aínda que semellen existir dese xeito, non é así. Nesto consiste captar as flores ás que terá outorgado a particularidade de non ser reais. (…) Cando, impregnados da mente de Iluminación meditamos sobre a unión da quietude e da visión superior que coñece directamente a insubstancialidade, obtemos o antídoto directo do veo cognitivo, e ese antídoto permítenos acadar a omnisciencia. Dálai Lama

25. 27.

O budismo, orixinario de Asia, é algo mais ca unha relixión ou unha filosofía. O budismo consiste nun conxunto de ideas e métodos que procuran a liberación o individuo da súas cadeas (sentimentos e ignorancia, principalmente) para axudalo a aproveitar a súa vida ao máximo.

Unha das ensinanzas fundamentais do Budismo explica como debemos considerar a natureza do mundo percibido e os fenómenos do mesmo. Para o budismo, as tres características da existencia son: A Impermanencia , a Inexistencia do eu , e o sufrimento . A liberación do individuo pasa pola comprensión e aceptación de estas tres ideas.

A mensaxe do budismo coincide coa reflexión platónica acerca da irrealidade do mundo que captamos polos sentidos. O mudable só trae sufrimento porque é irreal e inalcanzable. Liberar a mente desta necesidade do sensible é o único camiño para conseguir o coñecemento.

Para chegar a esta aceptación o camiño é a meditación ou “cultivo da mente”. Esta meditación consiste nunha observación tranquila e atenta tanto dos propios procesos mentais como dos fenómenos da vida. A meditación é un método para indagar e descubrir a verdade, sen prexuízos e con total liberdade para poñer en dúbida as ensinanzas e teorías do pasado. Neste sentido presenta unhas bases similares ás do método científico.

26. 28. EPÍLOGO

Cando acepta ser o elixido, Neo pode “ver” o código que rexe Matrix. Ao coñecer ese código (o código matemático) Neo controla a realidade, é xa non precisa esquivar as balas. Introdúcese en Smith e rompe a súa estructura desde dentro. A matemática é a linguaxe na que se expresa a realidade, dicía Platón, cado explicaba que Deus era xeómetra. Tamén a ciencia do renacemento se fixo eco desta sentencia, a través de Galileo que afirmaba que O libro da natureza está escrito en carácteres matemáticos. É a ciencia a que nos permite a través da linguaxe abstracta da matemática, comprender e dominar a realidade. Neo representa ao ser humano que foi quen de acceder, non sen esforzo a ese linguaxe que é a chave do coñecemento.